Conversa usuario:DTabCam

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, DTabCam!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 11:14, 25 de xuño de 2010 (UTC).

Ola, DTabCam. Vin o artigo que creaches sobre o Sabuxo. Ten en conta que todas as denominacións alternativas (Sabueso español, Sabuxo español, Sagüés, Sabués, Sabueso) é mellor redirixilas cara ao artigo principal. Faise premendo na barra que hai baixo a caixa de edición, na ligazón #REDIRECCIÓN[[]], e metendo entre os corchetes o título do artigo principal. O que non se pode facer en ningún caso é duplicar o mesmo contido en dous artigos con títulos diferentes, pois se un deles fose editado no futuro acabaríamos tendo dous artigos sobre o mesmo tema con contidos diverxentes. Para calquera dúbida pregunta sen medo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:35, 25 de xuño de 2010 (UTC)

Fixen o que normalmente fago eu nestes casos: dinlle ao artigo Sabuxo español o contido correspondente desfacendo a miña anterior edición, e por outra banda convertín Sabuxo nunha páxina de homónimos. Logo en Sabueso español fixen unha redirección cara a Sabuxo español. A dúbida que teño é con Sagüés e con Sabués, que as redirixín cara a Sabuxo español, pero se cadra non está ben así e teñen que conducir cara a Sabuxo a secas, ti dirás que che parece. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:09, 25 de xuño de 2010 (UTC)

Boas, DTabCam. Por favor, fornece referencias nas denominacións. Graciñas e un sáudo. --Atobar (conversa comigo) 12:57, 25 de xuño de 2010 (UTC)

Unha cousiña máis: cando o artigo proveña dunha tradución doutra wikipedia, necesariamente hai que indicalo así, por exemplo, escribindo na caixa de resumo da edición algo así como "Tradución de es:Sabueso Español" ou cousa semellante. Non facelo infrinxe a licencia baixo a que esa wikipedia publica os seus contidos. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:55, 25 de xuño de 2010 (UTC)

Respecto ás cuestións relacionadas coa lingua: para calquera dúbida sobre léxico tes un dicionario on-line moi completiño que é bastante cómodo de usar, o da editorial Ir Indo. Efectivamente non recolle xauría nin algunha outra palabra das que empregaches, como sabués e sagüés. Debes ter en conta que o vocabulario oficial é o do VOLGA (vocabulario ortográfico da lingua galega). Isto ven querendo dicir que o que non recolle o VOLGA non está recoñecido como parte da nosa lingua. O VOLGA recolle sabuxo, pero non sabués nin sagüés, e tampouco xauría. Si que recolle manda, o mesmo que o Ir Indo, que a define como "manda de cans: grupo de cans que se emprega sobre todo en caza menor", é dicir, que valería manda en vez de xauría. De todos os xeitos se tes algunha referencia do uso dos termos sabués ou sagüés (refírome a publicacións nas que eses termos se recollan ou se empreguen) pódelo indicar para xustificar facer uso deles.
Respecto das traducións: calquera contido de calquera dos proxectos da Fundación Wikimedia está publicado baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 (CC-BY-SA) e a licenza de documentación libre de GNU (GFDL). Iso quere dicir que cando se empreguen eses contidos para elaborar a partir deles contidos novos se debe mencionar a fonte. De non facelo estarase incorrendo nunha violación dos dereitos de autor. Cando crees un artigo traducíndoo bastará con que o indiques na caixa de resumo, que é ese rectángulo que hai abaixo, sobre o botón de gardar a páxina. Eu normalmente poño algo así como A partir de es:Sabueso, por exemplo.
Por último: cando deixes unha mensaxe na páxina de conversa doutro usuario ou dun artigo non esquezas asinar, sobre todo para facerlles máis cómoda a comunicación aos outros usuarios. Faise co quinto botón que hai sobre a caixa de edición, o que ten o debuxiño dun garabato. Tamén pódese facer con ~~~~, que se escribe pulsando AltGr+4.
Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:26, 26 de xuño de 2010 (UTC)

Ola. Ten en conta que non é preciso referencia o uso de aquelas palabras que veñen recollidas polo dicionario, salvo se resultan controvertidas. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:52, 28 de xuño de 2010 (UTC)

Recursos[editar a fonte]

Ola DTabCam.

Olla Wikipedia:Recursos útiles, igual che resulta interesante.

Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 11:10, 26 de xuño de 2010 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

Boas, DTabCam. O que fixeches non foi fornecer referencias senón redireccionar. As referencias son outra cousa e para o caso de denominación galegas teñen que vir de dicionario, gramáticas ou manuais galegos. Olla para este argigo de Lavanda e aí verás como se poñen as referencias nun artigo simple. Se tes dúbidas, non temas en preguntar, que ninguén nace aprendido. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:08, 26 de xuño de 2010 (UTC)