Berenguela de León e Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Berenguela I de Castela
Raíña de Castela
Raíña consorte de León e Galicia
AlfonsoBerenguela.jpg
Miniatura medieval de Afonso IX e Berenguela
Tombo do Mosteiro de Toxosoutos
(Lousame, Reino de Galicia)

Reinado 6 de xuño - 2 de xullo de 1217
Nacemento 1179 ou 1180
Segovia [1]
Falecemento 8 de novembro de 1246
Mosteiro de las Huelgas, Burgos, Reino de Castela
Sepultura Mosteiro de las Huelgas
Predecesor Henrique I
Sucesor Fernando III
Consorte Afonso IX de León e Galicia
Descendencia Véxase: Descendencia
Casa real Casa de Borgoña
Proxenitores Afonso VIII
Leonor Plantagenet

Escudo de Berenguela de León e Castela
Armas do Reino de Castela

Berenguela, ou Berengaria, de Castela, nada en Segovia, Reino de Castela en 1179,[2] [3] [4][5] ou en 1180,[3] [6] [7] [8] e finada o 8 de novembro de 1246 no Mosteiro de las Huelgas, Burgos, Reino de Castela, foi raíña de Castela en 1217,[9] e raíña consorte de León e Galicia entre 1197 e 1204, polo seu matrimonio co rei Afonso IX.[10]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Era a filla primoxénita do rei de Castela Afonso VIII e da súa esposa a raíña Leonor Plantagenet. A súa irmá Branca de Castela foi raíña consorte de Francia, e rexente este reino durante a minoridade do seu fillo Luís, o futuro rei Luís IX, san Luís. Por liña paterna era bisneta doutra Berenguela, a esposa de Afonso VII de León e irmá de Ramón Berenguer IV de Barcelona o Santo. E por liña materna era neta de Henrique II de Inglaterra duque de Normandía e conde de Anjou, e doutra importante muller da época, Leonor de Aquitania, duquesa de Aquitania e de Gascuña, e condesa de Poitiers.[11][12][13]

Política matrimonial[editar | editar a fonte]

Durante os primeiros aos da súa vida, Berenguela foi a herdeira nominal ao trono do Reino de Castela, pois os infantes nacidos posteriormente non sobreviviron, o que a converteu nun partido moi desexado en toda Europa.[14]

O primeiro compromiso matrimonial de Berenguela acordouse en 1187, cando ela tiña só 7 ou 8 anos de idade, con Conrado II de Suabia (1170-1198), duque de Rothenburg e quinto fillo do emperador xermánico Federico I Barbarroxa.[15] Ao ano seguiente, en Seligenstadt, asinouse o contrato matrimonial, que incluía un dote de 42 000 marabedís,[15] tras o cal Conrado marchou a Castela, onde se celebraron os esponsais en Carrión de los Condes en xuño de 1188.[16] [17]

Retrato de Berenguela, no Tomo III do libro de Manuel Rodríguez 1788): Retratos de los Reyes de España desde Atanarico hasta nuestro católico monarca Don Carlos III.

O 29 de novembro de 1189 naceu o infante Fernando, que foi designado herdeiro do trono de Castela, e o emperador Federico, vendo frustradas as súas aspiracións en Castela perdeu todo interese en manter o compromiso do seu fillo e os esponsais foron cancelados,[17] a pesar do dote de 42 000 áureos da infanta. Conrado e Berenguela nunca voveron a verse. Berenguela solicitou ao papa a anulación do compromiso, seguramente influída por axentes externos, como su a súa avoa Leonor de Aquitania, á quen non lle interesaba ter a un Hohenstaufen como veciño dos sus feudos franceses. Pero estes temores veríanse posteriormente neutralizados cando o duque foi asasinado en 1196 en Durlach (cidade alemá, que hoxe é o barrio maior de Karlsruhe, no Land de Baden-Württemberg), presuntamente polo marido dunha muller á que violara ese mesmo ano, aínda que outras fontes din que Conrado foi trabado nun ollo por unha virxe á que estaba tratando de violar, morrendo como consecuencia da infección.[18]

En decembro de 1197 Berenguela casou, na cidade de Valladolid, co seu primo segundo o rei de León e de Galicia Afonso IX, fillo de Fernando II de León e de Urraca, infanta de Portugal. Deste matrimonio naceron cinco fillos.[17] Pero, a pesar de que o papa Celestino III autorizara esta unión, en 1204, o papa Inocencio III, proclamou un interdito sobre os reinos de León e Castela, ameazando con declarar como ilexítimos aos fillos nacidos da parella,[19] e anulouno alegando o parentesco dos cónxuxes,[20]. Esta era a segunda anulación para Afonso, e ambos os esposos solicitaron vehementemente unha dispensa para permaneceren xuntos. Pero este papa foi un dos máis duros en cuestións matrimoniais, así que a denegou, aínda que a parella conseguiu que a súa descendencia fose considerada como lexítima. Disolvido o enlace matrimonial, Berenguela regresou a Castela ao lado dos seus pais,[17] onde dedicouse aol coidado dos seus fillos, ingresando dspois no Mosteiro de Santa María la Real de Las Huelgas, en Burgos, onde profesou como monxa, segundo a Crónica de Alberico de Tres Fontes.[19][21]

Rexente de Castela (1214–1217)[editar | editar a fonte]

Castelo de Dona Berenguela en Bolaños de Calatrava, Ciudad Real.

Ao morrer Afonso VIII en 1214, herdou a Coroa de Castela o irmán máis novo de Berenguela, o xove infante Henrique, que tan só tiña dez anos de idade, polo que se abriu un período de rexencia, primeiro baixo a nai do rei, Leoor Plantaxent, que durou exactamente vinte e catro días, até a súa morte, e despois baixo a da súa irmá Berenguela.[22]

Comezaron entón comflitos e disturbios internos ocasionados pola nobreza, principalmente pola Casa de Lara, que obrigaron a Berenguela a ceder a titoría do rei e a rexencia do reino ao conde Álvaro Núñez de Lara, para evitar conflitos civís no reino.[23]

En febreiro de 1216 celebrouse en Valladolid unha curia extraordinaria á que asistiron magnates casteláns como Lope Díaz de Haro, Gonzalo Rodríguez Girón, Álvaro Díaz de Cameros, Alfonso Téllez de Meneses e outros, que acordaron, co apoio de Berenguela, facer fronte común diante de Álvaro Núñez de Lara. A finais de maio dese mesmo ano, a situación tornouse perigosa en Castela para Berenguela, que decidiu refuxiarse no castelo de Autillo de Campos,[24] cuxo tenente era o nobre Gonzalo Rodríguez Girón —un dos fieis á rexente— e enviar ao seu fillo Fernando, o futuro rei, á Corte de León, canda seu pai, Afonso IX.

O 15 de agosto de 1216 reuníronse todos os magnates do Reino de Castela para intentaren chegar a un acordo que evitase a guerra civil, pero as súas desavenencias levaron aos Girón, os Téllez de Meneses e os Haro a afastarse definitivamente do Lara.

Raíña de Castela (1217)[editar | editar a fonte]

O conflito acabou resolvéndose dunha forma drástica e accidental, xa que o pequeno rei Henrique morreu tres anos máis tarde, o 6 de xuño de 1217 despois de recibir unha ferida na cabeza causada por unha tella que se desprendeu accidentalmente cundo se encontraba xogando con outros nenos no palacio do bispo Palencia.[25]

Foi así como o encargo de reinar recaeu sobre os ombros de Berenguela. O conde Álvaro Núñez de Lara levou o cadáver de Henrique ao castelo de Tariego para ocultar a súa su morte, aínda que a noticia chgou de todos os xeitos a Berenguela.[26] Case inmediatamente, o 2 de xullo do mesmo ano, a raíña abdicou en favor de Fernando, fillo que tivera de Afonso IX de León, que subiu así ao trono como Fernando III de Castela.[17] [27]

Raíña nai: conselleira real (1217-1246)[editar | editar a fonte]

Estatua de Berenguela de León e Castela no Parque do Retiro de Madrid.
Armas unidas de Castela e León, usadas pola primeira vez por Fernando III.

Pese a que non quixo ser raíña, Berenguela estivo sempre ao lado do seu fillo, como conselleira, intervindo na política do reino, aínda que de forma indirecta.

Destacou a mediación de Berenguela en 1218 cando a intrigante familia nobiliaria dos Lara, co o antigo rexente Álvaro Núñez de Lara á cabeza, conspirou para que o pai de Fernando III e rei de León e Galicia, Afonso IX, penetrara en Castela para facerse co trono do seu fillo. Porén, o falecimiento do conde de Lara facilitou a intervención de Berenguela, que logrou que pai e fillo asinaran o 26 de agosto de 1218 o pacto de Toro que poría fin aos enfrentamentos castelán-leoneses.[28]

Concertou o matrimonio do seu fillo coa princesa Beatriz de Suabia, filla do duque Filipe de Suabia, e neta de dous emperadores: Federico Barbarroxa e Isaac II Anxo. Este matrimonio cun membro dunha familia tan importante elevaba o avoengo dos reis de Castela e abría a porta para que Fernando participara nos asuntos europeos de forma activa. O matrimonio celebrouse o 30 de novembro de 1219 na catedral de Burgos.

En 1222 Berenguela interveu novamente a favor de seu fillo, ao conseguir a sinatura do Convenio de Zafra, que puxo fin ao enfrontamiento cos Lara ao concertarse o matrimonio entre Mafalda, filla e herdeira do señor de Molina, Gonzalo Pérez de Lara, e o seu fillo e irmán de Fernando, Afonso.

En 1224 logrou o matrimonio da súa filla Berenguela con Xoán de Brienne, rei de Xerusalén,[29] nunha manobra que acercaba a Fernando III ao trono leonés, xa que Xoán de Brienne era o candidato que Afonso IX pensara para que contraera matrimonio cunha das súas fillas. Ao adiantarse Berenguela, evitaba que as fillas do su anterior esposo, Sancha e Aldonza, tiveran un marido que puidera reclamar o trono leonés.

Pero quizais a intervención máis decisiva de Berenguela a favor do seu fio Fernando produciuse en 1230 cando faleceu Afonso IX e designou como herdeiras ao trono ás súas fillas Sancha e Aldonza, froitos do seu primeiro matrimonio con Tareixa de Portugal, en detrimento dos dereitos de Fernando. Berenguela reuniuse en Benavente ca nai das infantas e conseguiu a sinatura da Concordia de Benavente, pola que estas renunciaban ao trono en favor do seu medio irmán a cambio dunha substanciosa cantidade de diñeiro e outras vantaxes. Dese modo uníronse para sempre os Reinos de León e Castela na persoa de Fernando III o Santo.

Véxase tamén: Concordia de Benavente.

Berenguela interveu tamén no segundo matrimonio de Fernando III tras a morte de Beatriz de Suabia, xa que aínda que tiveran suficiente descendencia, fíxoo «co fin de que a virtude do rei non se menoscabara con relacións ilícitas». Nesta ocasión, a elixida foi unha nobre francesa, Xoana de Danmartín, candidata da tía do rei de Francia e irmá de Berenguela, Branca de Castela, raíña consorte de Francia polo seu matrimonio con Luís VIII.

Últimos anos e morte[editar | editar a fonte]

Sarcófago de Berenguela no Mosteiro de las Huelgas (Burgos).

Berenguela exerceu como unha auténtica raíña mentres que o seu fillo Fernando se encontraba no sur da península, nas súas longas campañas de reconquista de Al-Ándalus. Gobernou Castela e León coa habilidade que sempre a caracterizou, asegurándolle ao fillo ter as costas ben cubertas. Entrevistouse por última vez co seu fillo en Pozuelo de Calatrava en 1245, tras o cal volveu a Castela onde faleceuó ao ano seguiente, 8 de novembro de 1246, no Mosteiro de las Huelgas, Burgos, onde repousan os seus restos.

Os cronistas da época retrátana como unha muller virtuosa. Foi protectora de mosteiros e supervisou persoalmente as obras das catedrais de Burgos e Toledo. Así mesmo, tamén se preocupou da literatura, encargando ao cronista Lucas de Tui unha crónica sobre os reis de Castela e León, sendo tamén mencionada nas obras de Rodrigo Jiménez de Rada.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio con Afonso IX de León tivo cinco fillos:

Predecesor:
Henrique I
Royal Arms of Castille (1214-15th Century).svg
Raíña de Castela

6 de xuño - 2 de xullo de 1217
Sucesor:
Fernando III

Xenealoxía[editar | editar a fonte]