Conversa usuario:Susana Seivane

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Susana Seivane!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(non che sinto?) 15:54, 29 de abril de 2010 (UTC)

  • Ola, Susana Seivane. Son un colaborador da Galipedia e hai unha norma xeral establecida de que unha persoa non pode crear ou engadir informacion sobre si mesma porque pode faltar á obxectividade que se busca. Entón, se realmente es a verdadeira Susana Seivane (pois poderías ser unha seguidora que se rexistra con este nome), o máis probable é que a información que engadiche vai ser borrada (ou polo menos revisada). Ademais borrache algunhas cousas sen xustificación: eliminache o cadro de artista da dereita, e repuxeche as cancións de cada disco, mais antes estaban os títulos dos discos e ligazóns a cada un deles (e nestes xa están as cancións). Se es unha seguidora, deberías confirmalo, e nese caso non irías contra a norma. A verdade é que concordo é que o artigo estaba incompleto, e a min esta norma aínda non me convence moito, pero aí está. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 16:18, 29 de abril de 2010 (UTC)
  • Ola, de novo Susana. Encontrei onde está a norma mencionada e déixoche a ligazón para que a poidas ler: [1]. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 19:41, 7 de maio de 2010 (UTC)
  • Por favor, deixa de andar cambiando o artigo. Recoméndoche que leas a ligazón que che deixei sobre como participar na Wikipedia, e se non concordas con algún dato, podes deixalo na páxina de conversa (no teu propio artigo, arriba á esquerda hai unha pestana que pon conversa; aí podes escribir calquera cuestión, suxestión ou desacordo). Andar cambiando un artigo para a versión propia sen ter en conta os demais colaboradores non é nada ético, ademais xa che deixei dúas mensaxes anteriores e non contestache. Saúdos e paz. --Xoán Carlos Fraga 09:31, 10 de maio de 2010 (UTC)

Rapaza, o teu é non ter siso. Non te decataches aínda de que é inútil facer edicións contrarias ao falado? Non pasan dez minutos antes de que alguén chas desfaga. Vai parando e aforraremos todos enerxías. Xoacas(unha palabriña doçe) 16:02, 10 de maio de 2010 (UTC)

Acabas de recibir un bloqueo por ignorar os diversos avisos que se che dan. Outra cousa: non se pode suplantar identidades. Un saúdo. Espero que volvas nuns días co ánimo de colaborar. --Atobar (conversa comigo) 16:04, 10 de maio de 2010 (UTC)

Ola, Vanessa. Xa vin as túas edicións en Susana Seivane, pero tiven que modificalas un chisco, sobre todo para axustar o tamaño das imaxes. Lamentablemente tiven que propor o borrado de Ficheiro:Berro Susana Seivane asdo .jpg, pois a marca de autor que ten abaixo suxire que non é obra túa nin conta cos dereitos de autor para poder cedelos coa licencia axeitada. En Commons podes atopar unha boa chea de imaxes que seguramente che poderán servir no seu lugar. Outra cousa: as edicións que che valeron o bloqueo están todas rexistradas aquí, se queres revisalas só tes que marcar as que queres comparar, de todos modos tes na columna da dereita os resumos de cada edición. moita das que ti fixeches revertéronse porque non estaban referenciadas (hai que indicar de onde tiras a información que achegas ao artigo) e outras porque se traba de contidos que xa estaban nos artigos correspondentes a cada un dos álbums (títulos de temas e cousas así). Mira os arranxiños que fixen eu, a ver que che parecen, e se tes calquera dúbida xa sabes onde estou. Saúdos. Xoacas(ti si que es lindo) 09:14, 23 de xuño de 2010 (UTC)

Ola, Vanessa; outras dúas fotos que subiches hoxe teñen o mesmo problema. Unha delas xa foi publicada noutras webs (polo menos9 en 2009, e está suxeita a ©, e polo tanto vai ser borrada. A outra, aínda que non a puiden atopar, semella ser da mesma serie. Deberías achegar exactamente os datos de quen foi o autor/a da foto e a súa autorización para liberar os contidos no dominio público ou coa licenza de dereitos que for. Se non, seguramente tamén será borrada... :( Xa vin que Xoacas te está axudando moito. Fala con el por se tes dúbidas, ou comigo se queres. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 10:02, 23 de xuño de 2010 (UTC)

Ola, Vanessa. Se cadra non reparaches no que che dixen antes: toda información que incorpores ao artigo hai que referenciala. Isto quere dicir que hai que indicar de onde foi collida. Pódelo facer cunha nota ao pé da páxina. faise así: preme no botón que hai enriba da caixa de edición, o que ten un debuxo dun caderno, entón ábrese unha xaneliña na que podes introducir a referencia do libro, revista, páxina web ou o que sexa de onde colleses a información. Non facelo así significa arriscarse a que outro veña detrás e desfaga a túa edición, e iso non é agradable para ninguén. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:39, 23 de xuño de 2010 (UTC)

Imos por partes: primeiro, o botón de referencia é o único que, deixando enriba del o punteiro do rato, che aparece a palabra "referencia" ao lado. Segundo, a edición que fixestes sobre os festivais estaba perfectamente referenciada, pero ten coidado de non errar na url da web, porque no canto de poñer .net puxestes .es, e non é o mesmo. E terceiro, as imaxes que tomes de calquera web/publicación só están no dominio público se en algún lugar desa web/publicación está indicado expresamente que están no dominio público. Eu, por moito que busquei na web de Susana Seivane, non din atopado nada diso, polo que non é posible conservalas sen cometer unha ilegalidade, e non estamos aquí para iso. Seguindo coas referencias: tampouco din atopado a información que dis que hai na web sobre festivais, así que por favor indícame exactamente onde ven, porque outramente terei que reverter a túa edición de hoxe e será unha mágoa, co ben que pode quedar o artigo. Por último: para facilitares as cousas aos demais non esquezas asinar os teus comentarios cando escrebas algún na páxina de conversa doutro usuario. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:19, 23 de xuño de 2010 (UTC)

Xa cho indicou Xoacas ben, pero como me preguntaches a min, tamén che respondo, :) :). Que unhas fotos estean en internet, non quere dicir que estean no dominio público. De feito, e a non ser que se indique expresamente o contrario, case todo o que está en internet ten copyright. No caso da web de Susana Seivane, o © é de Abertal, a empresa que fixo a web (ou iso é o que se indica). Polo tanto, tería que ser Abertal quen dese especificamente permiso para utilizar esa fotografía. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 18:54, 23 de xuño de 2010 (UTC)

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Xose manuel seivane -320x200-.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Xose manuel seivane -320x200-.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


--. HombreDHojalata.conversa 21:46, 10 de agosto de 2010 (UTC)