Arnulfo II de Flandres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arnulfo II de Flandres
Arnulf II of Flanders.jpg
Nacemento961 e 960
 valor descoñecido
Falecemento30 de marzo de 987
 Gante
SoterradoGante
Ocupaciónpolítico
PaiBalduíno III de Flandres
NaiMatilda of Saxony
CónxuxeSusana de Italia
FillosBalduíno IV da Flandres
IrmánsFrederick, Count of Verdun, Herman of Ename, Godfrey II, Duke of Lower Lorraine, Gozelon I de Verdun, Adalbero II of Verdun e Ermengarde of Verdun
editar datos en Wikidata ]

Arnulfo ou Arnaldo II de Flandres [1], nado sobre 961 e finado en Gante o 30 de marzo de 987, chamado o Novo, foi Conde de Flandres desde 965 a 987. Fillo de Balduíno III e Matilde Billung (ca. 942 - Gante, 25 de maio de 1008). Foi o neto e sucesor do conde Arnulfo I de Flandres.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda non era máis que un neno á morte do seu pai (962). O seu avó Arnulfo I recuperou o posto como conde, ata a súa morte en 965.

Á súa chegada ao cargo,aproveitando a súa mocidade e prevaléndose da rexencia como señor feudal, o rei Lotario I de Francia invadiu Flandres, apoderouse dos condados de Thérouanne e Saint-Pol-sur-Ternoise, de Douai e Arras (Artois e Ostrevant). Inquieto, o bispo de Cambrai e Arras apelou ao emperador Otón I e Lotario retirouse, pero deixou un país devastado.

Á morte de Luís V de Francia (21 de maio de 987), debido á solidariedade carolinxia, Arnulfo apoiou a Carlos da Baixa Lotarinxia e ao seu fillo Otón fronte a Hugo Capeto (coroado o 3 de xullo de 987)[2], e non recoñeceu ao rei escollido. Hugo invadiu entón Flandres ata o río Lys e ocupou Arras. Arnulfo refuxiouse xunto ao duque Ricardo I de Normandía: o capeto retirouse, pero o conde de Flandres recoñeceuno como rei. Arnulfo morreu un mes despois, afectado por unhas febres. O seu corpo foi enterrado na abadía de Sant Pedro de Gante.

A súa viúva, Rozala de Ivrea [3] filla de Berengario II rei de Italia, volveuse a casar un ano despois (antes do 1 de abril de 988) con Roberto II o Piadoso, fillo do rei Hugo Capeto.

Deixou dous nenos pequenos:

  • Matilde (m. 995 ou antes).
  • Balduíno IV (c. 980 - 1035) que o sucedeu.

Devanceiros[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Balduíno I de Flandres
 
 
 
 
 
 
 
8. Balduíno II de Flandres
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Xudit de Francia
 
 
 
 
 
 
 
4. Arnulfo I de Flandres
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Alfredo o Grande Red crown.png
 
 
 
 
 
 
 
9. Ælfthryth
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Ealhswith de Gaini
 
 
 
 
 
 
 
2. Balduíno III de Flandres
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Heriberto I de Vermandois
 
 
 
 
 
 
 
10. Heriberto II de Vermandois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Adela ou Alix de Vermandois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Roberto I de Francia
 
 
 
 
 
 
 
11. Adela de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Adela do Maine
 
 
 
 
 
 
 
1. Arnulfo II de Flandres
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Herman I de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Matilde Billung
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]