Ramón Chao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón Chao
Nome completo Ramón Luís Chao Rego
Nacemento 21 de xullo de 1935
  Vilalba
Falecemento 20 de maio de 2018
  Barcelona
Nacionalidade España
Ocupación escritor e xornalista
Fillos Manu Chao
editar datos en Wikidata ]

Ramón Luís Chao Rego, nado en Vilalba, o 21 de xullo de 1935 e finado[1] en Barcelona o 20 de maio de 2018, foi un xornalista, escritor e músico galego.

Traxectoria e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Tras recibir o Premio de Virtuosismo de piano en 1955, emigrou a Francia en 1956,[2] onde ampliou estudos musicais. Foi responsable en París das emisións radiofónicas en galego, correspondente da revista Triunfo e redactor xefe do servizo para América Latina de Radio Francia Internacional. En 1960 colaboraba no Servizo de Linguas Ibéricas da RTF, do que sería xefe dez anos despois.

Autor de numerosas obras e traballos xornalísticos sobre os máis diversos temas (sociais, políticos, históricos, culturais...), o francés foi a súa lingua de instalación e de traballo ademais do castelán, pero mantivo sempre o compromiso co galego natal como lingua literaria.

Irmán do teólogo Xosé Chao Rego e pai dos cantantes Antoine Chao e Manu Chao, tivo especial repercusión a súa viaxe en tren pola Colombia dos anos noventa para realizar unha reportaxe xunto a Mano Negra, grupo musical que o seu fillo lideraba naquela altura. En 1985 creou o Premio de Novela Curta Juan Rulfo[3].

Colaborador histórico na televisión francesa e na prensa —especialmente nos periódicos Le Monde e Le Monde diplomatique— o seu prestixio neses ámbitos valeulle ser nomeado Cabaleiro das Artes e das Letras polo goberno de Francia en 1991.

Obtivo ademais o Premio Galicia de Comunicación (1997) e en 2001 o Liberpress, outorgado en Girona “pela seva coherència humana i solidaritat periodística”.

Nos últimos anos, Ramón Chao recibiu homenaxes en Santiago de Compostela[4] e en Vilalba[5].

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lugo, El Progreso de. "Morre o xornalista vilalbés Ramón Chao aos 82 anos". El Progreso de Lugo (en inglés). Consultado o 2018-05-20. 
  2. Biografía en Vieiros
  3. Ramón Chao en Lecturalia (en castelán)
  4. "Homenaxe a Ramón Chao en Compostela". Consultado o 22 de maio 2018. 
  5. "Homenaxe a Ramón Chao en Vilalba". Consultado o 22 maio 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]