Henrique II de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Henrique II de Francia
Henri II roi de France.jpg
Nacemento31 de marzo de 1519
Lugar de nacementoSaint-Germain-en-Laye
Falecemento10 de xullo de 1559
Lugar de falecementoHôtel des Tournelles
SoterradoBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeReino de Francia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpolítico
PaiFrancisco I de Francia
NaiCláudia de França
CónxuxeCatarina de Medici
FillosFrancisco II de Francia, Isabel de Valois, Rainha de Espanha, Cláudia de Valois, Luís III de Orleães, Carlos IX de França, Henrique III de Francia, Margarida de Valois, Francisco, Duque de Anjou, Victorie de Valois, Joana da França (1556), Henri d'Angoulême, Henri de Saint-Rémi e Diane de France
IrmánsFrancisco III da Bretaña, Charles II d'Orléans, Madalena de Valois, Margarida de Valois, Duquesa de Berry e Carlota de França
PremiosOrdem de São Miguel e Orde da Xarreteira
Na rede
WikiTree: Valois-263 Find a Grave: 12289 Editar o valor em Wikidata
Signatur Heinrich II. (Frankreich).PNG
editar datos en Wikidata ]

Henrique II de Francia, nado en Saint-Germain-en-Laye o 31 de marzo de 1519 e finado en París o 10 de xullo de 1559, foi duque da Bretaña (1536 - 1547) e rei de Francia (1547-1559).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

Era o décimo fillo do rei Francisco I de Francia e da súa primeira esposa Claudia de Orleáns. Era neto por liña paterna do conde Carlos I de Angulema e Luísa de Savoia, e por liña materna do rei Luís XII de Francia e da duquesa Ana da Bretaña. Casou en 1533 en Marsella con Catarina de Medici, filla do duque Lourenzo II de Medici e de Magdalena de La Tour. Desta unión naceron:

Ducado da Bretaña e herdeiro do reino[editar | editar a fonte]

De 1526 a 1530, como garantía do cumprimento do Tratado de Madrid, foi retido polo emperador Carlos V en varios castelos do condestábel de Castela, Íñigo Fernández de Velasco, como Villalba de los Alcores (Valladolid), Villalpando (Zamora) e finalmente Pedraza (Segovia) xunto co seu irmán, o delfín Francisco, coroado despois como Francisco III da Bretaña. Os dous nenos tiñan oito e nove anos cando chegaron como reféns entregados polo seu pai ao emperador. Saíron de Castela grazas á Paz das Damas, asinada por Luísa de Savoia, nai de Francisco I, e Margarida de Austria, tía do emperador Carlos V, na cidade de Cambrai o 3 de agosto de 1529, pero a liberación non se levou a cabo ata o 1 de xullo de 1530, en Hondarribia onde cruzou o río Bidasoa, en troques dunha importante cantidade de ouro e xoias, a máis prezada foi a coñecida “Flor de Lis”.

Á morte do seu irmán, o delfín e duque Francisco III da Bretaña o 10 de agosto de 1536, os seus títulos recaeron en Henrique. Así, converteuse en delfín, e polo tanto en herdeiro do reino, así como no posuidor do Ducado da Bretaña, aínda que nunca foi coroado. Este feito provocou que o Ducado fose integrado por Francisco I na Coroa.

Ordenou e dirixiu o cerco de Perpiñán (1542) con 40.000 homes[1]. As tropas imperiais comandadas polos capitáns Cervellón e Machichaco[2] que nunha saída deixaron inútil a artillería francesa que atacaba as murallas, resistiron ata a chegada do exército de Fernando Álvarez de Toledo y Pimentel, o duque de Alba, provocando a retirada dos franceses.

Ascensión ao trono[editar | editar a fonte]

Imaxe dun novo príncipe Henrique

En 1547, á morte do seu pai, ascendeu ao trono francés e foi coroado na catedral de Reims. Foi errático na política de alianzas e, nun principio, un gran defensor do catolicismo contra a Reforma protestante, loitando contra os hugonotes pero aliándose cos calvinistas. En 1551 condenou os libros non católicos e prohibiu a súa venda e circulación. Esta loita contra os protestantes marcou o inicio das Guerras de Relixión.

Enfrontouse ao seu gran rival europeo Carlos I de Castela, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, aliándose co Imperio Otomán. Tomou Metz a pesar do acoso do rei Habsburgo e defendeu a cidade de París de diversos intentos de ocupación por parte das tropas castelás e imperiais. Todas estas loitas levaron á quebra económica da Coroa francesa.

Negociou o rescate de Boloña cos ingleses en 1550. Polo Tratado de Chambord de 1552 obtivo a alianza dos príncipes protestantes de Alemaña contra o emperador Carlos V e foi autorizado para tomar Metz, Toul e Verdún. Carlos V, que se preparaba para a súa abdicación, buscou a paz con Francia co Tratado de Vaucelles[3], concluíndo unha tregua de cinco anos e recoñecendo as novas posesións francesas (os bispados de Metz, Toul e Verdún, moitas prazas fortes entre Luxemburgo e Flandres, e varias posesións en Piemonte, Italia central e Córsega).

En 1558 o duque de Guisa e a armada francesa lograron recuperar o porto de Calais, a última posesión inglesa en territorio francés.

Ao final do seu reinado sufriu varias derrotas en Italia e os Países Baixos ante Carlos V. En 1559 viuse obrigado a asinar a Paz de Cateau-Cambrésis, pola que a Coroa francesa renunciou definitivamente aos seus intereses en Italia.

Morreu en 1559 en París durante un torneo contra Gabriel de Montgomery, celebrado con motivo do matrimonio da súa filla Isabel con Filipe II de Castela, dunha ferida no ollo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Modesto Lafuente Historia general de España
  2. Lucas Alamán, Diccionario universal de historia y de geografía
  3. Coll i Alentorn, Miquel (1992). Història. L'Abadia de Montserrat. p. vol.2, p.348. ISBN 8478262997. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]