CFM International CFM56

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
CFM56
CFM56 P1220759.jpg
Parte traseira dun CFM56
Tipoturboventilador
FabricanteCFM International
Primeiro encendidoxuño de 1974
Principais aplicaciósFamilia Airbus A320
Airbus A340
Boeing 737 Classic / Next Gen.
McDonnell Douglas DC-8-70
KC-135 Stratotanker
N.º construídos30 000 en xuño de 2016
Desenvolvido doGeneral Electric F101
Desenvolvido enCFM International LEAP

O CFM International CFM56 (designación militar estadounidense F108) é unha familia de motores turboventilador de alto índice de derivación fabricados por CFM International (CFMI), cun rango de potencia de 82 a 150 quilonewtons. CFMI é unha compañía conxunta ao 50% formada pola francesa Safran Aircraft Engines (antes coñecida como SNECMA), e a estadounidense GE Aviation. Ámbalas dúas compañías son responsables da fabricación dos compoñentes e cada unha delas ten unha planta de ensamblaxe final. GE produce o compresor de alta presión, a cámara de combustión e a turbina de alta presión, mentres que SNECMA fabrica o fan, o transmisor, a turbina de baixa presión e o escape. Algúns compoñentes son fabricados pola empresa italiana Avio. Os motores son montados por GE en Evendale, Ohio, e por Villaroche, Francia. Os otores completos son comercializados por CFMI. A pesar das restriccións á exportación iniciais, é un dos motores turboventilador máis comúns no mundo con catro variantes principais.

O primeiro encendido do CFM56 foi en 1974. En abril de 1979 a compañía non recibira ningún pedido en 5 anos e estaba a dúas semanas de disolverse. O programa salvouse cando Delta Air Lines, United Airlines e Flying Tigers elixiron o CFM56 para re-motorizar os seus DC-8 e pouco despois foi elixido para re-motorizar a frota de KC-135 Stratotanker da USAF.[1] Os primeiros motores entraron en servizo en 1982.[2] Nos inicios da súa vida operativa houbo varios incidentes cos álabes do CFM56, incluído un fallo que provocou o desastre de Kegworth, e algunhas variantes do motor experimentaron problemas causados por voar a través da chuva e a sarabia. Ámbolos dous problemas resolvéronse realizando modificacións nos deseños.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CFMI (ed.). "30,000th CFM56 engine comes off the production-line". Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  2. CFMI (ed.). "CFM56 fleet surpasses 800 million flight hours". Consultado o 26 de xaneiro de 2017.