Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Vandalismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esta é a sección vandalismo do Taboleiro dos administradores
System-lock-screen.svg
Dereitos
publicar
Edit-delete.svg
Bloqueos
publicar
Emblem-system.svg
Bots
publicar
Gnome-emblem-photos.svg
Imaxes
publicar
Mail-mark-junk.svg
Spam
publicar
Edit-clear.svg

Nesta sección recóllense os avisos sobre actuacións vandálicas.

Comezar un novo fío de conversa

Gnome-accessories-text-editor.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6


problema de copyvio en Mostras de Teatro de Vigo[editar a fonte]

A páxina Mostras de Teatro de Vigo merece revisarse en función dos últimos resumos de edición.

A fonte da que se aduce copyvio semella ser :

https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/3815048.pdf.

https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3815048 Con todo, eu non vexo moito corta/pega, pero si a falta de referencias. Alguén podería pasarlle unha ferramenta de comprobación de plaxio?

Un saúdo

Maria zaos (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 08:07 (UTC)

Copyvio nun 98%. Prácticamente todo o contido retirado, senón todo, era violación de dereitos de autoría do PDF indicado. A versión actual xa non presenta en principio ningún problema de copyvio que se poida detectar por máquina. |Banjo]] tell me 1 de marzo de 2019 ás 12:11 (UTC)
Pois si que perdo ollo, vaia, tentarei fixarme máis na seguinte. Moitas grazas por solucionalo, Usuario:Banjo--Maria zaos (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 16:06 (UTC)

Exónimos e política de primeira edición[editar a fonte]

Ola, boas, teño unha consulta. Estaba por reverter unha edicións dun usuario novo que vén de facer cambios nas entradas no que se refire á denominación de lugares de fóra de Galicia. Finalmente boteime atrás, ver aquí a reversión. Entendo que a política a aplicar é WP:T e especificamente o topónimo en discusión non aparece en Lista de exónimos en galego e cando hai dúas linguas, o baleiro na política xulgase segundo o criterio de primeiro editor segundo esta conversa. Pero.. xa houbera ao inicio do historial un cambio semellante ao realizado por este usuario que fora feito por Usuario: Xabier Cid, polo que non o vexo claro. Podería alguén botar algo de luz e revisar estas edicións? Grazas Maria zaos (conversa) 22 de abril de 2019 ás 06:57 (UTC)

Maria zaos, decateime hoxe desta conversa. Atopei unha referencia para Leeuwarden na Diciopedia do século 21 e movín o artigo. Se non hai referencias en galego, e se hai dúas ou máis linguas oficiais, déixase a escolla do primeiro editor, tal e como se comentou na conversa que indicas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de maio de 2019 ás 14:00 (UTC)
Ben vista, Elisardo. Aproveito para facer unha matización en xeral para os exónimos: cando non existe -ou non damos atopado- unha referencia en galego para un topónimo estranxeiro, queda o da lingua orixinal tal cal. O problema xorde cando é preciso transliterar dende outros alfabetos ou cando no territorio en cuestión hai varias linguas oficiais. Neses casos, é necesario mirar con demora cada detalle, pero en todo caso a escolla do primeiro editor non pinta nada. Os criterio son outros, como a oficialidade en orixe. --Atobar (conversa comigo) 18 de maio de 2019 ás 17:43 (UTC)
Atobar, a escolla do primeiro editor penso que si conta algo para algúns casos concretos, se non hai referencia en galego, e hai varias linguas oficiais nese lugar, como vale calquera deses topónimos, debemos respectar a escolla do primeiro editor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de maio de 2019 ás 18:30 (UTC)
Pensándoo mellor, é posible. Como o que dixen. Hai casos nos que non queda outra que facelo así. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 18 de maio de 2019 ás 19:55 (UTC)