Wikipedia:Mensaxes predefinidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para simplificar as tarefas de xestión da Wikipedia existen varias ferramentas que permiten aforrar traballo. Son as mensaxes predefinidas ou marcadores, os moldes e os modelos.

Mensaxes predefinidas[editar a fonte]

Para relacionar as páxinas con características que obrigan a xestionar conxuntamente ese grupo de artigos, utilízanse marcadores (templates en inglés), que son instrucións no texto wiki que etiquetan a ese grupo.

Por exemplo, se temos un amigo wikipedista islandés que nos axuda a introducir datos sobre Islandia en particular, e os volcáns en xeral, pero que escribe nun galego mesturado con estranxeirismos (islandesismos), ademais de categorizar os seus artigos tematicamente en Islandia e Xeoloxía, deberíamos ilos mantendo separados para que alguén se deteña a corrixir a súa ortografía. Para iso se utilizaría o marcador {{Nongalego}} ou {{Ortografía}}. Estes marcadores, ademais de introducir o artigo nunha categoría, visualizan unha mensaxe sempre igual, parecida a "isto necesita revisión ortográfica". Este aviso é ó que se lle chama "mensaxe predefinida".

Os seguintes son exemplos de mensaxes predefinidas.

Artigos que se consideran inacabados[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{En progreso}} e aparece a mensaxe predefinida:


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.


Pódense utilizar outros marcadores de traballo en progreso máis específicos.

Artigos nos que está traballando un editor[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{En uso}} e aparece a mensaxe:

Estase a traducir[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{En tradución}} e aparece a mensaxe predefinida:

Pedir axuda para revisión lingüística[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{Nongalego}} e aparece a mensaxe predefinida:

Ortografía[editar a fonte]

Utilízase {{Ortografía}} e aparece:

Problemas de coherencia, comprensión, idioma etc.[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{Atención|ExplicaciónDosProblemasDoArtigo.}} e aparece a mensaxe predefinida: {{ safesubst:ifsubst ||

Emprégase para chamar a atención sobre artigos cuxo contido é dubidoso e pode levar a discusión. Vexa tamén Hai tarefas pendentes concretas.

Propor para borrar[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{Lixo|ExplicaciónDaCausa.}} e aparece a mensaxe predefinida:

Pedir unha votación para borrar[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{Vpb}} e aparece a mensaxe predefinida:

Sospéitase que se trata de vangloria[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{GloriaVa}} e aparece a mensaxe predefinida:

É frecuente que se produza un debate e que se proceda a propoñer o artigo para ser eliminado.

Artigos de temas de actualidade[editar a fonte]

Utilizase o marcador {{Actualidade}} e aparece a mensaxe predefinida:

Distinguir distintos significados da mesma entrada[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{Homónimos}} e aparece a mensaxe predefinida:

Xuntar dous artigos que falan do mesmo[editar a fonte]

Utilízanse os marcadores:

  • {{Fusión|ArtigoQueVaiQuedar}} no artigo que vai desaparecer e aparece a mensaxe predefinida:
  • {{Fusión desde|ArtigoQueVaiDesaparecer}} no artigo que vai quedar e aparece a mensaxe predefinida:

Artigos que precisan revisión[editar a fonte]

Utilizase o marcador {{Revisión|[[ArtigoPrincipalDesteTema]]}} e aparece a mensaxe predefinida:

Hai tarefas pendentes concretas[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{PendenteArtigo|ListaCoasTarefasPendentes}} e aparece a mensaxe predefinida:

Este marcador é moi versátil e permite indicar que é exactamente o que falta. Por exemplo:{{PendenteArtigo|Revisar as datas}}. Sirve para pedir que se traballe en aspectos concretos del. Vexa tamén Problemas de coherencia, comprensión, idioma, etc..

Artigos que precisan de ampliación[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{Ampliar}} e aparece a mensaxe predefinida:

Artigos que precisan de referencias[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{subst:Sen referencias}} e aparece a mensaxe predefinida:

Ligazóns internas[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{Ligazóns internas}}, e aparece a mensaxe predefinida:

Artigos orfos[editar a fonte]

Utilizase o marcador {{Illado}} e aparece a mensaxe predefinida:

Wikificar[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{FormatoWiki}}, e aparece a mensaxe predefinida:

O artigo debería estar no Galizionario[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{Mover ao Galizionario}} e aparece a mensaxe predefinida:

O artigo debería estar nas Galifontes[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{Mover ás Galifontes}} e aparece a mensaxe predefinida:

O artigo debería estar nas Galicitas[editar a fonte]

Utilízase o marcador {{Mover ás Galicitas}} e aparece a mensaxe predefinida:

Marcadores que repiten información[editar a fonte]

Noutras ocasións existen materiais, cadros ou simplemente partes ou listas que se repiten en moitas páxinas, e en lugar de escribilo manualmente cada vez que se queira introducir eses textos facemos un modelo que queremos que apareza automaticamente. En que consiste? Por exemplo en todos os concellos de Galicia queremos que exista unha táboa que enlace co resto dos concellos (e que ten unha variación de contido moi concreta e particular: non é necesario que un concello se enlace a si mesmo): o máis doado é crear un cadro que se chamaría Modelo:Concello e para introducilo na páxina escribimos {{Concello}}.

Para aprender a crear modelos, vexa Wikipedia:Modelos

Moldes[editar a fonte]

Outras veces os textos introducidos son comúns na súa estrutura pero variables no seu contido: iso ocorre coas caixas que se poñen nos concellos con {{Concello}}. A caixa é igual en todos os concellos pero varían os datos, e o xeito en que iso se fai é con asignacións de propiedade = valor , exemplo propiedade → xentilicio , valor → abadinense (podes velo en Wikipedia:Concello info). Isto é máis complicado de entender e editar, así que se non o entendes á primeira non te preocupes. Hai unha Lista de moldes que se pode consultar.

Modelos[editar a fonte]

Finalmente, podemos querer que unha páxina teña unha determinada presentación visual e un xeito unitario de presentación dos contidos, é dicir que sempre teñan os mesmo datos, estrutura e organización. Nese caso creamos un formulario baleiro, un modelo cos ocos sen cubrir no que se "copia e pega" e logo énchese cos datos que faltan. Os modelos están agrupados na categoría "modelos de estrutura de artigos" e hai unha Lista de modelos de artigos.

En definitiva, as mensaxes predefinidas están relacionadas con:

  • Un molde será un contedor que leva datos variables (feito como modelo).
  • Un modelo algo que sirve de exemplo para repetir.
  • Unha mensaxe predefinida será entón aquela que se repite sen modificacións nas páxinas (feita como modelo).
  • Un marcador o xeito en que se introducen as mensaxes predefinidas e os moldes nas páxinas.

O uso dun tipo o outro depende da facilidade de introdución de datos, do mantemento deses datos e de que sexa sinxelo para os colaboradores o seu uso,..., ás veces está claro o uso de uns en detrimento doutros, noutras ocasións é dubidoso.

Para entender mellor isto, quizais axude máis a páxina de Wikipedia:Mantemento.

Véxase tamén[editar a fonte]

Outros artigos[editar a fonte]


Frecha. Volver á páxina de axuda.