Conversa usuario:Xoacas/2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Índice

Cidade difusa[editar a fonte]

Boas Xoacas ! Olla a páxina de conversa do artigo. A ver se podes opinar e axudar para que o artigo (ou varios artigos que poden correspondder aos temas do contido) mellorese. Semella que a totalidade dos coñecementos que queres compartir non resulta facil. Saúdos e ánimo Elvira (conversa comigo) 15:57, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Software privativo vs Software con todos os dereitos reservados[editar a fonte]

Realmente o software con todos os dereitos reservados é privativo. Pero non sei se á inversa funciona. O sentido de facer unha categoría tal é situar o software que non ten unha licenza explícita. Os desenvolvedores/donos dos dereitos de autor simplemente sitúan o (c) e poñen "Todos os dereitos reservados". Hai software privativo que ten unha licenza específica, polo que ese software iría noutra categoría distinta (Software baixo licenza X), aínda sendo privativo. Esa é a razón de facer tal categoría, aínda que outra alternativa estaría ben, simplemente "privativo", como "libre", son máis ben grupos de licenzas que licenzas en si. O que si podería facer sería categorizar as categorías das licenzas (Software baixo licenza X) segundo sexan "Software libre" ou "Software privativo". Iso si que estaría ben en todos os sentidos. Grazas polo toque, e a ver se se me ocorre outra forma de poñelo ou algo. Un saúdo! ─ GallaecioE logo? 20:55, 15 xaneiro 2010 (UTC)

Picota[editar a fonte]

Grazas polo aviso, seguramente teñas razón. A mágoa é que non paso por alí. Procurarei desprazarme por alí no verán e preguntar (hai que chamar ás casas). Vou traspasar a conversa á páxina de conversa da foto, que creo que é onde debín iniciala. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  11:02, 17 xaneiro 2010 (UTC)

Breogán[editar a fonte]

Estimado compañeiro, e de agradecer os animos infundidos de todolos xeitos o que lamento e que se borrase na bibliografia o traballo de Sainero, R. «Orígenes históricos,mitológicos, y literarios de la Península Ibérica» en http://www.brathair.com/revista/numeros/07.02.2007/10.pdf que convidote a leer, polo que chegaras a un novo nivel de sabiduria, ou eso espero, unha aperta.--Suarez ruibal 21:54, 18 xaneiro 2010 (UTC)

Re:Monterrei.[editar a fonte]

Desculpa, pero non entendo. Pode deberse a que é moi tarde e estou canso. Pode deberse á falta de ligazóns na túa mensaxe. O caso é que eu nin sequera sei cal pode ser a categoría que creei. O motivo é que quizais ande cerca hoxe de facer 200 edicións. Creo que dis que fixen algo mal. Se podes especificalo un pouco máis. Eu descoñezo Monterrei, pero ¿debo perder o tempo buscando a categoría que creei e mirando se fixen ben ou fixen mal, ou debes proporme unha alternativa ó que fixen, se fixen algo mal?, non sei; o problema é que non entendo porque non sei nin sequera o que fixen, xa non me lembro-- Lmbuga / Conversa comigo  02:42, 23 xaneiro 2010 (UTC)

Non concibo que eu fixese o que dis: "vexo que creaches unha nova categoría para o castelo de Monterrei para substituír a existente de Monterrei, que era empregada para o concello". Vou buscar o que dis. Considéroo imposible, pero traballo a tal velocidade que... todo pode ser.
Evidentemente, se me puxeses ligazóns poderíasme aforrar moito tempo e axudarme a comprender antes, e facilitar (inda que este non é o caso) ter posibles conflitos. De tódolos xeitos grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  02:51, 23 xaneiro 2010 (UTC)
A Categoría:Monterrei non foi substituída (esa é a categoría do concello). A categoría do castelo non existe e temo que non existiu nunca. Se te refires ás categorías de imaxes, a Categoría:Imaxes de Monterrei, para min, esta como ten que estar. Dentro dela hai unha categoría Categoría:Imaxes do Castelo de Monterrei, categoría que tamén vexo normal e que agora recordo que creei. ¿Está mal creada?, ¿Hai outro castelo en Monterrei, ??? Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  02:55, 23 xaneiro 2010 (UTC)
Por certo, non é doado substituír unha categoría por outra. É moi difícil e traballoso, tan traballoso que resulta imposible non recordalo. Pódoche asegurar que non fixen tal cousa, pero quizais non esteamos a falar do mesmo-- Lmbuga / Conversa comigo  03:08, 23 xaneiro 2010 (UTC)

Tras reler 20 veces a túa mensaxe, creo que dou entendido algo. Disme -agradézoche que me digas que é certo, se o é- que tódalas categorías se refiren a unha mesma localización, pero ¿e que pasa se se refiren á mesma localización?, ¿acaso non hai un castelo e un concello (eu entendo que a localización do concello é máis ampla (xa non digamos a comarca)). A categoría do castelo esta categorizada na do concello, polo que non hai problema.

Se é isto o que dis, non entendo o tempo que estou perdendo. Por favor, dime qué é o que fixen mal-- Lmbuga / Conversa comigo  03:14, 23 xaneiro 2010 (UTC)

Xa entendín o que querías dicir, pero non tes razón. Estás vendo a realidade cunha escasa perspectiva. Tes que considerar que existe unha categoría chamada Categoría:Imaxes de castelos de Galicia e, polo tanto, o que estás propondo é que incorporemos nesa categoría todo o núcleo urbano de Monterrei (ou mesmo o concello ou a comarca). Non é así: o castelo é unha realidade por moito que forme parte do núcleo urbano. Tamén a catedral de Santiago forma parte do núcleo urbano de Santiago e ten as súas peculiares categorías. Creo que é algo evidente. -- Lmbuga / Conversa comigo  03:34, 23 xaneiro 2010 (UTC)
O que si pode ocorrer é que algunha foto estea categorizada incorrectamente ou máis ou menos incorrectamente. Se así fose, cámbialle a categoría, non é nin sequera preciso que me avises para facer tal cousa. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  03:41, 23 xaneiro 2010 (UTC)
Insisto en que entendera. Dis: "se existise unha categoría para o núcleo de poboación de Monterrei deberían estar nela todas as imaxes que estivesen na categoría de imaxes do castelo de Monterrei, posto que unha cousa e outra son coincidentes nos seus límites físicos,ou se queres dicilo de outro xeito, son a mesma cousa."
Pois non traballamos así e, ademais, é evidente que non son a mesma cousa:
  1. A categoría do castelo debe estar categorizada no lugar en que está o castelo (do xeito máis concreto posible) e tamén na carpeta en que estean os demais castelos (na miña opinión tamén na carpeta do concello). Faise así en tódolos concellos de Galicia. Se non fose así a Categoría:Imaxes de Santiago de Compostela sería un caos de miles de imaxes. Digo isto último porque o esquema das categorías de tódolos concellos ten que ser paralelo, como corrresponde a unha estrutura enciclopédica.
  2. Dá igual que coincidan o castelo e o límite do lugar, porque se facemos unha foto a unha persoa, animal, insecto, planta, comida ou obxecto, dentro das lindes do lugar, esa imaxe vaise categorizar na categoría de imaxes do lugar, non na do castelo, a non ser que estea intimamente relacionada coa fortificación (anímote a facer algunha imaxe así). A isto hai que engadir que a categoría do castelo está categorizada na do lugar.
  3. O concello de Monterrei ten unha parroquia que denominamos Monterrei, Monterrei e esa parroquia ten dous lugares que se denominarán cando se creen os artigos Monterrei, Monterrei, Monterrei e A Pousa, Monterrei, Monterrei. Non facemos categorías de núcleos de poboación, facemos categorías de lugares coincidentes co Nomenclator da Xunta de Galicia, cousa que vén sendo algo semellante á división de parroquias, pero non o mesmo. Quero con isto dicir que a Categoría:Imaxes de Monterrei (conforme ó artigo Monterrei) é a categoría do concello. A categoría da parroquia sería Categoría:Imaxes de Monterrei, Monterrei, conforme ó artigo Monterrei, Monterrei, e as categorías dos lugares serían Categoría:Imaxes de Monterrei, Monterrei, Monterrei e Categoría:Imaxes da Pousa, Monterrei, Monterrei. A categoría de imaxes da comarca é Categoría:Imaxes da comarca de Verín, conforme a Comarca de Verín.
Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  15:55, 23 xaneiro 2010 (UTC)

Pregúntasme moitas cousas. A ver se non me deixo algunha.

1. Non hai ningún sitio para comprender cómo están estruturadas as categorías de imaxes máis cá miña cabeza e a daqueles que comprendesen o que eu comecei a facer e que agora colaboran, cando menos, categorizando as súas propias imaxes. Tes que saber que as categorías de imaxes non foron aprobadas pola comunidade e que tódalas categorías deben ser aprobadas. Posto que era case imposible facer unha proposta sen ter nada creado, comecei coa creación partindo da miña experiencia en Commons (alí Usuario:Prevert e mais eu creamos a base da categorización actual), partindo tamén das políticas da Galipedia e dos artigos e categorías presentes nesta.

Polo tanto, calquera cousa que queiras comprender e non comprendas ou só intúas, pregúntama; pero pregúntama sabendo que non sempre eu teño razón, inda que ás veces o que digo non é discutible. Digo que ás veces non é discutible porque, por exemplo, a categorización que defendo de lugares, parroquias e concellos seguindo o Nomenclator foi aprobada pola comunidade, e iso non é discutible, inda que si variable cunha proposta que a comunidade vote e acepte (créoo moi complicado).

Polo tanto, todo o que hai está pendente de revisión. Canta máis estrutura creo, máis teño a impresión de que faltan cousas. Mesmo hai algunha incoherencia entre categorías e non me dou decidido a resolvela sen máis imaxes que categorizar. Quizais mesmo dalgunha incoherencia non sexa coñecedor. As maiores incoherencias están nos nomes das categorías, no uso de maiúsculas e minúsculas, no uso de "imaxes de" ou "imaxes sobre"... creo que isto foi demasiado para un só traballador e eu non dei máis de min, nin dou moito máis.

Se desexas incorporarte a traballar neste campo, eu encantado. Pídeme que che explique o que desexes e traballamos todo o xuntos que desexes. Agora ben, sempre tes tamén que ter en mente que nunha enciclopedia é moi importante que se repitan as estruturas. Se a palabra "río" vai con minúscula nos artigos ou categorías dos ríos, ten que ir en todos así (o malo é que a palabra "Igrexa", "Convento", "Mosteiro", "Museo"..., van en maiúsculas, polo que comezo a pensar que río tamén debería ir en maiúscula: Isto é unha comedura de coco inabranguible)

2. O esquema que se segue é o seguinte "lugar, nome_aceptado_da_parroquia, concello". O raro é un lugar como Monterrei, Monterrei, Monterrei, un lugar que ten a mesma denominación cá parroquia e có concello; o normal é que sexan diferentes (Bertamiráns, Ortoño, Ames).

Xa que a toponimia de Galicia é tanta, decidiuse no seu momento con moi bo criterio aceptar exclusivamente os topónimos oficiais, de aí que se siga o Nomenclator. Á parte, isto crea moita seguridade á hora de saber como son os topónimos.

3. Si, a estrutura é en árbore. A categoría raíz para as imaxes de Galicia é Categoría:Imaxes de Galicia. A Categoría raíz para tódalas imaxes é Categoría:Imaxes. Só a zona de Galicia está algo ou moi desenvolvida (depende dos ollos cos que vexas, pois o vaso pode estar medio cheo ou medio baleiro)

4.As imaxes deberían (creo), cando menos, estar en dúas categorías, mesmo poden estar en máis. Unha categoría que deberían ter sempre é a xeográfica; outra, a do motivo (igrexa, castelo, petróglifo...); pero mesmo poden ter máis categorías, pensa nunha ave nun río que divide dous concellos, a imaxe debe estar categorizada en cada un dos concellos (xa non falo de parroquias ou lugares), no río e na ave, total, catro categorías.

O que non é normal é que unha imaxe estea nunha categoría e ó mesmo tempo nunha subcategoría desa categoría (inda que podería darse en casos como o de Monterrei, pois tampouco nada prohibe que iso sexa así, só é coherencia). Si, en cambio, é normal que unha imaxe estea en dúas subcategorías diferentes dunha mesma categoría, por exemplo, [[:Ficheiro:Ribeira Porto GDFL 050917 039 begin_of_the_skype_highlighting 050917 039 end_of_the_skype_highlighting begin_of_the_skype_highlighting 050917 039 end_of_the_skype_highlighting begin_of_the_skype_highlighting 050917 039 end_of_the_skype_highlighting begin_of_the_skype_highlighting 050917 039 end_of_the_skype_highlighting.JPG]] esta categorizada en Categoría:Imaxes de portos de Ribeira e en Categoría:Imaxes de Ribeira, Ribeira. Ámbalas dúas son subcategorías de Categoría:Imaxes de Ribeira pero as pólas da árbore son diferentes e paralelas. Ademais, a imaxe está categorizada en Categoría:Imaxes de embarcacións en Galicia, categoría que xa non ten nada que ver.

A medida que se van creando categorías máis concretas hai que ir revisando as superiores.

5.Outra ou outras cousas: Para subir unha foto a Galipedia non é obrigatorio categorizala. O único obrigatorio é poñerlle unha das licenzas posibles e indicar a súa orixe (se é realizada por ti, escribe nos datos da imaxe algo así como eu son o fotógrafo, obra propia...). Non hai máis condicións.

Se as imaxes se soben directamente á Galipedia aparecen na Galería de imaxes novas, aí é onde eu as localizo con máis facilidade e categorizo. Se se incorporan desde Commons... entón teño que ter sorte de dar con elas.

Espero que as respostas che aclaren algo. Comprendo que provoquen máis preguntas: Non dubides en facermas e desculpa que me estenda na explicación. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:10, 23 xaneiro 2010 (UTC)

Río Rubín[editar a fonte]

Habería que crear un artigo de homónimos como no caso de Río Mera. E mover o artigo Río Rubín a Río Rubín, Río Saa e crear un novo artigo para o Río Rubín, Río Bubal a onde habería que dirixir o río de Albarellos. Saúdos. --Xas (conversa) 23:09, 24 xaneiro 2010 (UTC)

Serea, Fefiñáns e referencias[editar a fonte]

Ola Xoacas. Vexo que lles pides referencia a un parágrafo do artigo serea: "A figura da serea (muller-peixe ou nereida) está presente na heráldica. Un dos escudos galegos máis coñecidos nos que figura unha serea é o dos viscondes de Fefiñáns. Segundo conta a lenda, este naufragou nunha viaxe nas costas de Irlanda e foi salvado por unha serea. Dende aquela hai unha serea portante no seu escudo, como se pode ver na fachada lateral do Pazo de Fefiñáns, así coma na capela do pazo". De todo o que se di nese parágrafo ¿que é o que cres debe referenciarse? Que a serea apareza na heráldica non creo, porque é certo que se pode ver en moitos casos. Que o escudo do vizconde de Fefiñáns sexa "un dos escudos máis coñecidos" é algo evidentemente discutible. Que a orixe sexa esa lenda, ¡vai saber! Se a dúbida está na presenza dese escudo no pazo e na capela ¿ou en San Benito?, podo achegarme e comprobalo. Xa me dirás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:42, 30 xaneiro 2010 (UTC)

  • Nin idea da orixe da lenda localizada en Cambados pero preguntarei a coñecidos de alí a ver se me dán algunha referencia publicada. Na GEG describen a historia do título e da familia: conta que o título foi concedido en 1647 por Filipe IV a Gonzalo de Valladares y Sarmiento, señor de Fefiñáns. O terceiro vizconde, Antonio Gaspar de Valladares, casou con Antonia Rosa Mariño de Lobeira y Sarmiento (de quen seguramente tomou o escudo coa serea, digo eu). Non menciona para nada a lenda do salvamento do naufraxio pero finaliza dicindo que o escudo do Vizcondado é un axedrezado en ouro e azur e, no timbre, a coroa do vizconde. Borrarei, xa que logo, a mención á lenda e, simultaneamente, a petición de referencias. ¿De acordo? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:17, 30 xaneiro 2010 (UTC)

Re:Flickr[editar a fonte]

Lin as mensaxes no correo. Teño pendente resposta. Pola tarde respóndoche. Subín xa as túas imaxes. -- Lmbuga / Conversa comigo  11:38, 1 febreiro 2010 (UTC)

Deixeiche mensaxe en Flickr. As imaxes que subiches a Commons están correctas. Na WIkipedia a última inda non está categorizada, pero non te preocupes, se te esqueces de algo, estarei pendente-- Lmbuga / Conversa comigo  19:03, 1 febreiro 2010 (UTC)
Acabo de enviarche dúas resposta ós teus comentarios en Flickr por medio do correo de Flickr. Vouche responder aquí a estes que fas.
  • Sorpréndeme o da cota. A min pasábame antes. Eu pensei que iso de ter un límite xa non existía. Non sei, ó mellor só podes subir un número determinado de imaxes e a medida que vaias subindo e que vexan que tes criterio amplíanche a cota, é posible que sexa así (resulta sorprendente que sexa así porque é moi sofisticado). Houbo un tempo en que eu non podía subir máis ca 5 imaxes, logo eran 7 imaxes, despois só podía subir 20, agora podo subir as que me dea a gaña (o domingo subín case 40, pero pasaron 2 anos subindo). Non te preocupes se só podes subir 3, 4 ou 7, non pasa nada; vai subindo as que poidas (coma se sobes só as túas); procurarei eu facer o resto. Se queres saber cómo subilas sen o bot explícocho, pero dá moito máis traballo, non compensa.
Dáseme agora por pensar que a min me ampliaron o número de imaxes permidas para subir porque, cando non me permitían subir máis ca 7, eu seguía subindo sen o bot e, ó subir sen o bot, dáballe traballo ós administradores (moito máis), pero este tamén me resulta un razoamento sofisticado. Xa veremos se che amplían o número co tempo.
  • As imaxes subidas a Commons están subidas á Wikipedia galega. Quere isto dicir que podes empregalas coma se as subises á Galipedia, pois Commons é un espazo común a tódalas Wikipedias. Agora, as imaxes categorizadas en Commons, non están categorizadas na Galipedia, hai que categorizalas de novo abrindo a imaxe na Galipedia. Explícoche como facelo. Unha vez subida unha imaxe a Commons tes dúas alternativas
  • Colocala nun artigo da Galipedia. Despois, facer click sobre a imaxe (aparecerache unha páxina de edición en branco) e escribir a categoría así: [[Categoría:Imaxes de...]]. Colocalas nun artigo non é fundamental, pero debería facerse, é máis importante categorizalas. Se non sabes qué categoría escribir, escribe {{ImaxeSencat}} e xa buscarei eu a categoría antes ou despois. Ó escribir {{ImaxeSencat}} categorizas a imaxe na categoría Categoría:Imaxes pendentes de categorización.
  • Se non encontras artigo en que colocala, na caixa de procura da Galipedia (onde buscas páxinas da Wikipedia), coloca o nome que ten a imaxe en Commons. Dálle ó botón "artigo" e aparecerache a páxina da foto na Galipedia. Edítaa (aparecerache a páxina de edición en branco) e escribe a categoría: [[Categoría:Imaxes de...]]. Se non sabes qué categoría escribir, escribe {{ImaxeSencat}} e xa buscarei eu a categoría antes ou despois. Ó escribir {{ImaxeSencat}} categorizas a imaxe na categoría Categoría:Imaxes pendentes de categorización.
Creo que estou a bombardearte con datos e procedementos de tal maneira que se te aclaras é incrible. Contacta comigo polo medio que desexes e cando queiras (das 0:00 ás 9:00 non acostumo a responder a ningún medio). Estarei especialmente atento este mes ás mensaxes que reciba. Logo dun mes, has estar perfectamente situado. Ánimo-- Lmbuga / Conversa comigo  20:59, 1 febreiro 2010 (UTC)
Por certo, xa es administrador no grupo-- Lmbuga / Conversa comigo  21:07, 1 febreiro 2010 (UTC)
Vou revisar agora o que fixeches en Commons. Considero preferible atenderte que atender o grupo de Flickr.
A imaxe http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Albarellos,_Albarellos,_Monterrei.jpg (esta é a páxina de Commons), non semella estar na Galipedia presente. Para sabelo, escribe File:Albarellos, Albarellos, Monterrei.jpg na caixa de procura e preme o botón "artigo" (irás a Ficheiro:Albarellos, Albarellos, Monterrei.jpg. Eu acabo de facelo e vexo que nas pestanas superiores hai unha que pon "crear" (iso implica que non está categorizada). Se vas ó final da páxina, verás ademais que non hai ningunha categoría.
Vou editar esa imaxe e categorizala. Se a editas na Galipedia, poderás ver o que escribín. Mirarei tamén de incorporala ós artigos que poida. Farei o mesmo coas imaxes que hoxe puideras subir.-- Lmbuga / Conversa comigo  21:19, 1 febreiro 2010 (UTC)

Engadín algunhas das túas imaxes a Galería de imaxes de Flariz, Monterrei e categoriceinas. Inda che deixou subir unhas 20, Bo traballo. Vou mirar de colocar as que quedan-- Lmbuga / Conversa comigo  21:51, 1 febreiro 2010 (UTC)

Incorporei outras en Galería de imaxes de Infesta, Monterrei e Categoría:Imaxes de Infesta, Monterrei. Tamén en A Madanela, Monterrei e Categoría:Imaxes da Madanela, Monterrei-- Lmbuga / Conversa comigo  22:00, 1 febreiro 2010 (UTC)
Repara nas mensaxes anteriores. COmetiches 2 erros. Os dous solucionables:
  1. Esqueciches nas dúas últimas imaxes facer (ou tiveches problemas para facelo) o último paso de subida: Premer en "click this link". Fíxeno eu.
  2. As dúas últimas imaxes que subiches teñen diferente nome pero son a mesma imaxe. Dime cal é correcta e mando borrar a outra. As imaxes son Ficheiro:A Madanela, A Magdalena, Monterrei 03.jpg e File:Medeiros, Medeiros, Monterrei 01.jpg.
Que non che dea corte cometer erros. Outros consideramos que somos erros andantes e tiramos para adiante.
Por outra banda, considero imposible que asimiles todo o que che dixen hoxe. Así que os erros que cometas ou están dobremente perdoados ou son tamén erros meus-- Lmbuga / Conversa comigo  22:22, 1 febreiro 2010 (UTC)

Gracias[editar a fonte]

Ola, vin que correxiches os erros do artigo Reino do Congreso e gustaríame darche as gracias. Un saúdo--AMPERIO 16:16, 1 febreiro 2010 (UTC)

"dánse" con acento??[editar a fonte]

http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gram%C3%A1tica_hist%C3%B3rica_do_galego&action=historysubmit&diff=1408491&oldid=1408100

Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 17:22, 6 febreiro 2010 (UTC)

  • Xa vin a mensaxe. Só respondín a última. Deixeiche o meu teléfono.-- Lmbuga / Conversa comigo  11:40, 7 febreiro 2010 (UTC)
  • Nas Normas, páxina 135. Se isto non te convence, non teño máis que dicir. Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 18:54, 7 febreiro 2010 (UTC)

Imaxes doutras wikipedias[editar a fonte]

Síntoo, pero non se pode subir nin a Commons nin ás Wikipedias ningunha das tres. Ollo!, non se poderían subir nin estando en Flickr e tendo a licenza acorde.

As dúas primeiras teñen unha licenza que non existe en Commons nin na Galipedia. Débese a que Commons e a Galipedia non permiten o uso lexítimo porque moitas lexislacións, entre elas a española, non permiten ese uso (si a de EEUU e, polo que vexo, algunhas de estraña ortografía). Cando vexas que a imaxe da licenza é un "C" sen tachar, non se poden subir as imaxes pois teñen copyright.

A segunda non se pode subir porque non ten licenza, debería ser borrada nesa wikipedia, pero eu non vou ser quen o indique.

En Commons e na Galipedia non se permiten de ningunha maneira cartaces (posters), portadas (de libro, revistas ou dvd)... Inda estando en Flickr coa licenza acorde, serán borradas. Síntoo. -- Lmbuga / Conversa comigo  19:37, 8 febreiro 2010 (UTC)

Pódense permitir algúns cartaces ou algunha portada de libros, pero ten que ser moi antiga (este asunto non o teño moi claro), como mínimo de máis de 71 anos de antgüidade-- Lmbuga / Conversa comigo  19:39, 8 febreiro 2010 (UTC)

=Ogrobe[editar a fonte]

Eu entendo que, se se fai notar que o termo non é o nome oficial do concello, non debe haber ningún problema. O feito de que algo non sexa oficial non quita que exista. Negarse a poñer algo nunha enciclopedia porque non é oficial, me parece un erro. Se o problema é a oficialidade, con facer un artigo Ogrobe, explicar a historia e aclarar a súa non oficialidade, enlazándoo co artigo oficial, teriamos unha información moito máis real e completa. Negar o dereito á existencia dun artigo na galipedia, non fai desaparecer un feito evidente como é a deturpación de topónimos e a loita por recuperar a toponimia real... Shotokan 18:57, 9 febreiro 2010 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

  • Feito. Imaxe substituída e proposta para ser borrada-- Lmbuga / Conversa comigo  20:15, 10 febreiro 2010 (UTC)
  • Vale. Dentro dun cacho póñome con ela. Se a subín eu atrévome a solicitar o borrado, se non a subín eu, sigo outro procedemento. Graciñas. Dime todo o que percibas pois eu non me dou de conta de nada: sempre ando medio aparvado-- Lmbuga / Conversa comigo  21:07, 11 febreiro 2010 (UTC)
Feito. Pedín que fose renomeada (podes velo ó acceder á imaxee reparar nos datos, File:Igrexa parroquial de Fontecada, Santa Comba.jpg). Vou parar de traballar. Deille unha boa batida hoxe. Se tódolos días fixese o que hoxe daríate pillado-- Lmbuga / Conversa comigo  21:20, 11 febreiro 2010 (UTC)
Creei xa Wikipedia:Imaxes de Commons non incorporadas. -- Lmbuga / Conversa comigo  23:28, 12 febreiro 2010 (UTC)
Mala sorte, non editei nada despois de onte ás nove e non vin a túa mensaxe. Respondín-- Lmbuga / Conversa comigo  09:53, 15 febreiro 2010 (UTC)

Vou parar. Retirei a marca a 20 fotos (levoume case tres horas e teño as costas desfeitas).-- Lmbuga / Conversa comigo  21:21, 18 febreiro 2010 (UTC)

  • Moi ben. Xa melloro eu o do arquivo. Hai que crear subarquivos da páxina de arquivo. Pola tarde fágoo-- Lmbuga / Conversa comigo  08:47, 19 febreiro 2010 (UTC)

datación de consulta das páxinas webs[editar a fonte]

Boa noite, Xoacas!

Ao pór como referencia ou como bibliografía unha ligazón web, é bo indicar a data da consulta, pois ás veces as webs caducan, son modificadas, ou mesmo desaparecen. Unha edición dun libro xa está aí para sempre, pero unha páxina web pode ser modificada, por iso é importante indicar que a referencia indicada refírese a tal data.

A verdade é que non adoitaba facelo, pero é unha boa idea, é está bastante en auxe. Estou bastante de acordo coa normativa.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:36, 15 febreiro 2010 (UTC)

Benvidas[editar a fonte]

Ola Xoacas, a min gústame o pemento :-)

Puxen por aí un par de benvidas do tipo "Benvido. Welcome" a secas. O motivo é que os usuarios son administradores ou teñen grande experiencia noutros wikiproxectos e so viñeron a Galipedia en casos puntuais, normalmente perseguindo algún vándalo. Amais diso estamos a falar de xente que non fala galego. So os quería saudar/agradecer a contribución. Ese é o motivo que que non empregara o modelo {Benvida}, non me parecera moi útil neses casos.

Unha aperta. --HombreDHojalata conversa 19:53, 21 febreiro 2010 (UTC).

Acouga. Eu non penso que meteras a pata, nin che teño que perdoar nada. So cho contei para que non traballes en balde. Saudiños. --HombreDHojalata conversa 19:59, 21 febreiro 2010 (UTC).

Thanks![editar a fonte]

Thank you for your welcome note.   ■ MMXX  talk  00:29, 24 febreiro 2010 (UTC)

Problemas coa edición de Wikipedia:Mensaxes predefinidas[editar a fonte]

Ola Xoacas.

As túas edicións provocaron que o artigo pase a estar incluído nunha serie de categorías "críticas":

Categorías: Limpar | Borrar | Atención | Mover ao Galizionario | Mover ás Galifontes | Artigos duplicados | Homónimos | Traducir | Artigos tarefas pendentes | Axuda | COMOs | [ocultar] Categorías ocultas: Wikipedia:En progreso | Sen ligazóns internas | Artigos sen formato wiki

Vótalle unha ollada, e si non es quen de arranxalo e mellor que desfagas cambios.

Un saudo.--HombreDHojalata conversa 19:29, 24 febreiro 2010 (UTC).

Ficheiros duplicados en imaxes de Commons non incorporadas[editar a fonte]

Ola Xoacas, ao tratar de incorporar algunhas das imaxes que subiches ultimamente decateime de que hai algúnhas que están duplicadas como Pazo Bermúdez de Castro, Sacos, Cotobade.jpg e Mosteiro de San Salvador de Lérez 03.jpg. Marqueinas como Ficheiro duplicado na páxina e tamén as marquei como duplicadas en Commons. Non sei se fago ben facendo isto asi. Se non che parece correcto, por favor indícamo. Saúdos e parabéns polo traballo que estás facendo ao traer imaxes para a Galipedia. --Xas (conversa) 10:46, 25 febreiro 2010 (UTC)

Tamén hai algunha que non está ben nomeada como Convento de San Miguel de Canedo, A Pobra do Brollón.jpg que en realidade corresponde ao Convento de Canedo en Ponteareas. Neste caso pedín o Rename en Commons, pero incorporéina xa ao artigo correspondente e categoriceina. Proceder correcto? Saúdos de novo.--Xas (conversa) 11:07, 25 febreiro 2010 (UTC)
Póñome agora a mirar o que di Xas. Leva un tempo, supoño que pouco, porque teño que dar coas imaxes e seguir os seus pasos. Faga o que faga, non creo que faga nada incorrecto.
Outra cousa. Subiches unhas imaxes duns pósters (cartaces) de Lugo. Xa as borraron (todas menos unha) en Commons. Solicitei eu o borrado, a que queda solicitouna outro usuario empregando un procedemento máis lento e que precisa votación. O motivo é que o usuario que as subiu a Flickr comete un copyvio pois non é o autor dos cartaces e non ten dereito a poñelos no dominio público, nin sequera a publicalos. Éche complicado, pero o caso é que non abonda con que as imaxes de Flickr permitan obras derivadas e uso comercial, teñen que estar correctamente subidas a Flickr. En definitiva, as imaxes de cds, portadas de libros, películas, cartaces, a Torre Eiffel coas luces acesas, cadros de pintores vivos, obras de artistas vivos que non estean na vía pública permanentemente... non se poden subir (poderanse subir o 1 de xaneiro seguinte a pasar 70 anos da morte do autor).QUixen deixarche este aviso pola mañá pero non me deu tempo.-- Lmbuga / Conversa comigo  16:29, 25 febreiro 2010 (UTC)

Hórreo cedeirés[editar a fonte]

Ola Xoacas, vin a túa suxestión de fusionar o artigo hórreo con hórreo cedeirés. Penso que o feito de que haxa diferentes páxinas sobre as tipoloxías de hórreos galegos neste caso, enriquece moito máis e sobretodo, permite desafogar o artigo "hórreo", pois este pode acadar unha dimensión demasiado grande con cada unha das diferentes tipoloxias de hórreo. Ademáis, coido que é interesante a existencia de máis entradas, pois facilita a busqueda e lle outorga un valor propio.--Alexandre Vigo 00:25, 26 febreiro 2010 (UTC)

RE: Monobook[editar a fonte]

Está ao eito da Taberna, que deixei unha posible solución. --Toliño Fala aquí comigo 18:02, 27 febreiro 2010 (UTC)

Home, se queres, pódoche editar eu a páxina (tes que darme permiso antes). --Toliño Fala aquí comigo 16:39, 4 marzo 2010 (UTC)
  • De acordo, non insisto máis, entón. Xa sabes onde estou para o que sexa. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:30, 5 marzo 2010 (UTC)

Peixes e...[editar a fonte]

A min tamén me pareceu que había fanecas (pero non é o meu). As meigas, gallos, coruxos, rapantes e... confúndoos, excepto ó comelos (prefiro o coruxo). O malo é que non sei onde colocar a imaxe. O artigo peixe está a tope e con imaxes boísimas (lembro que as colocara fai moito tempo). Se non se dá colocado, non pasa nada, xa se colocará, non hai que apurarse. Cando haxa bastantes sen colocar, crearei unha subpáxina con elas para que non estorben e non se perda a información.

Hoxe estiven buscando imaxes en Commons que non estivesen sendo empregadas na Galipedia. Encontrei unhas poucas. Para iso é tamén util a páxina que creamos. Vou botarlle agora unha ollada ó grupo de Flickr. Abur e apertas-- Lmbuga / Conversa comigo  20:50, 28 febreiro 2010 (UTC)

Uf. Hai 35 pendentes. Xa as incorporei ó grupo. 2 ou 3 días sen facer outra cousa. Comezo agora, pero moitas teñen marcas de autor e...-- Lmbuga / Conversa comigo  21:16, 28 febreiro 2010 (UTC)

Borrar imaxes[editar a fonte]

¿Borrar na Galipedia ou en Commons?

Na Galipedia o procedemento depende do motivo. A imaxe que me sinalas ten o título incorrecto, pero iso non é motivo de borrado, senón de renomeamento.

Hai varias marcas na Galipedia que podes empregar: {{NomeImaxeIncorrecto}}, {{Lixoporque}}, {{Borrar imaxe}}, {{Copyvio}}. Tes máis información en Wikipedia:Borrar.

En Commons as marcas son diferentes: {{Delete}}, {{Copyvio}}, {{Duplicate}}, {{rename}}, {{Bad name}}...

Agora ben, cada marca hai que empregala dunha maneira concreta. Concrétame máis o que queres saber e así sei por onde empezar.

Agora vou deitar. Mañá respondo ó que digas-- Lmbuga / Conversa comigo  02:19, 1 marzo 2010 (UTC)

A imaxe que dixeches (Ficheiro:000010a6-1-.jpg) está desde maio marcada por falta de orixe e de licenza (cousa máis importante ca que o título da imaxe sexa incorrecto). Neste caso pódese realizar un borrado rápido logo de pasar un mes (máis ou menos, eu espero 3 como mínimo) do aviso ó usuario. Logo o primeiro paso é ver se o usuario foi avisado. Se non foi avisado, hai que avisalo e (así e como procedo eu), trocar a data da marca ({{SenLicenzaNinOrixe|26 de maio de 2009}}) pola actual. Por certo a data está mal escrita, debería ser 26-05-2009 (xa sei que non a marquei eu).
Se foi avisado, márcase para borrado rápido escribindo {{Lixoporque|Sen licenza nin orixe desde o 26-05-2009}}.
Estes procedementos que che indico non están exactamente indicados nas políticas, son unha interpretación miña do que nas políticas aparece procurando o máximo respecto.
Por outra banda, ó marcar a imaxe para borrar, convén retirala de tódolos artigos en que se empregue (vense as ligazóns cara ó final da páxina do artigo), para non lle dar traballo de máis ós administradores.
Se che interesa calquera outro procedemento, faimo saber.-- Lmbuga / Conversa comigo  11:42, 1 marzo 2010 (UTC)
Pois fun eu. O usuario está avisado. Xa a marco para borrar-- Lmbuga / Conversa comigo  14:40, 1 marzo 2010 (UTC)

Graciñas. Solucionado xa o das igrexas de Noia. -- Lmbuga / Conversa comigo  21:47, 1 marzo 2010 (UTC)

Pasta de papel[editar a fonte]

Xoacas, liches o "artigo"? Penso que esa é a cuestión principal.

Non hai por onde collelo.

Permíteme unha ironía, en confianza, e con sentido do humor. E dígocho eiquí, e non na discusión do artigo, precisamente para non espantar un editor novo. <ironía>Se iso é un artigo enciclopedico, eu copio/pego o manuscrito de recetas de cociña da miña muller (xa virá alguen detrás que lle de formato) e facemos a enciclopedia culinaria dentro da Galipedia.</ironía>

Con respecto a "non é mellor wikipedista quen tarda menos en propor o borrado" non sei se me teño que dar por aludido. En todo caso eu non propuxen o borrado (sei como se fai e xa o teño feito varias veces noutros casos). So expresei o meu parecer na páxina de conversa, que para iso está.

Permíteme preguntarche. Tomache algunha iniciativa, ou tes pensado facelo, para "animar" á editora ou mellorar o artigo?

Na galipedia hai mais de 10.000 artigos con marcadores de problemas.

Un abrazo, e a seguir traballando. --HombreDHojalata conversa 07:53, 1 marzo 2010 (UTC).

Es un cachondo. Escarállome contijo. --HombreDHojalata conversa 14:36, 1 marzo 2010 (UTC)

Evolución e mantemento[editar a fonte]

Moi interesante o que me contas, Xoacas. Non agora mesmo, pero hei de o meter na paxiniña. Eu tiro unha outra conclusión: se a nós se nos vai un editor dos activos, o dano é maior, pois maior é tamén o compromiso. Estudareino. --Atobar (conversa comigo) 15:45, 6 marzo 2010 (UTC)

Encontro de wikimedistas en Galicia[editar a fonte]

Boas, mira, actualizamos a páxina do encontro en meta coas datas deste mes porque queremos que se faga antes de que remate e como ti estás alí apuntado gustaríanos que, si tes un momento, voltaras a actualizar a túa dispoñibilidade. Moitas grazas e un saúdo, --Elisardojm 23:21, 7 marzo 2010 (UTC)

Boas outra vez. Ó final non dimos organizado o encontro neste mes, xa está a rematar e pareceunos demasiado precipitado facelo esta fin de semana, estivemos liados cos debates da lista de correos e con viaxes e fóisenos o santo ó ceo. O mes de abril comeza coas vacacións e como moita xente marcha xa non imos propor esas datas polo que imos tentar que podamos xuntarnos a fin de semana do 9 ó 11 de abril. Por iso volvo a pedirche que, cando podas, poñas as datas que che veñan ben, xa que si hai un día no que estemos dispoñibles todos xa o faremos ese día porque non queremos que se demore máis. Un saúdo e a ver si nos vemos pronto, --Elisardojm 00:00, 25 marzo 2010 (UTC)

Resposta[editar a fonte]

Xoacas, pois non sei que responder. Sonche bo coa lingua e con algunhas outras cousas menores, pero cando se trata de historiais aínda non controlo tanto como debería, así que mellor será que llo preguntemos a Toliño, que é moito máis serio e experimentado ca min para estas lides. Voullo deixar na súa páxina de conversa. --Atobar (conversa comigo) 13:59, 8 marzo 2010 (UTC)

  • Collín esta tarefa que lle encomendaches a Atobar e que el derivou ata min. Creo que xa está. Repartín todo en Gándara, A Gándara, Gándaras e As Gándaras; os ríos deixeinos en Gándara. En relación aos historiais, non é posible segmentalos e levar só unhas poucas revisións a unha páxina e o resto a outra, así que quedan todas no orixinal (A Gándara). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:37, 8 marzo 2010 (UTC)

Quéresme fundir porque non tiveches nunca razón[editar a fonte]

Tes resposta aquí-- Lmbuga / Conversa comigo  23:32, 8 marzo 2010 (UTC)

Xoacas, pásate por aquí, fai o favor. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:57, 8 marzo 2010 (UTC)
Está, está. --Atobar (conversa comigo) 00:47, 9 marzo 2010 (UTC)
Non van por aí as cousas. Fuches ti quen rompeu comigo cando eu obxectaba pero deixaba o futuro aberto, e moi aberto. Non me digas que te chame. Non vaias de ovella facendo pensar que eu son o lobo cando é xusto o contrario. Explica por que votas en contra desta imaxe (Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Mans e Barro. Alfareiro en Niñodaguia.jpg), por exemplo, pois é quizais a mellor imaxe que propuxen na miña vida: Agora é o momento de atender o conflito, non é o momento do diálogo aducindo unha conversa non pública e por teléfono Non é ese momento porque eu son un ser público. Agora o que sexa hase de amañar publicamente e non por telefono. Rectifica os teus votos e promete non volver votar onde eu propoña (amais, inda que esa promesa será en privado, aquí non pinta nada, promete abandonar a administración do grupo de Flickr) eu prometo non cruzarme contigo se hei ser negativo. Máis nada-- Lmbuga / Conversa comigo  00:52, 9 marzo 2010 (UTC)

Esta pregunta que lle fas a Atobar (Unha consultiña, Tobar, que eu non che controlo nada destas cousas: está permitido retirar un voto unha vez emitido? A ver se así desenguedellamos a guedella.) éncheme de incertidume, quizais non sexas tan mala persoa. Pero esa é a resposta fácil e maquiavélica daquel que quere facerse ver como gran persoa. Responde simplemente: ¿Cal e o motivo polo que votaches en contra da imaxe que na mensaxe anterior dixen? Ollo: respondas o que respondas, a xuízo de calquera que sexa obxectivo, vas rañala (perdón por ser vulgar, pero ás veces a vulgaridade é expresiva)-- Lmbuga / Conversa comigo  01:03, 9 marzo 2010 (UTC)

A única solución é que rectifiques os teus votos, abandoones o grupo de Flickr e asegures non cruzarte comigo. Eu farei o mesmo-- Lmbuga / Conversa comigo  01:04, 9 marzo 2010 (UTC)

ríos homónimos[editar a fonte]

Ola, Xoacas; Creo que os artigos como río Lérez deben redirixir cara a Lérez, e non ser eliminados; Como o ves?
Ademais, é importante antes de mover un artigo ou marcalo como lixo, asegurarse de que quedan correxidas as ligazóns cara a ese artigo (podes miralas na columna da esqueda, debaixo da caixa de procura, onde pon "páxinas que ligan con esta"). Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:41, 9 marzo 2010 (UTC)

Ademais, cómpre evitar o uso de parénteses nos topónimos (dígoo por Río Loira (Francia)) e as maiúsculas nos nomes de accidentes xeográficos (como en Río Mera, Río Tambre; debería ser Río Mera, río Tambre). Saúdos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:47, 9 marzo 2010 (UTC)
Íache avisar do mesmo, Xoacas. Por iso aínda non os borrei. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:45, 9 marzo 2010 (UTC)

msnm[editar a fonte]

Ola, Xoacas, non entendo que queren dicir estas siglas que puxeches no artigo Redondela ao carón do valor numérico en metros da altura do monte do Viso.Poderíasmo explicar?Grazas adiantadas, un saúdo!--Paradanta 17:12, 10 marzo 2010 (UTC)

estou a traducir da versión inglesa e a engadir info propia, e lévame algo de tempo--XINDIRIZ 10:42, 10 marzo 2010 (UTC)

Galería (arquitectura)[editar a fonte]

Moi bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 23:16, 17 marzo 2010 (UTC)

Historia da pintura na prehistoria[editar a fonte]

Ola Xoacas! Antes de nada, mea culpa, esqueceume despois de reverti-la túa edición prodecer ó fusionado dos historiais. E é que non chega con fusiona-los contidos, hai que facer unha serie de accións (borra-lo artigo de destino, move-lo que vai desaparecer ó nome final, restaura-lo historial e recupera-la derradeira edición boa) para fusiona-los historiais. Así non se perde a historia do artigo con tódalas súas mudanzas dos editores. Vouno facer agora. Grazas por avisar. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 21:56, 19 marzo 2010 (UTC)

Acceso privilexiado[editar a fonte]

Non, Xoacas, non teño ningunha información privilexiada. E o que dis lémbrame unha desagradable experiencia de hai uns meses: andaba eu intentando localiza-los petróglifos de Samieira e, farto de dar voltas e voltas e patear canta pedra veía fun preguntar ó Casal de Ferreirós, o centro de interpretación da área de petróglifos da Caeira (do mesmo concello de Poio onde está Samieira). Dixéronme que estaban sen sinalizar e que era difícil atopalos, pero que preguntase en Patrimonio e me darían as coordenadas e a ficha. Fun, preguntei e... todo foron complicacións: que se qué interese tiña eu, que unha solicitude oficial por escrito, que tal e cual. E tiven que darme a volta sen obter información ningunha. A miña información sobre baldaquinos (ou cruceiros ou cousas así) son froito de moito turismo fotográfico, biblioteca (propia e públicas) e a rede. Iso si: hai pouco lin na prensa que se presentaba unha base de datos con milleiros de elementos histórico-artísticos galegos. Agora mesmo non cho podo confirmar pero gardei o recorte. Éche o que hai, e se queres algunha información especial, dimo por se teño datos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:11, 19 marzo 2010 (UTC)

  • Bos días Xoacas. O enderezo do que che falaba é este: http://ceres.mcu.es/pages/SimpleSearch?index=true. Non é exactamente o que eu lembraba senón que se trata dun "portal" do Minsterio de Cultura no que se poden buscar e consultar fondos de 61 museos españois (galegos só vexo o de Ourense e o de Viladonga). Segundo a nota da Voz (4.03) ofrece acceso a 100.000 obras catalogadas. Tamén podes acceder ás ligazóns a moitos museos de todo o mundo, o que facilita moito as buscas. Espero que che sexa útil. Pedro --Lameiro (conversa) 11:01, 21 marzo 2010 (UTC)

animalia[editar a fonte]

ola, Xoacas; vou revertir a túa edición en Buffalo, porque, como se explica no artigo bisonte, non pertencen á mesma especie. O nome común en galego dos animais da familia dos Bubalus e Synceros é búfalo. os bisontes pertencen á familia dos Bos.
Por certo, o termo *errata é incorrecto; podes usar gralla, por exemplo.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:47, 22 marzo 2010 (UTC)

Corrección mínima: errata é unha palabra normativa; gralla non o é (a gralla é unha ave). Usamos gralla, eu o primeiro, pero o certo é que errata é a nosa forma segundo o VOLGa. --Atobar (conversa comigo) 14:31, 22 marzo 2010 (UTC)
Ok; graciñas aos dous polas achegas! Saúde. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:26, 22 marzo 2010 (UTC)

Nome Helena/Elena[editar a fonte]

Boas "Xoacas".

Acabo de ve-la túa mensaxe "O nome de cada un é como é". Certo, moi certo, por iso tomei a liberdade de correxi-lo nome da actriz de dobraxe, pois ela escribe o seu nome con "H" ousexa Helena non Elena. Por favor. Poderías deixalo como estaba? Igual pensas que veño con gañas de vandalismos, mais todo o contrario ;). Son de boa fe.

Saúdos.

  • Boas de novo! Verás, a referencia non quixera dá-la por eiqui polo ben da intimidade dela, pero pódoche asegurar que ela escribe o seu nome cun ache. Pero vaia, non ten maior importancia, mais penso que se ela o escribe así deberíase pór dese xeito.

Deica.--83.49.13.253 02:51, 23 marzo 2010 (UTC)

  • Respondín na páx. de conversa da io. Graciñas, Xoacas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:02, 23 marzo 2010 (UTC)

Hórreo[editar a fonte]

A miña norma é ser respectuoso coas formas que utilizan as fontes con algunhas excepcións que me atrevo a "corrixir": Constantino García prescindía do H e o V no seu Glosario de Voces Galegas de Hoxe, ou recolle indistintamente castelanismos; Aníbal Otero representaba cun j ou un g o que hoxe escribimos todos con x. Cambiaría poucas cousas máis, quizais formas dialectais tipo vocais abertas e pechadas e aspectos así. No caso que me dis, se esa información órreo, orro vén de Rivas Quintas, como supoño, tamén lles reporía o h inicial. Que eu saiba, só debes sentirte limitado neste tema por dous principios: nos títulos dos artigos (e posibles redireccións) só aceptamos as formas recollidas no VOLGa e, na lista de sinónimos que se achegue, fóra os castelanismos. Eu intento seguir estas normas cando inclúo información dese tipo. No caso dos refráns xa fago máis cambios, porque creo que aquí -na Galipedia- interesa máis o significado do refrán cá forma coa que escribiu no seu momento o colector: un mesmo refrán dito por un mesmo informante hai 50 anos ou onte serían transcritos de forma diferente, sen que esa transcrición modifique o sentido do refrán, que é o que nos interesa. Non pretendo que todo isto sirva de recomendación para o que fagas, só de pensamento en voz alta. Saúdos e a mandar. Pedro --Lameiro (conversa) 22:27, 24 marzo 2010 (UTC)

Retirada dunha nota do artigo Xose Bar Boo[editar a fonte]

Ola Xoacas. Suprimín a nota porque non levaba ó artigo ó que se refería...(supoño que cometín algún erro o editala...). Non sei se actuei ben ó retirala... intentarei que as próximas edicións sexan máis limpas. Un saúdo --Xermán 16:53, 25 marzo 2010 (UTC).

Silo e Celeiro[editar a fonte]

  • Descoñezo se teñen relación. A verdade é que a palabra común "silo" ten que ver co gran, co cereal (podes ler esta ligazón http://etimologias.dechile.net/?silo). Mais non estou seguro se o nome propio Silo provén dese nome común silo (nalgún sitio vese Silo, silonis, p. ex. Silonis regis).
  • Celeiro (ou español cillero) vén do latín cellarium (e esta probabelmente do tamén latino cella -despensa, bodega-)
  • O certo é que en Santa Cristina de Celeiro (Barreiros) parece ser que houbo once muíños (segundo Julian Aydillo, Pueblos y apellidos de España), de aí o nome actual de Celeiro de Mariñaos. O documento chamáselle así porque probabelmente a igrexa do documento do rei Silo era para construír en Celeiro, no mesmo documento aparece in nostro cellarium tamén. Mais desceñozo se hai relación entre Silo e Celeiro. Saúdos.--Xoán Carlos Fraga 12:39, 26 marzo 2010 (UTC)

RE: Software[editar a fonte]

Buf! A ver, non hai ningún programa que debas usar especificamente para Commons. Se queres facer un plano, podes usar o AutoCAD, por exemplo. O Photoshop non sei se che pode servir. Por tirar de software libre, existe o Blender para facer imaxes en 3-D. Non sei, a bote pronto, isto é o que me vén á cabeza. Se concretas máis, quizais che poida axudar mellor. De todos os xeitos, recoméndoche que lle botes unha ollada a Commons:Software, onde hai máis programas. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:54, 26 marzo 2010 (UTC)

  • Corrixín a ligazón a Commons que che dei enriba, que estaba mal. Mañá vexo se che atopo algo. Poderás esperar? Mentres tanto, sempre podes probar co Paint do Windows ;P. Bo traballo! --Toliño Fala aquí comigo 20:58, 26 marzo 2010 (UTC)
En Commons hai bastantes imaxes en SVG de esquemas creadas co Inkscape, cuns bos resultados, a verdade (commons:File:Oil well scheme.svg, commons:User:Jacopo Werther/Favourites/SVG); velaquí tes unha pequena guía de uso. Nas diversas subcategorías desta categoría hai recollidas moitas máis imaxes: commons:Category:Vector graphic editing programs; tes estes programas: Adobe Illustrator, Chemtool, Dia, Gnumeric, Sodipodi, Xfig. A ver se algún é de axuda. --Toliño Fala aquí comigo 16:22, 27 marzo 2010 (UTC)

castro de Moldes[editar a fonte]

Ola Xoacas; hai unhas semanas engadiches ao artigo do castro de Moldes esta imaxe, pero refírese a un castro homónimo existente en Portugal, polo que a vou retirar. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:46, 27 marzo 2010 (UTC)

O rapto de Europa ou Europa (mitoloxía)[editar a fonte]

O tema resúltame demasiado confuso. Ese e o motivo de faga propostas na páxina de conversa en troques de executar eu mesmo os traslados. Síntoo --HombreDHojalata conversa 22:01, 27 marzo 2010 (UTC).

Bo traballo. --HombreDHojalata conversa 10:12, 28 marzo 2010 (UTC).

Créditos da exposición 'A ciencia ten nome de muller'[editar a fonte]

Ola Xoacas.

Hai unha exposición de solucións e proposta de borrado aquí.

Chao. --HombreDHojalata conversa 09:55, 29 marzo 2010 (UTC).

Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:Aguiar.jpg[editar a fonte]

Pois nin idea Xoacas. Sinto non poder axudarte niso. --HombreDHojalata conversa 15:09, 29 marzo 2010 (UTC).

Isabel ou Sabela[editar a fonte]

ola xoacas, cando puxen o nome de Sabela era por que no artigo entodo o momento fai mencion a Sabela e tan soo aparece o nome de Isabel polo que creo que cando escribimos nun artigo debemos decidirnos por un nome ou polo outro, pero siempre gardando as formas dentro do mesmo artigo. Un saudo--Alfonso Márquez 12:08, 30 marzo 2010 (UTC)

Hórreos[editar a fonte]

Síntoo pero non teño apenas nada máis sobre o que poderiamos agrupar como cultura popular ó redor do hórreo. Os refráns e cantigas que xa están no artigo é todo o que teño. A maiores só sei que nos Ancares había o costume de face-los velorios no hórreo, máis amplo que a propia casa (e máis libre que a palloza). En [Galicia encantada] non atopo nada útil.

Hai un libro sobre o millo e o hórreo, de Rivas Quintas, pero creo lembrar que só dá léxico sobre o propio hórreo e tódalas súas partes. Houbo en 1990 un “Primer congreso europeo del hórreo” (Editorial Compostela-El Correo Gallego, Santiago de Compostela, 1990), pero non teño nin idea do que alí se dixo e só o coñezo porque incluíu unha "Introducción ó estudio dos hórreos en Galicia", de Xaquín Lorenzo; tampouco sei se despois daquel primeiro houbo máis. Tamén escrito por Xaquín Lorenzo tes 20 páxinas na Historia de Galiza I (pp. 108-127), pero só os describe estruturalmente, coas súas distintas denominacións e tipoloxías (isto podo escanealo e mandarcho). A Gran Enciclopedia Galega ten un artigo completísimo sobre hórreos, que tes que consultar, e bota tamén un vistazo a [isto].

Canto a topónimos derivados, hai un O Hórreo (Posmarcos, Pobra do Caramiñal), e unha parroquia: San Pedro de Hórreos, en Folgoso do Courel. Hai 2 lugares chamados Os Piornos, pero non sei se deben a isto ou á planta.

Remato con dúas anécdotas, aínda que non che sirvan de moito. En 1994, un carguero foi interceptado pola policía italiana fronte a Marrocos e descobren no seu interior “un edificio íntegro de la época romana en perfecto estado de conservación”. Ó final, resultou ser un hórreo galego que un anticuario de Padua vendera a un millonario de Tenessee, e que fora importado de España clasificado como “lote de piedras”. Prohibiron a exportación e o hórreo acabou montado no xardín da Academia de España en Roma (La Voz de Galicia, 1.04.2006). Outra: un hórreo do pazo de san Xordo, en Lavacolla, Santiago, foi utilizado como cadea de paso durante a guerra (in)civil (Pazos de Galicia, nº 4, xuño 2007).

Tamén na Voz saíu hai relaticamente pouco unha infografía moi completiña sobre os hórreos. Recorteina pero agora non o atopo. Non se me ocorre agora onde máis buscar, pero se sae algo xa che direi. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:09, 2 abril 2010 (UTC)

  • Outro traballo interesante pero que tampouco achega nada sobre aspectos culturais é este de Begoña Bas. Outra cousa: sobre os ´horreos en esquina dis que "En total no hai localizados máis de media ducia deles, todos na provincia de Pontevedra". Ben, polo menos hai outro así en Sada, e falamos del no artigo Sada: "destacando un do Tarabelo (Sada) en forma de L". Creo que PepedoCouto era daquela zona, dígoo para pedirlle unha foto. Saúdos e sigo buscando información mentres "llueve, detrás de las ventanas llueve y llueve", que dicía Machado. Pedro --Lameiro (conversa) 14:21, 3 abril 2010 (UTC)

Ano luz[editar a fonte]

O tema da para unha tese, podes ollar un magnifico libro sobor do tema en edición de man , "O tecido do cosmos" , está en castelán, na colección drakontos. O que quería suliñar era que estamos ante una medida de lonxitude espazo-temporal e nón meramente espacial. Grazas pola nota. Un saudo, --Suarez ruibal 21:25, 3 abril 2010 (UTC)

Galencontro este próximo sábado[editar a fonte]

Boas. Xa temos data para o galencontro, o sábado 10 de 11:00 a 14:00, ese día estamos dispoñibles todos os apuntados. Anótao na túa axenda e si hai algún detalle máis xa cho irei comentando. Saúdos e xa nos vemos, --Elisardojm 22:13, 5 abril 2010 (UTC)

Diccionario visual da construcción[editar a fonte]

Xoacas:

http://www.mcu.es/webISBN/tituloDetalle.do?sidTitul=1297487&action=busquedaInicial&noValidating=true&POS=0&MAX=50&TOTAL=0&prev_layout=busquedaisbn&layout=busquedaisbn&language=es

Saudiños --. HombreDHojalata.conversa 07:29, 6 abril 2010 (UTC)

Ahí che vai de novo, ISBN
  • ISBN 13: 978-84-85665-63-1
  • ISBN 10: 84-85665-63-5
  • Título: Diccionario visual da construcción
  • Autor/es: González Rodríguez, Alberte ; tr. [Ver títulos]
  • Gómez Meixome, Antón ; tr. [Ver títulos]
  • Solla Portela, Miguel Anxo ; tr. [Ver títulos]
  • González Rodríguez, Alberte ; coord. [Ver títulos]
  • Lengua de publicación: Gallego
  • Lengua/s de traducción: Catalán
  • Edición: 1ª ed., 1ª imp.
  • Fecha Edición: 11/2004
  • Publicación: Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia = Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
  • Descripción: 316 p. il. 21x15 cm
  • Encuadernación: rúst.
  • Materia/s: 69 - Construcción. Trabajos y materiales de construcción en general.
  • 72 - Arquitectura.
  • Precio: 29,75 Euros

--. HombreDHojalata.conversa 10:44, 6 abril 2010 (UTC)

Dicionario Visual da Construción[editar a fonte]

Máis ca iso: aí te-la ligazón ó propio dicionario en pdf. Dicionario Visual da Construción. Unha joya. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:49, 6 abril 2010 (UTC)

RE:Artigos con problemas[editar a fonte]

Pois nin idea, é a primeira vez que me fixo. Ao mellor alguén deixou nun comentario un marcador de mantemento nas conversas e aí quedou. Mirando por riba non vin nada, pero supoño que será ese o problema. Se vexo cal é o motivo xa o arranxarei. Grazas por avisar. --Iago dime 14:02, 6 abril 2010 (UTC)

Corrector[editar a fonte]

Danse non leva til. Xoacas, que corrector usas, O do openoffice? Aí vén mal, se non me lembro mal. --Atobar (conversa comigo) 16:04, 6 abril 2010 (UTC)

  • Xa, xa o entendín, pero que corrector usas? É para avisar do erro. Sei que o Openoffice ten esa eiva, por iso che digo se é ese ou outro. --Atobar (conversa comigo) 16:14, 6 abril 2010 (UTC)
  • Pois así é. Conste que eu tamén emprego o corrector do Firefox, que sempre axuda cos erros mecanográficos sobre todo e algúns erros comúns; sempre reviso o que escribo posteriormente. Por certo, coido que a mensaxe ía para Atobar (equivócome?). --Toliño Fala aquí comigo 17:32, 6 abril 2010 (UTC)

Páxinas que ligan con "Kikí d'akí"[editar a fonte]

Xoquiñas.

Se moves unha páxina, antes de marcar a de orixe para borrar, lembra mudar as ligazóns que apuntaban cara a páxina de orixe [2].

Saudiños, estás a facer un traballo caralludo. --. HombreDHojalata.conversa 16:48, 6 abril 2010 (UTC)

Lista de nomes[editar a fonte]

Eu estiven poñendo as ligazóns internas e xa rematei con iso. Agora estou co tema da división en dous, máis preciso da colaboración dun administrador, xa a pedín, estou en espera. Penso que, de momento, eu non vou facer nada máis nos artigos, se queres meterte ti... faille boa falta revisar o formato, etc. Pero eu esperaría a que estivera finalizada a división, para non liarse.

Un abrazo, Xoacas. --. HombreDHojalata.conversa 17:24, 10 de abril de 2010 (UTC)

Xa rematamos a división, coa axuda de Toliño. Todos teus, eu vou descansar un pouco. --. HombreDHojalata.conversa 18:39, 10 de abril de 2010 (UTC).

Cincuentón desmemoriado[editar a fonte]

O pouco de separarnos fixen memoria e lembreime: era Mississippi. Entre que foi a finais do 2007 e que daquela traballaba coma un matalote, non me extraña que non me lembrase... --Furado 17:46, 10 de abril de 2010 (UTC)

Artigos da portada[editar a fonte]

Ola Xoacas.

Se che fai falta unha lista completa de artigos da portada tela en Usuario:HombreDHojalata/Portada. Iso non quita que se avance no tema de Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Destacados.

Saudotes. --. HombreDHojalata.conversa 19:41, 10 de abril de 2010 (UTC)

RE:Baldaquinos[editar a fonte]

A verdade é que as fotos que puiden ver dos baldaquinos galegos completos, armados, sempre teñen unha pirámide enriba, non cúpula (Cespón-Boiro, Noia, Baiona, Xurenzás-Boborás, Serantes-Leiro, Vilar de Donas-Palas de Rei, Portomarín, Piñeira-Taboada). O derruído de Xelmirez, tamén, así como outros en Italia. Con cúpula teño referencia de dous: en [San Juan de Duero] consérvanse dous: un con cúpula e outro con pirámide; na catedral de Girona hai outro que describen como "una cubierta de curva muy rebajada que presenta en la parte còncava...". O libro do que saquei case toda a información (e onde vexo as fotos) é o de Filgueira Valverde e Xosé Ramón Fernández-Oxea: Baldaquinos gallegos, que é o que estou seguindo nas miñas últimas viaxes turísticas. É posible que a descrición típica que fixen haxa que modificala atendendo ás túas observacións. Pero se "dosel" é unha cuberta de tea, non nos valería para estas estruturas de pedra. En calquera caso, sobre o de grandes e pequenos, ten presente que estes nosos baldaquinos pouco teñen que ver co de Bernini: non chegan ó metro e medio de lado pero non teño datos da altura. A vista de profano, supoño que serían moi estables. Xa me contarás, Pedro --Lameiro (conversa) 21:19, 10 de abril de 2010 (UTC)

Propostas de borrado[editar a fonte]

Oliña Xoacas.

Na túa proposta esqueciches un par de cousas:

Tentei arranxalo, pero segue faltando o teu voto.

Saúdos --. HombreDHojalata.conversa 19:55, 11 de abril de 2010 (UTC)

Pedindo[editar a fonte]

E xa que estamos, ti que eres moi colaborador e que tes traballado coas imaxes, porqué non lle pos uns votiños a Imaxes para borrar/Ficheiro:BBC Radio 3.png, Imaxes para borrar/Ficheiro:BBC Radio 4.png e Imaxes para borrar/Ficheiro:Muxicas.png, para ir pechando os temas.

Graciñas --. HombreDHojalata.conversa 20:20, 11 de abril de 2010 (UTC)

Benvida ip?![editar a fonte]

Benvida ip o usuario:Exiled999?!

Trabucácheste? O usuario está rexistrado dende o 14 Mar.

Bo día. --. HombreDHojalata.conversa 09:36, 12 de abril de 2010 (UTC)

Máis hórreos[editar a fonte]

Boas, Xoacas. Onte fun a Ourense e atopei outro hórreo en esquina, en San Cristovo de Cea. Outro exemplo que desminte o dos seis hórreos en esquina excluxivamente en Pontevedra. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:36, 12 de abril de 2010 (UTC)

e máis baldaquinos[editar a fonte]

Si, xa vin as fotografías de Xas e ben que sinto que se me adiantase. Aínda me quedan moitos por visitar, entre eles tódolos de Ourense, que teñen varios que parecen dignos de ver. Pero xa irán caendo, tranquilo. Grazas polo aviso, Pedro --Lameiro (conversa) 22:52, 12 de abril de 2010 (UTC)

RE: Dobre columna[editar a fonte]

Si, sei facelo. Póñome agora mesmiño. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:48, 18 de abril de 2010 (UTC)

Ciclopentanoperhidrofenantreno[editar a fonte]

Grazas pola información, tereino en conta para futuras traducións. Un saúdo. --Raposo 00:51, 19 de abril de 2010 (UTC)

Espazo[editar a fonte]

Xoacas, se non queres andar a facer a mesma operación mil veces, para este tipo de casos podes contactar con Albert galiza ou Prevert e pedirlles que poñan a rular os seus bots. Eu fágoo cando vexo algo moi concreto que dá tedio ter que comezar a mudar. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 21:24, 19 de abril de 2010 (UTC)

Obras Heidegger[editar a fonte]

Pensei que o que se pedira era especificar que obras se atopan traducidas ó galego, e lieime un pouco. É preferible poñer os títulos orixinais en alemán das mesmas e engadir o seu hipotético equivalente en galego entre paréntese? Ex.: Sein und Zeit (Ser e Tempo)

Hórreo galego[editar a fonte]

Ola Xoacas, cambiei un par de imaxes no artigo Hórreo galego, dime se che parecen ben. Tentei ilustrar o texto o maior posible.--Hugo22 14:12, 23 de abril de 2010 (UTC)

  • Gracias. Agora mesmo, se non che importa vou mudar tamén as fotos dos tellados por outras nas que se aprecian mellor.--Hugo22 14:23, 23 de abril de 2010 (UTC)
    • Xa rematei cos tellados, gústanche as imaxes?--Hugo22 14:29, 23 de abril de 2010 (UTC)
      • Se buscas algunha foto que cambiei só tes que ir a Historial e alí marcar a túa derradeira edición.--Hugo22 14:46, 23 de abril de 2010 (UTC)

Impertinencias[editar a fonte]

Máis ca unha medida disciplinaria, pido que, xa que non sae de ti, che fagan ver que por esa vía de facerte o gracioso e faltarlle ó respeto á xente o único que vas conseguir é enrarecer o ambiente na Galipedia, e iso é algo que a ninguén se lle debe tolerar. Nin Lmbuga anteriormente nin nesta ocasión Alberte, así coma tampouco ningún outro usuario, temos porqué aturar eses desplantes que, na túa vida privada aturaránchos quen queira, pero que aquí non ten porqué soportar ningúen. Espero que quedara claro. --Iago dime 18:27, 23 de abril de 2010 (UTC)

Non te vaias de listo; a túa resposta foi irrespetuosa. E, en todo caso, non é só por esta ocasión; antes houbo un "cariño" sarcástico a outro usuario, unhas explicacións dos votos negativos pomposas logo de que chos anulasen, así coma outras de menor entidade. Non se trata, pois, dun feito aillado, senón dunha atitude que entendo que non debe ter cabida aquí. E se o advertín á comunidade foi con vistas a evitar que isto siga dexenerando. En todo caso, o que quería decir xa o dixen. --Iago dime 19:06, 23 de abril de 2010 (UTC)

Hórreo mariñán[editar a fonte]

Hidrogalicia ria de betanzos.svg

Ola Xoacas, paréceche que esta imaxe corresponde á área de distribución do Hórreo mariñán? Polo que lin no artigo dis que ocupa a conca dos 3 ríos que desembocan na ría de Betanzos.--Hugo22 19:17, 23 de abril de 2010 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Ola Xoacas, non esquezas que nos artigos creados hai que pór categorías.--Hugo22 15:17, 24 de abril de 2010 (UTC)

Apelidos[editar a fonte]

  • Pareceume interesante pór os equivalentes noutros idiomas tanto por curiosidade como para poder observar as distintas solucións (evolucións) que deu un mesmo étimo. A min paréceme ben que se poñan os equivalentes noutras linguas, pois enriquece o artigo. --Xoán Carlos Fraga 15:25, 24 de abril de 2010 (UTC)

Caravasar[editar a fonte]

Grazas polas túas correccións. Saúdos!

--Umbalawe 21:54, 24 de abril de 2010 (UTC)

Libro de estilo, La Voz de Galicia[editar a fonte]

Ola Xoacas.

Igual che interesa este libriño. Na páxina 219 di que o xentilicio de O Pino é ...

--. HombreDHojalata.conversa 09:30, 25 de abril de 2010 (UTC)

Revogacións[editar a fonte]

Ola.

Por si fora do teu interese.

Segundo a política oficial en vigor da Galipedia Wikipedia:Elección de administradores#Procedementos, pechouse esta solicitude e pasouse á votación en Votacións á administración/Revogacións/Usuario:Andre Engels.

Saúdos --. HombreDHojalata.conversa 11:21, 25 de abril de 2010 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

Grazas pola túa mensaxe Xoacas. A maior parte dos artigos que nestes dous días fixen, son traduccións de outras wikis, con todo se existe algún artigo que creas que precise dun urxente referenciado faimo saber porfavor. Un saúdo.--Alexandre Vigo 12:52, 27 de abril de 2010 (UTC)

Monarcas[editar a fonte]

De novo grazas pola túa mensaxe Xoacas. Entendo que no tocante aos reis da Galicia altomedieval, coñecidos comunmente pola historiografía española como "reyes asturianos" ou "reyes astur-leoneses", debemos de seguir ás publicacións especializadas escritas en galego. Non coñezo ningún libro adicado aos reis galegos ou de Galicia editado noutra lingua que non sexa o galego, logo coido que a galipedia debe reflectir a información no noso idioma, canto máis cando é actual e especializada.--Alexandre Vigo 15:01, 27 de abril de 2010 (UTC)

No tempo que levo adicado a este proxecto ninguén me tiña remitido unha mensaxe da categoría que amosa o túa, non creo que nin que mereza a pena respostarche. Fica con deus ti tamén.--Alexandre Vigo 19:02, 28 de abril de 2010 (UTC)

Cruña[editar a fonte]

O topónimo oficial é "A Coruña", nom "Coruña" nen "Cruña". Logo igual que non queredes que exista unha redirección do topónimo "Cruña" (máis correcto e tradicional por certo) non debería estar tampouco "Coruña", pois tampouco é oficial nen existe no noso país nengún lugar con ese nome.

Eu ainda non entendo que mal hai en que se faga unha redirección desde un topónimo que sempre existiu en galego como "Cruña" ou "A Cruña" ó nome oficial? Non vexo que problema pode haber, é que senón máis da metade das redireccións da wiki sobran directamente. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.60.12.177 (conversacontribucións) 29 de abril de 2010 ás 15:47

Arquitecto galegos do século XX[editar a fonte]

Ola Xoacas! Paréceme correcto. Non me din conta que eliminaras a categoría de arquitectos galegos neses artigos e por iso nalgún artigo volvín a repoñela pensando que fora un erro meu. Grazas e un saúdo--Xermán 10:58, 30 de abril de 2010 (UTC).

Foise co vento[editar a fonte]

Ola Xoacas non e que estea a fabor dunha forma ou de outra pero e que se pos a contración ao en ves de ó necesitas facer unha páxina rederixida, pois ao non da ligazón a páxina dos oscar os que queres ir, fixate como quedou.un saudo e se consideras facer unha redireción pois ben sinon polle ó Alfonso Márquez

Categoría:Artigos duplicados[editar a fonte]

Levo tempo vendo que andas a traballar nas fusións e quería felicitarte por ilo.

E moi bonito facer artigos novos, e as veces mesmo doado, traducindo palabra por palabra doutras wikis. Máis e pouco agradecido facer mantemento para mellorar a calidade do que xa hai. Para min ten mérito.

Parabéns Xoacas --. HombreDHojalata.conversa 16:40, 2 de maio de 2010 (UTC)

Sabios consellos[editar a fonte]

Coma sempre as túas consideradas e sabias palabras merecen consideración pola miña parte.--Alexandre Vigo 11:23, 3 de maio de 2010 (UTC)

Grazas pola mensaxe e procurarei referenciar máis explicitamente mediante notas. Un saúdo.--Alexandre Vigo 15:47, 5 de maio de 2010 (UTC)

{DEFAULTSORT:}[editar a fonte]

serve para que un artigo sala nun orde (por defecto) determinado dentro das páxinas das categorías que ten, nun orde diferente o que lle correspondería polo seu título.

A ver si cun exemplo me explico mellor. Vendo o artigo de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao:

Se non o empregas: [[Categoría:Artigos destacados]] [[Categoría:Artigos destacados sobre Galicia]] [[Categoría:Debuxantes de Galicia]] [[Categoría:Deputados galegos]] [[Categoría:Día das Letras Galegas]] [[Categoría:Dramaturgos en lingua galega]] [[Categoría:Escritores en lingua galega]] [[Categoría:Escritores de Galicia]] ... ... ...

O artigo sae ordenado pola letra A de Alfonso...


Se pos: {{DEFAULTSORT:Castelao}} [[Categoría:Artigos destacados]] [[Categoría:Artigos destacados sobre Galicia]] [[Categoría:Debuxantes de Galicia]] [[Categoría:Deputados galegos]] [[Categoría:Día das Letras Galegas]] [[Categoría:Dramaturgos en lingua galega]] [[Categoría:Escritores en lingua galega]] [[Categoría:Escritores de Galicia]] [[Categoría:Exilio galego]] ... ... ...

O artigo sae ordenado pola letra C de Castelao...


É o mesmo que escribir: [[Categoría:Artigos destacados|Castelao]] [[Categoría:Artigos destacados sobre Galicia|Castelao]] [[Categoría:Debuxantes de Galicia|Castelao]] [[Categoría:Deputados galegos|Castelao]] [[Categoría:Día das Letras Galegas|Castelao]] [[Categoría:Dramaturgos en lingua galega|Castelao]] [[Categoría:Escritores en lingua galega|Castelao]] [[Categoría:Escritores de Galicia|Castelao]] [[Categoría:Exilio galego|Castelao]] ... ... ...

pero empregando menos texto.

Hai que ter en conta que é a clasificación por defecto. Quere dicir que si a unha categoría concreta lle pos un orde concreto, por exemplo, [Categoría:Escritores de Galicia|Rodriguez], entón o artigo, dentro desa categoría, iría por orde alfabético na letra R de Rodrí...

Non sei se sabes que o software wiki non leva ben o tema de ornear as vogais con acento, así que é mellor non poñelo nestes casos. Olla que no exemplo último puxen Rodriguez e non Rodríguez. Do mesmo xeito e mellor substituír o ñ por nzz. Sobre este último tema tes máis info en w:es:A:CAT#Problemas_del_orden_lexicográfico, en castelán, máis completa que a equivalente nosa.

Como referencia, o equivalente na castelán é {{ORDENAR:}}

Saudiños--. HombreDHojalata.conversa 19:10, 5 de maio de 2010 (UTC)

RE: Fusión[editar a fonte]

Non, non vin os teus avisos porque levo días apartado do wiki. Pero teño a tarefa nos pendentes. Como comprobarás no historial de Usuario:Toliño/Toxicoloxía levo xa case un ano (como pasa o tempo!) dando formato e corrixindo os diferentes artigos sobre toxicoloxía que alí aparecen e que foron creados en masa, por estas datas, o ano pasado por un grupo de alumnos que fixeron traballos sobre toxicoloxía. Como vin que a tarefa que decidín levar a cabo para non borrar os artigos ía para longo (non errei), decidín pasar as páxinas ao meu espazo de nomes e poder así conservalos durante o tempo que fixera falla. As cousas esquécense rápido e os folgos cos que comecei foron minguando ata desapareceren. Non obstante, coido que conseguín que permanecesen 15 artigos bastante dignos, algún mellor ca outros (non son experto na materia). E quedáronme 3 no tinteiro que pretendía fusionar entre eles, con algún cambio de nome se non recordo mal (heino comprobar ao revisar os marcadores de fusión). De todos os xeitos, grazas por dar o toque e a ver se me quito do medio o asunto, aínda que quizais deba agardar unha semana máis... que agora mesmiño non podo! Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15:35, 6 de maio de 2010 (UTC)

  • Grazas pola resposta, Xoacas. A verdade é que como na Galipedia xa vira fotos de estatuas, xa subín a que tiña de Ánxel Fole e a de Peludez, pero agradezo a túa resposta para saber o que di a lei. De paso que estamos, grazas tamén por estares na Galipedia colaborando tanto e con bo criterio. Cóidate, saúdos. --Xoán Carlos Fraga 09:48, 7 de maio de 2010 (UTC)
  • Ola, Xoacas. A verdade é que candidatura a min non me gusta (e nomeamento non me convence moito), concordo contigo. Pero como poñemos "A película Titanic obtivo 14 'nominacións' e gañou 11 premios ao Óscar no ano..."?, porque case sempre se usa o substantivo. Unha posibilidade é "Titanic foi finalista en 14 categorías e gañou 11 premios". Pero no artigo Óscar, que palabra propós poñer no cadro para o substantivo *Nominacións? É que eu aí non o teño moi claro. Saúdos e grazas polo teu traballo. Cóidate. --Xoán Carlos Fraga 20:31, 7 de maio de 2010 (UTC)

Procedementos[editar a fonte]

Pois a única forma de facelo é así. E é así desde sempre e en todas as wikis. Unha vez iniciada unha votación non se pode modificar nada na proposta, por motivos obvios. Se non se concorda a única opción é votar en contra para poder rexeitala, modificala e volvela propor e votar, penso eu. Non pasa nada, e algo moi normal, non hai que "rasgar las vestiduras"--. HombreDHojalata.conversa 21:02, 7 de maio de 2010 (UTC)

De todas, non te preocupes, tal como vai a cousa, penso que a política vai ser aprobada a pesar do meu voto, cousa que tampouco me parecería tan horrible. En termos xerais paréceme un bo traballo, dende logo, moito mellor e mais completo do que temos agora.--. HombreDHojalata.conversa 21:09, 7 de maio de 2010 (UTC)

Ola[editar a fonte]

Onte me dixeron no IRC que nono fixera eiqui e dinme conta de que tiñan razón, asi que me puse a elo :D Gracias polos amaños, o meu escribindo galego e doente XD Unha aperta. --Ensada Fala ou cala 16:47, 8 de maio de 2010 (UTC) As fotos ten su historia, xa chegaran.

Escudería[editar a fonte]

Estás mudando unha forma correcta por outra correcta, escudería e escudaría son as dúas correctas.--Xentenatural 16:56, 8 de maio de 2010 (UTC)

cantiga/cántiga[editar a fonte]

Ola, Xoacas!
Case mellor fala con Pedro Lameiro, que eu non che teño moita idea. Fixen unha proposta na páxina de conversa que se pode ter en conta, pero bueno. Amais, estes dous mesiños non andarei pola galipedia tanto como querería, que veñen exames :(.
Anímote a fusionar os artigos co criterio que consider(ed)es oportuno.
Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:54, 8 de maio de 2010 (UTC)

Cantiga e cántiga[editar a fonte]

Eu son de ciencias, Xoacas, afeccionado ás letras, e pouca luz che podo dar a maiores do que dixen na páxina de conversa. Creo que todos temos claro que cantiga e cántiga son perfectamente sinónimos pero o problema está na diferenza abismal entre as cantigas trobadorescas medievais e as cantigas populares. Quizais unha solución fose denominar as primeiras como poesía medieval, xa que o feito de seren cantadas é o menos definitorio. Creo ter lido nalgures que se chamaron cantigas polas Cantigas de Santa María. E deixar espazo para un artigo diferente cantigas populares (¿cantiga popular?), mellor que fusionar. A Gran Enciclopedia Galega estrutura o artigo en 4 apartados: cantigas de amigo, de amor, de escarnio e maldizer, e cantiga popular, e este esquema pode valernos perfectamente, se ben coa información que hoxe temos poderiamos agrupar as tres primeiras nun mesmo artigo; xa haberá tempo de crear artigos principais de cada tipo. Sobre aquelas primeiras (medievais) non teño nin idea e, de feito, nunca me gustaron polo que tampouco lin case nada. Das segundas eu teño moitos cantigueiros (populares) pero pouca teoría para construír o artigo e non sei a quen temos de man que poida facelo, quizais Xoán Carlos Fraga ou Sobreira (pero este desapareceu). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:41, 9 de maio de 2010 (UTC)

Políticas de ...[editar a fonte]

Non existe tal cousa. Os administradores son os que poden bloquear e os que interpretan se se debe bloquear ou non, empregando o sentido común para interpretar as políticas.

Oes, cando esteas aburrido faille algo a este, inda que so sea cambiar unha coma. É o meu favorito e ninguén lle mete man :-(

--. HombreDHojalata.conversa 21:16, 9 de maio de 2010 (UTC)

Por suposto que hai argumentos, infinitos, pero hai que parilos, e expoñelos ós administradores para convencelos da necesidade de bloquear alguén.

Outro día vouche contar un truquiño, non ten nada que ver con isto que estamos falando agora, ten que ver con poder referenciar fácil e rapidamente un artigo, agora vou pregar que estou canso

Vótalle unha ollada ás interwikis, a ver si atopas o que buscas: ar:تصنيف:سياسات ويكيبيديا an:Categoría:Politicas oficials de Biquipedia az:Kateqoriya:Vikipediya:Qaydalar və rəhbərlik be-x-old:Катэгорыя:Вікіпэдыя:Правілы і рэкамэндацыі ca:Categoria:Polítiques de la Viquipèdia cs:Kategorie:Pravidla Wikipedie cy:Categori:Polisïau a chanllawiau Wicipedia de:Kategorie:Wikipedia:Richtlinien en:Category:Wikipedia policies and guidelines es:Categoría:Wikipedia:Políticas eu:Kategoria:Wikipediako politikak ko:분류:위키백과 정책과 지침 ig:Category:Wikipedia policies and guidelines id:Kategori:Kebijakan dan pedoman Wikipedia ia:Categoria:Wikipedia:Politicas it:Categoria:Linee guida jv:Kategori:Kawicaksanan Wikipedia ka:კატეგორია:ვიკიპედიის პოლიტიკა და სახელმძღვანელო lt:Kategorija:Taisyklės ir susitarimai hu:Kategória:Wikipédia-irányelvek és -útmutatók mk:Категорија:Википедија:Принципи и напатствија ml:വർഗ്ഗം:വിക്കിപീഡിയയുടെ നയങ്ങളും മാർഗ്ഗരേഖകളും ms:Kategori:Polisi dan panduan Wikipedia nl:Categorie:Wikipedia:Richtlijnen pt:Categoria:!Políticas ro:Categorie:Politica oficială Wikipedia ru:Категория:Википедия:Правила и руководства sk:Kategória:Wikipédia:Zásady a smernice sl:Kategorija:Pravila in smernice Wikipedije szl:Kategoria:Zasady Wikipedyje fi:Luokka:Wikipedian käytännöt ja käytösohjeet th:หมวดหมู่:นโยบายวิกิพีเดีย uk:Категорія:Правила і поради Вікіпедії vi:Thể loại:Quy định và hướng dẫn Wikipedia yi:קאַטעגאָריע:וויקיפעדיע פאליסיס און אנווייזונגן zh-yue:Category:維基百科政策同埋指引 zh:Category:维基百科方针与指引

--. HombreDHojalata.conversa 21:47, 9 de maio de 2010 (UTC)

Hórreo tipo Cedeira[editar a fonte]

Xa teño á man o libro de Martínez Rodríguez (edición 1999), e podo confirmar que efectivamente describe, co nome de hórreo tipo Cedeira (nas páxinas 322 a 326), un modelo de hórreo que localiza na costa coruñesa de Cariño, Cedeira, Valdoviño, Narón e Ferrol. Clasifícao entre os hórreos de albanelería. Por outra banda está o hórreo tipo Cabanas (px. 215-220), clasificado entre os de madeira. Semella, xa que logo, que a fonte sobre a que se basea o estudo dos hórreos galegos (e estes artigos en particular) ve dúas tipoloxías distintas, que xustifican a existencias de dous artigos distintos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:32, 10 de maio de 2010 (UTC)

Segundo Galencontro[editar a fonte]

Boas, xa se fixo a reunión en Madrid na que algúns wikipedistas xa firmaron os estatutos de Wikimedia España. Nesta páxina propuxen facer un novo encontro en Galicia para tratar algúns temas ó respecto, e firmar, os que lles interese, os estatutos para figurar como membro fundador da asociación. Podes apuntarte alí, poñer as datas que che veñan ben e aportar as ideas que queras. A intención é facer este encontro o antes posible (antes de fin de mes) para enviar os papeis a Madrid. Saúdos, --Elisardojm 12:51, 11 de maio de 2010 (UTC)

Encontro wikimedia[editar a fonte]

Saudos Xoacas, vin que te ofreciches voluntario para explicar como vai o tema do encontro e espero non te pareza mal que te pida que mo expliques así por enriba, creo que me gustaría acudir, pero non teño moita información sobre o proxecto. Un saudo e moitas gracias.--Carronada 19:33, 11 de maio de 2010 (UTC)

Moitísimas gracias pola información coñecia a celebración da primeira xuntanza pero non non tiña suficiente información sobre o proxecto e non acudín. Poreime en contacto con Elisardojm e si se pode e fai falta xente sumareime. Saudos e gracias de novo compañeiro.--Carronada 22:05, 11 de maio de 2010 (UTC)

Gran Guerra Irmandiña[editar a fonte]

Ola Xoquiñas.

Fixen, en Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Gran Guerra Irmandiña, unha proposta que igual é do teu interese.

Saudiños --. HombreDHojalata.conversa 15:34, 12 de maio de 2010 (UTC)

  • Xoacas, ó unifica-las notas non tiveches en conta que remitían a páxinas diferentes. Agora, o desocupado lector que queira confirmar un dato e busque na referencia, non atopará o que busca porque está na páxina 123 e non na 120, por poñer un caso. ¿ten solución? Pedro --Lameiro (conversa) 12:11, 13 de maio de 2010 (UTC)
    • Se se fai ben a referencia, hai que indica-la edición, co cal non importa que noutra edición estea noutra paxina; isto estaría recomendado cando se referencia un dato determinado e moi concreto. Se a referencia se fai o libro no seu conxunto, sen concretar máis, o desocupado lector teno cru se quere confirmar ese dato que busca; isto máis que referencia sería bibliografía. Eu utilizo, segundo os casos, unha ou outra fórmula, non sei se sempre con acerto. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:25, 13 de maio de 2010 (UTC)

Hórreos[editar a fonte]

Unha pequena modificación que me parece que lle acae ben. Se che reina, déixaa estar e se non revirte edición. Se optas polo primeiro, teno en conta co resto de artigos similares, para que todos leven un formato similar. [3]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:32, 14 de maio de 2010 (UTC)

GNU Hurd vs GNU/Hurd[editar a fonte]

Creo que a ligazón debería ser ao contrario. GNU Hurd é o nome oficial do núcleo Hurd, rival por dicilo dalgún xeito do núcleo Linux. GNU/Hurd non é o nome do núcleo, senón dos sistemas operativos con ese núcleo. Por exemplo, Arch Hurd (unha versión de Arch Linux que utiliza Hurd en vez de Linux) sería unha distro de GNU/Hurd en vez de unha distro de GNU/Linux.

O artigo fai referencia ao núcleo en si, polo que coido que, en caso de xuntar ambos artigos, GNU/Hurd debería ligar a GNU Hurd (ou Hurd a secas).

Un saúdo! ─ GallaecioE logo? 19:09, 15 de maio de 2010 (UTC)

Liarse con estes artigos é o máis normal do mundo. Eu levo usando GNU/Linux varios anos, e ata que non me tiven que meter a arranxar os artigos de Linux e GNU/Linux non me decatei realmente das súas diferencias (e eu si que metín ben o zoco aí ao principio :S). Lémonos! ─ GallaecioE logo? 16:44, 16 de maio de 2010 (UTC)

Política de bloqueos[editar a fonte]

Como vexo que andas ás voltas cunha redacción sobre política de bloqueos quería comentarche que os administradores temos máis ou menos acordado un borrador sobre ela, aínda que non o publicamos. Botei unha rápida ollada moi por riba ao que tes e creo que podemos incluír algúns aspectos e fusionar os textos. De feito, tiña pensado retomar o tema con eles en canto rematase o das votacións que temos aberto. Falareino en canto poida, que ultimamente ando liado. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:26, 17 de maio de 2010 (UTC)

A Meca[editar a fonte]

Ola Xoacas! Penso que te trabucaches, porque eliminaches o artigo da cidade e o redirixiches á da historia da cidade aínda e cando no artigo fálase de relixión e xeografía. É dicir, que fusionaches do revés, non? Cando menos penso que o artigo da cidade ten que permanecer. Outra cousa: non é só fusiona-lo contido, tamén hai que fusiona-lo historial. A parte teño en mente facer algunha proposta relativa a move-los artigos do tipo "Historia urbana de" a simplemente "Historia de". Máis nada polo de agora, que ando sen tempo con isto dos exames. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 20:37, 17 de maio de 2010 (UTC)

A Naifa[editar a fonte]

Obrigadinho pela tradução para o galego, Xoacas - graciñas :)—o anterior comentario sen asinar foi feito por 188.83.8.234 (conversacontribucións) 18 de maio de 2010 ás 19:32

Redireccións[editar a fonte]

Ola Xoacas. O motivo de facer a redirección foi porque polo que vin pola rede adiante e publicacións, sempre escriben o nome sen a til, non sei porque motivo, ao mellor por ser maiúscula inicial. Véxase mesmo na propia ficha do xogador na páxina da ACB [4]. Moitas grazas pola axuda e o aviso. Un saúdo.--Adorian (fálame) 22:43, 18 de maio de 2010 (UTC)

Wikipedia:Artigo destacado[editar a fonte]

Xoacas, cómpre máis participación no tema este. Vota a favor, vota en contra pero vota carallo! Ou mira de propor algunha alternativa para que eu poda votar en contra (é coña). Saúdos--. HombreDHojalata.conversa 10:18, 19 de maio de 2010 (UTC)

Imagen de la Fortaleza de Monterrey[editar a fonte]

Hola Xoacas,

muchas gracias por tu información. Acabo de cambiar el asunto de la licencia. A ver si ahora funciona.

Muchas gracias Recibes un cordial saludo

Ventura Carmona —o anterior comentario sen asinar foi feito por 93.184.128.17 (conversacontribucións) 20 de maio de 2010 ás 09:10

Páxinas de conversa e corpo principal[editar a fonte]

Non acabo de ter moi claro o xeito de colaborar, corríxeme se me equivoco pero eu entendo que se un aviso é para os editores e non para os lectores debe figurar na conversa, quero dicir aos lectores dálle igual que tipo de cadro haxa no artigo, é simplemente para harmonizalo co resto dos artigo pola contra se o aviso é para dicir que hai datos incorrectos ou que precisa revisión de contido iso non só afecta aos editores senón tamén aos lectores xa que podería haber datos erróneos e polo tanto o aviso debe ir no corpo principal do artigo para que o lector ande con ollo. Eu polo menos entendino así tras ler as páxinas de axuda.--Kamakic 15:30, 20 de maio de 2010 (UTC)

Entón, se entendín ben polos problemas á hora de categorizar, para colocar un aviso na páxina de conversa hai que utilizar o modelo:Por facer--Kamakic 15:59, 20 de maio de 2010 (UTC)

Hórreo vasco[editar a fonte]

Boa tarda, Xoacas. Perdona que te escriba en castellano, no sé escribir en gallego, aunque lo entiendo.

He visto la pregunta que hiciste en la Wikipedia vasca, así que te contesto respecto a esos términos referentes al hórreo vasco.

  1. El término más utilizado en euskera es garai, utilizado en casi todos los dialectos con distintas variaciones. Tanto garaya como gereixa son variantes dialectales de aquél.
  2. arnaga es un término dialectal, de uso muy reducido, utilizado solamente en una parte de Bizkaia.

Fuente: Orotariko Euskal Hiztegia. Euskaltzaindia, 1987. Disponible online aquí: http://www.euskaltzaindia.net/oeh

Apertas. --Xabier Armendaritz(fala aquí comigo) 18:53, 20 de maio de 2010 (UTC)

Valladares[editar a fonte]

Feito! Feito!. Grazas polo aviso. --Atobar (conversa comigo) 23:15, 20 de maio de 2010 (UTC)

Quevedo[editar a fonte]

A Galipedia, ou así a entendo eu, non é simplemente unha wikipedia en galego. É unha wiki que ademáis debe dar aos seus artigos unha visión galega, é dicir, amosar como se ve o mundo desde aquí. E, por desgraza, unha constante nos escritores do mal chamado "Século de ouro" español foi a mofa continua cara nós. E o que escribamos deles desde aquí debe relectir ese feito, porque non se pode obviar o triste e escuro da historia e contar só o bonito. Se Cervantes fixo o propio cos vascos, pois será na wiki en euskera onde deban decidir se o reflicten ou non. Tamén o fixen no artigo sobre Luis de Góngora, onde ademáis incluín un poema escrito por el onde se aldraxaba a Galiza. Non é vinganza, é simplemente o que dixen ao principio, dar a visión galega das cousas, do mundo que nos arrodea, sempre, loxicamente, con obxectividade e referencias, puntos que penso que están cumpridos nos dous casos. Así pois, amigo Xoacas, discordo completamente coa túa proposta de supresión do parágrafo. Un cordial saúdo.--Paradanta 08:52, 21 de maio de 2010 (UTC)

Segundo Galencontro[editar a fonte]

Aínda que non estás apuntado avísoche igual de que xa hai data para o galencontro por si che interesa. Será o vindeiro venres 28 pola tarde no colexio onde quedamos a outra vez. A hora está sin determinar, eu antes das 18:00 non podo chegar, si che ven ben podemos quedar a esa hora ou máis tarde. Por certo, que para asistir ó encontro non é obligatorio para ninguén facerse socio de Wm-es :), tamén imos tratar dos proxectos que poderíamos organizar e para o que non é necesario estar en Wm-es. E xa sabes que podemos falar tamén doutros temas que se propoñan no momento sin problema. Saúdos, Elisardojm (discusión) 09:51 22 may 2010 (UTC).

Moi ben, só unha cousa, ó final parece que a mellor hora será ás 18:30, aínda teño que avisar ó resto pero con isto ti xa te das por enterado :). Saúdos e espero que podas vir, --Elisardojm 11:53, 25 de maio de 2010 (UTC)

Reis[editar a fonte]

Bon día Xoacas, grazas pola mensaxe. Ben, ata onde eu lembro, coido que non movín ningún artigo a outra denominación, ao máis, facer constar o seu nome real, -recordemos que os reis teñen dinastía, casa, apelidos..-, e polo que vexo agora, concretar coma no caso de Filipe II de Habsburgo, que non era rei dun reino/coroa de España, senón rei de coroas distintas...e que ti revertiches. Estás no teu dereito de revertir o que queiras sen dúbida, agora, se cadra, onde non estamos dacordo é se foi acertado ou máis ben errado. De todos xeitos, grazas pola túa mensaxe.--Alexandre Vigo 08:35, 24 de maio de 2010 (UTC)

marcadores de lixo[editar a fonte]

Ola, Xoacas! Cando movas un artigo e marques o título orixinal como {lixo}, procura botar un ollo ás páxinas que ligan cara a esa (tes a ligazón baixo o apartado de "procura", á esquerda), para correxir as ligazóns rotas. Dígocho en concreto polo de Búfalo (NY), que aínda tiña uns cantos artigos redirixindo aí. Xa están amañados. Un saúdo; falamos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:14, 24 de maio de 2010 (UTC)

Senref[editar a fonte]

Boas, Xoacas. Coido que xa falamos hai meses do marcador senreferencias e tamén do Cómprereferencia. Para os artigos pequenos, sobre todo biografías e non polémicos, entendo que está de máis o marcador. O 90% dos artigos wiki carecen de referencias e un marcador ao comezo, resta. En todo caso, se ves cousas que non convencen ou que fan dubidar, o cómprereferencia é unha solución magnífica. Cousa distinta sucede con outros marcadores, como por exemplo o de illado, que está a pór HombreDHojalata, porque eses si poden ser subsanados sen demasiado esforzo e efectivamente axudan á estrutura da wiki. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:27, 25 de maio de 2010 (UTC)

Contra, pois igual foi co HombreDHojalata. Deixa que busque un momentiño e che digo que foi. --Atobar (conversa comigo) 17:13, 25 de maio de 2010 (UTC)
Voilà: [5] Vén sendo o mesmo. --Atobar (conversa comigo) 17:16, 25 de maio de 2010 (UTC)

Letras[editar a fonte]

Vou ver se o atopo, estiven estes días mirando a axuda en varias wikipedias e así en frío non sei onde o vin.--Kamakic 15:36, 26 de maio de 2010 (UTC)

Pois non son quen de atopalo agora, nesta páxina dise algo [6] pero non foi aí onde o vín, quizais algún dos administradores saiba concretamente onde se fala diso.--Kamakic 18:33, 26 de maio de 2010 (UTC)
Non teño nin idea de se estará escrito ou non, pero parece obvio que a letra dunha canción é creación literaria do autor e, por pura lóxica, suxeita a dereitos de autor. Na prensa si que teño lido que as webs que recompilan letras tiveron problemas coas discográficas. Por outra banda, non creo que a letra dunha canción teña relevancia enciclopédica. Pedro --Lameiro (conversa) 19:16, 26 de maio de 2010 (UTC)

Pazo dos Deportes[editar a fonte]

Ola! Con respecto ao de "Pazo dos Deportes" só existe un (o de Ourense é "Paco Paz"), se miras nas guías de baloncesto, ou mesmo xa na propia "wiki" inglesa pon sinxelamente "Pazo dos Deportes", sería algo así como "Camp Nou", que aínda que non sexa un nome propio non existe outro.--Adorian (fálame) 11:16, 27 de maio de 2010 (UTC)

Re: Reis de Galicia[editar a fonte]

Andamos estes dias cos anacronismos e a verdade que é un tema complicado de máis. Cos libros na man non te podo falar, xa que non teño moito tempo cos exames e demais pero si podo falar coa Galipedia diante. Eu sería partidario de empregar como aparece en Reino Suevo o termo "reis suevos da Gallaecia". A Galicia actual e a Gallaecia sueva está claro que non son a mesma cousa, é moi dificil a comparación dun reino que ten como orixe a provincia romana e cuxos reis emitian moeda co nome do monarca en cuestióm mais o nome do emperador romano, de fai mais de 1500 anos, coa Galicia actual froito da evolución durante eses 1500. O Reino Suevo pode ser un claro precedente do Reino de Galicia pero que sexa o mismísimo Reino de Galicia como pon no artigo homónimo é algo moi discutible, pero ¿quenes somos nos, usuarios da Galipedia que non é fonte primaria para seguir unha teoría ou outra estando todas ben referenciadas? Creo que é algo que ti comentaches moi ben no tema de Carlos I.--Carronada (Si me quieres escribir, ya sabes mi paradero) 15:26, 28 de maio de 2010 (UTC)

Cando queiras, nunha semaniña rematan os exames e nos podemos poñer cos reis suevos ou co que queiras e tamén haberá tempo para aceptarte esas fantas; e sempre e cando non sexas abstemio correspondereite cunhas estrellas ou unhas boas cuncas santiaguesas jeje.--Carronada (Si me quieres escribir, ya sabes mi paradero) 00:03, 30 de maio de 2010 (UTC)

Escarállome contijo[editar a fonte]

Non cho dixera?--. HombreDHojalata.conversa 10:59, 29 de maio de 2010 (UTC)

RE: Bibliografía[editar a fonte]

Ben ben, capto a indirecta, xa o fago agora.--AMPERIO 13:57, 31 de maio de 2010 (UTC)

Adiantouseme Atobar. E desculpas se antes sonou mal o meu comentario.--AMPERIO 13:59, 31 de maio de 2010 (UTC)

Letras dos himnos nacionais[editar a fonte]

Estás a retirar as letras de himnos nacionais pero por se publicaren esas letras en leis, decretos ou outros textos lexislativos si que se poden reproducir libremente, os textos legais non teñen dereitos de autor--Kamakic 15:44, 31 de maio de 2010 (UTC).

Non estou moi convencido diso que dis pero en todo caso habería que ir país por país para saber se hai infrinximento dalgún dereito, pero eu dubido moito que non se poda copiar o texto dun himno nacional.--Kamakic 15:59, 31 de maio de 2010 (UTC)
O da URSS está por lei libre de dereitos de autor, e o de Polonia está no dominio público xa só polos anos que ten. Da maioría dos outros hai versións instrumentais en commons así que dubido que teñan dereitos de autor. Hoxe déchesme ben traballo. --Alberte Si, dígame? 16:52, 31 de maio de 2010 (UTC)

Voltar[editar a fonte]

Moi boas Xoacas!

Veño de ler o que me deixaches na miña páxina de conversa verbo de voltar e cómo, e atopei moi interesente esta historia, a seguir cóntoche. Resulta que, para a miña sorpresa, o verbo voltar non se recolle no VOLGA, cando estou case por pór a man no lume a que foi unha das palabriñas introducidas na normativa de 2003. Xa que logo, ao ver por min mesmo que tiñas razón que no VOLGA non aparecía recollido este verbo púxenme a pescudar no VOLGA outras palabras de recente "normativización" para a RAG. Así, atopeime que palabras como alén ou aquén, tamén de recente inclusión, estaban recollidas nel, mais, por exemplo, após (preposición introducida nesta mesma normativa) e que segundo o Dicionario Xerais da Lingua si é unha forma galega, non aparece no VOLGA (podes consultar esta mesma páxina Normativa oficial do galego - Cambios morfolóxicos, na que secunda un poquiño máis as miñas palabras). Así foi como, sen querer, me atopei perante o dilema de me cuestionar a actualización do VOLGA. De todos os xeitos como arestora non me podo pór a rebuscar nos meus apuntamentos de filoloxía, eu aínda estou sacando a carreira, e teño a maioría dos manuais e dicionarios en Tui, por non falar dos exames que hai sobre estas datas, non podo sacarche máis probas de que voltar é unha forma, polo menos segundo o que me consta até agora, tan aceptada como volver. Podería darche argumentos ou comentarche que a proposta de mínimos, por non falarmos da de máximos, desde sempre incluíu o verbo voltar como forma aceptada, polo que, ben puido ser unha das palabras que, como che digo, se aprobou na, para min, fallida normativa da concordia do 2003. Así e todo, como gosto, e debo, de aportar máis fontes que as que, tristemente, podo aportar ás toas, hei falar co compañeiro Xoán Carlos Fraga, filólogo xa coa carreira rematada, para ver se pode darme ou quitarme razón sobre a inclusión ou non de voltar na actual normativa.

Finalmente, e sen tantas historias o cómo que eu acentuei, neste caso, obviamente non ten nin debe de levar til, ao revés do que pasa no castelán por exemplo que si levaría. Se o acentuei, con moi pouco tino, foi porque a miña mente viu unha anfiboloxía, cousa que volvendo ollar para a oración, salta a vista que non é tal cousa.

Após te soltar todo este coñazo, dicirche que polo de agora se se quere mudar o de voltar, até que confirme ou non que si está admitido, estaría ben que se cambiase. O cómo ese xa nin dicir ten que si. E aproveito tamén para che agradecer que me matizases isto nas miñas correccións que, queiras ou non, cando un pon o "chip" de corrixir e corrixir sempre corre o risco de meter a zoca, e máis en textos como ese no cal os erros abundan como fungos.

Saúdos. --Nonso91 19:17, 1 de xuño de 2010 (UTC)

Eunuco[editar a fonte]

Xoacas: ti que te das maña para este tipo de artigos, anímaste a arranxalo? --Atobar (conversa comigo) 23:50, 1 de xuño de 2010 (UTC)

Día internacional dos nenos vítimas inocentes de agresión[editar a fonte]

Ups! E quen son eu para enmendar á Asemblea Xeral das Nacións Unidas?

Máis, xa sabes como vai isto, enmenda o que vexas.

Por certo, a ver se tes unha palabra millor para a "*reanudación" que puxen, creo que non é galega.

Saudiños --. HombreDHojalata.conversa 09:04, 4 de xuño de 2010 (UTC)

Esquecera comentarche. Ten en conta que o título "Día Internacional dos nenos vítimas de agresións" non se borra, queda de redireción--. HombreDHojalata.conversa 09:08, 4 de xuño de 2010 (UTC)

Principio de no confiscatoriedad[editar a fonte]

Saludos! ¿puedes mirar si ya cumple el artículo los requisitos para quitarle la plantilla? Principio de no confiscatoriedad —o anterior comentario sen asinar foi feito por 84.123.217.76 (conversacontribucións) 4 de xuño de 2010 ás 15:48

Zuriqués[editar a fonte]

Symbol support vote.svg Concordo--. HombreDHojalata.conversa 20:51, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Ref[editar a fonte]

Xoacas, indícame onde é necesaria a referencia co cómprereferencia. Graciñas. Falo do artigo Ramón Chao. --Atobar (conversa comigo) 22:18, 6 de xuño de 2010 (UTC)

aditivo[editar a fonte]

Boas noites, Xoacas. Volvín á forma anterior, "botulínica", que estou seguro que é a correcta, no canto da túa corrección "botulímica". Non sei se será por remellanza con "bulímica", cousa coa que aquela toxina non ten nada que ver. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:41, 7 de xuño de 2010 (UTC)

  • Efectivamente, é unha toxina producida polo Clostridium botulinum, e provoca a intoxicación chamada botulismo. Tamén parece servir para aumenta-los labios e non sei se algo máis (co nome de botox). Pero, ¿por que supós que sería con "m"? Pedro --Lameiro (conversa) 23:05, 7 de xuño de 2010 (UTC)
    • O que me faltaba! No VOLGa vén "botúlico". Como sabes, non define e podería significar calquera cousa pero dáme medo que sexa o que estamos chamando "botulínico". Pedro --Lameiro (conversa) 23:20, 7 de xuño de 2010 (UTC)
      • Déixao estar por agora. Acabo de facer unha consulta ó Instituto da Lingua e, co que me digan, logo decidimos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:32, 7 de xuño de 2010 (UTC)

Linguas[editar a fonte]

Non sei se acerto no que me preguntas, pero a consideración de lingua para para o alemánico ou as súas variedades, é un tema complexo como en xeral é a diferenciación entre lingua e dialecto (unha lingua é un dialecto cun exército), así é común referirse ao alsaciano como lingua pero non pasa o mesmo coas outras variedades, que se consideran xeralmente dialectos, pero no caso do noso artigo desgrazadamente non hai ningún tipo de referencias para decantarse por lingua ou dialecto.--Kamakic 13:58, 11 de xuño de 2010 (UTC)

Conversa usuario:85.1.207.71[editar a fonte]

Ola Xoacas, se a lingua suaba é considerada como lingua (cousa discutida no mundo lingüístico e que a min só me interesa como se posiciona gl.wiki para poder redactar o artigo o mellor posible) non é parte dun estándar creado en tempos máis modernos, polo tanto sobran, o suabo podería ser considerado subbaixo alemánico pero xamais alto alemánico, iso pásalle só a xente que non entende como se fixeron tales clasificacións.

Os idiomas e dialectos na xeografía alemá non se clasificaron pola xente que falaba, tampouco por nome dunha poboación determinada, tampouco por nome de reinos e aínda menos por fronteiras naturais como ríos, tampouco se consultou aos pobos para que referendasen e tampouco por antigüidade, simplemente se fixeron os nomes conforme o nivel do mar.

Para canalizar todo iso chamóuselle a unha das formas centrais alemán, idioma imposto por decreto, máis aínda se se ten en conta que o dito idioma foi creado por artistas para usalo no teatro en épocas xa moi modernas. En España hai un caso emparentado, o éuscaro unificado, que se creou e impuxo aínda cando outras variantes antigas ían desaparecendo por ser descoidadas.

Un exemplo de tal decretazo é que se puxo de nome ao final de todas as clasificacións -alemán (-deutsch), é coma se un poder central quixese reclamar territorios (por medio da nomenclatura nas linguas) doutros paises sen aceptar as mesturas e as vontades. Para emparentalo é coma se alguén en Madrid decidise que ao portugués se lle debe chamar portuguespañol, ao francés franceseñol, ao planeta planetañol, ao sistema solar sistema soleñol e á vía láctea vía lácteañola. De aí os Schweizerdeutsch, Zürichdeutsch, Berndeutsch, Baseldeutsch, pitosdeutsch, frautasdeutsch, tamboresdeutsch, trompetasdeutsch e se Galiza estivese preto falaríamos ou galegodeutsch. IP

Concordo en pleno nos cinco piares. No da lingüística sobre alemánico idioma ou non, houbo, hai e terán moitos debates, moitos posiciónanse dun xeito e outros doutro, Dr Hugo Steger (1983) chama a todos os territorios onde se fala suabo e alemánico (Westoberdeutsch), en galego alemán superior occidental, poñéndoo alemán en clasificación tal como cho expliquei antes cos pitos e frautas. Dr Hotzerköcherle 1961 diferenciaba entre baixo, alto alemánico e supra alemánico no seu atlas ligüístico de Suíza pero tamén usaba nomes como Alemánico do sur. Dr Steiner clasificaba por alemánico central, alemánico superior etc. Pero ao parecer, o gran debate lingüístico empezou cun tal Dr. Karl Bohnenberger en 1905. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 62.203.58.77 (conversacontribucións) 12 de xuño de 2010 ás 03:30

Refuso[editar a fonte]

Pero grazas pola confianza--. HombreDHojalata.conversa 12:34, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Imaxe[editar a fonte]

Xoacas, podes ver se esta foto que cargou o usuario Amperio pode quedar? Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 16:01, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Alsaciano[editar a fonte]

Ola Xoacas, no entanto é galego? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.2.158.43 (conversacontribucións)

Alemánico[editar a fonte]

Eu son creador dos artigos, zuriqués, suabo, Suabia, baixo alemánico, alto alemánico etc. Cómpre referencias para facer os cambios.--81.63.126.204 16:29, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Es cabezón[editar a fonte]

Estás a conseguir que moitos artigos queden sen sumar contidos, sigue así campión.--85.1.172.96 21:02, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Mellor é xa non tratar máis, da miña parte non esperes unha letra máis nos artigos, isto acabouse, farei os artigos noutras wikis. --81.62.29.222 21:12, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Stop![editar a fonte]

Xoacas, por favor, aínda que se estean facendo edicións pouco elegantes ou provocadoras, recoméndoche que non entres en guerras de edicións, facendo e desfacendo cambios doutras persoas. É mellor que reportes estes problemas a algun administrador, e que este se encargue. Porque de actuacións como estas poderías ser bloqueado, aínda que o fagas con bo propósito. Un saúdo --Xabier Cid Conversa 14:50, 19 de xuño de 2010 (UTC)

Non, non é divertido. Existe unha regra que prevén que se entre en guerras de edicións como na que estades entrando. É a regra das tres reversións. É mellor que o deixes. Ademais, parte do contido que está subindo ese usuario anónimo, aínda que inaxeitado, é mellor que o retire un administrador ao estar nunha páxina de conversa. --Xabier Cid Conversa 14:59, 19 de xuño de 2010 (UTC)

Wikipedia:Conflito de intereses[editar a fonte]

Non fun eu, foi Prevert en setembro de 2009 [7]

--. HombreDHojalata.conversa 09:14, 20 de xuño de 2010 (UTC)

En uso[editar a fonte]

Non hai ningún problema, a verdade que me ía poñer no seu momento con eles, pero empecei a poñerme con outros artigos e ao final esquecinme, a ver se estes días me poño un pouco. Un súado e grazas.--Adorian (fálame) 11:14, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Pintura rupestre[editar a fonte]

Pois si, hai que fusionalos. Esta tarde fágoo. Grazas por avisar. --Alberte Si, dígame? 13:06, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Baldaio[editar a fonte]

Ola Xoacas. Se non me engano, es ou eras membro de Flickr... Pois ben. Acabo de atopar unha imaxe na Galipedia que seguramente estea trabucada: Ficheiro:Baldaio, Andoio, Tordoia, Galiza.jpg. A imaxe fai referencia a Baldaio, no concello de Tordoia, concello que está no interior da provincia da Coruña. Na foto parece que se ve o mar, o que me fai pensar noutro Baldaio (por exemplo o famoso areal do concello de Carballo). ¿Poderías investigar se é así? Un saúdo. [ Furagaitas * ] 18:02, 21 de xuño de 2010 (UTC)

rúa cardo[editar a fonte]

Grazas Xoacas pola explicación. O que me dis significa que non é erro ningún, como me pareceu, senón o nome latino dunha das dúas rúas principais da cidade. Isto leva a outra pregunta e unha encarga. A pregunta é se, entón, deberiase poñer cardus (e daquela sobraría rúa ó non existir confusión co cardo vexetal); pero xa vexo que tamén temos decumano e non decumanus). A encarga é que expliques, en nota a rodapé en Muralla de Lugo, o significado desa cardo (rúa), para que o desocupado lector non cometa o mesmo erro ca min. Grazas e a seguir. Pedro --Lameiro (conversa) 22:04, 21 de xuño de 2010 (UTC)

  • ¡Perfecto! O que vale, vale, e o que non, a facer preguntas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:44, 21 de xuño de 2010 (UTC)

hórreos[editar a fonte]

Ola, Xoacas! Que che parece categorizar os artigos sobre os diferentes tipos de hórreo nunha categoría de seu (Categoría:Hórreo), á súa vez pertencente a Categoría:Arquitectura popular? En calquera caso, parabéns, porque fixeches un curro de carallo con iso. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 01:14, 22 de xuño de 2010 (UTC)

Boa noite! O caso é que malia ser algo moi concreto, xa ten uns 20 artigos, co que creo que merece unha categoría de seu, que ademais tería artigo principal (Hórreo). Pero pode quedar en stand by, n'hai que precipitarse. A ver se alguén máis mira este fío e se pronuncia. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 01:26, 22 de xuño de 2010 (UTC)

Diferenza[editar a fonte]

Xoacas: diferenza é a única forma válida para o substantivo. diferencia, é unha conxugación do verbo diferenciar (e non *diferenzar). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 07:49, 22 de xuño de 2010 (UTC)

"In antis"[editar a fonte]

A ver estoutra dúbida, mestre. Cando describen o templo de Santalla de Bóveda din que "El edificio original, con estructura de templo in antis, tenía dos plantas". Noutro texto vexo que dlan de "dúas columnas in antis". Ben ¿que significa iso de "in antis"? Preferiría unha forma máis accesible ó lector e, de non haber, meter nunha nota a correspondente explicación. Xa me contarás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:58, 22 de xuño de 2010 (UTC)

  • Clarísima e ilustrativa a explicación. De feito, o "meu templo" é tal cual o debuxo que me mandas -aínda que o meu é cadrado-. As dúbidas que expresas teñen fácil explicación: o templo orixinal era dunha única planta, co "in antis" famoso onde se abre a porta, e unha pequena ábsida ó fondo. Hoxe, o adro non ten teito e as columnas, como podes ver na foto, non sosteñen nada. Na restauración que están a facer pretenden reconstruír o pórtico cuns cables que imitan un tellado a dúas augas. Co paso dos séculos levantaron unha segunda planta pero con acceso posterior e non sei que solución lle darían para o fronte (para a parede que caería sobre ese adro "in antis". Os debuxos hipotéticos que teño diante, das distintas fases construtivas (e que podes ver na px. 103 deste traballo) son seccións e non dan pistas de cómo sería a fachada. Bueno, que moitras grazas. Vai lendo o artigo e xa me dirás qué problemas e incorreccións contén. Cóidate, Pedro --Lameiro (conversa) 15:41, 22 de xuño de 2010 (UTC)

A homosexualidade na historia[editar a fonte]

Boa tarde Xoacas! Pois, eu acho que se tiraches a cita literalmente dunha biblia en galego, malia ter un erro morfosintáctico ao engadir a preposición ao CD, podes reverter a miña edición se atopas a devandita referencia. Un saúdo. --Nonso91 15:44, 22 de xuño de 2010 (UTC)

  • Deixádeme intervir onde non me chaman: a miña idea é que hai que respecta-lo texto das citas (léxico, ortografía, gramática, etc.). Cunha cita textual, que entrecomillamos, deixamos constancia do que dixo fulano de tal sobre o tema que sexa, e creo que debemos facelo con absoluta literalidade (e, para ben ser, das primeiras edicións, non de textos normativizados). Outra cousa son as citas en linguas que o usuario común da Galipedia pode non entender, e que se non se traducen perden toda a súa utilidade. Habería que buscar unha fórmula de consenso e engadila no Libro de Estilo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:54, 22 de xuño de 2010 (UTC)

Seivane[editar a fonte]

Hola Xoacas, Tardei algo en volver a entrar, son nova nesto e non entendía os bloqueos reiterados. Eun non son Susana Seivane, meu nome é Vanessa Sampedro García e efectivamente son seguidora de Susana e da familia Seivane. Co que non hai problemas co artigo de "escribir sobre si mesmo" vin o link. Quixen actualizar a páxina porque estaba desfasada en contido e imaxes. Contido: non aparecía o último disco de Susana. Festivais relevantes onde acudiu, información sobre a banda, publicacións sobre ela, etc. A idea de poñer así as cancións era por estética, para dar uniformidade a páxina. Imaxes: as imaxes que puxen eran recentes da xira de Susana, da edición do seu último disco, as que ten actualmente están desfasadas. Me gustaría publicar imaxes máis recentes e contido actualizado. E quero contar coa tua colaboración. + —o anterior comentario sen asinar foi feito por Susana Seivane (conversacontribucións) 10:13, 23 de xuño de 2010

Vin que foi eliminada a información dos festivais e xiras máis relevantes, non sei por qué, esta información aparece na páxina web de Susana e me gustaría incluila de novo porque me parece moi interesante, a súa veracidade pode contrastarse nesa páxina. Sobre as fotos, me gustaría actualizalas a ver si encontro a maneira de conseguir a autorización necesaria. O obxetivo de todo esto é que esta páxina esté actualizada y actualmente vese estéticamente algo desfasada. Sobre referenciar a información, non sei onde está ese botón, de enriba da caixa de edición, que é como un caderno:( Pero como che digo, a información está extraida da páxina web, igual que as fotos, neste caso, o das fotos, se están na web de Susana son de dominio público como lle dixen a Xabier, e non se deberían bloquear de novo, non? —o anterior comentario sen asinar foi feito por Susana Seivane (conversacontribucións) 17:00, 23 de xuño de 2010

Proposición[editar a fonte]

Boas. Respecto a proposición que me fixeches sobre a autovía Verín-Fronteira Portuguesa, o artigo xa existía, é a autovía A-75, o que si que precisaba era unha pequena actualización. E tes razón é unha infraestrutura moi importante para Verín e Chaves pero sobre todo para a Eurorexión. Saúdos.--Raposo 20:36, 23 de xuño de 2010 (UTC)

festivais e xiras máis relevantes Susana Seivane[editar a fonte]

Boas Xoacas, Me alegro de que referenciara ben, salvo polo lapsus de .net. Sobre a información dos festivais, está na páxina oficial de Susana, nada máis entrar, arriba de todo, hay unha pestaña que pon concertos, e abaixo están os concertos por ano que fixo, nas xiras, festivais, etc. Facer este apartado na wikipedia foi un traballo laborioso porque como poderás ver fixo numerosísimas actuacións ó longo dos anos. Estou estudiando o tema de cómo facer coas fotos. Vanessa —o anterior comentario sen asinar foi feito por Susana Seivane (conversacontribucións) 15:31, 24 de xuño de 2010

Erro no artigo Sabuxo.[editar a fonte]

Boas Xoacas,

Grazas pola benvida. Cometín un erro, en realidade o artigo recollido en "Sabuxo" é o que hai que poñer no artigo "Sabuxo Español", en "Sabuxo" hai que poñer outra cousa que teño preparada, xa que hai moitas razas de sabuxos, pero só unha de sabuxo español.

Isto é importante, a ver se me axudas a solucionalo. Saúdos e grazas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por DTabCam (conversacontribucións) 25 de xuño de 2010 ás 13:56

Igrexa Vétero Católica e donjuanismo[editar a fonte]

Envieiche un correo-e[editar a fonte]

--. HombreDHojalata.conversa 18:27, 25 de xuño de 2010 (UTC)

Sabuxo, Sabuxo Español.[editar a fonte]

Ola Xoacas,

Moitas grazas por depurar e correxir ortográficamente os artigos, están mellor así. Non controlo case nada da Wikipedia, así que calquera axuda é benvida; son membro da directiva do Clube do Sabuxo Español e acordamos correxir os artigos que estaban en castelán e inglés, e poñelo en galego. Intentaremos tamén traducilo ó basco e ó catalán.

Disme que ó ser unha tradución do castelán hai que poñer a referencia de que é iso, unha tradución... moi ben, cando te refires á caixa-resumo da edición, queres dicir abaixo de todo do artigo??

Un sabués ou sagüés é como se lle chamaba a este tipo de can no norte de Lugo, anque a denominación agora está en desuso. Chamábaselle así a calquera sabuxo, non só ó sabuxo español. O certo é que a denominación hoxe máis usada é sabueso, pero a normativa ten que ser sabuxo, supoño.

Intentarei, co tempo, facer referencias concretas ó sabuxo español en Galicia (xa que é raza autóctona anque non exclusiva), engadindo no artigo outro apartado. Tamén vou traducir outro artigo meu da Wikipedia en castelán, o referido á Montería, supoño que a semana que vén comezarei. Crearei un artigo chamado Montería e outro chamado Montaría redireccionado a Montería (iso está ben?). A ver se me animo e vou engadindo cousas relacionadas coa caza, que é a miña paixón.

Hai toda unha serie de verbas propias da caza do xabaril que tería que referenciar tal como indica outro compañeiro da Wikipedia, a miña dúbida é que algunhas, como o verbo "aplazar" non teñen nin sequera recollido o significado nos dicionarios de galego. A verba castelá para "aplazar" é "emplazar" ou "concertar". Outra dúbida é a verba "xauría" que non sei se existe en galego, ou se sería máis axeitado dicir "manda" (que tampouco sei se existe). Problemas deste tipo teño uns cantos posto que na caza usamos unha serie de termos bastante especiais.

Saúdos e grazas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por DTabCam (conversacontribucións) 26 de xuño de 2010 ás 12:26

wikipedia:Imaxes de Commons non incorporadas[editar a fonte]

Pois eu procuro meter as imaxes nalgún arquivo ou galería, categorizalas, despois marcalas con {feito}, arquivalas ... ... ... Tal como di a propia páxina. Non sei que é exactamente o que che chocou.

Onte tamén eliminei un bloque delas. O motivo é que aparecían dúas veces na propia páxina, tal como dixen no resumo de edición...

!?

--. HombreDHojalata.conversa 15:10, 26 de xuño de 2010 (UTC)

Escorrentía[editar a fonte]

Troquei escorrentía por escorredura, como posíbel sinónimo, porque a primeira forma non aparece como válida ou recollida en ningún dicionario nin no VOLGA, para min é un castelanismo. Un saúdo. --Nonso91 17:49, 27 de xuño de 2010 (UTC)

Isto é o que di a RAE da palabra:

escorrentía. (De es- y correntío). 1. f. Agua de lluvia que discurre por la superficie de un terreno. 2. f. Corriente de agua que se vierte al rebasar su depósito o cauce naturales o artificiales. 3. f. aliviadero.

Como non aparece en ningures este termo, e non se che me ocorre ningunha forma alternativa para a tradución, aínda que non sexa un castelanismo "stricto sensu", deberiamos pórlle " " para indicarmos que a palabra non é correcta. Un saúdo. --Nonso91 18:06, 27 de xuño de 2010 (UTC)

  • Escorredura sería o efecto de escorrer/escoar, e non nos vale (logo veremos que significa máis cousas). Escorrentía semella, efectivamente, castelán, xa que non o recolle dicionario ningún. A forma galega para a auga de chuvia que corre sobre a terra ou penetra nela sería escorras. Referencias: vén no VOLGa (sen significado, claro), no Gran Xerais, Galaxia; tamén no Glosario de Voces Galegas de Hoxe: escorras, escorros, residuos de las aguas de lluvia, pero só o recolle en Friol e Sobrado. No Ir Indo vén escorras (sin. escorredura) co significado de restos de líquido nun recipiente (o viño na cuba); tamén así no Dicionario de sinónimos de Galaxia. ¿Válevos? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:35, 27 de xuño de 2010 (UTC)

Ola[editar a fonte]

Te he respuesto a la taberna. Siento mucho no decirtelo en gallego. Un saúdo! Capsot 13:54, 28 de xuño de 2010 (UTC)

Mi última respuesta a la taberna, que te vaya todo bien, Capsot 15:58, 28 de xuño de 2010 (UTC)

RE: Modelo de tradución[editar a fonte]

Vendo por riba os modelos, os arranxos lévanme cinco minutos, como moito. Non obstante, por regra xeral na Galipedia, evitamos empregar estas fórmulas nos artigos. A práctica xeral, como saberás, é indicar a orixe dos artigos na caixa do resumo. Eu son dos desta opinión de rexeitalo. En calquera caso, podes abrir o debate na Taberna e que a comunidade opine. Malia non estar de acordo, e por se queres presentar a proposta, arranxo os modelos decontado. --Toliño Fala aquí comigo 11:43, 3 de xullo de 2010 (UTC)

Imaxes non incorporadas[editar a fonte]

Ola X.

Como vai a cousa? Xa entendes o que fora que non entendías das miñas edicións?

Pois resulta que o que non entende as túas edicións son eu... ups!

En Wikipedia:Imaxes de Commons non incorporadas di:

"Por favor, procure sempre que sexa posible:

  • Localizar un artigo e incorporar a imaxe no mesmo.
  • Categorizar a imaxe nunha das subcategorías de Categoría:Imaxes de Galicia ou Categoría:Imaxes
  • Incorporar a imaxe na galería de imaxes presente en dita categoría ou crear -se se considera conveniente- dita galería de imaxes.

...Deberían para o mesmo ser realizadas, como mínimo, as dúas primeiras accións das tres anteriormente expresadas, ou as dúas últimas.

Unha vez incorporadas as imaxes, estas deberán ser marcadas mediante o engadido de {{Feito}} ó final da liña da imaxe." (subliñado e negras engadidas)

Mais ti non fas as tres accións, nin sequera dúas, so pos as imaxes en galerías e plántaslle o marcador de {feito}. Iso porqué é? Explicáme, desime ...

Nin lle pos categorías, nin as metes en artigos.

Son consciente de que meter todas nun artigo pode ser moi complicado, por non dicir imposible. Pero poñerlle a categoría ... penso que é necesario. E sacalas da paxina antes de facelo non leva a nada.

--. HombreDHojalata.conversa 13:38, 4 de xullo de 2010 (UTC)

Nomes de Bandeiras[editar a fonte]

Desculpa, que foi o que mudei que non che gustou? grazas —o anterior comentario sen asinar foi feito por 95.60.100.115 (conversacontribucións) 5 de xullo de 2010 ás 01:54

  • Ola, Xoacas. Só dicirche rapidamente que para a vindeira vez uses a substitución cos avisos de usuario, como vén explicado na documentación destes modelos (un exemplo). En calquera caso, grazas por inaugurar o uso deles e agardo que sirvan de axuda. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:37, 5 de xullo de 2010 (UTC)
    • Ao escribir {{subst:au-vandalismo1}} o que fas é volcar o contido do modelo na páxina de conversa. Supoño que máis ca unha explicación teórica, o mellor é que fagas a proba gráfica na zona de probas. Unha vez engadido o texto e gardada a páxina, dálle a editar de novo e mira o resultado. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:07, 6 de xullo de 2010 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Penso eu que non hai límite no número de categorías, cantas máis se lle poñan a un artigo ou imaxe mellor.

Por exemplo, se un fulano foi político, e militar, e pintor, e perruqueiro, e natural de Chandebrito, e cantante dos Celtas Cortos... pódenselle poñer (débeselle poñer) tódalas categorías correspondentes.

Na nosa non é moi habitual, por non termos a estrutura moi desenrolada, mais noutros wikiproxectos é normal que un so artigo ou imaxe estea en moitas categorías diferentes.

Saudiños--. HombreDHojalata.conversa 15:28, 7 de xullo de 2010 (UTC)

Suxestións de pés de foto[editar a fonte]

Con que "predicar co exemplo"? Pois velaí o tes. Tócache :P

--. HombreDHojalata.conversa 19:35, 9 de xullo de 2010 (UTC)

Matrimonio entre persoas do mesmo sexo[editar a fonte]

Por si che apetece actualizar o artigo: [8] [9] [10] [11] [12]

Saudiños--. HombreDHojalata.conversa 09:49, 15 de xullo de 2010 (UTC)

En realidade, non é sinónimo perfectamente tolerado. É dicir, acéptase o seu uso, mais a forma preferente, así o di o catálogo da RAG, é efeminado. Tamén o VOLGA faise eco desta situación e pon a afeminado un nivel por baixo de efeminado, xa que logo, achei que nunha enciclopedia que debe ter maior rigor normativo debía prevalecer efeminado. Un saúdo. --Nonso91 15:16, 15 de xullo de 2010 (UTC)

Luras, xibas e chocos[editar a fonte]

Salvo un matiz, que vou corrixir, o texto é basicamente correcto. O problema é a confusión dos nomes comúns habitual no cidadán medio, xa que chopo, choco (e choquiño) designan tamén outros bichos semellantes pero distintos da xiba (Sepia officinalis), polo que vou deixar xiba -e sacar choco-, que ofrece menos dúbidas. Onde si que cómpre meter man é no artigo xiba. Grazas por avisar, Pedro --Lameiro (conversa) 20:10, 16 de xullo de 2010 (UTC)

  • Xoacas, vai ser cousa de que deixes esta-lo choco ese, tendo en conta que esa é a denominación que lle dá, sen senónimos, a Consellería do Mar e a Resolución de 24.03.2010 sobre denominacións das especies pesqueiras comerciais (BOE de 5.04). Conste, aínda así, que o VOLGa recoñece tanto xiba como choco (sin. chopo), co que nos quedamos sen saber se para eles designa o mesmo bicho. Aínda esta reserva, hai dúas referencias para choco como Sepia officinalis. Perdoa o posible erro na explicación anterior. Pedro --Lameiro (conversa) 22:35, 16 de xullo de 2010 (UTC)

Categorías contraditorias[editar a fonte]

Amañado--. HombreDHojalata.conversa 22:16, 17 de xullo de 2010 (UTC)

Historia urbana de Barcelona.[editar a fonte]

Póñome agora mesmiño coa revisión dese artigo. Grazas pola confianza en min depositada, un saúdo ;) --Nonso91 19:09, 20 de xullo de 2010 (UTC)

Reino de Galiza[editar a fonte]

Ola Xoacas, revertín a túa edición en reino de Galiza porque posibelmente non te detacaches que metiches Símbolos, Literatura, etc.. dentro da sección Historia, por iso o desfixen. --Alexandre Vigo 13:10, 21 de xullo de 2010 (UTC)

Ok, non hai problema, deixo o tema das notas ata mañá.--Alexandre Vigo 17:10, 21 de xullo de 2010 (UTC)

Xogos da lusofonia[editar a fonte]

Ola Xoacas, pois tentarei poñerme el canto poida. Un saúdo!--Adorian (fálame) 11:55, 23 de xullo de 2010 (UTC)

Xudas Iscariote[editar a fonte]

¿É incorrecto Martiño? Agradezo resposta. Saúdos cordiais --91.116.154.54 16:35, 23 de xullo de 2010 (UTC)xalundes--91.116.154.54 16:35, 23 de xullo de 2010 (UTC)

Pene[editar a fonte]

Non sabes en que tremedal te vas meter, pero seguro que saberás sair con éxito. A min, persoalmente, este artigo -e outros do mesmo eido- desagrádame porque percibo unha obsesión morbosa en datos que non veñen a conto nin teñen valor enciclopédico ningún, pero que non se poden borrar por non semellar pacato. Canto ó fondo do que me dis, creo que calquera artigo sobre un órgano, óso, músculo, sistema, etc, etc. debería describir o órgano humano correspondente, tomado como órgano tipo. Logo, cando o caso o esixa, detallaranse casos particulares en distintas seccións. O pene dos mamíferos é basicamente igual, salvando tamaños (que é a diferenza menos significativa) e algúns detalles máis. Fisioloxicamente, aínda son máis semellantes. Noutros grupos de animais van aparecendo cada vez máis diferencias pero simultaneamente vai sendo cada vez menos necesario convertelo nun artigo propio (¿imaxinas un artigo para o pene do caracol?). Pensa agora, por exemplo, no corazón: ¿tería sentido un artigo para o corazón de cada bicho ou non será máis lóxico un só, do corazón humano, que logo diga que nos invertebrados ten tres ou dúas cavidades? É o que en veterinaria chamamos Anatomía comparada: estúdase, como anatomía típica a da vaca -nos meus tempos, o cabalo- e unha vez que remata a descrición de cada órgano se engade: no porco é así, no can asao, na ovella tal e nas aves cual. A outra dúbida, sobre as posibles publicacións, non lle vexo maior problema: calquera texto de anatomía falará do pene, como o fai do corazón ou dos pulmóns. Sorte e aquí me tes para o que faga falta. Pedro --Lameiro (conversa) 23:41, 24 de xullo de 2010 (UTC)

Suxestións de pés de fotos, Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Chirleu.jpg[editar a fonte]

Tócache, Xoquiñas.

--. HombreDHojalata.conversa 18:59, 25 de xullo de 2010 (UTC)

Windows 7[editar a fonte]

Supoño que preferiblemente alguén que o use a diario ─ou o usase algunha vez─ e sexa capaz de traballar dende un punto de vista neutral (é a miña elegante forma de negarme, síntoo). Sorte! ─ GallaecioE logo? 13:07, 26 de xullo de 2010 (UTC)

Por si che sirve dalgo...[editar a fonte]

Xa pasou un tempiño dende que falamos no último galencontro pero é que collín unhas boas vacacións para desconectarme un pouco :). Déixoche o enlace do libro que che comentara que fixeran os do capítulo de Wikimedia Arxentina, é un pequeno caderno con algunhas orientacións para os docentes de escolas medias ou superiores. A verdade é que é moi sinxelo pero ó mellor dache algunha idea para o teu proxecto. Saúdos e ata máis ler ou ver, --Elisardojm 13:06, 28 de xullo de 2010 (UTC)

Xoacas, está caralludo (aínda que as páxinas están maquetadas dunha maneira estraña -a 4 coa 12, a 5 coa 11 etc.-) isto que che envía Elisardojm. Oíches, sei que é inmiscirme, pero cóntame de que vai ese proxecto que pensaches, porque eu tamén teño un en mente, e igual coincidimos ou nos complementamos. O ideal sería falalo en persoa, pero podes comezar coa vía electrónica; sería ben que mo explicases dunha maneira relaxada polo correo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:03, 28 de xullo de 2010 (UTC)

O que quer dizer "caralludo"? É uma palavra apropriada para a wikipédia galega?

Proxectos[editar a fonte]

Interesante o que me contas, Xoacas. Falarémolo nalgún momento cuns cacharros mediante. Xa che contarei o que teño eu en mente, que corre por un caneiro distinto. Un saúdo e graciñas. --Atobar (conversa comigo) 00:43, 29 de xullo de 2010 (UTC)

Usuario:HombreDHojalata/Modelo:Flickr[editar a fonte]

Vin que o empregas.

Mais ten algún erro que non atopo e non sae como debera.

Para arraxalo é doado (e recomendable) seguir estas instruccións:

"¿Puedo enviar a mis amigos a una página en Flickr que sea mía?

¡Sí! Puedes crear tu propia dirección Web de Flickr. Sólo debes elegir un alias que represente tu página de Flickr. Una vez que hayas establecido tu alias, no podrás cambiarlo, ¡así que piénsalo bien!

Luego, tendrás dos direcciones que puedes compartir con tus amigos, que serán similares a éstas:

Para tu página de fotos: http://www.flickr.com/photos/george/ Para tu perfil: http://www.flickr.com/people/george/

Enlace permanente | Arriba"

No teu caso o nome que debes escoller é o mesmo de Wikipedia, é dicir "Xoacas".

Despois diso podes mudar {{Usuario:HombreDHojalata/Modelo:Flickr|52675966@N00}} simplemente por {{Usuario:HombreDHojalata/Modelo:Flickr}} e xa está. Funcionará perfectamente.--. HombreDHojalata.conversa 09:18, 1 de agosto de 2010 (UTC)

cambio de nome[editar a fonte]

Olá! non sei se fixen ben ou mal, mais vin que a miña referencia na wiki galega non estaba ben pois eu chámome Manuel Francisco Vieites García. Por iso fixen o cambio. Como a partir de setembro vou ter algo máis de tempo tamén quero ir engadindo algunhas voces ao voso traballo, sobre todo no eido das artes escénicas. Saúdos para quen lea esto.

manuel f vieites garcía

Hórreo galego[editar a fonte]

Ola Xoacas! Propuxen hórreo galego como artigo de calidade. Retirei o apartado clasificación e creei un artigo chamado "Clasificación tipolóxica do hórreo galego" pra alixeirar un pouco o artigo. Paréceche ben? No seu lugar puxen unhas caixas cos diferentes tipos de hórreo segundo o tipo. Se che gusta esta mudanza, poderías escribir un pequeno resumo de cada tipo?--Hugo22 20:06, 2 de agosto de 2010 (UTC)

Reposición de conversa[editar a fonte]

Ola Xoacas, vin que volviches a colocar o da edición de Vieiros que eu borrara, borreino porque non dicía nada interesante e o comentario visto hoxe xa non tiña sentido. Gustaríame saber se ese tipo de comentarios sen consecuencias no futuro se deben manter ou se se poden borrar para eliminar "lixo". Grazas e saúdos. --Aprofa (Dime algo aquí) 20:55, 4 de agosto de 2010 (UTC) Tomo nota :) --Aprofa (Dime algo aquí) 22:16, 4 de agosto de 2010 (UTC)

Manu Chao[editar a fonte]

A cabo de ver que has borrado mi contribución en el artículo de Manu Chao sobre su ascendencia vasca (que su madre era de Bilbao es un hecho bién sabido) por falta de referencias (creo que aparte de borrar contribuciones absurdamente, deberias de detenerte un poco a leer el resto del artículo, ya que más abajo en la parte de la biografia también indica que su madre era del País Vasco y su padre de Galicia, por cierto, sin referencia alguna, aunque es cosa bién sabida por cualquiera que conozca algo a Manu Chao).

Por ello he añadido, un par de referencias a dicho tema que corrobora su ascendencia vasca y he borrado la mención de su ascendencia gallega, ya que como tu bién has citado y siguiendo tu modo de actuar: no esta referenciado. Un saludo. --Euskalduna 20:31, 5 de agosto de 2010 (UTC)

Recentemente[editar a fonte]

Ola, Xoacas. É fácil: hai que evitar expresións de tempo relativas. Recentemente foi hoxe, pero dentro de seis meses, xa non será "recentemente". Ese é un erro frecuente, sobre todo cando poñemos frases do tipo "ata o de agora gañou 6 grandes premios" e semellantes: cando é "agora"? :) Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 18:49, 7 de agosto de 2010 (UTC)

Non eran valoracións personais ou subxectivas, senón obxectivas e procedentes dunha mera análise lingüística.[editar a fonte]

Non eran valoracións personais ou subxectivas, senón obxectivas e procedentes dunha mera análise lingüística. Estouno a corroborar agora mesmiño, que o escoito pola radio. De paso, eliminaches asemade outra información actualizada e -se cadra- menos "conflitiva". En fin, xa se sabe como vai esto das wikis...

RE: Teimas[editar a fonte]

Seica era cousa da memoria caché. Todo solucionado: xa temos unha páxina menos con problemas. --Toliño Fala aquí comigo 09:56, 12 de agosto de 2010 (UTC)

re[editar a fonte]

Si, desde logo que é útil ;) Moitas grazas e un saúdo, Draxtreme 13:59, 12 de agosto de 2010 (UTC)

Galicia[editar a fonte]

Vin a túa mensaxe, tes razón, ficaba cortada. Alberte xa desfixo a edición polo que vexo. Un saúdo.--Alexandre Vigo 13:26, 13 de agosto de 2010 (UTC)

Sabela[editar a fonte]

Vale, grazas. Non dubidarei en seguir o teu consello. Saúdos.--Ric delg (Falemos) 00:27, 15 de agosto de 2010 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Graciñas coma sempre, Xoacas. E que alguén bloquee a ese tipo, por favor.--Paradanta (Cóntame) 21:19, 18 de agosto de 2010 (UTC)

Ouch![editar a fonte]

Ó rescate de comentarios orfos pois.. Graciñas!

Edito: Es rápido.. mmm —o anterior comentario sen asinar foi feito por Es carva (conversacontribucións) 17:22, 22 de agosto de 2010
Meu deus, que cabeciña...--Es carva 16:35, 22 de agosto de 2010 (UTC)

EEB[editar a fonte]

Depende do que queiras arranxar. O tema dá para escribir unha enciclopedia, e información hai para aburrir. ¿Ou o que queres é sacar ese marcador ante esa etioloxía absurda? Pedro --Lameiro (conversa) 20:58, 22 de agosto de 2010 (UTC)

  • Ben, xa está eliminada a marca e redactada de novo esa sección. Bótalle un vistazo e xa me dirás. Agora vou buscar información para esas tres referencias que se piden: para empezar, os mortos por Creutzfeldt-Jakob andaban xa nos 200 no ano 2008, e creo lembrar ter lido nalgures que o número de vacas sacrificadas só no Reino Unido -por enfermas ou sospeitosas- andaba nos 4 millóns hai xa anos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:25, 22 de agosto de 2010 (UTC)
    • Vale, home, vale. ¿Cando aprenderei a dicir que non? Pero dáme tempo que estou moi liado noutras historias. Pedro --Lameiro (conversa) 21:34, 22 de agosto de 2010 (UTC)

Escudo[editar a fonte]

Grazas pola suxestión sobre o artigo, vou comezar estes días con el, a ver se o podemos espremer ben.--Alexandre Vigo 08:04, 24 de agosto de 2010 (UTC)

Re: Mandaio - Oza dos Ríos - Galicia 05.jpg[editar a fonte]

Ola, Xoacas. Xa solicitei en Commons que se renomee a imaxe como Mandaio - Cesuras - Galicia 05.jpg. E isto aparece nos datos da imaxe. Así que eu creo que se pode retirar xa o marcador de atención. Un saúdo. --Xas (conversa) 15:24, 27 de agosto de 2010 (UTC)

permisividade ou esixencia[editar a fonte]

Boas Xoacas. Ben sei que prefires dar cancha, sobre todo ós novos usuarios, antes que tomar outras decisións máis "traumáticas". Pero discrepo dese proceder cando esa permisividade vai en detrimento da calidade e principios da Galipedia. É o caso destas catro definicións dunha IP á que da-la benvida e lle advirtes de que isto non é un dicionario. Está ben esa advertencia, non tanto a benvida neste caso, pero faltouche -creo- actuar. Eses catro "artigos" merecen un borrado inmediato non só por non corresponder á Galipedia, senón por ser un copyvío que temos que cortar de raíz. Non xulgo as intencións boas ou malas desa IP, senón os feitos, e insisto en que a maiores das boas palabras, que solucionarán ou non as edicións desta IP no futuro, cómpre actuar sobre os feitos, o presente. Marqueinas para borrar e creo que debía manifestarche esta miña discrepancia. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 00:02, 28 de agosto de 2010 (UTC)

  • Pois xa sabes: se a estas horas temos problemas con Fenosa quedan dúas saídas: paga-lo recibo ou irse deitar, que xa son as dúas e pico. Veña, como dicía alguén, vai pola sombra. Un saúdo e mañá seguimos construíndo a Galipedia. Pedro --Lameiro (conversa) 00:24, 28 de agosto de 2010 (UTC)

De Cantigas e piornos[editar a fonte]

Ola Xoacas. Hai pouco que fixen a tradución do artigo sobre o hórreo para a wiki en castelán (agora estou a traballar no do hórreo galego) e acabo de ver que un usuario tomouse a molestia de subir a Commons esta imaxe, o que é de agradecer, pois coido que é moi interesante para o artigo, pero déuseme por ver a fonte da mesma e, aínda que a calidade da imaxe non é moi boa, parece que a Cantiga é a CLXXXVI, en lugar da CLXXXVII, e ía corrixilo, pero estou a pensar que igual non é a mesma miniatura, e tamén hai outra na Cantiga CLXXXVII (o de lámina 203, miniatura 1.262 tampouco podo comprobalo, pois é imposible de ler con esa resolución de imaxe). Como vexo no historial que engadiches ti o dato e eu non teño acceso ó libro de referencia, coméntocho por si apetéceche e queres botarlle unha ollada. Unha forte aperta, --Furado 08:29, 28 de agosto de 2010 (UTC)

foto hórreo[editar a fonte]

Bo día pola mañá, Xoacas!
Acabo de subir esta foto do hórreo que hai xunto á igrexa de Dumbría; na info da foto puxen que era de tipo Fisterra; podes confirmarmo?
Graciñas, e saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 09:26, 28 de agosto de 2010 (UTC)

Matrimonios[editar a fonte]

Ola, Xoacas, actualicei un chisquiño a info sobre matrimonios entre persoas do mesmo sexo sobre o UK. Sinto o retraso. Un saudiño.--Xabier Cid Talk, please 14:17, 30 de agosto de 2010 (UTC)

Pene[editar a fonte]

Xoacas, graciñas pola benvida tras as vacacións. Oíches, ou ti ou Lameiro a ver se podedes sacarlle o marcador de enuso a pene. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:15, 30 de agosto de 2010 (UTC)

Mosquitos[editar a fonte]

Non teño nin idea dos mosquitos, a maiores de sufrilos nas tardes do verán. Buscando na rede atopei esta páxina sobre taxonomía dos mosquitos que pode servirnos de referencia. Comeza dicindo que hai 38 xéneros e 3.200 especies (nós dicimos que son 35 xéneros e máis de 2.700 especies; na es:wiki din 39 e 3.200; na en:wiki, 41 e 3.500). Os nomes científicos que utiliza son, máis ou menos, os que temos nós, pero observo varios erros: os nomes correctos son Psorophora, Ochlerotatus, Stethomyia, Sabethes e Haemagogus. Comprobei que estas formas son as que tamén usan na es e na en:wiki (si, xa sei que as wikis non son referencia, pero a min danme certas garantías; na es:wiki escriben Haemagoggus). Outra cousa que vexo é que Stethomya non aparece nesa web de taxonomía, pero debe ser porque -segundo a lista de xéneros de mosquitos da en:wiki- é un subxénero de Anopheles. Para rematar, a ligazón que dá o artigo ó European Mosquito Bulletin está rota: a que leva a ese boletín é http://e-m-b.org/. Espero non terme equivocado ó copiar estes nombrecitos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 10:13, 31 de agosto de 2010 (UTC)

Foto da cativa[editar a fonte]

Entendo, entendo. Lérao por riba onte pero esquecérao. Graciñas polo aviso, e pola corrección. --Atobar (conversa comigo) 22:34, 31 de agosto de 2010 (UTC)

Torres de Someso[editar a fonte]

Ola Xoacas. Este artigo é complexo. Non atopei nungunha referencia As Torres de Someso como tales, senon referencias as torres de Caixa Galicia en Someso, a Torre Urbis, xa construida, a torre Fontenla e algunha máis situada en Someso. En Someso existen un Plan de ordenación que contempla a construcción de varias torres (unhas 15),centro comercial e outros equipamentos. As Torres de Someso non existen como nome propio duns edificios cada edificio ten o seu nome (Torre Urbis por exemplo), en todo caso pode ser o nome co que se coñezan popularmente canto estén construídas no sector "Recinto Ferial" en Someso, que é onde se ubican. Tal é como está hoxe o artigo, refírese a dúas torres concretas (non xemelgas) que tiña pensado construir Caixa Galicia nese sector e que a día de hoxe (co tema da fusión con Caixanova) non se coñece que vai pasar. Intentarei facer o artigo dende o punto de vista de que é un proxecto, xa que a realidade da altura que terán ou se se chegarán a construir non o sabemos. Non sei que che parece, xa me contarás. Un saúdo--Xermán 11:17, 1 de setembro de 2010 (UTC)

Perdón que me meta. Tamén saen mencionadas en "Lista de rañaceos en Galicia". E hasta temos foto--. HombreDHojalata.conversa 19:18, 2 de setembro de 2010 (UTC)

Hórreo galego[editar a fonte]

Xoacas, Quique Costas, por outras vías e un pouco por casualidade, coméntame o seguinte sobre o artigo mencionado, do que es o principal artífice: Fantástico artigo pero ácholle algúns detalliños curiosos doadamente mellorables: a) O chamado polo autor do artigo "horreo de corres" é popularmente chamado canizo ou caniceiro pola miña terra cumpría mirar se hai referencias disto, é a primeira vez na miña vida que vexo que lle chaman dese xeito. Que son as "corres"? b) O chamado polo autor "Hórreo tipo O Pino" ten o seu centro de difusión en Luou (Teo) por iso é máis coñecido como "Hórreo tipo Luou"disto tamén sería caralludo ter unha referencia (polo menos o chamado Pino-mixto, anchote, molote e con adega debaixo). En Luou aínda quedan uns 12 hórreos deste estilo (convivindo con outros doutros estilos da comarca de Compostela), media ducia deles están moi ben restaurados, catro abandonados e dous deles seguen tendo hoxe os usos seculares de sempre: celeiro arriba e adega abaixo. Para min os dous máximos especialistas en hórreos son Xosé María Lema e (para o nordeste do país) Carlos Varela Aenlle. Voulles reenviar este enlace. Graciñas.

Iso é todo. Soamente quería pasarche os comentarios por se che interesaban. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:59, 2 de setembro de 2010 (UTC)

Máis: * VARELA AENLLE, CARLOS XESÚS. (2001) O hórreo de tipo asturiano na montaña oriental da Galiza. Eilao: MDGA. * XOSÉ MARÍA LEMA SUÁREZ ten traballado moito e moito ben sobre os hórreos da Fisterra, Terra de Soneira e Costa da Morte. E agora lembro que o top son os traballos de Begoña Bas e de Pedro de Llano, por suposto. Aí queda iso, Xoacas. --Atobar (conversa comigo) 12:38, 2 de setembro de 2010 (UTC)
Se tes facebook, agrégao[13]. E falades so asunto, que a el estas cousas encántanlle. --Atobar (conversa comigo) 12:44, 2 de setembro de 2010 (UTC)

RE: Actualización de páxina especial[editar a fonte]

Cópioche o texto que hai ao comezo da páxina: Esta información é da memoria caché. Última actualización: 11:06, 22 de outubro de 2009. Neste momento están desactivadas as actualizacións nesta páxina. Os datos que aparecen aquí non se refrescarán. Vai se que non. Que eu saiba, non podemos levar control sobre as páxinas especiais. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15:11, 2 de setembro de 2010 (UTC)

Articulo sobre Antonio O. Rodriguez[editar a fonte]

Hola Xoacas, ¿cómo pongo la referencia? Es que aunque el artículo contiene datos que aparecen en la página del escritor en español, no es una traducción literal. Lamentablemente mi conocimiento del "gallego" no llega a poder traducir todo ese texto. Pero si debo poner que parte de la información proviene de la página en español, ¿cómo lo hago?--Ernestolake 00:58, 5 de setembro de 2010 (UTC)

Gracias, Xoacas. Ya hice lo que me indicaste, aunque la verdad es que no veo mi aclaración por ningún sitio. Supongo que eso queda para los administradores que revisan las páginas. Siento mucho los rollos que he armado (y me siento culpable de que HombreDHojalata va a quitar la página de Chaviano por mi culpa), pero voy aprendiendo poco a poco a saber cómo se hacen las cosas aquí. Tengo contribuciones en varios idiomas, sobre todo en español e inglés, y algunas en francés y otros idiomas como este, que me cuestan más trabajo. Pero me gusta ir colocando alguna información, aunque sea poca, sobre diversos autores y temas, con la idea de que otros las sigan. Gracias de nuevo por tu ayuda.--Ernestolake 01:29, 5 de setembro de 2010 (UTC)

Abelardo Miguel[editar a fonte]

Xoacas, vin que moviches o artigo co nome polo que é coñecido polo nome completo, pero non alcanzo a ver a razón. --Atobar (conversa comigo) 15:08, 5 de setembro de 2010 (UTC)

  • Penso que mellor o vou desfacer, en base a isto que tiro das políticas[14]: Nas biografías, por exemplo, ponse por título o nome polo que é mellor coñecida personalidade, reservando a mención do nome completo, xunto coas datas de nacemento e morte, a nacionalidade, a razón da súa condición (profesión, implicación en determinados feitos etc.) e outra información relevante (títulos de obras etc.), para a introdución. Deixo o nome completo como redirección. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:18, 5 de setembro de 2010 (UTC)

Modelo:Trobadores galego-portugueses[editar a fonte]

Ola Xoacas... Eu dei a miña resposta aquí --Carlog3 11:12, 6 de setembro de 2010 (UTC)

Hórreo "gallego"[editar a fonte]

Ola de novo Xoacas. Non sei se sabes que presentei unha candidatura como AB do artigo que traducín ao castelán do hórreo galego. A verdade é que estiven a dubidar bastante sobre se presentala ou non, porque tiña serias dúbidas de que puidese resolver as posibles cuestións que se expuxesen durante unha revisión, dado que, ademais de non ser moi coñecedor do tema, a bibliografía utilizada non está dispoñible por Internet e non podo consultala, pero ao final animeime. Xusto acaban de iniciar a revisión e, como imaxinaba, preséntanseme cuestións que, aínda que vou tentalo, non estou seguro de poder resolver.

Abusando de confianza, atrévome a pedirche que me botes unha man, sobre todo en peticións como a primeira, que solicita unha referencia que penso que ó ter acceso á bibliografía podes resolver facilmente. Por outra banda, igual hai sorte e ves algunha das cuestións expostas interesante para incluír no artigo en galego. Saúdos, --Furado 12:28, 7 de setembro de 2010 (UTC)

Grazas meu. A referencia que engadiches era precisamente, xunto co do texto en latín, onde máis axuda precisaba, polo problema que comentaba de non ter acceso a bibliografía. Co do latín tiven sorte e atopei un artigo do Cronista de Betanzos onde aparece o texto completo da escritura de 1219 coa tradución o castelán. Grazas de novo pola axuda o polo ofrecemento, --Furado 06:52, 8 de setembro de 2010 (UTC)

Re:Modelo:Trobadores galego-portugueses[editar a fonte]

  • Xa está revisado. Por certo, no modelo Modelo:Guerrilleiros antifranquistas galegos que creaches, habería que tratar de facer algún arranxo, clasificalos dalgún xeito, posto que tal como está non parece moi operativo. Haber que se me ocorre canto complete os artigos de todos os guerrilleiros que ando facendo. Saúdos. --Xas (conversa) 12:25, 8 de setembro de 2010 (UTC)
  • Ola, Xoacas. O modelo gústame e penso que é unha clasificación máis obxectiva que a que fan na italiana (que tamén está ben, pero con outro criterio). Bon traballo. Moita saúde. --Xoán Carlos Fraga 21:02, 11 de setembro de 2010 (UTC)

Sexo[editar a fonte]

Pois tes toda a razón, Xoacas. A ver se lle atopes unha imaxe acaída para ilustrar o artigo. Sorpréndeme. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:45, 8 de setembro de 2010 (UTC)

Ben Xoacas, ben.[15] E xa vexo que che inspirou para comezar coas parafilias que creara eu no seu momento. Dálle duro ao asunto, que son dos artigos que fan medrar as visitas á galipedia, e non cho digo de chanza (abonda con revisar as estatísticas). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:12, 9 de setembro de 2010 (UTC)

Afonso VIII/Afonso IX[editar a fonte]

Ola Xoacas, vin que puxeches o modelo de trobadores a Afonso VIII/Afonso IX. a verdade é que non me consta de que fose trobador, puido ser un erro de confusión con Afonso X?. Bótalle un ollo se podes. Saúdos.--Alexandre Vigo 11:44, 11 de setembro de 2010 (UTC)

RE: Políticas[editar a fonte]

A de bloqueos está lista para que digades o que queirades (xa abrín a conversa). A outra comeceina hoxe. E fago constar que vén algunha que outra máis de camiño. Saúdos e grazas polo interese!--Toliño Fala aquí comigo 12:33, 11 de setembro de 2010 (UTC)

Nico Hülkenberg[editar a fonte]

Ola Xoacas, moitas grazas polo consello. Aínda son algo inexperto e por iso descoñezo cousas coma esta. Grazas de novo. Un saúdo--Pontesiño 14:00, 11 de setembro de 2010 (UTC)

Re:Monicreque[editar a fonte]

Grazas por este aviso, não sabia. MarceloRenard2 22:18, 11 de setembro de 2010 (UTC)

Correo[editar a fonte]

Quédache unha mensaxe na caixa do correo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:20, 14 de setembro de 2010 (UTC)

Enviado outra vez, con copia ao meu e-mail, pero non me chegou tampouco a min. Seica a wikipedia vai lenta para os correos. Nós que somos moi modernos: tes facebook? Este é o meu.[16] Engádeme. --Atobar (conversa comigo) 19:48, 14 de setembro de 2010 (UTC)

Re:Parafilia[editar a fonte]

Nada, era só que tiñas unha comiña de máis en perversión sexual... E non vai con segundas... Un saúdo. --Xas (conversa) 07:55, 16 de setembro de 2010 (UTC)

Arman[editar a fonte]

Hello, I am the person who removed the picture said to be from 1983 of Arman with his second wife, Corice. Sorry I do not speek Galego. I am French, I am the dauther of Arman, Anne Fernandez, I removed this picture because: 1) it is not from 1983, but much older (beginning of the seventies) 2) this is not a very relevant type of illustration for Arman work and a partisan-advertising illustration of Arman's life. 217.128.205.32 16:48, 17 de setembro de 2010 (UTC)

Sinónimos de pene[editar a fonte]

Xoacas, aí van: Na sección O carallo.[17]. Soamente as que van en cor negra, as laranxas son achegas de lecturas. Se os metes ti, perfecto, e se non xa os meterei eu máis tarde ou mañá. Falamos. --Atobar (conversa comigo) 17:00, 19 de setembro de 2010 (UTC)

Xa vexo que os engadiches. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 21:24, 19 de setembro de 2010 (UTC)

Artigo Pene[editar a fonte]

Ben, non teño problema en redactar os temas que me pides, pero creo que é mellor que acabe primeiro co membro superior, e despois adícome a os que te refires. Non obstante, se é urxente, cambio a orde.

Un saúdo --Silverfox 21:01, 19 de setembro de 2010 (UTC)

La Bohème[editar a fonte]

Ola, Xoacas: Estou empezando nisto da Wikipedia, así que non sei ben como funciona todo; de feito, nin sei se o estou facendo ben para enviarche esta mensaxe ou se a recibirás. Hoxe, efectivamente, editei a entrada correspondente á ópera La Bohème de Puccini e vin que suxerías que puxese referencias sólidas do que escribín; non sei como facelo, pois é un resumo do argumento despois de ver onte mesmo unha gravación da ópera; a referencia está na mesma ópera, basta con vela. Teño case listo unha sinopse de Turandot (na versión española xa engadín información sobre unha versión do Nessun dorma que non aparecía). Dime que se espera que faga respecto. Afectuosamente, C. Kaplan.-

Sorry for the confusion[editar a fonte]

Hello, sorry for writing in English, and sorry for the confusion about the Greek alphabet pages. See en:Wikipedia:Long-term abuse/Wikinger for some background. I was correcting a few old errors that had been inserted by this rather insistent IP user / sockpuppeter, on very many wikipedias in parallel. Funnily, he is now wildly reverting back to my version. That doesn't change the fact that these edits are in fact correct: those symbols didn't have numerical values. References? Well, it's difficult to prove a negative. Just look up any reference about the Greek alphabet (example: [18]) If you believe those letters did have numerical values, it would be up to you to find references for that. (And no, I am not the IP vandal, I've just had to spend a lot of time clean up after him. :-) Future Perfect at Sunrise 11:39, 20 de setembro de 2010 (UTC)


Non me pico para nada, o contrario, sempre é gratificante que alguén máis mostre interese nos mesmos temas ca un.

Unha aperta, Xoquiñas--. HombreDHojalata.conversa 17:38, 20 de setembro de 2010 (UTC)

Peirao de Mera, Maianca[editar a fonte]

Ola. Escríboche isto aquí (e a HombreDHojalata na súa conversa) porque a páxina onde surxiu a dúbida está pechada a edicións (http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Imaxe_da_semana/Propostas_pechadas/2010 pola altura de Liáns, Oleiros.Peirao.jpg). Efectivamente, esa imaxe é do peirao de Mera, pero da parte de Mera que pertence a Maianca. O límite das parroquias de Serantes e Maianca está aínda máis adiante do que di Xoacas; correspóndese máis ben con algún punto entre a estrada que vai a Veigue e a farmacia de Mera (para quen non coñeza, coord 43º 22' 41.87 N, 8º 20' 14.1 W). Concordo en que habería que tentar mudarlle o nome á foto, porque leva a confusión. Vou ver se o dou feito; se non, pido axuda. Saúdos--vilachan 09:33, 30 de setembro de 2010 (UTC)

Bicicleta[editar a fonte]

Pois vou tratar de informarme. O que si che digo xa, e que igual xa sabes é que *manillar é guiador, *sillín é asento e *bombín é bomba pneumática. Iso, que vou pescudar. Eu tamén son un bicicletista concienciado e convencido, por certo. --Atobar (conversa comigo) 11:33, 30 de setembro de 2010 (UTC)

Xoacas: *Horquilla(es)/forquilha(pt) > forquita. Por certo, en portugués é selim, pero xa che confirmo que nos dicionarios que manexo trae asento. Polo que vexo non hai un vocabulario feito ex profeso, e terás/teremos que ir mirando palabra por palabra. Moitas veces, as páxinas brasileiras son moi útiles para coñecer o noso.[19]. Se che parece, comeza a reformalo e malo será que entre todos non deamos quitado o vocabulario. E así xa queda para o futuro. O traballo é dobre, pero a utilidade tamén. --Atobar (conversa comigo) 11:51, 30 de setembro de 2010 (UTC)

Terra Eo-Navia[editar a fonte]

¿Tan graves son os erros? En calquera dos casos, grazas polo aviso, mais xa fai tempo que estou na vosa lista negra. En todo caso, tamén meu agradecemento por non tirar ao lixo o traballo, como se fixera co artigo do Galego de Asturias, (que por certo está transcrito ao portugués sen ningún problema polos administradores de dito portal). Erros pois hainos, as fontes que se citan son necesariamente en castelán non hai outras e tés que tirar de traducir moitos deles como se pode. Con todo, creo Eu, que se compensa polas fontes e documentos aportados, algúns deles difíciles de atopar xa nas librerías e que poden ser de interese para a xente do Eo-Navia e de Galicia que queira coñecer a historia dos concellos nun idioma que non sexa o castelán. Búas noites i un saludo, tamén. Unha cousa máis, censatario, (quen cobra o censo) non é o mesmo que censitario, (sistema de elección restrinxido)--Candalín 20:22, 30 de setembro de 2010 (UTC)

A palabra censatario está recollida no VOLGa.... A palabra censitario non a recolle o VOLGa, o cal equivale a que oficialmente non existe.
Parece que non soe o único que caín no erro: véxase en Galipedia Sufraxio censitario. Polo demais, dende un punto de vista filolóxico unha cousa é censatario do lat. census- us (4ª dec.), contrato con carga de pago dun canón, neste caso a carga de pago dunha taxa para tomar parte nunha elección, de censitario do latín 'censitas', participio do pasado do verbo ‘censire’, figurar nun censo, estar rexistrado, que é o propio do sufraxio censitario do século XIX, en que non se pagaba por ir a votar, bastaba o feito do pago da contribución rústica, máis tamén se recoñecía este dereito a maistros, sacerdotes, etc.
Véxase tamén, Franc. suffrage censitaire, Rum. vot cenzitar, cat. sufragi censitari, etc. Un saúdo.--Candalín 22:32, 30 de setembro de 2010 (UTC)

Benvida[editar a fonte]

Grazas, Xoacas, pero todavía non te alegres demasiado [son tan presuntuoso que mesmo creo que te alegras de que volva aparecer por aquí]. Ando moi liado en varias cousas con prazos urxentes e ata novembro non vou estar realmente libre. Hoxe preferín deixar de lado todos eses proxectos que me agobian e dedica-la noite a ver que facedes por aquí. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 20:19, 2 de outubro de 2010 (UTC)

Ponferrada[editar a fonte]

Boa noite, Xoacas! No párrafo de prestamo de bicicletas, podes amañar un asunto? Dise que "en Galiza hai servizo de préstamo en tal sitio, tal outro, e Ponferrada", pero esta vila administrativamente non está en Galiza.
Parabéns polo aumento no artigo da bici; A ver se mañá (ou cando deixe de chover) fago unha foto das bicis de préstamo de Pontevedra. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:57, 3 de outubro de 2010 (UTC)

Xoacas, eu creo que o de Ponferrada non pode quedar como parte de Galiza. De mencionalo, que sexa como lugar de fóra. --Atobar (conversa comigo) 12:42, 4 de outubro de 2010 (UTC)

Bicicleta[editar a fonte]

Remataches? É para propolo para artigo do mes. --Atobar (conversa comigo) 12:57, 5 de outubro de 2010 (UTC)

Á tardiña fágolle encantado unha revisión completa. --Atobar (conversa comigo) 13:08, 5 de outubro de 2010 (UTC)

Pobra[editar a fonte]

A verdade é que foi fallo meu, puxen pobra no cabezallo cando o que quería facer era mudar Pola de Revoredo por Pobra de Revoredo, aínda que pobra como voz non exista nos dicionarios é un topónimo recoñecido en galego: A Pobra do Caramiñal, A Pobra de Trives que veñen das cartas de poboamento que segundo o digalego é a forma correcta do castelán cartas pueblas, como Pola de Revoredo non existe, de feito en google non hai resultado ningún salvo un que procede da propia galipedia, supoño que mudalo por Pobra de Revoredo non suporía unha reversión pero quixera que mo confirmes para facer as cousas do xeito correcto.--Cheluco 13:54, 5 de outubro de 2010 (UTC)

O propio texto di que despareceu, eu non teño coñecementos suficientes para resolver iso pero hai que ter en conta que Pola de Revoredo non dá resultados en google, cando menos poñer a forma medieval Pobla de Revoredo que é a que segundo se di aparece no texto de 1275, claro que eu non teño maneira de saber se a referencia é boa ou non.--Cheluco 14:10, 5 de outubro de 2010 (UTC)
Xusto cando mudei Pola para Pobla lin a nota 16 onde nun texto medieval figura Pobra, agora xa está pero se os dous textos están ben transcritos, as dúas formas son correctas,agora mellor deixalo así e se nun futuro aperecen referencias en obras históricas en galego xa se mudara se cómpre.--Cheluco 14:19, 5 de outubro de 2010 (UTC)

Tríatlon[editar a fonte]

Graciñas por certo por cambiar a categoría. Oes outra cousa, que atopei polos artigos os termos cuadratlón, acuatlón, heptatlón e duatlón pero non estou seguro de cómo se dirán en galego, ¿cuádratlon, ácuatlon, héptatlon e dúatlón?. Non os atopo no volga nin no dicionario Ir Indo, ¿ti sabes si hai algunha regla que diga cómo se acentúan estas verbas?. Saúdos, --Elisardojm 00:24, 6 de outubro de 2010 (UTC)

Non lle preguntei a ninguén máis, pregunteiche a ti porque cambiaras o de tríatlon. Logo xa lle pregunto a Atobar. Graciñas de novo e un saúdo, --Elisardojm 00:32, 6 de outubro de 2010 (UTC)

Artigo sobre Bodegas Eidosela[editar a fonte]

Moitas gracias Xoacas. Deixame un tempo para prepara-lo artigo. O que sí necesitaría, é saber como subir unha imaxe, porque coma xa comentei non sei facelo. Xa me porei en contacto contigo cando teña feito o desarrollo de todo o texto para que me axudes na finalización do artigo. Moitas gracias por adiantado. --Josiño 22:40, 6 de outubro de 2010 (UTC)

Bicicleta[editar a fonte]

Ola, Xoacas! Botaille un ollo, pero a verdade en ciclismo non estou moi posto. De tódolos xeitos penso que está bastante ben ese apartado... así que me veña agora, ao mellor poderíase falar das probas que usan bicicleta nos Xogos Olímpicos. Un saúdo, vou seguir pensando a ver. Por certo a artigo quedou xenial.--Adorian (fálame) 11:56, 7 de outubro de 2010 (UTC)

Grazas pola aclaración[editar a fonte]

Moitas grazas, Xoacas, pola aclaración de que non adoitan incluírse en "publicacións" as feitas en publicacións non periódicas.--Xoio 15:52, 11 de outubro de 2010 (UTC)

Moitas máis gazas, aínda (e non serán as derradeiras, seguro)[editar a fonte]

De novo moitas grazas, Xoacas, polas túas valiosas informacións que servirán, sen dúbida, a este vello, pero novato na Galipedia. Hai uns poucos anos fixen unha primeira (e única) incursión neste mundo, o artigo prión, na época das vacas tolas, que asinei co meu nome completo. Posteriormente foi arrequecido por notábeis achegas doutros moito máis doutos ca min. Un cordial saúdo, e repito as grazas.--Xoio 16:02, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Provo[editar a fonte]

Hai que mudar os plans brancos no artigo do movemento Provo, é Plan das chemineas brancas, das casas brancas... utilizaban o branco como símbolo da simplicidade e limpeza, non sei se coñeces este blog, creo que é interesante [20]--Cheluco 15:10, 13 de outubro de 2010 (UTC)

Francisco Javier Sáenz de Oíza[editar a fonte]

Ola Xoacas! Traducín o artigo es:Francisco Javier Sáenz de Oiza e no apelido introducinlle un til O(í)za, en diferentes referencias aparece con el e sen el por exemplo con til ou sen til o tema e que noutros artigos da galipedia aparece Francisco Javier Sáenz de Oiza, era por se podías facer que ligaran os dous nomes, ou trocar o nome do artigo.. non sei... Un saúdo.--Xermán 18:33, 13 de outubro de 2010 (UTC).

Vale correcto, pois acabo de meter a zoca por impaciente... por que fixen isto: Francisco Javier Sáenz de Oiza... a ver se o amaño... --Xermán 18:57, 13 de outubro de 2010 (UTC)

do Sil a de Sil[editar a fonte]

Dado que non parece haber oposición ¿poderías encargarte ti de mover San Estevo de Ribas do Sil a San Estevo de Ribas de Sil? Gracias, como sempre. --91.116.152.145 22:41, 13 de outubro de 2010 (UTC)xalundes--91.116.152.145 22:41, 13 de outubro de 2010 (UTC)

TUSC token bbea6cff09645bfcfaec72d016609e16[editar a fonte]

I am now proud owner of a TUSC account!

Terra Eo-Navia[editar a fonte]

  • Ola, Xoacas. Grazas polo aviso. A verdade é que o artigo non o lin enteiro, só algún pedazao e parecíame que tiña certo rigor, mais voume abster de arranxalo se se está considerando volvelo a un estado anterior. Saúde. --Xoán Carlos Fraga 23:02, 17 de outubro de 2010 (UTC)

Nikos Galis[editar a fonte]

O premio de MVP da Copa de Grecia non existía ata o ano 1995.173.216.221.29 21:01, 19 de outubro de 2010 (UTC)

Wikiproxecto concellos[editar a fonte]

Xa parei, quedo á espera de que se aclare a cousa. Saudiños, --Elisardojm (conversa) 09:46, 20 de outubro de 2010 (UTC)

Xa expliquei, :) Saudiños. --Xabier Cid Talk, please 10:02, 20 de outubro de 2010 (UTC)

Xosé de Nazareth[editar a fonte]

Vou referenciar todas as afirmacións que poidan resultar chamativas. O contido do artigo é froito dunha moi prolixa documentación. Autores consagrados como Geza Vermes, Dominic Crossan, Gnilka, Dunn... están detrás da redacción. Dádeme tempo antes de amputar o artigo. Gracias

Al Gore[editar a fonte]

Al Gore é unha persoa que ten que ver con Google. De feito, noutras wikipédias, como en inglés e castelán este artigo está baixo da categoría "Google"--Alejandrocaro35 20:46, 23 de outubro de 2010 (UTC)

Google Translate[editar a fonte]

Por que eliminas parte do texto do artigo Google Translate?--Alejandrocaro35 00:29, 27 de outubro de 2010 (UTC) ¿Cales son os erros que ten o artigo?--190.135.128.134 13:26, 27 de outubro de 2010 (UTC)

Marcas[editar a fonte]

Ben... tentei explicalo na descrición, porque tampouco é tan grave, por iso non che deixei mensaxe. A idea é: primeiro, os cambios de categorización son gordos, afectan a coherencia da categoría de concellos, e deberían facerse ao comezo —de feito estámolos facendo— antes de meterse noutras fonduras. Porén, tense dito nas conversas que crearon este wikiproxecto, que o de reformar todos os artigos de lugares e parroquias habería que deixalo para máis adiante, se se chegaba a facer. Así que a súa categorización, en tanto que afecta a dos concellos, é prioritaria, sen entrar a desenvolver como sería a estrutura e sistema de calidade dos artigos das parroquias e dos concellos. En segundo lugar, porque na definición do que significaba a recategorización (véxase a nota) xa estaba especificado que incluía tamén as categorías parroquias de X e lugares de X. Eu se queres diferenciámolo pero a través dun campo a maiores, e cambiando a explicación do que é cada un. Pero vamos, xa que os fixeches todos xa... usaría o marcador para o que estamos facendo agora de reasignar parroquias e lugares. Paréceche?--Xabier Cid Talk, please 21:53, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Si, eu creo que si. :) O método que estou seguindo eu é pulir concello a concello, todo xunto. :) Pero ti logo me colles, que xa vas en Santiso ou así. :D :D Despois xa só nos quedarán os lugares, e así despois xa imos poñendo o OK. :D A recategorización é taaaan aburrida. :D --Xabier Cid Talk, please 22:01, 31 de outubro de 2010 (UTC)
Ponme un exemplo... --Xabier Cid Talk, please 22:27, 31 de outubro de 2010 (UTC)
Pois si que ocultan, si... :) Non ves un letreiriño de amosar na listaxe de categorías na parte de non-edición? --Xabier Cid Talk, please 22:42, 31 de outubro de 2010 (UTC)
Si. As marcas que van entre <!... ...> son explicacións para editores do tipo "aínda que pareza apelido isto é un nome, non cambies o indexcat", e cousas como esta das categorías ocultas. O que di é que hai ocultas, pero é unha mensaxe interna pra outros editores. --Xabier Cid Talk, please 22:53, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Abellas[editar a fonte]

Boas, deixei un comentario sobre as abellas mestras na conversa de Xoio. Logo dinme conta que non era o mellor sitio porque ó mellor ti non vixías a súa conversa así que cho aviso eiqui tamén. Eu estes días tamén mirei iso das abellas mestras, foi no dicionario da RAG, supoño que debería valer como referencia pero como aínda siguen a por diccionario... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:18, 2 de novembro de 2010 (UTC)

Ola Xoacas. Onte, cando contestei á túa observación sobre a abella mestra e raíña, fíxeno un pouco apresuradamente (quizais debido á hora: son dos moitos aos que nos prexudica o cambio na hora oficial), e dinche a razón, sen consultar nada, porque, efectivamente, o nome patrimonial galego para a femia fértil das abellas é abella mestra. Pero hoxe, con máis calma, mirei un pouco por aí (porque eu, nas miñas clases de ciencias, falaba de abella mestra e abella raíña como sinónimos, e algunha razón debería ter para facer iso, porque eu era un profesor dos que preparaban (a fondo) as súas clases.

E mira o que achei, nunha rápida busca:

DRAG:

Abella mestra. Única abella fecunda no enxame. Pero...

Xelea real. Substancia segregada polas abellas que serve para alimenta-las larvas e a raíña.

Por se nos quedaran dúbidas para saber se a tal raíña era a do Reino Unido ou a de Dinamarca, podemos ver:

raíña. (...) 4. Femia fértil dumnha sociedade de insectos. A raíña da colmea é alimentada polas obreiras.

Gran Xerais (2009):

Na entrada abella fala só da abella mestra, pero...

Xelea real. Substancia que segragan as abellas para alimentar as larvas e a raíña.

RAÍÑA1 (...) 3. Femia fecunda [dun insecto cunha organización social moi xerarquizada coma a das abellas.]

G.D. SÉCULO21 (2006):

abella (do lat. apicula) f. Insecto himenóptero, da familia dos ápidos (Apis mellifera). Organízanse socialmente en enxames, compostos poor: unha raíña, mestra ou nai (única femia útil parfa a reprodución), un grupo de machos (abellóns ou abázcaros), coa misión de fecundar á raíña, e varios milleiros de obreiras (femias estériles). Posúen un apartato bucal chupador. Recollen néctar e pole e fabrican mel e cera, que gardan en favos.

raíña (do lat. regina) (...) 5. Fémia fértil dunha sociedade de insectos, como a das abellas ou a das formigas.

Coido que abondan estas referencias para acreditar a presenza da abella raíña (aínda que algo agochada no dicionario da RAG; a ver se a incluíron no próximo que agardamos para a primavera).

Agora vou ir á Galipedia, para repasar a miña edición, por ver se podo mellorar a redacción. Queda bastante claro, na miña opinión, que os termos patrimoniais (e populares) para referirse a esta caste son abella mestra e abella nai, pero tamén que para contextos máis cultos, como a zooloxía ou a apicultura, cómpre utilizar tamén como sinónimo de aqueles o de abella raíña, sexa castelanismo ou non. Se cadra, tamén é castelanismo en portugués (V. Dicionario da língua portuguesa de Porto Editora (1998): abelha-mestra s. f. a única fémea que, nun enxame, é normalmente fecunda; raínha.

O mesmo que lle pasa a Elisardojm, tampouco sei se é aquí onde teño que contestarte, ou na miña páxina de conversa. Así que, coma fixo el, vouna repetir na miña páxina.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Xoio (conversacontribucións) 2 de novembro de 2010 ás 15:37

Ola de novo Xoacas. Desculpa que no meu comentario anterior sobre as abellas, coas présas por contestar, esquecín as máis elementais normas da cortesía wikipédica. Así que: un cordial saúdo de--Xoio (fálame) 14:45, 2 de novembro de 2010 (UTC)

Categoría: Abadín[editar a fonte]

Bota un vistazo a Baltar, Adina, Sanxenxo. ¿Vai ben así? Pedro --Lameiro (conversa) 22:57, 2 de novembro de 2010 (UTC)

  • Vale. Entón, agora corrixo os lugares que fixen e tomo nota para o que falta. Grazas e perdoa o lapsus. Pedro --Lameiro (conversa) 23:01, 2 de novembro de 2010 (UTC)

Tradución automática e Google Translate[editar a fonte]

Non sabía que queríanme bloquearme, un usuario da Wikipedia avisoume. Eu quería colaborar coa Wikipedia, pero non entendo a lingua. Ok, eu abstéñome de colaborar--Alejandrocaro35 17:33, 4 de novembro de 2010 (UTC)

Artigo de interese[editar a fonte]

Xoacas, anímaste a traducir e adaptar este artigo [21]? É interesante. --Atobar (conversa comigo) 18:30, 6 de novembro de 2010 (UTC)

Encárgome logo da revisión de lingua cando estea listo. Otra cousa: faime un favor e quítame a curiosidade: métete aquí[22] e crea o contador por meses e o artigos máis editados. Sobre todo o primeiro, porque ao paso que vas coa recategorización, dígoche eu que vas facer plusmarca de edicións nun mesmo mes por un usuario da Galipedia. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:42, 6 de novembro de 2010 (UTC)
Antes víase todo por defecto, pero agora cada usuario ten que crear as subpáxinas (non sei se por seguridade ou por que razón), o cal é un estorbo porque con vistas á estatística é un retroceso claro. Esas 3000 e pico edicións túas colócante entre os primeiros editores nun único mes, e por aí debe de andar tamén Lmbuga e non sei se Lansbricae ou algún dos que xa non están. De calquera maneira, ao ritmo que vas, podes romper todas as marcas. Non te vaia coller o frío. Bo traballo (cando Galiza sexa máis Galiza, a Galipedia -os seus editores- recollerán todos eses premios que hoxe levan Fraga and company. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:56, 6 de novembro de 2010 (UTC)

Xoacasi / A Xoacas[editar a fonte]

Kaixo. Lanean bakean utz iezaidazu eta ez ezaidak hitzik zuzendu: ximaur hutsa haiz, motel. Agur. --Euskalduna 13:00, 2010eko azaroaren 10a (UTC)

Dixi vobis in Linguae Vasconum:
Kaixo. Lanean bakean utz iezaidazu eta ez ezaidak hitzik zuzendu: ximaur hutsa haiz, motel. Agur.
Salve. Relinquo me laborare in pacem et non me dirige verbum: Es recremento complete, collegam. Ave.
--Vasconicum 16:00, 10 Novembris 2010 (UTC)

Ausuas March[editar a fonte]

Ya se que Ausias March esta categorizado dentro de "literatura en catalan", pero no se si habras visto que el unico cambio que habia hecho (ya no, porque se me ha borrado) en este articulo es cambiar donde ponia "literatura catalana" por "literatura valenciana". Si es verdad que no se entra a considerar si es literatura de tal o cual sitio, no se porque ponia en el articulo lo de "literatura catalana". Si el procedimiento es tal como tu me comentas, entonces estaba mal puesto. Gracias por tu atención. Saludos: --Valencian 14:36, 10 de novembro de 2010 (UTC)

Tranvía[editar a fonte]

O certo é que a imaxe era dun tranvía, quizais a imaxe non era a mellor e non se vía ben, agora puxen outra imaxe onde se observa claramente que é un tranvía e non un trolebús.--Cheluco 19:20, 12 de novembro de 2010 (UTC)

Hai un ano[editar a fonte]

Hello Xoacas, I thought that photo had been taken 3 years ago, my sincere apologies (but may I remind you we're close to 2011)

Lugo[editar a fonte]

Acabo de ir comprobalo e o escudo que utiliza oficialmente o concello é o que estaba antes, con todo, cando se cambiou a bandeira no Pazo do Concello o escudo que figura é unha especie de combinación de ambas propostas. Tamén según parece estase a estudar recuperar o escudo tradicional, pero aínda ninguén sabe nada, só que en 2008 encargouse o estudo a un experto en heráldica.

De tódolos xeitos se queredes poñer o outro por min no hai problema, simplemente que o utilizado (por exemplo nas paraxes) é o que está. Un saúdo.--Adorian (fálame) 12:10, 24 de novembro de 2010 (UTC)

Si, as raias da montaña do escudo teño que amañalas, pero cando saiba cómo porque eu non as toquei e cando gardei os cambios que lle fixera quedou iso así. Ah, e o da sombra da coroa ía quitarllo pero logo cando me puxen a fedellar nel fóiseme o santo ó ceo que quedou sin facer. Esta finde non o podo cambiar porque o programa non o teño neste ordenador así que terá que quedar para a semana. Xa vos aviso cando esté listo para que lle votedes un vistazo antes de poñelo no artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:56, 26 de novembro de 2010 (UTC)
He, he, he, he, xa está amañado o das raias da montaña!!! :). Comentáralle ó autor orixinal do escudo que fixera unha versión del e fai un momento pregunteille cómo amañar o problema ese, e xa o fixo el, nun pis pas!. O da wikipedia é incrible... O que si teño que facer eu é quitar as raias da coroa..., e ver de facer a bandeira... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:15, 26 de novembro de 2010 (UTC)
Boas, vou retocar agora o escudo de Lugo para metelo na bandeira pero antes quero rematar un detalle. Dixeches que quitara as raiñas da coroa porque en heráldica non se usan degradados. ¿Refíreste ás raias verticais negras que hai no beira da coroa?. Coméntocho porque esas raias non son de degradado..., son de sombra porque é para indicar que ese cacho da coroa está en segundo plano e dar un efecto de profundidade. É un pouco raro de ver porque aínda que parece que a coroa está totalmente de frente, realmente ten un pouco de perspectiva, vese porque as liñas horizontais da coroa teñen un pouco de curva. Coméntocho porque acabo de facelo e queda un pouco raro, non moito, quizais se podería poñer un amarelo máis escuro pero non sei cómo quedará. Por outra banda coméntoche que as coroas que están usando en tódolos seus traballos no taller de heráldica de wp:es son esas, co cal, si non queremos que esta quede diferente, habería que cambiar tódolos escudos galegos .svg...
Mira, fixen unha versión [eiquí] sin as raias e cun amarelo máis escuro para esa parte, si está mellor así podemos poñelo no artigo con esta versión e si alguén vai retocando os outros escudos a ver si se vai dando conta, ¿ti que dis?, ¿deixámolo coas raias ou co amarelo forte?. (Volveron a liarse as liñas da montaña, non sei por qué, volvín a falar co usuario que me axudou da outra vez a ver si me explica cal é o problema e logo o amaño). Saúdos e perdón por liarme tanto... :), --Elisardojm (conversa) 13:50, 29 de novembro de 2010 (UTC)
Perdón por esquecer o enlace, a versión está eiquí, de verdade :). Home, eu creo que queda un pouco mellor sin as raias da coroa, parecían un pouco pataqueiras, e a verdade é que non hai necesidade porque hai cores a punta pala. A non ser que non se poda usar esa cor, que non sei. Eu dicía que si este o ves ben así podemos deixalo porque total xa está feito (teño que amañar as raias da montaña ou quitarllas :), porque total hai un cento de escudos cada un do seu pai e da súa nai..., pero como vexas, o outro tamén da ben o pego. Outra cousa, despois vou facer a bandeira, ¿hai que poñerlle o pergamiño ou non? (tería que poñerlle o pergamiño simplón que tiña o outro porque non atopei outro).
E si queres que retoque algún outro dime cal é, si non é complicado, tento cambialo cando teña un momento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:39, 29 de novembro de 2010 (UTC)
¿E cómo lle puxeches á imaxe do escudo que non é oficial?. Eu penso que si é oficial, é oficial "aprobado polo Ministerio da Gobernación en 1957", según se pon na conversa do artigo de Lugo, outra cousa é que non esté adaptado á normativa do Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ó Decreto 369/1998. Pero mentras tanto eu penso que ese é o escudo oficial, ¿non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:24, 6 de decembro de 2010 (UTC)
Oki! :). Por certo, o galo quedou mal! ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:39, 7 de decembro de 2010 (UTC)

Concellos[editar a fonte]

O modelo NOK estou usándoo para as tarefas que non están feitas, pero se resulta confuso non hai problema por quitalos. Un saúdo. --Beninho 19:29, 25 de novembro de 2010 (UTC)

Modelo[editar a fonte]

Esta rematado?[23] --Atobar (conversa comigo) 22:09, 27 de novembro de 2010 (UTC)

Podemos reducilo á principais parafilias. Subxectivo sempre vai ser, pero en calquera caso útil. Como o ves? --Atobar (conversa comigo) 22:16, 27 de novembro de 2010 (UTC)

Foto de Serrano Casanova[editar a fonte]

Ola, Xoacas. Subiches unha foto que dis que está no dominio público. Pero non dis quen é o autor.Para saber que está no dominio público teñen que pasar 70 anos dende a morte do fotógrafo. Esa foto tomouse en, poñamos 1910, co cal sería tecnicamente posible que o fotógrafo morrese despois de 1940. Tes máis datos? --Xabier Cid Talk, please 14:20, 28 de novembro de 2010 (UTC)

Si, hai que borrala. Son cousas un tanto desquiciantes da wiki, pero hai que borrala. Entre outras cousas porque, se a foto estaba inédita e a publicou, que sei eu, a revista Ferrolanálise en 1995, os dereitos serían de quen a publicase por primeira vez, se mal non lembro por 25 anos máis. --Xabier Cid Talk, please 14:37, 28 de novembro de 2010 (UTC)

RE:Fusión de artigos[editar a fonte]

Si, xa vin que puxeche-los marcadores, pero para Apse deberíase atopar a alguén que controlase de matemáticas, xa que en definitiva unha apse é parte dunha elipse onde existe un corpo celeste, ademais teríase que por este contido en relación apse <---> elipse <---> órbita (tanto no seu senso xeométrico, matemático e astronómico), e eu a tanto non chego, controlo de astronomía pero non a ese nivel tan 'teórico-matemático', son un simple e 'leal' (e un pouco friki) afeccionado a astronomía. O dos equinoccios, se teño tempo eu, fareino o próximo fin de semana, se teño tempo. Veña un saúdo, --Xabier Cancela (fálame 22:07, 28 de novembro de 2010 (UTC)

Heliocentrismo[editar a fonte]

Deberías volver a sacarlle a categoría astronomía a ese artigo; -Se é unha teoría astronómica corresponde a Categoría: Astronomía- este argumento non é válido, xa que entón o Big Bang, Big Splash, e centos de artigos máis terían que estar tamén na categoría raíz; nunha categoría raíz (segundo a miña modesta opinión) só deberían esta-los artigos que definen as subcategorías e un pequenisimo grupo de artigos moi xerais, se ves a wiki inglesa só ten 25-30 artigos en astronomía (e algúns non deberían estar aí, senón nas subcategorías); recoñezo que as teorías, literatura e historia da astronomía deberían ter unha categoría, pero de momento confórmome con ir limpando o máis gordo e se é a cousa moi grave, facendo algunha subcategoría nova.--Xabier Cancela (fálame 22:35, 28 de novembro de 2010 (UTC)

Mi madriña, se por riba estaba duplicado, niso tiveches ollo de carallo!!!--Xabier Cancela (fálame 23:04, 28 de novembro de 2010 (UTC)

É que habería que mover moitas, moitas, non só xeocentrismo, sei que non é moi gracioso (de feito non me fai gracia a min tampouco), pero no directorio raíz non pode haber tanta mestura de tipos de artigos; Categoría:Teorías científicas, concordo contigo, non lle pega nin con "loctitte", a ver en que queda a cousa; irei facendo o que poida; tamén concordo contigo, mellor o da Teoría heliocéntrica; tamén me din conta da duplicación cando revisei a lista de vixilancia, estariamos escribindo ó tempo, cousiñas que pasan. Veña un saúdo, e para calquera idea dáme un toque.--Xabier Cancela (fálame 23:14, 28 de novembro de 2010 (UTC)

Cinema[editar a fonte]

Tes tempo para darlle formato e algo de contido extra a este artigo? Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 18:20, 29 de novembro de 2010 (UTC)

Graciñas. E quédache a encarga de adecentar Queer. --Atobar (conversa comigo) 16:07, 30 de novembro de 2010 (UTC)

RE:Fusión de artigos[editar a fonte]

Podo poñer eu os marcadores? eu pensaba que era cousa dos administradores!!!.--Xabier Cancela (fálame 23:19, 29 de novembro de 2010 (UTC)

Escudos para retocar[editar a fonte]

Moi ben, cando teña un momento irei retocando eses escudos a ver que tal quedan... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:10, 30 de novembro de 2010 (UTC)

A min paréceme perfecto tentar colaborar co Taller de wp-es, eu polo que tratei con eles sempre me deron boa impresión, e non me parece que nos aproveitemos tanto porque eles tamén están a usar eses mesmos escudos na súa wiki, é bó para todos.
Eu xa fixen peticións alí con moi bós resultados así que penso que é boa idea porque eu creo que non vou dar a basto para cambiar todos eses detalles, sobretodo os máis complicados, porque non son ningún experto do Inkscape.... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:37, 2 de decembro de 2010 (UTC)
Xa amañei o do escudo de Lugo o outro día (o que non tiven tempo foi de avisarche), penso que agora quedou ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:07, 6 de decembro de 2010 (UTC)

Vale, votareille un ollo a ver si o podo amañar, pero ata o luns non podo comezar a miralo porque non teño o programa necesario neste ordenador. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:19, 11 de decembro de 2010 (UTC)

Novo encontro[editar a fonte]

Supoño que xa verías a miña mensaxe no café pero, por 'si es caso', coméntoche que imos facer outro encontro para firmar os estatutos de Wm-es aprobados polo Comité de Capítulos. Logo comentaremos as últimas novas do proxecto e as cousas que se poden ir facendo. Saudiños, --Elisardojm (conversa) 23:28, 30 de novembro de 2010 (UTC)

Plusmarca[editar a fonte]

Acadaches a plusmarca con moita diferenza sobre o segundo.[24]. 7011 edicións nun mes! Parabéns. Sería ben conseguir algunha ferramenta para facer a táboa dos máximos editadores galipédicos nun único mes, e sobre todo comparalo coa edición noutras linguas. Ti es sen dúbida o primeiro dos galipedistas, pero onde estarías a escala mundial, excluídos bots? A min cando menos próeme a curiosidade. Un saúdo e chapeau. --Atobar (conversa comigo) 15:13, 1 de decembro de 2010 (UTC)

de Istan[editar a fonte]

Grazas pola túa explicación, Xoacas.

Agora xa sei...

Un saúdo

Istan

Ligazón sobre hórreo[editar a fonte]

Acabo de atopar de casualidade esta ligazón, póñocha por si che pudera interesar para o artigo sobre o hórreo, Animación coas partes dun hórreo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:29, 7 de decembro de 2010 (UTC)

Escudo de A Rúa[editar a fonte]

Boas, xa vin que puxeches o escudo de A Rúa, eu tamén o atopara en commons pero non o puxera porque leva a lenda esa embaixo que non se cita na definición oficial, ¿vale igual?. Tiña pensado facer unha versión sin esa lenda pero si está ben así xa non paso o traballo... ¿Sabes que é a lenda esa?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:38, 12 de decembro de 2010 (UTC)

Ah, vale, vale, pois a ver si lle podo votar un vistazo para a semana tamén a este. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:13, 12 de decembro de 2010 (UTC)

Lixo[editar a fonte]

Xoacas, marcaches como lixo a túa páxina de usuario. Queres que se borre?, algún problema? --Atobar (conversa comigo) 17:16, 12 de decembro de 2010 (UTC)

Modelo de concello[editar a fonte]

Mira, había que revisar e consensuar a [[Wikipedia:Wikiproxecto:Concellos 2011/Estrutura Concellos |estrutura do modelo de concello]], ¿ónde será mellor discutilo?, ¿na páxina de discusión do proxecto ou no café para que participen todos?. É que o modelo debateuse, eu penso que aínda hai que melloralo, pero non se creou!! e xa vai sendo hora, ¿non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:13, 14 de decembro de 2010 (UTC)

Feijoo Alonso[editar a fonte]

Xoacas, estás seguro que é con acento? Unha cousa é que o personaxe da Xunta o escriba así, contradicindo todas as regras de ortografía, e que nós, por respectar incluso os erros (tamén o facemos coa RAG), o deixemos co acento gráfico no primeiro o, e outra distinta é que llo pasemos ao restos de Feijoos e Feixoos. Non o borro polo momento, porque o apelido non leva til, a menos que este señor lle vaia ao rabo ao outro en temas lingüísticos, com che digo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:21, 15 de decembro de 2010 (UTC)

RE: Alba[editar a fonte]

Grazas, colega. Xa está feito o artigo deste tal Otto e engadida a nota de sociedade que mandaches. Pedro --Lameiro (conversa) 23:44, 18 de decembro de 2010 (UTC)

Título en cursica[editar a fonte]

Ola, vin que estiveche poñendo o marcador nalgúns artigos de música. No caso dos álbums está ben colocado, pero no dos sinxelos ou cancións segundo o libro de estilo [25] non debería usarse. Un saúdo --Beninho 10:24, 21 de decembro de 2010 (UTC)

Bo Nadal !![editar a fonte]

Bo Nadal, e feliz Aninovo!! te desexa este emigrante galego na wiki en español. Unha forte aperta, --Furado 00:05, 24 de decembro de 2010 (UTC)

Dicionário[editar a fonte]

Obrigado pela ajuda com as correções no dicionário.

Tenho uma pergunta: os pares "da: de la", "das: de las", "é: es", "gama: gamma" tem falsos positivos? Se tiverem (ou se estiverem completamente erradas), é melhor simplesmente remover tais regras, para que não sejam usadas (em vez de colocar regras "nulas" como "da: da" e "das: das"). Se forem válidas em alguns casos, pode ser bom deixá-las comentadas (com texto depois de duas barras // no fim das linhas correspondentes), para que outros editores não sintam-se tentados a colocá-las novamente.

PS: Eu conheço pouco do galego, e aquele dicionário foi obtido a partir do correspondente dicionário de "gl --> pt" (que por sua vez, foi obtido de forma semi-automática), que era mais fácil de conferir tendo o português como língua nativa. Para gerar o "pt --> gl", eu só inverti a ordem das palavras em cada par, então é natural que possua alguns erros.

Tenha um Feliz Natal! Helder 11:00, 25 de decembro de 2010 (UTC)

Ameazas de Xoacas[editar a fonte]

Sorprende ese talante autoritario impropio da calquera wikipedia. Unha ip pide que se neutralice un artigo, non fai un borrado, non descualifica. É constructivo, non suprime, non ameaza, dá razóns reproducindo literalmente frases dun artigo que según o súa idea non son enciclopédicas. E vai vostede sen propoñer un debate na páxina de conversa e de golpe e porrazo borra a petición de neutralización. Non dá vostede razón ningunha a esa ip e a ameaza con bloquela. Imaxino que bloqueada xa quedaría, non fará falta facelo porque marcharía cunha idea deste proxecto pouco edificante, a menos que seipa que as normas están con él, pero sendo novo o dubido. Despois queixámonos de que non hai colaboradores, pero se á primeira vez que asoman xa reciben unha vareada.

--91.116.153.36 00:42, 27 de decembro de 2010 (UTC)consternado--91.116.153.36 00:42, 27 de decembro de 2010 (UTC)

Perdoe pero non llo mencionei, refírome ao que acaba de facer vostede co interesante artigo Robert Falcon Scott, e coa ip 213.60.69.56. --91.116.153.36 00:51, 27 de decembro de 2010 (UTC)consternado--91.116.153.36 00:51, 27 de decembro de 2010 (UTC)

Espúrea[editar a fonte]

Si, tamén a min me vén a mente o mesmo, pero diglosia e interferencias lingüísticas tamén as tiñan daquela, por desgraza. A carreteira de Pedrayo, de Pedrayo é. Con espúrea e Valladares sucede algo similar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 01:27, 29 de decembro de 2010 (UTC)

Eu polo que atopei no dicionario en liña da Rag, no Volga e polo que me comenta Atobar, penso que habería que cambiar añoranza e espúrea. Espúrea penso que debe mudarse por espuria que é como está no Volga, pero añoranza, pode ser saudade ou morriña..., supoño que neste caso habería que poñer morriña, ¿ti que dis?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:33, 29 de decembro de 2010 (UTC)
Moi ben, entón, ¿cambio espúrea por espuria e añoranza por morriña?. Boeno, mañá falamos, saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:56, 29 de decembro de 2010 (UTC)
Ó final non quedamos en nada do cambio que che propuxen onte, ¿está ben así como che puxen enriba?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:40, 29 de decembro de 2010 (UTC)
Listo, saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:01, 30 de decembro de 2010 (UTC)

Lugares homónimos[editar a fonte]

Boas Xoacas. Ti que controlas mellor isto: Temos Reis que redirecciona a Reis, Teo, pero resulta que Reis tamén son dous lugares (de Sanxenxo e do Vicedo). ¿A solución sería un "Reis" que redireccione ós tres ou deixar estar o da parroquia e crear un "Reis (homónimos)" para os lugares? Xa me dirás. Pedro --Lameiro (conversa) 00:28, 30 de decembro de 2010 (UTC)

Queixumes dos pinos[editar a fonte]

  • Ola. Está ben así como o deixache. Eu pensaba que era unha imaxe dunha edición do libro. Saúde. --Xoán Carlos Fraga 01:37, 31 de decembro de 2010 (UTC)