Roberto I de Artois
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de setembro de 1216 (Gregoriano) Francia |
| Morte | 9 de febreiro de 1250 Mansura, Exipto |
| Causa da morte | morte en combate |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | Sétima Cruzada |
| Outro | |
| Título | Count of Artois (en) |
| Familia | Dinastía dos Capetos e Casa de Artois (pt) |
| Cónxuxe | Matilda de Brabante, Condessa de Artois (1237 (Gregoriano)–) |
| Fillos | Branca de Artois, Roberto II el Noble |
| Pais | Lois VIII de Francia |
| Irmáns | Sabela de Francia e Castela Lois IX de Francia Carlos de Anjou Xoán de Anjou e Maine Afonso de Poitiers |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |

Roberto I de Artois o Bo, nado en 1216 e finado en El-Mansura, Exipto, en 1250, foi príncipe de Francia e conde de Artois (1237 - 1250), condado que o seu pai lle entregou e do que foi o primeiro conde.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Foi o terceiro fillo do rei Lois VIII de Francia e da súa muller Branca de Castela. Era neto por liña paterna de Filipe II de Francia e Isabel de Hainault, e por liña materna de Afonso VIII de Castela e Lionor de Inglaterra. Era irmán dos reis Lois IX de Francia e Carlos I de Nápoles.
Matrimonio e descendentes
[editar | editar a fonte]Casou o 14 de xuño de 1237 en Compiègne con Matilde de Artois, filla de Henrique II de Brabante e María de Suabia. Deste matrimonio naceron:
- A princesa Branca de Artois (1248 - 1302 ), casada en 1269 con Henrique I de Navarra.
- O príncipe Roberto II de Artois (1250 - 1302), conde de Artois.
A Sétima Cruzada
[editar | editar a fonte]Participou na Sétima Cruzada, dirixida polo seu irmán Lois IX de Francia. Despois de tomar Damieta, o emir Fakhr al-Dihn puido atrasar o avance cruzado en Mansura ata febreiro de 1250. Roberto I de Artois e os templarios conseguen derrotar e matar a Fakhr al-Dihn, pero logo invaden a cidade desordenadamente, e o xefe mameluco, Baibars al-Bunduqdarí, envía un contraataque letal para os cruzados no que o irmán do rei atopa a morte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roberto I de Artois |