Saltar ao contido

Condado de Tolosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCondado de Tolosa

Localización
Editar o valor en Wikidata
CapitalTolosa Editar o valor en Wikidata
Poboación
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación778 Editar o valor en Wikidata
Disolución1271 Editar o valor en Wikidata
MoedaSólido Editar o valor en Wikidata

O condado de Tolosa en 1209.

O de Tolosa foi un condado que existiu desde finais do século VIII ata mediados do século XIII en Occitania, que toma o seu nome da cidade de Tolosa.

Primeiros tempos do condado

[editar | editar a fonte]

Os francos conquistaron a cidade de Tolosa en 507, e no 630 o rei Dagoberto converteuna no centro dun ducado chamado Aquitania. No 768, esta entidade, case independente antes, volveu estar sometida ao reino de Francia. Foi no 778 cando se creou o condado de Tolosa e a cidade pasou a ser a capital do reino de Aquitania, creada por Lois o Piadoso no 781.

O primeiro conde foi Corso, que gobernou entre o 778 e o 790, data na que foi confiado por Carlomagno ao seu curmán Guillerme, que era fillo de Auda (filla do señor franco Carlos Martel). Chámano Guillerme o Grande ou o Santo porque foi santificado. Gobernou sobre Tolosa (con Pallars e Ribagorza, supostamente conquistados na súa época aos árabes), sobre Narbona e as súas dependencias e confiou aos seus fillos algúns condados como o Rosellón (a Gaucelmo), Autun (a Teodorico) e Razès (a Berán). O feito de que Berán fose o seu fillo é posíbel, pero iso implica que tivo que casar coa súa medio irmá Romila, xa que parece claro que esta era a filla de Guillerme. O dominio sobre o Pallars e a Ribagorza implicaba unha posición fronteiriza de Tolosa e, por iso, os condes durante o século IX ostentaban o título de marqués.

Guillerme retirouse a un mosteiro en 806 e por conseguinte o condado foi confiado ao seu tenente Begón, marido dunha filla natural de Carlomagno. En 814, Berengario de Tolosa (que era o conselleiro de Pipino II) foi investido co condado. Gobernou sobre Tolosa, Pallars e Ribagorza, pero no 832 anexou case toda Septimania e Gotia, confiscadas a Bernardo de Septimania e foi o líder do partido lexitimista. A súa morte súbita en 835 permitiu a Bernardo de Septimania, que recuperara o favor do emperador, recuperar as súas posesións anteriores e as do seu inimigo. El e o seu irmán dominaron os mesmos territorios que Berengario. Bernardo foi executado en 844, pero parece que o condado de Tolosa foi confiado polo rei Pipino II ao seu fillo, Guillerme II de Tolosa, pero xa no 845, algúns historiadores sospeitan que se lle puido confiar a Fredelón I de Rouergue, que era neto do conde. Xilberto de Rouergue (a quen algúns fan fillo de Thierry ou Teodorico, conde de Autun ata 793) e fillo de Fulcoaldo de Rouergue e de Senegunda que era filla dun tal Fredelón "missus" personaxe posibelmente diferente do conde Fredelón (o "Missus casou cunha irmá de San Guillerme). O único que hai que se sabe é que Fredelón era o conde de Tolosa no 849, mentres Guillerme regresara a Gotia. O que non se sabe é se foi por conquistar o condado contra Guillerme, por cederlle Guillerme o goberno ou por concesión de Pipino II, pero esta última posibilidade parece a máis plausíbel. Fredelón debía ser conde de Rouergue desde polo menos o 849 á morte do seu pai, Fulcoaldo. Non obstante, os pagi de Pallars e Ribagorza tamén pertencían ao condado.

No verán de 849, Carlos o Calvo decidiu atacar Aquitania. O conde Fredelón abriulle as portas de Tolosa e foi ratificado no seu cargo; Guillerme morreu no 850 e Fredelón morreu ao redor do 852 e sucedeuno o seu irmán, Ramón I de Tolosa.

A guerra dos tres Bernardos

[editar | editar a fonte]

No 863, Hunfrido, o marqués de Gotia e Septimania ocuparon Tolosa e o conde Ramón, fiel ao rei, morre na loita. Despois da fuxida de Hunfrido (864), os seus dominios foron repartidos: o 865 Tolosa, Limoges, Pallars e Ribagorza foron entregados a Bernardo II (chamado Bernardo II de Tolosa, o becerro) fillo do finado conde Ramon I; Armengol, conde de Albi, recibiu o condado de Rouergue. Desde o principio, estableceuse unha cruenta loita pola hexemonía do sueste de Francia entre Tolosa e Carcasona, e ambos os condes someteron a cuestión ao rei. Isto demorou a decisión, pero en 872 Carlos o Calvo creou un goberno para Aquitania liderado polo seu cuñado Bosón, conde de Lión e Vienne, ao que lle entregaron o condado de Berry e os títulos de camareiro real e magister ostiariorum, pero tendo como asociados a Bernardo de Gotia e Bernardo Plantevelue de Autun, ao que lle deron o condado de Auvernia. Dado que Bernardo de Tolosa quedaba sen representación, déronlle os condados de Carcasona e Razés, dos que se desposuíu a Oliba II, que se aliou a Plantevelue contra Bernardo de Tolosa. Pouco despois, Bernardo o becerro de Tolosa morreu asasinado por un vasalo de Bernardo Plantevelue (agosto de 872) e Oliba II foi restaurado nos condados de Carcasona e Razés e Plantevelue gobernou Tolosa e Limoges (aínda que o vizconde Fulcoaldo, irmán de Bernardo de Tolosa, tivo o poder efectivo ata a súa morte arredor do 886 e orixinou a dinastía vizcondal de Limoges, orixe doutras dinastías vizcondais, especialmente os vizcondes do Buçon). Pallars e Ribagorza escaparon do seu control, xa que os partidarios do conde asasinado crearon unha nova dinastía iniciada por Ramón I de Pallars.

Bernardo Plantevelue morreu no 886 e o seu fillo Guillerme I de Aquitania sucedeuno como duque de Aquitania, pero en 887 Tolosa e Rouergue foron confiadas a Odón I, irmán de Bernardo o Becerro, conde consorte do Albi que asociou ao seu fillo Ramón II. Odón morreu en 918 ou 919 e sucedérono Ramón II de Tolosa, mentres que o seu irmán Armengol será conde de Rouergue; Albi (Albixés), herdanza materna, e o Quercy, van ser repartidos.

En 923 ou 924 morreu Ramón II e sucedeuno seu fillo Ramón III Ponce I de Tolosa (que tamén sería conde de Auvernia) en Tolosa e parte do Albixés e Quercy. E á súa morte, arredor do 950, os seus dous fillos, Guillerme Tallaferro, que polo seu casamento con Emma da Provenza herdou o título de marqués da Provenza e os condados de Forcalquier e Orange e tamén repartiu Nimes co seu parente, o conde de Rouergue, correspondéndolle a Guillerme a parte que desde entón se chamou Saint Gilles. Durante algúns anos, Guillerme mantivo asociado ao seu irmán Ponce II de Tolosa, pero este morreu no 987 sen descendencia.

Guillerme IV morreu en 1037 e sucedeuno seu fillo Ponce III de Tolosa, no Albixeé, Auvernia, Quercy, Saint-Gilles, Velai, Forcalquier, Orange e no marquesado da Provenza. Morreu no 1060 e os seus dominios pasaron ao fillo Guillerme V de Tolosa, que tamén gobernaría os condados de Lodeva, parte de Carcasona, Perigord, Axenés e Astarac.

Loita con Francia e Inglaterra

[editar | editar a fonte]

Na data da súa morte (1088) deixou os seus dominios a seu irmán Ramón, ao que o seu pai xa legara Saint-Gilles e que é coñecido como Ramón IV de Saint-Gilles. Guillerme IX de Aquitania, marido de Filipa Matilde, filla de Guillerme V, invadiu o condado (1098) alegando os dereitos da súa muller, pero tivo que se retirar baixo a presión do Papa (1100). O fillo de Ramón IV, Bertrán I de Saint Gilles, sucedeuno no condado en 1105 pero morreu en 1112 e pasou ao seu irmán Afonso I Jordà, que era menor de idade. Guillerme IX de Aquitania volveu reclamar o condado, que ocupou en 1114 en nome da súa muller, pero en 1116 ou 1117 morreu esta e a súa posición fronte aos magnates locais volveuse débil, e finalmente foi expulsado en 1119. En 1125 acordouse a distribución da Provenza entre Tolosa e Barcelona. Os dereitos de Filipa Matilde pasaron á súa neta, Aliénor de Aquitania, que casou co rei Lois VII de Francia, que reclamou o condado e cercou a capital en 1141. Pero a posterior voda de Leonor co rei Henrique II de Inglaterra fixo cambiar a situación.

Enfrontamentos cos condados cataláns

[editar | editar a fonte]

Cando morreu Afonso I, os seus dous fillos, Ramón V e Afonso II, gobernaron conxuntamente ata a morte do primeiro, en 1183. En 1159, Henrique II de Inglaterra esixiu o condado e ocupou Cahors avanzando cara a Verdun-sur-Garonne e Castelnau, preto de Tolosa, pero Ramón V e Afonso II recibiron axuda do rei de Francia e rexeitaron o ataque. Henrique volveu intentalo en 1162 e 1164 e finalmente en 1173 fíxose unha paz provisional. Ricardo Corazón de León aínda atacaría Tolosa en 1188 unha vez máis, sen éxito. En 1176, Tolosa cedeu o condado de Arle a Afonso II de Aragón, pero finalmente estalou a guerra pola hexemonía entre ambos estados (gran guerra do sur) e os cataláns cercaron Tolosa sen poder tomala, e mentres Ramón Berengario IV da Provenza foi asasinado por emisarios tolosáns.

A guerra dos cátaros

[editar | editar a fonte]

En 1194 morre Afonso II e o condado pasou a seu sobriño Ramón VI de Tolosa e deste ao seu fillo Ramón VII de Tolosa. Foron os anos de guerra dos cátaros ou albixenses.

Fin do condado

[editar | editar a fonte]

Á morte de Ramón VII sen fillos varóns, a súa filla Xoana I de Tolosa, casada con Afonso de Poitiers, sucedeuno no condado ata 1271, cando morreron regresando da Oitava Cruzada a Túnes, sen descendencia. En virtude dun tratado de 1229 con Francia (Tratado de Meaux-París) o condado pasou á coroa francesa.

Condes de Tolosa

[editar | editar a fonte]

Condes non dinásticos

[editar | editar a fonte]
#NomeInicio do gobernofin do gobernoCognome(s)Notas
1Corso 778790Primeiro conde de Tolosa.
2Guillerme I 790806O Santo
3Begón 806816
4Berengario I 816835O Sabio
O Castelo de Najac - Construído por Afonso de Poitiers
#NomeInicio do gobernoFin do gobernoCognome(s)Notas
5Bernardo I 835844
6Guillerme II 844849
7Fredelón 849852
8Ramón I 852863Irmán de Fredelón.
9Hunfredo 863865Usurpador.
10Bernardo II 865872Fillo de Ramón I
11Bernardo III 872886Fillo de Bernardo I e irmán de Guillerme II.
12Guillerme III 886887O Piadoso
13Odón 887918Irmán de Bernardo II.
14Ramón II 918923
15Ramón III Ponce I 923951
16Ponce II 951987
17Guillerme IV 9871037Irmán de Ponce II.
18Ponce III 10371060
19Guillerme V 10601088
Os Estados latinos do Oriente en 1102
O condado de Tortosa será o futuro condado de Trípoli.
#NomeInicio do gobernoFin do gobernoCognome(s)Notas
20Ramón IV 10881105irmán de Guillerme V. Herdou o condado de Tolosa, coa morte de seu irmán Guillerme V. Malia ter herdado o condado, a filla de Guillerme e sobriña de Ramón, Filipa de Tolosa (esposa de Guillerme IX da Aquitania) reivindica o condado para si.
21Beltrán 11051112
22Afonso I 11121148irmán de Beltrán, estivo ausente na Guerra Santa. Durante a súa ausencia, Filipa de Tolosa tomou o poder.
23Filipa 11141117Filla de Guillerme V. Goberna conxuntamente con Guillerme VI, durante a ausencia do primo, Afonso I.
#NomeInicio do gobernoFin do gobernoCognome(s)Notas
24Guillerme VI 11141119O Trobador, O NovoGoberna conxuntamente coa súa esposa, Filipa, até 1117.
#NomeInicio do gobernoFin do gobernoCognome(s)Notas
25Ramón V 11481183Fillo de Afonso I. Goberna conxuntamente co seu irmán, Afonso II.
26Afonso II 11481194Goberna conxuntamente co seu irmán, Ramón V, até 1183, data da morte deste.
27Ramón VI 11942 de agosto de 1222Fillo de Ramón V.
28Ramón VII 2 de agosto de 122227 de setembro de 1249
29Xoana 27 de setembro de 124925 de agosto de 1271Filla de Ramón VII. Goberna conxuntamente con Afonso III.
#NomeInicio do gobernoFin do gobernoCognome(s)Notas
30Afonso III 27 de setembro de 124925 de agosto de 1271Goberna conxuntamente coa esposa, Xoana.

En 1271 o condado foi anexado por Filipe III de Francia. En 1369 Lois de Anjou, fillo de Lois VIII e irmán de Lois IX, reis da França, retoma o Rouergue dos Ingleses.

O castelo de Malromé - A súa construción remonta ao séc XVI, cuxa referencia é Estevo de Lancre, membro do Parlamento de Bordeaux, señor de Saint-Macaire e Rauzan. En 1883, a Condesa Adela de Toulouse-Lautrec comprou o castelo, cuxo desfrute maior sería de seu fillo, o pintor Henrique de Toulouse-Lautrec.

Foi este o único ramo sobrevivente da familia e os seus membros máis importantes foron:

A liñaxe dos vizcondes de Lautrec orixinouse con Pedro de Foix, fillo de Xoán III de Foix, e irmán de Gastón IV de Foix.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Roger Genty, Les contes de Toulouse: histoire et traditions, Ferrières, Ed. Poliphile, 1987, ISBN 2-86888-013-4.