McDonnell Douglas DC-9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
McDonnell Douglas DC-9
45724 800627 I-TIGI.jpg
DC-9 da aeroliña italiana Itavia
Tipopasaxeiros
FabricanteDouglas Aircraft, McDonnell Douglas
Primeiro voo25 de febreiro de 1965
Introducido8 de decembro de 1965 con Delta Air Lines
Estadoen servizo
Produción1965 - 1982
Unidades construídas976
VariantesMcDonnell Douglas C-9
McDonnell Douglas MD-80
McDonnell Douglas MD-90
Boeing 717

O McDonnell Douglas DC-9 (inicialmente coñecido como Douglas DC-9) é un avión de pasaxeiros bimotor de fuselaxe estreita. Foi deseñado por Douglas para voos curtos en rutas de alta frecuencia e realizou o seu primeiro voo no ano 1965. O derradeiro DC-9 entregouse en outubro de 1982.

O DC-9 foi seguido polas modificacións do modelo MD-80, MD-90 e Boeing 717. Coas últimas entregas do 717 en 2006, a produción da familia DC-9/MD-80/90/717 rematou despois de 41 anos con preto de 2.500 unidades fabricadas.