Ana da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ana da Bretaña
BNF - Latin 9474 - Jean Bourdichon - Grandes Heures d'Anne de Bretagne - f. 3r - Anne de Bretagne entre trois saintes (détail).jpg
Nacemento25 de xaneiro de 1477 e 1476
Lugar de nacementoChâteau des ducs de Bretagne
Falecemento9 de xaneiro de 1514
Lugar de falecementoBlois
SoterradaBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeFrancia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónroyalty
PaiFrancisco II da Bretaña
NaiMargarida de Foix
CónxuxeCarlos VIII de Francia, Luís XII de Francia e Maximiliano I de Habsburgo
FillosCarlos Orlando, Delfim da França, Cláudia de França, Renata de França, Charles de France, François de France e Anne de France
IrmánsSabela da Bretaña
Na rede
WikiTree: De_Bretagne-28 Find a Grave: 12294 Editar o valor em Wikidata
Signature d'Anne de Bretagne - Archives nationales (France).jpg
editar datos en Wikidata ]

Ana da Bretaña (en bretón: Anna Breizh; francés: Anne de Bretagne), nada en Nantes (Ducado da Bretaña) o 25 de xaneiro de 1477 e finada en Blois o 9 de xaneiro de 1514, foi unha nobre francesa, duquesa da Bretaña e dúas veces raíña de Francia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla máis vella do duque Francisco II (1435-1488) e da segunda muller deste, Marguerite de Foix (1449-1486), princesa de Navarra, a súa primeira infancia transcorreu entre as cidades de Nantes, Vannes e Clisson.

Aos once anos, ao morrer o seu pai sen descendencia masculina converteuse en duquesa da Bretaña. En 1490 casou por procuración co futuro emperador romano xermánico Maximiliano I de Habsburgo, pero este matrimonio foi anulado.

O exército francés entrou na Bretaña e sitiou a cidade de Rennes onde se encontraba a duquesa. Tras deixarse convencer polos membros do seu consello aceptou casar con Carlos VIII (1470-1498), rei de Francia. Casaron o 6 de decembro de 1491 e o 8 de febreiro de 1492 foi coroada raíña de Francia na basílica de Saint-Denis.

Viviu entre Amboise, París e Lión, e tivo cinco fillos entre 1492 e 1496, todos mortos ao pouco de nacer. Ao morrer Carlos VIII, en 1498, volveu á Bretaña á cabeza do ducado da Bretaña.

Antes de casar con Luís XII (1462-1515), novo rei de Francia, conseguiu a redacción dun contrato que redefinía as relacións entre a Bretaña e Francia: mentres vivise seguiría a ser duquesa da Bretaña, e cando morrese o seu sucesor sería o seu segundo fillo varón.

Casaron en Nantes o 8 de xaneiro de 1499, residindo dende entón case sempre no castelo de Blois.

Asumía ao mesmo tempo as funcións de raíña de Francia e de duquesa da Bretaña.

Deste segundo matrimonio tivo oito fillos, pero só sobreviviron dúas fillas:

  • Claudia de Francia (1499-1524), duquesa da Bretaña e raíña de Francia ao casar con Francisco I.
  • Renée de Francia (1510-1589), señora de Montargis, duquesa de Chartres.

Morreu o 9 de xaneiro de 1514. Foi soterrada en Saint-Denis, pero o seu corazón foi depositado na igrexa das Carmelitas en Nantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • L. Le Saint, Une terre de granit. La Bretagne et son histoire. Eugène Ardant et Cie éditeurs, 1891
  • Château des ducs de Bretagne, Musée d'Histoire de Nantes, La biographie d'Anne de Bretagne (1477-1514)

Outros artigos[editar | editar a fonte]