Frontier Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Frontier Airlines
Frontier airlines logo14.png
IATA
F9
OACI
FFT
Indicativo
FRONTIER FLIGHT
Fundación8 de febreiro de 1994
Inicio das operacións5 de xullo de 1994
Plan de voo frecuenteEarlyReturns
Frota64
Destinos62
HoldingIndigo Partners
Páxina web: https://www.flyfrontier.com/

Frontier Airlines é unha aeroliña de baixo custo estadounidense que ten a súa sede en Denver, Colorado. A compañía, que é unha marca subsidiaria de Indigo Partners, LLC,[1] opera voos a 54 destinos dos Estados Unidos e 5 a destinos internacionais. A aeroliña ten o seu centro de conexións no Aeroporto Internacional de Denver, e ten numerosas cidades focais por todo o país. Tamén, baixo un acordo de códico compartido con Great Lakes Airlines, a compañía conecta a pasaxeiros cos estados das Montañas Rochosas dende Denver.

Frota[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2017 a frota de Frontier Airlines está formada polos seguintes avións:[2]

Frota de Frontier Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A319-100 20 150 Os avións máis vellos van ser retirados
Airbus A319neo 18 156 As entregas comezarán en 2017[3]
Airbus A320-200 27 180/186
Airbus A320neo 3 59 186
Airbus A321-200 14 5 230
Total 64 82

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Business Wire (ed.). "Indigo Partners Completes Acquisition of Frontier Airlines". Consultado o 4 de febreiro de 2017. 
  2. ch-aviation.com (ed.). "Frota de Frontier Airlines". Consultado o 4 de febreiro de 2017. 
  3. Flightglobal (ed.). "Republic alludes to A320neo place holder deposit". Consultado o 4 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]