Lois XI de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLois XI de Francia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Louis XI Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1423 Editar o valor em Wikidata
Bourges, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte30 de agosto de 1483 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Château de Plessis-lez-Tours, Francia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaBasilica of Our Lady, Cléry (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rey de Francia
31 de xullo de 1461 – 8 de setembro de 1483
← Carlos VII de FranciaCarlos VIII de Francia → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaFrancés medio Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRey de Francia Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Valois Editar o valor em Wikidata
CónxuxeCarlota de Saboia (pt) Traducir (1451–1483)
Margarida Stuart (pt) Traducir (1436, 1436 (Gregoriano)–1445) Editar o valor em Wikidata
ParellaFélizé Regnard (en) Traducir
Marguerite de Sassenage (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAnne de Beaujeu (pt) Traducir, Jeanne de Valois, Dame de Mirebeau (en) Traducir, Marie de Valois (en) Traducir, Francis of France (en) Traducir, Guyotte de Valois (en) Traducir, Joana de Valois, Duquesa de Berry (pt) Traducir, Carlos VIII de Francia, Joachim de Valois (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCarlos VII de Francia Editar o valor em Wikidata  e María de Anjou Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarles de Valois, duque de Berry, Radegunda de Francia, Xoana de Valois e de Anjou, Carlota de Valois, Catarina de Valois e de Anjou, Iolanda de Valois, Madalena de Francia e Marie de France (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Valois-276 Find a Grave: 3674 Editar o valor em Wikidata

Lois XI de Francia,[1] coñecido como Lois o Prudente (en francés: le Prudent), nado en 1423 e finado en 1483, foi rei de Francia entre o 1461 e o 1483. Sucedeu o seu pai, Carlos VII. Lois entrou en rebelión aberta contra o seu pai nunha revolta de curta duración coñecida como Praguerie en 1440. O rei perdoou os seus vasalos rebeldes, incluído Luís, a quen confiou a xestión do Delfinado, daquela unha provincia do sueste de Francia. Porén, as incesantes intrigas de Lois levaron ao seu pai a desterralo da corte. Dende o Delfinado, Lois dirixiu a súa propia formación política e casou con Carlota de Savoia, filla de Lois de Savoia, contra a vontade do seu pai. Carlos VII enviou un exército para someter o seu fillo á súa vontade, mais Lois fuxiu ao Ducado de Borgoña, onde foi acollido por Filipe o Bo, o duque de Borgoña, o meirande inimigo de Carlos.

Cando Carlos VII morreu en 1461, Lois abandonou a corte de Borgoña para tomar posesión do seu reino. O seu gusto pola intriga e a súa intensa actividade diplomática valéronlle os alcumes de "o Astuto" (le rusé) e "a araña universal" (l'universelle aragne), xa que os seus inimigos acusárono de tear redes de complots e conspiracións.

En 1472, o posterior duque de Borgoña, Carlos o Temerario, levantouse en armas contra o seu rival Lois. Porén, Lois puido illar a Carlos dos seus aliados ingleses asinando o Tratado de Picquigny (1475) con Eduardo IV de Inglaterra. O tratado puxo fin formalmente á guerra dos Cen Anos. Coa morte de Carlos o Temerario na batalla de Nancy en 1477, a dinastía dos duques de Borgoña morreu. Lois aproveitou a situación para apoderarse de numerosos territorios de Borgoña, incluíndo a propia Borgoña e Picardía.

Sen ameazas estranxeiras directas, Lois puido eliminar os seus vasalos rebeldes, ampliar o poder real e fortalecer o desenvolvemento económico do seu país. Morreu en 1483, e sucedeuno o seu fillo máis novo Carlos VIII.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Rei de Francia

Segue a:
Carlos VII
Lois XI de Francia
Precede a:
Carlos VIII
Dinastía de Valois