Airbus A318: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-turbofán +turboventilador) |
m →Operadores: +control autoridades using AWB |
||
Liña 37: | Liña 37: | ||
{{Airbus}} |
{{Airbus}} |
||
{{commonscat|Airbus A318}} |
{{commonscat|Airbus A318}} |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Aeronaves de Airbus]] |
[[Categoría:Aeronaves de Airbus]] |
Revisión como estaba o 16 de xullo de 2018 ás 10:10
Airbus A318 | |
---|---|
A318 de Air France | |
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | Airbus |
Primeiro voo | 15 de xaneiro do 2002 |
Introducido | outubro do 2003 |
Estado | en servizo |
O Airbus A318 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves. É o membro máis pequeno da familia do A320, polo que ás veces é chamado o Mini-Airbus. Durante o desenvolvemento foi coñecido como A319M3, o que indica que é un derivado do A319 pero con 3 seccións de fuselaxe menos. A aeronave é 6 metros máis curta e 14 toneladas máis lixeira que o seu predecesor. A súa menos lonxitude fai que precise dun estabilizador vertical 81 centímetros máis longo que os do resto dos modelos da fmilia A320.
O A318 pode levar 109 pasaxeiros nunha configuración de 2 clases. Creóuse para substituír aos vellos DC-9, o Fokker 100 e os primeiros modelos do Boeing 737, así como competir cos actuais 737-600 e 717.
O A318 está dispoñible en varias versións con diferentes pesos máximos na engalaxe (entre 59 e 68 toneladas) e alcances (2 750 km a 6 000 km), o que lle permite operar rutas rexionais economicamente sacrificando o alcance, ou complementar aos outros membros maiores da familia en rutas de medio alcance de escasa densidade. Aínda que debido ao seu menor peso pode realizar rutas que o A320 non pode, as compañías úsano principalmente para rutas curtas entre cidades de medio tamaño.
Durante o proceso de deseño do avión, Airbus tropezou con diversos problemas. O maior sen dúbida foi a diminución da demanda de novas aeronaves despois dos ataques do 11 de setembro de 2001. Outro foi o deseño dos motores turboventilador de Pratt & Whitney PW6000, que debían propulsar á aeronave; queimaban máis combustible do previsto tendo que ser redeseñados, polo que tivo que usar un de CFMI (o CFM56-5) ao principio, ata que a versión de Pratt & Whitney fosa optimizada e estivese lista. Actualmente hai versións con ambolosdous motores.
Operadores
Operadores do A318 por número de aeronaves operativas (maio de 2010):
- Air France: 18
- LAN Airlines: 15
- Airbus Executive and Private Aviation: 13
- Frontier Airlines: 11
- Avianca: 10
- TAROM: 4
- British Airways: 2
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Airbus A318 |