Usuario:Xabier Cancela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Noia 64 apps karm.svg Este usuario leva 11 anos, 3 meses e 22 días na Galipedia.
Información Babel do usuario
en-2 This user can contribute with an intermediate level of English.
pt-3 Este usuário pode contribuir com um nível avançado de Português.
es Este usuario es un hablante nativo de español.
gl Este usuario é galegofalante.
Procurar usuarios por lingua

Ben, supoño que despois de case 4 anos e medio, era hora de que fixese a miña páxina de usuario, polo que acabo de dicir semella que son un pouco lorchán, e é que o son. Xa que me presento, o meu nome completo é Eliseo Xabier Cancela Seoane, nacín hai demasiado tempo en Carballo (vila na que sigo residindo), e cando digo nacín, é que me pariron literalmente dentro do casco urbano de Carballo, así que si, son carballés (aínda que tódolos meus devanceiros son de Coristanco), cousas que pasan!!!

O meu traballo aquí na Galipedia centrase case en exclusiva na categoría de astronomía (sobre todo na tradución e ampliación de artigos carrexados dende a wiki inglesa), onde xa levo unha boa presa de artigos; se alguén, algún día anda interesado nun portal de astronomía ou algo polo estilo, estou dispoñible para calquera cousa polo estilo.