Usuario:Shotokan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Wikipedia:Babel
gl Este usuario é galegofalante.
es Este usuario es un hablante nativo de español.
en-3 This user can contribute with an advanced level of English.
fr-3 Cette personne peut contribuer avec un niveau avancé de français.
Crystal Clear action build.png Ego

Shotokan naceu o día 9 de Maio do ano 2004, nun portátil de Santiago de Compostela. É o alter ego na rede de Estevo Sánchez Gálvez, un mozo nado o 15 de Xuño do ano 1985 (tánto xa?!) en Ogrobe, Galiza.

Actualmente vive en Vigo, onde tenta, por tódolos medios, vivir por riba das súas posibilidades.

Estudou (en realidade nunca fixo tal, pero era bo facéndolle a rosca aos mestres) toda a vida en Ogrobe, posteriormente en Compostela, onde xa non dou feito e se botou a perder. Non contento con iso, volveuse embarcar na grande aventura do saber, e adícase a rebentar as clases na facultade de Económicas de Vigo, onde foi eleito (aínda non se explica como!) delegado da súa clase por unanimidade.

Divide o seu tempo entre non facer nada en casa, e facer como que traballa na política activa...

Crystal Clear action build.png O que Shotokan traballa na Galipedia

Shotokan xa puxo o que sabía (con ou sen axuda) nestes artigos:

Shotokan está a traballar agora mesmo nestes artigos:

Shotokan quere completar todo o que sae nos seguintes modelos

Shotokan quere desenvolver os seguintes temas

  • Música electrónica: completar o modelo, crearlle unha caixa para os distintos tipos de artigo e completar todos os artigos que sexan importantes sobre o tema.


Toda axuda é benvida. Tampouco deixarei pasar a oportunidade de traducir aquelo que sexa necesario, e tampouco se me cairán os aneis por apuntarme ao carro de novos artigos, correccións etc.