Filipe I de Francia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de maio de 1052 Champagne-et-Fontaine, Francia |
| Morte | 29 de xullo de 1108 Melun, Francia |
| Lugar de sepultura | Fleury Abbey (en) |
| Rei dos francos | |
| 4 de agosto de 1060 – 29 de xullo de 1108 ← Henrique I de Francia – Lois VI de Francia → | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Familia | Dinastía dos Capetos |
| Cónxuxe | Bertranda de Monforte (1095 (Gregoriano)–) Berta de Holanda |
| Fillos | Constance de France ( Lois VI de Francia ( Philipp von Mantes ( Fleury de France ( Cecília de França ( |
| Pais | Henrique I de Francia |
| Irmáns | Hugo de Vermandois |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
Filipe I[1], nado en Tours, o 23 de maio de 1052 e finado en Melun o 29 de xullo de 1108. Foi o rei de Francia desde o 1060 ata 1108.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro da dinastía dos Capetos, Filipe era fillo de Henrique I e da princesa Ana de Kíiv (1024 - 1075). Foi coroado como rex designatus sendo un neno, en 1059, e ao ano seguinte finou o seu pai, actuando a súa nai como rexente ata o 1066.
Filipe I tivo que reprimir as revoltas provocadas pola fame que se estenderon por boa parte do territorio baixo o seu control. No 1077 asinou a paz con Guillerme o Conquistador, duque de Normandía, e desde a súa exitosa invasión e conquista de 1066, tamén rei de Inglaterra.
Durante o reinado de Filipe I, en 1095, tivo lugar a Primeira Cruzada, que non apoiou persoalmente a causa do seu conflito co papa Urbano II.
Filipe I morreu no castelo de Melun o 29 de xullo de 1108 e foi enterrado no mosteiro de Saint-Benoît-sur-Loire.
Matrimonio e descendentes
[editar | editar a fonte]Casou no 1072 con Berta de Holanda, filla de Florencio I, conde de Holanda (1055-1094) e de Xertrude de Saxonia. Deste matrimonio naceron:
- Constanza (1078– v 1125), casada cara 1097 con Hugo I de Champaña e posteriormente en 1106 con Bohemundo I de Antioquía.
- Lois o Gordo (1081 - 1137), rei de Francia, co nome de Lois VI,
- Henrique (1083,
- Carlos (1085- 1096), abade.
- Eudes (1086-1089).
Posteriormente Filipe I repudiou a súa dona e casou no 1092 con Bertrada de Montfort. Por tal motivo, recibiu a excomuñón no 1094 polo bispo de Lión. O papa Urbano II confirmou a medida no Concilio de Clermont en 1095, levantándoa a posterioridade, se o rei se separaba de Bertrada, o que Filipe I non cumpriu. Deste matrimonio naceron:
- Filipe (1093-1129), conde de Mantes, casado coa filla de Guido II de Montlhéry;
- Fleury (1093-1147);
- Cecilia (1097-1145), casada, en primeiras nupcias, con Tancredo de Galilea e, en segundas, con Ponce de Trípoli, conde de Trípoli (1098-1137);
- Eustaquia (¿?-¿?).
| Predecesor: Henrique I |
Rei de Francia 1060 – 1108 |
Sucesor: Lois VI |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filipe I de Francia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Collection des mémoires relatifs a l'histoire de France, con introdución e anotacións de François Guizot.
- Fragments de l'histoire des français: De l'avénement de Hughes Capet a la mort de Philippe Ier.
- Acta da Consagración real de Filipe I, en Reims, o 23 de maio do 1059 (Procès-verbal de le sacre du Philippe Ier, à Rheims, le 23 mai 1059).
- Texto francés no mesmo sitio: ed. de 1825, en París.