Lista dos presidentes de Filipinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Presidente de Filipinas
Pangulo ng Pilipinas
Seal of the President of the Philippines.svg
Escudo presidencial
Rodrigo Duterte and Laotian President Bounnhang Vorachith (cropped).jpg

ResidenciaPalacio de Malacañang, Manila
SedeManila
ÁmbitoFlag of the Philippines.svg Filipinas
Designado porSufraxio universal e directo
Duración6 anos, non renovábeis
Primeiro titularEmilio Aguinaldo
Creación23 de xaneiro de 1899
Precedido porGobernador Xeral de Filipinas
Salario395 858 pesos flipinos anuais[1][2]
Sitio webop-proper.gov.ph

O presidente de Filipinas é o xefe de Estado e xefe de goberno de Filipinas.

Segundo a Constitución das Filipinas de 1987, o presidente do país é elixido polo pobo para un único período de 6 anos.[3] Esta é a lista de presidentes das Filipinas dende a independencia do país ata hoxe.

Lista[editar | editar a fonte]

Antes da Primeira República[editar | editar a fonte]

Durante a colonización española, as illas formaban a Capitanía Xeral de Filipinas. A monarquía española estaba representada polo Gobernador Xeral de 1565 a 1898. España cedeu todas as súas restantes posesións, incluídas as Filipinas, ao final da guerra hispano-estadounidense a través do Tratado de París.

1899–1901: Primeira República (República de Malolos)[editar | editar a fonte]

A Primeira República Filipina inaugurouse o 23 de xaneiro de 1899 en Malolos e rematou o 23 de marzo de 1901 cando o presidente Emilio Aguinaldo foi capturado polos estadounidenses en Palanan.

Imaxe Nome Comenzo do mandato Fin de mandato Partido
Emilio Aguinaldo (ca. 1898).jpg Emilio Aguinaldo
(1869-1964)
23 de xaneiro de 1899 23 de marzo de 1901 Sen partido

Os americanos xa comezaran a controlar as zonas non controladas pola Primeira República despois da cesión española. O presidente dos Estados Unidos estivo representado primeiro por gobernadores militares e despois por gobernadores xerais civís ata 1935.

1935-1946: Mancomunidade[editar | editar a fonte]

A Mancomunidade Filipina creouse o 15 de novembro de 1935 en Manila e rematou coa independencia de Filipinas o 4 de xullo de 1946. Tras a invasión xaponesa de Filipinas no transcurso da Segunda guerra mundial, o goberno da Mancomunidade exiliouse nos Estados Unidos e existiu de xeito paralelo ao goberno da Segunda República, controlado polos xaponeses.

Imaxe Nome Comenzo do mandato Fin de mandato Partido
ML Quezon.jpg Manuel Luis Quezón
(1878–1944)
15 de novembro de 1935 1 de agosto de 1944 Partido Nacionalista
Sergio Osmena photo.jpg Sergio Osmeña
(1878–1961)
1 de agosto de 1944 28 de maio de 1946 Partido Nacionalista
President Manuel A Roxas.jpg Manuel Acuña Roxas

(1892–1948)

28 de maio de 1946 4 de xullo de 1946 Partido Liberal

1943-1945: Segunda República[editar | editar a fonte]

A Segunda República proclamouse o 14 de outubro de 1943 en Manila e rematou cando o presidente José Paciano Laurel a disolveu o 17 de agosto de 1945, en Toquio. Era un goberno marioneta colocado polo imperio xaponés tras a súa invasión do país durante a Segunda guerra mundial. O goberno da Mancomunidade continuou existindo no exilio, polo que nese momento había dous presidentes simultáneos.

Imaxe Nome Comenzo do mandato Fin de mandato Partido
Jose P. Laurel (cropped).jpg José Paciano Laurel
(1878–1944)
14 de outubro de 1943 17 de agosto de 1945 KALIBAPI

1946-1972: Terceira República[editar | editar a fonte]

A Terceira República comezou cando os americanos concederon a independencia a Filipinas o 4 de xullo de 1946 e rematou coa imposición da lei marcial polo presidente

Ferdinand Marcos o 21 de setembro de 1972.

Imaxe Nome Comenzo do mandato Fin de mandato Partido
President Manuel A Roxas.jpg Manuel Acuña Roxas
(1892-1948)
4 de xullo de 1946 15 de abril de 1948 Partido Liberal
Elpidio R Quirino.jpg Elpidio Quirino
(1890-1956)
17 de abril de 1948 30 de decembro de 1953 Partido Liberal
Ramon-Magsaysay-01.jpg Ramón Magsaysay
(1907-1957)
30 de decembro de 1953 17 de marzo de 1957 Partido Nacionalista
Carlos P Garcia.jpg Carlos Polístico García
(1896-1971)
18 de marzo de 1957 30 de decembro de 1961 Partido Nacionalista
Diosdado Macapagal USS Oklahoma City 1962 cropped.jpg Diosdado Macapagal
(1910-1997)
30 de decembro de 19611 30 de decembro de 1965 Partido Liberal
Ferdinand Marcos at the White House.jpg Ferdinand Marcos
(1917-1989)
30 de decembro de 1965 23 de setembro de 1972 Partido Nacionalista

1972-1987: Lei marcial e Cuarta República[editar | editar a fonte]

O presidente Ferdinand Marcos gobernou por decreto despois de declarar a lei marcial o 23 de setembro de 1972. Inaugurou a "Nova Sociedade" despois de que se ratificase unha nova constitución o 17 de xaneiro de 1973. Declarou a Cuarta República o 17 de xaneiro de 1981, tras levantar a lei marcial.

Imaxe Nome Comenzo do mandato Fin de mandato Partido
Ferdinand Marcos at the White House.jpg Ferdinand Marcos
(1917-1989)
23 de setembro de 1972 25 de febreiro de 1986 Partido Nacionalista
Kilusang Bagong Lipunan
Corazon Aquino 1986.jpg Corazón Aquino
(1933-2009)
25 de febreiro de 1986 2 de febreiro de 1987 Organización Democrática Nacionalista Unida (UNIDO)

1987-presente: Quinta República[editar | editar a fonte]

A presidenta Corazón Aquino inaugurou a Quinta República despois de que a actual constitución fose ratificada. O plebiscito tivo lugar o 2 de febreiro de 1987.

Imaxe Nome Comenzo do mandato Fin de mandato Partido
Corazon Aquino 1986.jpg Corazón Aquino
(1933-2009)
2 de febreiro de 1987 30 de xuño de 1992 Organización Democrática Nacionalista Unida (UNIDO)
Ramos Pentagon.jpg Fidel Valdez Ramos
(1928-)
30 de xuño de 1992 30 de xuño de 1998 Lakas ng Tao–Christian Muslim Democrats (Lakas-NUCD)
Josephestradapentagon.jpg Joseph Ejército Estrada
(n. 1937)
30 de xuño de 1998 20 de xaneiro de 2001 Laban ng Makabayang Masang Pilipino (LAMMP)
Gloria Macapagal Arroyo WEF 2009-crop.jpg Gloria Macapagal-Arroyo

(1947-)

20 de xaneiro de 2001 30 de xuño de 2010 Lakas ng EDSA-National Union of Christian Democrats-United Muslim Democrats of the Philippines (Lakas-NUCD-UMDP)

Lakas–Kampi–CMD

President Benigno S. Aquino III.jpg Benigno Aquino III

(1960-)

30 de xuño de 2010 30 de xuño de 2016 Partido Liberal
Rodrigo Duterte and Laotian President Bounnhang Vorachith (cropped).jpg Rodrigo Duterte

(1945-)

30 de xuño de 2016 presente Partido Democrático Filipino - Poder Popular (PDP-Laban)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Salary Grades of Positions of Constitutional and Other Officials and Their Equivalents" (PDF) (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  2. "Executive Order No. 611, s. 2007" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  3. "Constitución de Filipinas de 1987" (en inglés). Consultado o 25 de maio de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]