Usuario:Kamakic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O meu alcume

Kamakic é lobo en lingua chitimacha. En 1940 morreu o último falante desta lingua que se falou nun tempo en Luisiana, as palabras chitimachas parecían condenadas ao esquecemento pero os chitimachas de hoxe non se resignan á perda da súa lingua e identidade e intentan recuperar ese legado que lle quixeron negar http://www.youtube.com/watch?v=C4xrsxGE6XA


Como vedes interésanme as linguas, intentarei axudar no que poida

Traballos que estou a facer[editar | editar a fonte]

  • Reorganizar as categorías para que queden correctamente ordenadas alfabéticamente, corrixir as inexistentes seguindo o punto 6 do Wikiproxecto linguas do mundo
  • Engadir o Modelo Info lingua a aquelas linguas que non o teñan segundo o punto 4
  • Comezar coa creación de artigos de linguas seguindo o Ethnologue.

Artigos feitos[editar | editar a fonte]

Obradoiro[editar | editar a fonte]

  • Artigo sobre o prekmuro, dialecto da lingua eslovena: tempo estimado: 4 ou 5 días lugar: arquivo local do meu computador (completado: 15%)
Estame dando máis traballo do que pensaba, comecei baseándome no artigo da wikipedia inglesa pero está cheo de datos e frases sen referencia ningunha que non son correctos, así cando di que hai 80.000 falantes (de onde tiraron esa cifra) ou que é un dos poucos dialectos que falan todos os estratos da poboación local, falso na maioría das rexións eslovenas o dialecto fálano máis do 80% dos estudantes universitarios, os dialectos do esloveno polo xeral teñen unha forte vitalidade. Así non teño máis remedio que comprobar case cada dato que dá a wikipedia inglesa.

Ligazóns á Galipedia[editar | editar a fonte]