Henrique I de Francia
Henrique I de Francia | |
---|---|
Rei de Francia | |
![]() | |
Reinado | 20 de xullo de 1031 - 4 de agosto de 1060 |
Coroación | 14 de maio de 1027 (Catedral de Reims) |
Outros títulos | Ducado de Borgoña (1016–1032) |
Nacemento | 4 de maio de 1008 Reims |
Falecemento | Vitry-aux-Loges |
Predecesor | Roberto II de Francia |
Sucesor | Filipe I de Francia |
Descendencia | Con Ana de Kíiv Filipe (1052 - 1108) Roberto (1054-1063) Emma (1055-1109) Hugo o Grande |
Proxenitores | Roberto II Constanza de Arles |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
Henrique I de Francia, nado en Reims o 4 de maio de 1008 e finado en Vitry-aux-Loges o 4 de agosto de 1060, foi rei de Francia do 1031 até a súa morte.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Henrique foi o segundo fillo de Roberto II e de Constanza de Arles.[1] Asociado ao trono polo seu pai á morte do seu irmán máis vello, Hugo, en 1025. Foi coroado como rex designatus na Catedral de Reims como Rei o 14 de maio de 1027.[2]
Á morte de Roberto II, disputou a coroa de Francia co seu irmán máis novo, Roberto o Vello. Feitas as paces entre os irmáns, en 1032, Henrique cedeulle o Ducado de Borgoña, que o seu pai lle concedera no 1016.[3]
Debido á dificultade de gobernar aos señores feudais aínda demasiado conscientes do seu poder e soberanía, este rei foi chamado na historiografía como rei de París para evidenciar así que o seu poder mostrábase bastante minguado.[4]
Titor de quen sería máis tarde Guillerme o Conquistador, aínda que con posterioridade enfrontaríase a el en dúas batallas que perdería entre 1054 e 1058 por Normandía.
Henrique finou o 4 de agosto de 1060 en Vitry-aux-Loges, e foi soterrado na Basílica de San Denís. Foi sucedido polo seu fillo Filipe, quen tiña 7 anos no momento da súa morte, exercendo polo tanto a súa nai, Ana de Kíiv, como a súa rexente.
Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]
Casado en primeiras nupcias con Matilde de Frisia[5] e en segundas nupcias coa princesa Ana de Kíiv (1024 - 1075), filla do Gran Príncipe Iaroslav I o Sabio de Kíiv, da cal tivo tres fillos e unha filla:
- Filipe (1052 - 1108), rei de Francia.
- Roberto (1054-1063)
- Emma (1055-1109)
- Hugo o Grande (1057-1102), conde de Vermandois, esposo de Adelaida de Vermandois.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Jim Bradbury, The Capetians: The History of a Dynasty, (Bloomsbury, 2007), 93.
- ↑ William W. Clark, Medieval Cathedrals, (Greenwood Publishing, 2006), 87.
- ↑ Elizabeth Hallam and Judith Everard, Capetian France 987-1328, (Routledge, 2013), 95.
- ↑ Cf. Michel Parisse, "La cristianità occidentale alla metà del secolo XI" en Storia del cristianesimo, vol.
- ↑ Jim Bradbury, The Capetians: The History of a Dynasty, 106-108.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henrique I de Francia ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vajay, S. Mathilde, reine de France inconnue (Journal des savants), 1971
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Predecesor: Roberto |
Duque de Borgoña 1016 – 1032 |
Sucesor: Roberto I |
Predecesor: Roberto II |
Rei de Francia 1031 – 1060 |
Sucesor: Filipe I |