Gesta Danorum: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1: Liña 1:
{{título en cursiva}}
{{título en cursiva}}
[[Ficheiro:Saxo original 001.jpg|miniatura|300px|dereita|''Gesta Danorum'' ([[Fragmento de Angers]]), páxina 1, frontal.]]
[[Ficheiro:Saxo original 001.jpg|miniatura|300px|dereita|''Gesta Danorum'' ([[Fragmento de Angers]]), páxina 1, frontal.]]
'''''Gesta Danorum''''' ("Feitos dos daneses") é un texto patriótico da historia de [[Dinamarca]], escrito no [[século XII]] polo autor [[Saxo Grammaticus]] ("Saxo o literato", literalmente "o Gramático"). [[Valdemar I de Dinamarca]] ou alguén da súa corte animouno a escribir a historia de [[Dinamarca]], a súa patria. A ''Historia Dinamarquesa'' consta de varios tomos, escritos en [[Lingua latina|latín]]. Inclúe traducións de pezas vernáculas que actualmente substitúen ás orixinais perdidas. Asemade, contén unha descrición da relixión dos seus antergos.

Ademais, no terceiro tomo da ''Gesta Danorum'', figura unha versión primitiva da historia de ''[[Hamlet]]'' (que inspirou a máis famosa obra de [[Shakespeare]]), cuxo protagonista é ''Amlodi'' ou ''Amleth''.

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2016 ás 11:26

Gesta Danorum (Fragmento de Angers), páxina 1, frontal.

Gesta Danorum ("Feitos dos daneses") é un texto patriótico da historia de Dinamarca, escrito no século XII polo autor Saxo Grammaticus ("Saxo o literato", literalmente "o Gramático"). Valdemar I de Dinamarca ou alguén da súa corte animouno a escribir a historia de Dinamarca, a súa patria. A Historia Dinamarquesa consta de varios tomos, escritos en latín. Inclúe traducións de pezas vernáculas que actualmente substitúen ás orixinais perdidas. Asemade, contén unha descrición da relixión dos seus antergos.

Ademais, no terceiro tomo da Gesta Danorum, figura unha versión primitiva da historia de Hamlet (que inspirou a máis famosa obra de Shakespeare), cuxo protagonista é Amlodi ou Amleth.

A obra completa componse de dezaseis libros en prosa con algunha incursión ocasional de poemas. Os libros 1 ó 9 están enfocados na mitoloxía nórdica e o texto remata con citas a Gorm o Vello, primeiro rexistro documentado dun rei dinamarqués. Os libros 10 ó 16 están máis enfocados na historia medieval. O libro 14 contén unha descrición do templo de Rügen.

Porén, a obra orixinal considérase perdida, a excepción de catro fragmentos: fragmento de Angers (o máis completo e o único que se considera escrito de puño e letra por Saxo), fragmento de Lassen, fragmento de Kall-Rasmussen e fragmento de Plesner. Tódolos fragmentos pertencen á Biblioteca Real Dinamarquesa.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hilda Ellis Davidson, Peter Fisher (trans), Saxo Grammaticus: The History of the Danes, Books I-IX : I. English Text; II. Commentary, tradución ó inglés moderno, 2002, ISBN 0-85991-502-6
  • Saxo Grammaticus, Gesta Danorum, Books I-IX, traducido ó inglés por Oliver Elton 1905.
  • Saxo Grammaticus, Gesta Danorum, da Royal Library de Copenhagen, latín.