Diego Rolan
Nome orixinal | (es) Diego Alejandro Rolán Silva | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 24 de marzo de 1993 (31 anos) Montevideo, Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Grupo étnico | Afrouruguaio | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 179 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 74 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2011 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 9 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Diego Alejandro Rolan Silva,[1] nado en Montevideo o 24 de marzo de 1993,[2] é un futbolista uruguaio que xoga de dianteiro. Foi 25 veces internacional coa selección uruguaia, coa que marcou 4 goles.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Defensor Sporting
[editar | editar a fonte]Rolan criouse na canteira do Defensor Sporting, chegando ao primeiro equipo en 2011. O 28 de agosto de 2011, fixo o seu debut oficial nun empate 1-1 contra Cerrito.[3] O 13 de novembro de 2011, marcou o seu primeiro gol oficial contra o Cerro Largo FC. O 23 de setembro, anotou un triplete na vitoria por 4-1 sobre o Progreso.[4] O 17 de novembro, marcou outro hat-trick, esta vez na vitoria por 4-0 fronte a Bella Vista.[5]
Girondins de Bordeos
[editar | editar a fonte]Despois da súa actuación no Campionato Suramericano de Fútbol Sub-20 de 2013, onde marcou catro goles, varios equipos grandes de Europa interesáronse na súa fichaxe. O 11 de febreiro de 2013 asinou un contrato co FC Girondins de Bordeaux da Ligue 1.[6]
Xogou o que restaba desa tempada e catro máis no Girondins, sendo a súa mellor campaña a 2014/15, na que anotou 16 goles en 38 partidos. Xogou un total de 149 partidos co club francés, marcando 38 goles.
Cesión ao Málaga CF
[editar | editar a fonte]No verán de 2017 o Girondins chegou a un acordo co Deportivo da Coruña para o traspaso do futbolista, pero dado que o club galego tiña chea a cota de extracomunitarios, o traspaso adiouse un ano, sendo cedido mentres ao Málaga CF.[7][8][9] Xogou 27 partidos co club andaluz, marcando cinco goles, que non serviron para evitar o descenso.
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]O 17 de xullo de 2018 o Girondins de Bordeos anunciou o traspaso ao Deportivo da Coruña, que acababa de descender á Segunda División. O custo da operación estimouse en 6 millóns de euros.[10]
Cesión ao Leganés
[editar | editar a fonte]Nove días despois, foi cedido ao CD Leganés na primeira división por un ano, cunha cláusula de compra.
Apenas dispuxo de minutos no equipo de Mauricio Pellegrino,[11] participando só en oito partidos e en xaneiro de 2019 deixou o club madrileño para recalar cedido no Deportivo Alavés ata o final de tempada.[12]
Cesión ao Alavés
[editar | editar a fonte]Tampouco Abelardo, técnico do equipo vasco, contou moito con el, o que sumado a unha lesión no bíceps, fixo que só xogase 9 partidos, 3 deles como titular.
Cesión ao FC Juárez
[editar | editar a fonte]Na tempada 2019/20 foi cedido ao Fútbol Club Juárez, da Primeira División de México, co que marcou oito goles en 21 partidos.
Tempada co Deportivo
[editar | editar a fonte]Para a tempada 2020/21 o Deportivo da Coruña, descendido a Segunda B, tentou unha nova cesión do uruguaio debido ao alto salario deste, pero non conseguiu a saída do xogador, polo que foi inscrito para disputar co club galego a tempada.[13] Debutou co Deportivo o 29 de novembro de 2020, na xornada 6 fronte ao Racing de Ferrol en Riazor, marcando de penalti no minuto 6 o gol da vitoria (1-0).[14] Disputou un total de cinco partidos, anotando dous goles, e o 2 de febreiro de 2021 anunciouse a súa cesión ata final de tempada ao Pyramids FC da liga exipcia.[15] Co club exipcio xogou oito partidos marcando tres goles.
FC Juárez
[editar | editar a fonte]En agosto de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo FC Juárez, no que xa xogara cedido facía dúas tempadas.[16] Na súa segunda etapa no club mexicano disputou 20 partidos de liga, marcando 4 goles. Trala súa saída do Juárez demandou ao club por incumprimento de contrato e a FIFA fallou ao seu favor, obrigando á entidade a pagarlle máis dun millón de dólares.[17]
Peñarol
[editar | editar a fonte]A continuación regresou ao seu país e en febreiro de 2023 foi anunciado como novo xogador do Peñarol.[18] Afectado por problemas físicos, disputou só oito partidos co club da súa cidade, case todos saíndo dende o banco de suplentes, e catro meses despois da súa chegada rescindiu o seu contrato.[19]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Rolán representou á selección de fútbol sub-20 do Uruguai na Copa do Mundo de Fútbol sub-20 de 2011 en Colombia. En 2013 marcou catro goles no Campionato Suramericano de Fútbol Sub-20 na Arxentina, acadando co equipo o terceiro posto e a clasificación para a Copa Mundial Sub-20 da FIFA 2013.
En setembro de 2014 fixo o seu debut coa selección uruguaia absoluta nun amigábel contra Xapón en Sapporo. Deulle a asistencia a Edinson Cavani no primeiro dos dous goles (2–0) fronte aos campións asiáticos. O seu primeiro gol coa selección foi nunha vitoria por 1–2 sobre Chile o 18 de novembro de 2014.
En maio de 2015, Rolán foi incluído na selección do Uruguai para a Copa América 2015 polo adestrador Óscar Tabárez. Levou o número 9, usado normalmente polo suspendido Luis Suárez.[20]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Girondins de Bordeos
[editar | editar a fonte]- Copa de Francia (1): 2013[21]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Diego Rolan: “Yo no soy el salvador del Málaga"". As (en castelán). 13 de outubro de 2017. Consultado o 30 de setembro de 2024.
- ↑ "Diego Rolan Bordeaux profile". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de febreiro de 2015.
- ↑ "Defensor Sporting vs. Cerrito - 28 August 2011 - Soccerway". int.soccerway.com (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2020.
- ↑ "La tarde de Rolan" (en castelán). 23 de setembro de 2013. Consultado o 22 de novembro de 2020.
- ↑ "Defensor Sporting derrotó 4-0 a Bella Vista con tres de Diego Rolan." (en castelán). 19 de novembro de 2012. Consultado o 22 de novembro de 2020.
- ↑ "Diego Rolan se va a Francia" (en castelán). 28 de xaneiro de 2013. Consultado o 22 de novembro de 2020.
- ↑ Centeno, Alexandre (3 de setembro de 2017). "Rolan, primer fichaje del Dépor 18-19". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ "Diego Rolan, el fichaje clandestino del Deportivo". As (en castelán). 10 de xullo de 2018. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ ""Rolan estará aquí el lunes"". Mundo Deportivo (en castelán). 4 de xullo de 2018. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ "Girondins : Diego Rolan s’engage officiellement avec La Corogne" (en francés). 17 de xullo de 2018. Consultado o 22 de novembro de 2020.
- ↑ "Segun 'As', el Leganés abre la puerta de salida a tres jugadores del primer equipo" (en castelán). 2 de xaneiro de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ "Diego Rolan, nuevo jugador del Alavés" (en castelán). 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ Mallo, X.M. (6 de outubro de 2020). "O Deportivo inscribe a Rolan". La Opinión A Coruña. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ "Diego Rolan debuta e decide (1-0)". 29 de novembro de 2020. Consultado o 30 de novembro de 2020.
- ↑ "Diego Rolan completará a Temporada 2020-2021 cedido no Pyramids FC". 1 de febreiro de 2021. Consultado o 1 de febreiro de 2021.
- ↑ "El Bravos de Juárez anuncia el fichaje de Diego Rolan" (en castelán). 17 de agosto de 2021. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- ↑ "El uruguayo Diego Rolan cobrará una cifra millonaria por un fallo a favor ante la demanda a Juárez" (en castelán). 30 de outubro de 2023. Consultado o 11 de novembro de 2023.
- ↑ "Peñarol se sigue reforzando y Diego Rolan fue presentado oficialmente como nueva alta" (en castelán). 2 de febreiro de 2023. Consultado o 11 de novembro de 2023.
- ↑ "Diego Rolan rescindió su contrato con Peñarol y lo hizo con un gesto poco común que Ignacio Ruglio destacó" (en castelán). 21 de outubro de 2024. Consultado o 21 de outubro de 2024.
- ↑ "Rolan le cuida el 9 a Suárez" (en castelán). 5 de xuño de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2020.
- ↑ "Bordeaux remporte la Coupe de France !". fff.fr (en francés). 31 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2018. Consultado o 22 de novembro de 2020.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán).
- Datos do xogador en transfermarkt.com (en inglés).
- Datos do xogador Arquivado 04 de decembro de 2020 en Wayback Machine. no sitio web oficial do Deportivo da Coruña.
- Nados en 1993
- Nados en Montevideo
- Xogadores da selección de fútbol do Uruguai
- Futbolistas do Uruguai
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Defensor Sporting Club
- Xogadores do FC Girondins de Bordeaux
- Xogadores do Málaga CF
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do CD Leganés
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do FC Juárez
- Xogadores do Pyramids FC
- Xogadores do CA Peñarol