Roberto I de Dreux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Roberto I de Dreux
Robert Dreux.jpg
Nacemento1123
Falecemento11 de outubro de 1188
SoterradoSaint-Yved de Braine
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónaristócrata
PaiLuís VI de Francia
NaiAdela de Saboia
CónxuxeInês de Baudement, Harvise d'Évreux e Agnès de Garlande
FillosRoberto II de Dreux, Philippe de Dreux, Adèle de Dreux, Henrique de Dreux, Alix II de Dreux, Anne de Dreux e Isabeau of Dreux
IrmánsConstanza de Francia, condesa de Tolosa, Luís VII de Francia, Filipe de Francia, Arquidiácono de París, Filipe de Francia, Pedro I de Courtenay e Enrique de Francia, Arcebispo de Reims
editar datos en Wikidata ]
Escudo dos condes de Dreux

Roberto I de Dreux, nado en 1123 e finado en Braine en 1188, foi príncipe de Francia e conde de Dreux (1137 - 1184).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Quinto fillo do segundo matrimonio entre o rei Luís VI de Francia e a súa muller Adelaida de Savoia, naceu na corte francesa en 1123. Por liña paterna era neto de Filipe I de Francia e Ana de Kiev, e por liña materna de Humberto II de Savoia e Xisela de Borgoña. Foi o irmán menor do príncipe Henrique de Francia e do futuro rei Luís VII de Francia, así como de Pedro II de Courtenay.

Roberto I participou na segunda cruzada e estivo presente no cerco de Damasco en 1148[1]. En 1154 participou no cerco de Séez, durante a anarquía de Inglaterra[2].

Matrimonios e descendentes[editar | editar a fonte]

Casou con Inés de Garlande, filla de Anselmo de Garlande, conde de Rochefort, en 1140. Deste matrimonio naceu un fillo:

Casou, en segundas nupcias, en 1144, con Harvisa de Évreux, filla de Gautier de Évreux. Deste matrimonio naceu:

  • a infata Adela de Dreux (1145 - d 1210).

Volveu a casar, por terceira vez, en 1152, coa condesa Inés de Braine. Deste matrimonio naceron:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Second Crusade 1148 Disaster outside Damascus. Osprey. 2009. ISBN 978-1-84603-354-4. 
  2. King Stephen's Reign (1135-1154) (en anglès). Boydell Press. 2008. ISBN 1843833611.