Dominio real francés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francia a finais do século X. En violeta, o dominio real.

O dominio real francés (en francés Domaine royal), tamén coñecido como terras da coroa ou patrimonio da coroa de Francia refírese ás terras, feudos e dereitos directamente posuídos polos reis de Francia.[1][2] [3]

Mentres que o termo terras da coroa de Francia acabou refiríndose a unha unidade territorial, o dominio real francés orixinariamente referíase á rede de "castelos, aldeas, leiras, bosques, cidades, casas de relixión e bispados, e os dereitos de xustiza, portádegos e impostos" efectivamente ostentados polo rei ou baixo o seu dominio.[4]

En termos de territorio, antes do reinado de Henrique IV, o domaine royal non abarcaba a totalidade do territorio do Reino de Francia, e durante a maior parte da Idade Media significativas porcións do Reino eran posesión directa doutros señores feudais.

Nos séculos X e XI, os primeiros capetos —sendo reis de Francia— estiveron entre os menos poderosos dos grandes señores feudais de Francia en termos do territorio posuído. Pacientemente, a través do uso da lei feudal (e, en particular, a confiscación de feudos de vasalos rebeldes, a conquista, a anexión, hábiles matrimonios con herdeiras de grandes feudos, e incluso por compra), os reis de Francia puideron incrementar o seu dominio real. Na época de Filipe IV, o significado de "dominio real" comezou a pasar de ser unha mera colección de terras e dereitos a unha unidade territorial fixa,[5] e no século XVI o "dominio real" comezou a coincidir con todo o territorio do Reino. Porén, o sistema medieval de apanaxe (unha concesión dun feudo cos dereitos das terras polo soberano aos seus fillos menores (non aos delfíns, que revertería á coroa ao extinguirse a liña masculina descendente do titular orixinal) alleou amplos territorios do dominio real e ás veces creou rivais perigosos (especialmente no Ducado de Borgoña nos séculos XIV e XV).

Durante as guerras de relixión de Francia criticouse con frecuencia a alleación de terras e feudos do dominio real. O edito de Moulins (1566) declarou que o dominio real (definido no segundo artigo como toda a terra controlada pola coroa durante máis de dez anos) non podía allearse, excepto en dous casos: con vinculacións, no caso dunha emerxencia financeira, cunha opción perpetua de recomprar a terra, e para formar unha apanaxe, que debería regresar á coroa no seu estado orixinal cando se extinguira a liña masculina.

Tradicionalmente, esperábase que o rei mantivera as súas necesidades vitais a partir das rendas xeradas polo dominio real, pero as necesidades fiscais, especialmente en tempos de guerra, levaron aos reis a promulgar impostos "especiais", como a taille, sobre a totalidade do Reino (a taille fíxose permanente en 1439).

Cronoloxía da formación do dominio real[editar | editar a fonte]

O Reino de Francia en tempos de Hugo Capeto. O dominio real francés en azul.

Reinado de Hugo Capeto[editar | editar a fonte]

Ao comenzo do reinado de Hugo Capeto, o patrimonio da coroa era extremadamente pequeno e estaba formado, en esencia, por unha serie de posesións dispersas nas rexións da Île-de-France e o Orleanesado (Senlis, Poissy, Orléans), con outras bolsas illadas, como Attigny. Estas terras foron en gran medida a herdanza dos robertianos, os directos antecesores dos capetos.

Reinado de Roberto II[editar | editar a fonte]

  • 1016: adquisición do Ducado de Borgoña. O rei era sobriño do duque Henrique de Borgoña, que morreu sen herdeiros.
  • Roberto gañou os Condados de París, Dreux e Melun, e negociou a última adquisición (1055) dunha parte de Sens.[6]

Reinado de Henrique I[editar | editar a fonte]

O Reino de Francia en 1030. Dominio real francés en azul.

Reinado de Filipe I[editar | editar a fonte]

Reinado de Luís VI[editar | editar a fonte]

Reinado de Luís VII[editar | editar a fonte]

O Reino de Francia en 1154. Dominio real francés en azul escuro.

Reinado de Filipe II Augusto[editar | editar a fonte]

As conquistas territoriais de Filipe II de Francia. 1180, Francia na época do seu nacemento; 1223, Francia no momento da morte deste rei.

Reinado de Luís VIII[editar | editar a fonte]

Reinado de Luís IX[editar | editar a fonte]

Reinado de Filipe III[editar | editar a fonte]

Reinados de Filipe IV, o Fermoso e os seus fillos[editar | editar a fonte]

Reinado de Filipe VI de Valois[editar | editar a fonte]

Reinado de Xoán II[editar | editar a fonte]

Reinado de Carlos V[editar | editar a fonte]

Reinado de Carlos VI[editar | editar a fonte]

Reinado de Carlos VII[editar | editar a fonte]

Reinado de Luís XI[editar | editar a fonte]

Mapa de Francia en 1477.

Reinado de Carlos VIII[editar | editar a fonte]

Reinado de Luís XII[editar | editar a fonte]

Reinado de Francisco I[editar | editar a fonte]

Desde o reinado de Francisco I, o concepto de "dominio real" comeza a coincidir co reino francés en xeral; a apanaxe da Casa de Borbón, aínda así, continuou alleada.

Reinado de Henrique II[editar | editar a fonte]

Reinado de Henrique IV[editar | editar a fonte]

Reinado de Luís XIII[editar | editar a fonte]

  • 1620: O rei emite un edito, incorporando o reino de Navarra á coroa de Francia. En diante, mentres algunhas prerrogativas e o nome se mantiveron, o reino de Navarra (Baixa Navarra e Bearn) xa non foi nunca un reino separado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jean-François Sirinelli, dir. e Daniel Couty, conselleiro ed. (1999) : "domaine royal" en Dictionnaire de l'histoire de France. Volume 2 A-J. Paris: Armand Colin. ISBN 978-2-0350-5085-4, p. 367. Consultado o 30 de novembro de 2017.
  2. Charansonnet, Alexis (2006): "domaine royal" en Jean-François Sirinelli (dir.) Dictionnaire de l'histoire de France. Paris: Larousse. ISBN 978-2-0358-2634-3, p. 268. Consultado o 30 de novembro de 2017.
  3. Hallam 1980, pp. 79 e 247.
  4. Hallam 1980, pp. 80-82.
  5. Hallam 1980, p. 247.
  6. Hallam 1980, p. 82.
  7. 7,0 7,1 Hallam 1980, p. 250.
  8. 8,0 8,1 Hallam 1980, p. 157.
  9. 9,0 9,1 9,2 Hallam 1980, p. 158.
  10. 10,0 10,1 10,2 Hallam, 158.
  11. 11,0 11,1 Hallam, 248.
  12. 12,0 12,1 Hallam, 250.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]