Conversa usuario:Prevert/arquivo 13

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
GardenED.jpg

Galego: Por favor, engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non esqueza asinar co segundo botón pola dereita da caixa de edición Insert-signature2.svg, ou con catro ~~~~ (escríbense con ALT+126.)
English: Remember to sign and date your post (by typing ~~~~, or by clicking the signature icon Insert-signature2.svg).
Català: Afig un nou comentari. Si us plau signeu sempre els vostres missatges al final de la vostra intervenció amb el codi --~~~~.
Español: Para dejar un mensaje haga clic aquí. Por favor no olvide firmar con Insert-signature2.svg, o con cuatro ~~~~.
Português: Olá. Para deixar uma mensagem clique aqui.


Arquivo de mensaxes antigas:
Do 02/10/2004 ao 02/08/2010

  1  

2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12  

13    

System-file-manager.svg


Índice

Parlamento de Andalucía[editar a fonte]

Ola Prevert, dime o que che parece o artígo que creei, ao ser unha tradución de traductor de internet dun texto que saquei da Wiki en castelán... Pódesmo revisar???. Galiza por sempre e para sempre 14:38, 22 outubro 2008 (UTC)

colaboración na comunidade[editar a fonte]

Boas Prevert !
Alegrame moito a túa mensaxe. Xa sabes ben que eu desde que entrei na Galipedia conto coa tua colaboración para adiantar e mellorar. Dixen "feo" collendo unha imaxe mental usada nunha conversa por Lameiro e pensando esi que Toliño entende ben do que falo, xa quil dixo que pensaba maís ou menos como Lameiro. Puxen os dous vocábulos "feo" e "normal" entre comillas para expressar que non son termos axeitados. Podo ben imaxinar que se temos costumes non son unicamente posturas de usuarios pero tamén teñen razós ligadas a historia da comunidade e por isto son tamén respectables. Por mín non hai presa para aclarar isto, non é vital para traballar xuntos e respectarnos entre usuarios de boa fé. Por outra banda aproveito para decirche que gostame ben o traballo que facedes coas imaxes ti e Lmbuga, porque penso que o de xuntar recursos multimedias é un progreso importante nunha enciclopedia moderna. Saúdos ElviraConversa comigo 22:57, 24 outubro 2008 (UTC)

Lareira[editar a fonte]

Boas noites Prevert, efectivamente son Marcos Beiroa, un dos autores do libro "As lareiras en Galicia". Creo que e unha interesante aportacion ó artigo da lareira para aqueles usuarios/lectores/internautas que despois de velo artigo queiran ampliar informacion, dado que se trata do único libro publicado que se adica exclusivamente o estudio da lareira. Ainda que o artigo fose redactado por calquera outra persoa, se esta buscase a bibliografia existente sobre o tema unicamente atoparia este libro. É este punto polo que considero que estaria ben citalo no artigo. Moitas gracias pola tua atencion. Un saudo!Beiroa 20:50, 26 outubro 2008 (UTC)


Os cen artigos[editar a fonte]

Ola Prevert !
Mensaxe para Miguel.lima e Prevert :
Deixei unha mensaxe na páxina de conversa dos cen artigos, deille tantas voltas que se non me poño perdo ansía. Agradezcobos moito as mensaxes que están nisa páxina, esique non perderes tempo en contestarme só por contestarme, agardar de ter opinión sobre o traballo feito e se os conven de meterbos nil. Saúdos ElviraConversa comigo 13:42, 30 outubro 2008 (UTC)

Usuario:Pontevedra78/Os meus comunicados

Desculpas. Se tal e como e, o e 18:10, 31 outubro 2008 (UTC)

(Vexo que ti tamén estabas no listaxe do "dossier" de prensa !)
Ola Prevert
Non ten presa que leas, é mellor que agardes co proxeto fomente mais para que se entenda o que intento. ElviraConversa comigo 15:13, 1 novembro 2008 (UTC)

artigo FERNANDO VILLAPOL[editar a fonte]

-"As circunstancias nas que foi feito fan pensar que se trata dun artigo que pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio da persoa ou propaganda da institución á cal se refire. Tamén pode ser o caso que a lonxitude do artigo dea a impresión dunha importancia que en realidade non ten, que en ocasións se fai por motivos de vaidade. Normalmente, isto realízase por parte de enderezos IP anónimos ou usuarios que se rexistran especificamente para a creación deste artigo"-Prevert-.

De ningún xeito se trata de facer publicidade, e menos aínda eloxio ningún xa que se trata dunha persoa recoñecida. Foi homenaxeado dende organismos oficiais e considerado coma un artista contemporáneo pola Real Enciclopedia Galega. En canto á extensión do contido, correspondese maiormente a citacións que fan referencia á súa traxectoria profesional, e por outra parte, é completamente incoherente a extensión do texto dun artigo coa sua relevancia. Ben é certo que me fixen usuario para introducir artigos do Pobo de Bretoña (Lugo) e esta é o primeiro. Non teño intención de agochar o meu IP. Polo que coñezco, este artigo segue tódalas normas establecidas por Wikipedia, fala dun persoaxe público, con enlaces que corraboran todo o seu contido. De cotío ó descoñecer un campo en particular, neste caso o artístico, compre facer unha análise de outras páxinas que fan reseñas biográficas de artistas parellos, que é o que fixen. Comprobará que o feito de facer referencia das exposicións realizadas, anque vostede pense que se trata de dar publicidade, o que trata é da única maneira de amosar o currículum do artista para a xente interesada en coñecer a súa traxectoria escultórica.

-"A Galipedia ten unha política concreta sobre este tema: a Wikipedia non é un blogue nin nada similar. Malia ter contido libre e actualizado polos wikipedistas, a Wikipedia non é un espazo para reflectir informacións personais nin favorecer intereses particulares. O artigo será borrado se non se mellora a súa calidade nun breve prazo de tempo. Pode ver a lista de artigos con problemas e darlles formato wiki de acordo co resto de artigos da Galipedia. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado"-Prevert-.


De tódolos xeitos este artigo é unha traducción das páxinas en español (http://es.wikipedia.org/wiki/Fernando_Villapol) e en inglés (http://en.wikipedia.org/wiki/Fernando_Villapol) publicadas o 30 e o 18 de abril do 2008. Se vostede vai á páxina principal de GALIPEDIA poderá atopar na sección de COMENZA A COLABORAR, o seguinte punto: - Traduce os artigos que atopes nalgunha outra lingua ou corrixe os erros que atopes en galego. Agardo que con esto esteñan argumentados as súas suxerencias, polo que lle pregaría que quitase a súa mensaxe para poder seguir traballando nas referencias e na mellora do contido LIBRE deste artigo.

--Bretoña 18:40, 31 outubro 2008 (UTC)

Sobre Galicia/novembro[editar a fonte]

Borrado está, non me fixara que o crearas, aínda que creo que quedou igualiño o que fixen eu ó teu. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 12:59, 1 novembro 2008 (UTC)

Creo que o primeiro que me pides está ben feito, pero o segundo non o podo facer (non se pode elimianr a última versión, só se pode elimina-la primeira ou todo). Para solucionalo terías que carga-la versión vella e logo eu eliminaría as dous anteriores. Se non estou errado, claro. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 19:54, 1 novembro 2008 (UTC)

Feito! Feito! todo. Alberte Si, dígame? 21:41, 1 novembro 2008 (UTC)

Bloqueo[editar a fonte]

Deberíase bloquear o usuario 85.91.87.250, xa que engade de forma reiterada insultos no artigo "Rioaveso, Vilalba‎" mais eu no sei facelo. Un saudo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.170.46.90 (conversacontribucións) o 6 de novembro de 2008 ás 11:42 (UTC)

Ola outra vez[editar a fonte]

Ola, Prevert. Recibín o teu correo no enderezo remitido. Non hai problema. Pensei que me podias estara a confundir cun usuario de outro foro no que tamén se fala dos títulos de "Colombo". Tanto ten, deixémolo estar aquí. Un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Uxío (conversacontribucións) o 12 de novembro de 2008 ás 23:45 (UTC)

Wikibooks[editar a fonte]

Como es administrador alí, podes meter b:Euskara na portada de galilibros? Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 13:10, 25 novembro 2008 (UTC)

Account usurpation[editar a fonte]

Help me, please, usurpate old inactive account without edits for my SUL. --User:Jackie 13:09, 3 December 2008 (UTC)

Agradecemento pola benvida[editar a fonte]

Ola Prevert, unha vez máis grazas pola túa benvida. Xa estou de volta cos meus alumnos/as (cada ano son distintos). Como son novos nisto o normal é que cometan moitos erros e xeren moita entropía. Supoño que non todos na wikipedia comparten esta visión de amosarlle o proxecto a persoas que, alomenos en principio, non están moi interesadas e que hai que tirar delas para que colaboren, máis algúns rapaces e rapazas doutros anos siguen aínda creando artigos na wiki de xeito moi efectivo. Eu lles explico polo miúdo como se traballa, e incluso lles dou fotocopias que teño elaboradas para que saíban como se constrúe este proxecto, pero teño que dicir que eso non é suficiente, que moitos non se paran a facer ben as súas colaboracións, que se trabucan moito. Unha posibilidade é que eu me poña a corrixir todo o que fan mal, máis a miña opinión é que eles así non aprenden moito. Neles ten máis impacto o feito de que outro membro da wiki lles sinale os seus erros e lles indique o camiño. Se a comunidade considera que este tipo de colaboracións non son boas polo consumo de tempo que leva o aprendizaxe dos novos membros para que só ao final 1 ou 2 de cada ano siguan colaborando comprendereino e deixaría de traballar desta maneira. Un dos meus obxectivos e o de formar persoas autónomas e reponsables pero neste proceso sempre hai problemas en moitos casos derivados das situacións persoais de cada un (cultura, medios, educación) e dos conflicos propios da idade na que estan. Querería saber que opinas de todo isto. --Calrosfking (FÁLAME) 13:22, 3 decembro 2008 (UTC)

Re: Re-benvida[editar a fonte]

Moitísimas grazas, Prevert. A verdade é que xa comezaba a ter "mono" da Galipedia, así que decidín quitalo e voltar a colaborar coma sempre. Agardo poder facer boas colaboracións. Un saudiño! Fryant 19:58, 9 decembro 2008 (UTC)

Ubuntu GNU/Linux[editar a fonte]

Tes razón, o problema é que non sei ben como traducilo. En which are not allowed to be modified, but are included because their distribution is otherwise unencumbered, non son quen de traducir ben esta última palabra. Se te cheiras o que pode significar edítao ti mesmo. Pra serche sincero non sei de onde saquei o de "comprometida". Un saúdo! --GallaecioE logo? 21:55, 15 decembro 2008 (UTC)

Pois nada. Ata que a alguén se lle ocorra algo ou cambien a expresión, quitei esa parte. Vou ver se me entero do que quere dici-lo apartado pola referencia. --GallaecioE logo? 06:59, 16 decembro 2008 (UTC)
Vendo a fonte desa información, que en realidade ven dicir prácticamente o mesmo, sospeito que cando se di:
The licences for software applications in main must be free, but main may also may contain binary firmware and selected fonts that cannot be modified without permission from their authors. In all cases redistribution is unencumbered.
Significa que en main os paquetes son libres, pero que hai excepcións. E que en todo caso (excepción ou non), a redistribución dese software está permitida. Ten sentido. A segunda definición deste diccionario pódese interpretar como "libre" de xeito que quede o de "libre distribución" para "redistribution is unencumbered". Bótalle unha ollada e cóntame como o ves. Un saúdo! --GallaecioE logo? 07:10, 16 decembro 2008 (UTC)

Resumos ...[editar a fonte]

Gracias a ti; e que quede entre os dous ;) non che tiña nin idea de que había que facer algo especial no campo de resumo cando se trataba dunha tradución, así que graciñas polo toque, o mellor xeito de aprender a facer algo mellor é que che digan onde cometes un erro.--Xabier Cancela (fálame 23:42, 15 decembro 2008 (UTC)

Artigo Galicia guerra da Reconquista[editar a fonte]

Saudos Prevert, non entendo que ten de ideolóxico o meu resumo de edición, considero que é mellor poñer guerra da Reconquista, xa que o descubrimento da suposta tumba do Apostol, tivo unha enorme influencia nela, en numerosos aspectos, como por ecemplo a creacion de ordes militares e demais.--Carronada 16:18, 17 decembro 2008 (UTC)

Sobre as licenzas[editar a fonte]

Antes de nada, agradecerche a benvida -dín por ahí que mellor tarde que nunca ;). Comentarche que sobre o asunto das licenzas dos artigos e a tradución doutros artigos, xa coñecía que debíase poñer de onde procedía o artigo traducido. É máis, xa o teño posto en varios artigos meus (así que recorde agora mesmo, no artigo solicitado que fixen de Aleks Syntek podes velo). O que sucede é que realmente na maioría dos artigos (especialmente os que non teñen moita información noutras wikipedias), os artigos non son traduccións directas de ningunha wikipedia, se non máis ben é a mestura da información que recopilo das distintas wikis engadindo o que poda encontrar en páxinas externas, e ahí e onde me xurde a dúbida. Aínda así, grazas por recordarmo e tereíno moi presente.

Sobre o outro punto. Sorpréndeme que me digas que os artigos dos singles son breves de máis para a política da Galipedia, cando na maioría dos casos o seu contido supera os de moitos artigos de albumes e incluso os de artistas. Realmente intento recompilar tódolos datos posibles dos mesmos (Grupo, data de lanzamento, productor, compositor, duración, temas incluídos, posición na secuencia de lanzamentos, álbum que promociona, diferentes edicións, ventas), dándolle un formato estructurado o artigo e poñendo tódolos enlaces internos que podo. Ademáis a miña forma de proceder é nun artista en conxunto, creando un bloque de artigos fortemente interrelacionaos (Grupo ou artista, Compoñentes en caso de ser un grupo, albumes, singles, compilacións, remixes), realizando os modelos necesarios e sempre intentando categorizalos correctamente. Ademáis, funme a grupos de ben lexos, sobre os que meu interese é máis ben pouco para intentar abstraerme é non facer afirmacións non enciclopédicas (como marca a politica da wikipedia). É dicir, que tras unha reflexión para plantearme unha forma de proceder para intentar facer crecer, de forma util e correcta, a Galipedia e optar pola que estou seguindo, sínceramente, afundesme na miseria con esa afirmación, posto que xa non se me ocorre como mellorar o meu proceder, posto que estou a poñer todala información que atopo é podo poñer sen caer en banalidades.

Ben, dito isto (tampouco quero parecer cabreado nin moito menos), agradecerche de novo a benvida e decirche que terei en conta o que me comentas a partir de agora. Un saúdo --Jordav 17:00, 23 decembro 2008 (UTC)

Venme moi ben o texto que me mandas de exemplo, se ben gustaríame saber se habería algún problema se en lugar de usar o resumo para poñer este texto, usase a páxina de conversa do artigo, xa que a idea de crear falsas edicións non me gusta moito (e así de paso lle damos algún uso a dita páxina). --Jordav 17:39, 23 decembro 2008 (UTC)
De acordo. Pois entón terán que ir no resumo. Pouco a pouco irei poñendo nos artigos que fun facendo de onde fun sacando a información (xa teño traballiño para uns días, que debo levar sobre os trescentos artigos...). Grazas polo teu tempo. Un saúdo. --Jordav 18:12, 23 decembro 2008 (UTC)

Saúdo[editar a fonte]

Pois sí. Ando con algúns problemiñas que non me deixan moito tempo para colaborar. Onte tiven algo de vagar e peguei outra vez no traballo. A ver se poido darlle algo de continuidade. Agradecido polos eloxios. Un saúdo cordial.

Artigos que dan nome a categorías[editar a fonte]

Acabo de engadir un apartado ao artigo que comezaches de axuda acerca do sistema de categorías. Bótalle unha ollada, e mira que che parece. O certo é que non sabía como encaixalo, e non me gusta onde o metín, pero a miña intención é que quede claro o concepto. Un saúdo! --GallaecioE logo? 18:34, 30 decembro 2008 (UTC)

Islam[editar a fonte]

Saúdos Prevert. Veño de mover o contido da páxina Islamismo a Islam, polos motivos sinalados na páxina de conversa. Asi mesmo, traducín o artigo Islamismo da Wikipedia en castelán para esa páxina. --Iago 16:21, 5 xaneiro 2009 (UTC)

Kaleya[editar a fonte]

Ola Prevert! Son membro de Kaleya e gustaríame saber un par de cousas (Pregúntochas a ti porque supoño que as saberás mellor ca min): que significa que estemos incluidos nesta lista: http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Prevert/atenci%C3%B3n? e porque non podemos publicar o mesmo artigo que está en galego (Traducido evidentemente) tamén na wiki castelá? Grazas polo teu tempo e disculpa se as miñas preguntas son moi parvas! Un saúdo!

Nova categoría raíz[editar a fonte]

Ola. En canto teñas un rato, agradeceríache que te pasaras a dar a túa opinión sobre a necesidade ou non dunha nova categoría raíz. Atentamente, --Iago 22:30, 26 febreiro 2009 (UTC)

Artigo[editar a fonte]

Boa tarde, Prevert. Graciñas. Eu coido que mal non quedou. Verbo dos comentarios, non vou dicir que non os lea (aínda que só sexa por saciar a curiosidade), mais o certo é que apenas lles concedo importancia. Son, polo xeral, irrelevantes e vidos dun grupo anecdótico que ten na rede mil veces máis voz ca na realidade. Saúdos e grazas de novo. Aburiño.--Atobar 17:07, 24 marzo 2009 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

... pola mención que me deixaches. Quedas ti por poñer na lista.--Agremon(contacto) 20:49, 24 marzo 2009 (UTC)

Sé/Sede[editar a fonte]

Tes razón, Prevert. Fallo meu. Graciñas pola corrección. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 19:37, 1 maio 2009 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Ola Prevert, hai uns días fixen una proposta de imaxe da semana, concretamente desta Ficheiro:Dende a Mansa.jpg e non a dou visto nas propostas. Fixen algo mal? Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 19:45, 1 maio 2009 (UTC)

Moitas grazas, tamén eu estou ledo de contactar contigo. Outro saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 20:03, 1 maio 2009 (UTC)

Redireccións[editar a fonte]

Moitas grazas, Prevert. Non o sabía, non. Pero agora xa o sei e tereino presente. Graciñas de novo e un saúdo. Por certo, por que te chamas Prevert, unha homenaxe a Jacques Prevert, se cadra? De ser así, estamos na mesma liña. --Atobar (conversa comigo) 21:51, 11 xuño 2009 (UTC)

GNU/Linux[editar a fonte]

Grazas polo aviso. Non creo que vaia facelo a curto prazo, pero apuntareino nas tarefas, e de paso traballarei tamén os artigos GNU e Linux, que están directamente ligados, especialmente "Linux", que adoita confundirse con "GNU/Linux". Un saúdo! --GallaecioE logo? 12:01, 14 xuño 2009 (UTC)

Parroquias[editar a fonte]

Grazas polos teus comentarios. Eu tamén teño a teima de ir completando a cartografía do país. E aproveito para darche tamén as grazas polo teu inmenso traballo na Galipedia, do que levo aprendido moito. Alégrome de que volvas andar por aquí.--Xas (fálame) 19:28, 22 xuño 2009 (UTC)

COmo vai o dos artigos solicitados???[editar a fonte]

E que non sei como funciona iso... non entendo iso da axenda? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.42.12.235 (conversacontribucións) ás 14:48 do 23 de xuño de 2009 (UTC)

Pois sinto que se teña visto desa maneira, tan só pretendía no primeiro debate que abrín, mellorar o contido dunha páxina ofrecendo máis matices e puntos de vista, e, no segundo, tentar solucionar o que eu considero que é unha eiva importante no apartado de lingua do artigo de Galiza (refírome ao de non haber referencias ao castelán, só o de que é cooficial). Por outro lado o artigo que propuña, propúxeno porque me parece moi interesante ese tema, non só para min senón para calquer galego, quéirase ou non conviven dúas linguas e non sempre moi pacificamente, de aí o de que eu considere que si exista un conflito lingüístico (de feito creo que somos máis o que cremos que existe, se tecleas en Google conflito linguistico na galiza poderás chegar a, entre outras, estas páxinas: [1], [2], e a unha páxina de indymedia qeu non me deixa poñer porqeu está na lista negra e que son as tres primeiras páxinas qeu me saíron). Ademais penso que non porfiei, tan só debatín e creo que me mantiven sempre nunha liña respetuosa (a pesar de que se díxese que construía castelos no ar ou se me acusase de que tentaba mover os fíos), ademais de que incidín en temas diferentes: a) que se citase o reintegracionismo (artigo Galiza); b) que se fíxese refencia á Galiza irredenta (Artigo de Galiza), c) Que se trate o castelán e a convivencia de dúas linguas (artigo de Galiza) d) propor un artigo denominado "Conflito lingüístico na Galiza". Nada máis, sinto terme extendido tanto, até a próxima! --83.42.12.235 15:20, 23 xuño 2009 (UTC)

RE: Biografías[editar a fonte]

Sinto a miña torpeza de hoxe, pero é que ando algo durmido e estou canso; levo varios días sen editar e non vou ao día coas cousas que pasaron ultimamente. Por suposto que estou de acordo con unificar para chegar ós 50.000 como debe ser, pero poderíasme dicir cales son os modelos duplicados que cómpre fusionar ou revisar? Logo xa mirarei de facer o da páxina para agrupalo todo. Grazas de antemán. --Toliño Fala aquí comigo 14:16, 24 xuño 2009 (UTC)

  • A vale! Pero non é que estea ocupado, só dixen que estaba algo canso e digo que posiblemente hoxe non poida comezar (fancendo todo o que me gustaría) porque teño que poñer ao día todo en translatewiki (e por ende, aquí tamén). A ver se a partir de mañá podo facer máis. --Toliño Fala aquí comigo 14:28, 24 xuño 2009 (UTC)

Este si que é un artigo sospeitoso[editar a fonte]

O artigo María Yáñez miren por quen foi creado. Vaites, por un compañeiro de traballo ([3]). Sóame que o creador do artigo é moderador ou algo así por estes lares...--Rosamf 17:22, 26 xuño 2009 (UTC)

Non hai «dobre personalidade»[editar a fonte]

Non, son outra persoa, de feito supoño que ela - Rosa - é unha muller, eu son un home. Non sei como demostralo... pero podedes deixar a conspiranoia do reintegracionismo, só é unha casualidade... ademais xa levo participando da wikipedia en galego moito tempo o qeu pasa é que claro, non tocaba certos asuntiños qeu parece qeu están máis a flor de pel... Saúdos!!!--83.42.12.235 18:01, 26 xuño 2009 (UTC)

Pritzker[editar a fonte]

Gracias polo saúdo, outro para ti tamén. Por certo, a imaxe da medalla do Pritzker está sen licenza. Cargueina eu fai anos e non recordo de onde a saquei. Creo que debería ser borrada. Quen pode eliminar imaxes? Podo facelo eu ou ten que ser un adminstrador?--PortoFaládeme aquí 15:04, 27 xuño 2009 (UTC)

Dacordo. Pedireillo a el entón. Gracias --PortoFaládeme aquí 15:13, 27 xuño 2009 (UTC)

Prebot[editar a fonte]

boa tarde; Vin que ultimamente volviches darlle caña a Prebot. Poderías mudar Xeorxia, Estados Unidos de América por Xeorxia - Georgia? Comecei a facelo manualmente, pero nalgúns artigos grandes é bastante latoso revisar todo.

Graciñas! Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:35, 28 xuño 2009 (UTC)

  • Boa tarde! Non me parece mal en absoluto, agradécese o "recoñecemento". Grazas a ti polo bo uso do bot. Agardo poder seguir colaborando fructiferamente. Un saúdo.--Estevo(aei)pa o que queiras... 13:09, 1 xullo 2009 (UTC)

Re: Conversa en lista de estreas de cine en lingua galega[editar a fonte]

Graciñas, Prevert. Procedo a responder no fío correspondente. Un saúdo! --Uxío 22:23, 29 xuño 2009 (UTC)

Prebot[editar a fonte]

boa noite!

Poderías pór a Prebot en marcha e dicirlle que mova "Vesubio" e "Monte Vesubio" a Monte Vesuvio? Moitas grazas e un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 01:11, 5 xullo 2009 (UTC)

Re:Conversa:Galería de imaxes do día internacional dos traballadores, Santiago de Compostela, 2009[editar a fonte]

A páxina debía ser Galería de imaxes do Día Internacional dos Traballadores, Santiago de Compostela, 2009 con maiúsculas.

Iso non sería problema, poderíaa mover eu. O problema é que me confundín no uso das maiúsculas tamén na categoría e son unhas cen imaxes categorizadas. En vez de Categoría:Imaxes do día internacional dos traballadores, Santiago de Compostela, 2009, debía ser Categoría:Imaxes do Día Internacional dos Traballadores, Santiago de Compostela, 2009, con maiúsculas. Deime de conta ó ver o artigo Día Internacional dos Traballadores.

Poderíao facer eu, pero levaríame máis tempo do que me levou facer o que fixen categorizándoas e iso amólame un pouco, por iso comentei (inda que fóra de sitio, na páxina galería e non na categoría) se puidese facelo un bot. En caso de que sexa traballoso (non sei de bots), fágoo eu.

Grazas por contestar. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  00:32, 7 xullo 2009 (UTC)

Graciñas-- Lmbuga / Conversa comigo  00:42, 7 xullo 2009 (UTC)
Entendo que é incorrecto. Xa repaso eu todo. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  01:10, 7 xullo 2009 (UTC)

Fotos Landro[editar a fonte]

Ola Prevert, se buscas en Commons polo meu usuario hai máis fotos do curso do Landro, por se che interesa pra galería de fotos. Abur--Lala Lugo 20:41, 11 xullo 2009 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

Pois teño o mesmo problema, mais no só con esa imaxe concreta, senón que noutros artigos pásame o mesmo con outras imaxes. O raro é que algunhas van e outras non. Agardo que se solucione cedo. Alberte Si, dígame? 21:20, 11 xullo 2009 (UTC)

Categoría:Parroquias de Galicia sen imaxes[editar a fonte]

Na Categoría:Parroquias de Galicia sen imaxes temos 843 páxinas, pero non me resulta práctica. Eu podo, agora que comezo as vacacións, buscar fotografías no Salnés e mesmo Pontevedra e encher esas parroquiar con algunha fotografía aparente. Quero facer tamén algunha viaxe máis lonxe, pero aínda non teño nada decidido. ¿Hai algunha forma de localizar, por exemplo, as parroquias sen imaxes do Grove, Sanxenxo, Meis, Cambados, Vilagarcía, Ribadumia, Meaño, Vilariño, A Illa, etc.? ¿Ten que ser "a pan de millo" repasando a lista de parroquias unha a unha? Xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 21:56, 11 xullo 2009 (UTC)

  • Mi ma! cantas faltan... Bueno, xa teño chollo de abondo para enche-la tarxeta da cámara. Grazas por facilitarme o traballo e nuns días empezarei a subilas. Pedro --Lameiro (conversa) 22:34, 11 xullo 2009 (UTC)
    • Ben. Xa están as dúas primeiras, do Grove (O Grove, O Grove e San Vicente do Grove, O Grove). Non atopo qué borrar para que se descategoricen como "parroquias sen imaxes". ¿Que compre facer? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:43, 13 xullo 2009 (UTC)
      • Pois estaban nesa relación de parroquias que me mandaches hai uns días. Como tamén está Dena, Meaño, e tampoucllo lle vexo ningunha categoría "borrable". ¿Que é o que debería ver e borrar? Pedro --Lameiro (conversa) 15:16, 13 xullo 2009 (UTC)

Prebot[editar a fonte]

Boas tardes, Prevert. ¿Prebot é cousa túa, non? Dígocho porque onte fixo un cambio no artigo Palas de Rei (17:56, 15 xullo 2009 Prebot (bot: Substituír 'Galicia en progreso' por 'Concellos de Galicia en progreso')) e cargouse medio artigo. Acabo de desface-lo cambio pero quería dicircho porque non sei se é un problema do bot ou dun dedo rápido. Tamén terás que repasar ese cambio por 'Concellos de Galicia en progreso' que fixe eu á man, por se non era o que pretendías. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:42, 16 xullo 2009 (UTC)

Grazas ningunha, ho. Haberá que revistar esa norma nunca escrita de comprobar artigos editados por novos ou descoñecidos (e dalgún "coñecido" tamén), dando por suposto que os cambios que facemos os de sempre, de plena confianza, non ían ter problema. Fun parar alí por casualidadem, xa non lembro que buscaba. Bueno, botaremos un vistazo por se se repite o probema. Evidentemente, isto non te leva ó capítulo dos "revisables", tranquilo. Pedro --Lameiro (conversa) 21:58, 17 xullo 2009 (UTC)
Si ho, todos somos revisables -¡e menos mal que é así, por certo!, pero algúns somos máis revisados que outros, iso é un feito. Será pola confianza que nos imos ganando co tempo. Esta confianza ten a vantaxe de deixar tempo lbre para outras tarefas, pero o inconvinte de que algunha metedura de pata dos "usuarios de confianza", que cometemos coma o primeiro, poden quedar indemnes se ninguén lle pasa un control. Espero que saibamos modernos no xusto termo medio de revisar o que facemos tanto uns como outros, aínda que sexa con maior frecuencia e atención nos outros. Espermo terme explicado. Pedro --Lameiro (conversa) 22:15, 17 xullo 2009 (UTC)

Lingua catalá[editar a fonte]

Ok. Graciñas polo aviso, Prevert. --Atobar (conversa comigo) 18:22, 17 xullo 2009 (UTC)

Modelo música latinoamericana[editar a fonte]

Boas, Prevert. Fixen o Modelo:Música latinoamericana e agora estou a engadilo nos artigos corresposdentes, pero me gustaría que quedase pechado no canto de aberto por defecto. É posíbel? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:03, 17 xullo 2009 (UTC)

Refírome a que non este aberto, expandido. Na parte superio dereita, onde pon agochar, que mellor poña mostrar, que apareza pechadiño para que o usuario o abra se o cre conveniente, porque agora é ao revés: aparece aberto e logo é cando se agocha. --Atobar (conversa comigo) 20:08, 17 xullo 2009 (UTC)

Consulta[editar a fonte]

Antonte Lameiro fíxome un encargo e agora eu pídoche consello. Na categoría:Wikipedia:Wikipedistas de Galicia (aparece en vermello porque non existe) hai categorizados dous usuarios; podería eu editar as súas páxinas para eliminar esas categorías? Deixarlles unha mensaxe na conversa non serviría de nada porque son dous usuarios que só editaron as súas páxinas de usuario en outubro de 2005 (Especial:Contribucións/Darth) e setembro de 2008 (Especial:Contribucións/La fabrica de nubes). Ves algunha outra solución. Grazas por adiantado! --Toliño Fala aquí comigo 12:18, 21 xullo 2009 (UTC)

Moitas grazas[editar a fonte]

Prevert, cando coido que todo o mundo se esqueceu (ás veces, tamén eu), saes ti coa lembranza. Certamente, esto tira. Certamente, o mero feito de que tire e non se tiren a ela, fai dicir 'cada vez mellor'. Cousas da aprendizaxe, realidades debidas a xente coma ti. A iso me refería co de moitas grazas, aínda que tamén o digo pola nota que me deixaches.--Agremon(contacto) 19:56, 21 xullo 2009 (UTC)

Caixa de parroquia[editar a fonte]

Ola Prevert, teño unha cuestión que non sei como arranxar: Na caixa de parroquia, que se pon en todas as parroquias, hai un apartado para poñer o concello. Pero, como facer no caso das parroquias divididas entre dous concellos? Póñense os dous concellos? Temos 12 parroquias na Categoría:Parroquias divididas entre dous concellos. Como facer nestes casos? Saúdos. --Xas (fálame) 18:39, 26 xullo 2009 (UTC)

  • Solucionado. Grazas. Saúdos.--Xas (fálame) 19:15, 26 xullo 2009 (UTC)

Imaxe de As Neves[editar a fonte]

Acabo de subir unha imaxe pertencente ó concello de As Neves http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Deus_Mercurio.jpg Dou resposta o teu chamamento "precísanse imaxes dos seguintes concellos da provincia de Pontevedra" http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna_(imaxes)#Dereitos_en_esculturas_.2F_Liberdade_de_panorama

La fabrica de nubes (fálame) 10:58, 14 agosto 2009 (UTC)

Grazas pola benvida[editar a fonte]

Perdoa que non respondese antes pero non volvera entrar estes días por aquí. Fíxome ilusión que coñeceses o blog porque un sempre pensa que só o len os amigos. Hai moito tempo que tiña ganas de colaborar coa Wiki pero por unhas cousas ou por outras nunca daba comezado, entre outras cousas porque isto é un mundo e ás veces bota un pouco para atrás. Comecei con imaxes porque despois de subilas a Flickr doíame non poñelas aquí a disposición de todo o mundo, pero de momento aínda teño que estudarme todo o material que me enviou Lmbuga para aprender a subilas ben. E logo outro dos motivos é que sempre me pareceu moi interesante o traballo co alumnado no estudo e elaboración de fontes de documentación e creo que hai poderiamos ter unha boa man de obra se se xestiona ben, pero claro, iso require que primeiro aprenda eu e aquí estou.

Saúdos e grazas de novo.

PD: Aproveito para facerche unha preguntiña, antes de dedicarme a isto de ser profesora de lingua e literatura galegas durante algúns anos traballei profesionalmente como tradutora e ás veces vexo erros na Wiki, para corrixir lingüisticamente os artigos hai que pedir algún tipo de permiso ou xa o podo facer directamente? --Aprofa (fálame) 09:51, 21 agosto 2009 (UTC)

artigos sen imaxes[editar a fonte]

boa tarde, Prevert. Quería categorizar os artigos Virxe da Rocha e monte da Guía para indicar que non teñen imaxe, pero non sei onde metelos. Podes botarlles un ollo? Graciñas! Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:44, 21 agosto 2009 (UTC)

Saúdos[editar a fonte]

  • Ola, Prevert. Só era para saudarte, hai tanto que xa non falamos. Oes, perdoa polas discrepancias que puidemos ter no pasado. Alégrome de que volvas a estar activo. Cóidate, amigo.--Xoán Carlos Fraga 06:10, 23 agosto 2009 (UTC)

prebot[editar a fonte]

Ola Prevert! Poderías poñer a andar ao Prebot e dicirlle que mude "Universidade de Harvard" por "Universidade Harvard"?

Moitas grazas. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:08, 30 agosto 2009 (UTC)

  • Boa noite! Mirei que o bot fixo un montón de trocos, pero vin que ás expresións "Universidade de Harvard" que non están marcadas con ligazón interna non lle afectou. Non sei moi ben como vai o bot, pero non lle afecta a iso? Hai que mudar iso manualmente? Un saúdo, e graciñas polo choio. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:01, 1 setembro 2009 (UTC)

Re: Imaxes de calidade[editar a fonte]

Ola Prevert. Pensarei niso de novo. Estaba considerándoo cando comecei a traballar cos escudos e bandeiras. Revisarei o que hai en Commons e mirarei de elaborar un texto previo á proposta semellante ou igual ó presente en Commons para discutírmolo. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  16:48, 4 setembro 2009 (UTC)

Hai unha primeira versión, aínda con erros, de parte dos textos en Usuario:Lmbuga/Temporal. A tradución é moi libre e temo que a terminoloxía non sexa sempre a máis adecuada, por exemplo, non me dou conta de como traducir underexposure (subexposición?) ou JPEG artifacts (defectos da compresión JPEG?)-- Lmbuga / Conversa comigo  11:48, 5 setembro 2009 (UTC)
Buscarei máis imaxes, é doado e mesmo divertido. Logo verei de escribir un bocexo de proposta ó noso estilo... Inda que creo estar de acordo con que non se permita propor e votar as propias imaxes, pois seguramente é o mellor para o proxecto, non estou de acordo coa consideración de que propor, votar e mesmo falar das propias imaxes sexa vangloria, idea que se respira no ambiente se non está escrita. Inda que non se poida propor e votar, si debe poder un usuario defender a imaxe ou negar a conveniencia da proposta.
Tes razón ó dicir que tanto para votar a favor ou en contra dunha imaxe en Commons hai que facer referencia a algún dos apartados da guía e non se poden aducir outros motivos como, por exemplo, o ceo non é azul (voto que vin anular fai uns moi poucos meses en Commons). Iso paréceme ben, pero non sei se o sistema de Commons para as imaxes de calidade me convence para a Galipedia (Commons:Quality images candidates), é complicado, ten cousas boas e malas, inda que para Commons está moi ben. É diferente ó Featured pictures: As imaxes nomínanse na parte superior dunha páxina na que han de estar uns sete días. Nun principio, abonda con que alguén, un só usuario, promocione ou refugue unha imaxe para que esta sexa imaxe de calidade ou non o sexa. Se algún usuario non está de acordo co que fixo o primeiro, a imaxe pasa á parte de abaixo da páxina, á zona de discusión, aí vótanse. Se unha imaxe, ó pasar sete días, non foi promovida ou negada na parte superior, pasa á zona de discusión. Se pasado outro tempo (poida que outros sete días) ninguén votou, a imaxe non é promovida (creo, pois non sei ben como vai a parte de abaixo da páxina).
Quizais na Galipedia poida facerse o mesmo pero con prazos maiores, non sei. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  23:54, 5 setembro 2009 (UTC)
Avancei algo máis. Dentro de Usuario:Lmbuga/Temporal hai tres posibles páxinas:
Cando poidas, bótalles unha ollada (edita todo o que desexes). Graciñas.
Cando vexas que a proposta está madura, agradeceríache que me indicases o procedemento que che pareza preferible para presentala. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  10:28, 8 setembro 2009 (UTC)

Imaxes de Pontevedra[editar a fonte]

bon día! Poreime esta semana coas parroquias de Pontevedra que non teñen imaxe, e en xeral con artigos de Pontevedra sen imaxe, que hai uns cantos. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 08:38, 5 setembro 2009 (UTC)

Tarefa para o bot[editar a fonte]

Vexo que ultimamente estás dándolle caña ao teu bot e, se non che importa, aí vai outro traballiño para el. A ver se podes cambiar a categoría:Efemérides Destacadas (con D maiúsculo) pola categoría:Efemérides destacadas en xaneiro, febreiro, marzo... (con d minúsculo) segundo corresponda o mes. Tamén sería bo facelo coa categoría:Imaxe da Semana (as categorías xa están creadas e marcadas para fusionar) que quedaría en categoría:Imaxe da semana en 2006, 2007... segundo o ano. Saúdos e grazas! --Toliño Fala aquí comigo 11:06, 5 setembro 2009 (UTC)

  • Oe, para as imaxes (non cho dixen antes) usa esta sintaxe para que queden en orde cronolóxica dentro da categoría (quedaría por facer tamén nas efemérides): [[Categoría:Imaxe da semana en 2007| ]] Agardo que non che dea maior complicación. E grazas de novo por facelo tan rápido. --Toliño Fala aquí comigo 14:50, 5 setembro 2009 (UTC)
  • Eu non teño nin idea de manexo de bots así que se ves que dá problemas dese xeito non o fagas. Xa arranxaremos o da orde cronolóxica máis adiante. --Toliño Fala aquí comigo 14:58, 5 setembro 2009 (UTC)

óliver escobar[editar a fonte]

prezado compañeiro,

son óliver escobar acabo de ver que os cambios que engadín ao artigo orixinal foron desfeitos

o certo é que fixen eses cambios porque o artigo era caótico e desorganizado, e creo que queda millor da nova maneira a información é a mesma, e polo menos é máis ordeado. comparto o espítito da wikipedia, mais creo que se un artigo pode ser millorado... pois millor que millor

case non cambiei os contidos, só os organicei.

apreciaría moito que a nova organización fose mantida, cos contidos a xente pode facer o que queira, mais a categorización creo que lle vai ben ao artigo.

un cordial saudo,

Óliver Escobar

Prebot[editar a fonte]

boa tarde! Poderías mudar co bot "Alacante" (que é incorecto) por "Alacant - Alicante"? Graciñas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:06, 11 setembro 2009 (UTC)

Dúbida cunha etiqueta[editar a fonte]

Prevert, a ver se ma dás resolto esta dúbida. Estou a dar formato a moitos artigos de personalidades e iso me fai ver que non é moi coherente o modo que temos de pór ou non pór o marcador de EnProgreso. Ás veces topo con artigos mínimos que non o teñen (o que obviamente é por que se nos pasou), e ás veces tamén topo con algúns moi longos e certamente normalizados que o siguen tendo. Daquela, o tema é: a partir de que punto podemos falar de quitar o marcador? Existe algunha convención ao respecto? Supoño que a cousa se fai a ollo, pero nunca se sabe. A ver se mo podes sacar de dúbidas. Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:47, 15 setembro 2009 (UTC)

Moi completo todo, Prevert. Tomo boa nota. Moitas grazas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:45, 15 setembro 2009 (UTC)

Robbot[editar a fonte]

Ola Prevert; graciñas por preocuparte do asunto; deixei outra mensaxe no taboleiro de Alberte, consciente de que non é o lugar axeitado para inciar un debate, pero sen saber a onde levalo. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:41, 16 setembro 2009 (UTC)

  • Prevert, pois non o sabia. xa me parecia que igual era meterse algo de mais, pois enton podes reverter os cambios para deixar a paxina como estaba antes de intervir eu na paxina dese usuario. Grazas por avisar para evitar malos entendidos. Cóidate, xa nos vemos por aqui. --Xoán Carlos Fraga 22:43, 18 setembro 2009 (UTC)

Correo[editar a fonte]

Ola, Prevert, o día 18 mandeiche un correo breve, sen demasiada importancia, que me chegou de volta hoxe. Vai ben o teu correo? Vai mal o meu? --Xabier Cid Conversa 04:45, 22 setembro 2009 (UTC)

O teu chegou sen problema. Reenvieiche o que che mandara, a ver se chega agora. --Xabier Cid Conversa 14:18, 22 setembro 2009 (UTC)
Mandeiche tamén os correos ao novo enderezo. --Xabier Cid Conversa 04:42, 23 setembro 2009 (UTC)

máis cholliño para Prebot[editar a fonte]

Ola! Xa levo encamiñado o de Alacante. Pero agora atópome con que hai un problema similar con Elxe. Habería que modificar as ligazóns a Elxe (incorrecto) e Elxe - Elche - Elx cara a Elx - Elche; As segundas son poucas, e podo facelas a man.

Se resulto demasiado pesao pedindo cousas, non dubides en dicilo.

A ver se en breve estabilizo o meu horario e vou a Salcedo e Xeve a tirar as fotos que quedan por Pontevedra. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 06:23, 22 setembro 2009 (UTC)

re-papas[editar a fonte]

Ola Prevert ! Claro que si, co teu listaxe non perdo tempo en controlar na categoría. Cando remate o teu listaxe, xa valera a pena de pasarlle un control xeral os artigos da categoría. Estevoaei xa traduciu Paulo II, papa. Moitas grazas. Saúdos ElviraConversa comigo 10:01, 22 setembro 2009 (UTC)

Solicitude[editar a fonte]

Ola, son óliver escobar, escríbolle para pedirlle que por favor retire a seguinte liña do artigo co meu nome:

É autor, entre outras, dunha investigación sobre política social galega que deu lugar á tesiña Unha análise da formulación da RISGA: política substancial ou simbólica? (USC, 2004, inédita).


Esta investigación está baixo revisión e non debera ser mencionada ´publicamente

graciñas

Feito. Explicación na páxina de conversa do propio artigo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:51, 1 outubro 2009 (UTC)

Prebot[editar a fonte]

Ola, deixeiche un encarguiño pequeno na conversa do Prebot. --Xabier Cid Conversa 12:19, 2 outubro 2009 (UTC)

Edicións[editar a fonte]

Pois tamén tes razón, Prevert. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:08, 2 outubro 2009 (UTC)

  • Eu vino de casualidade. Quedei alucinado. Vou anular a mensaxe no taboleiro, pensei que fora algo recente. Sobre o das imaxes de calidade, non ten apuro, eu tamén estou con moito traballo, non podo asegurar que para a semana poida aparecer por aquí. Encantado de saudarte de novo-- Lmbuga / Conversa comigo  18:33, 3 outubro 2009 (UTC)

Pascual Candel[editar a fonte]

Ese autor é totalmente irrelevante hoxe por hoxe, os libros son dunha editorial que edita na web calquera texto que lle suban, non hai un proceso de selección, polo que non indica relevancia a súa publicación, e en internet non hai absolutamente nada que determine unha posible relevancia. Polo tanto creo que cómpre borrado rápido e por iso mudei o marcador. Saúdos.--RNC 20:46, 4 outubro 2009 (UTC)

foto incorrecta[editar a fonte]

grazas Prevert pero creo que me segue aparecendo o mensaxe de que a imaxe non esta ben xa contactei con Lmbuga saudos--Azote Galaico 16:11, 6 outubro 2009 (UTC)

si xa pensei en poñer o enlace a El Progreso pero non me carga esa paxina por eso deixei os datos para que o poidera buscar quen quixera

moitas grazas pola tua axuda, e que son novo por aqui e non sei a metade das cousas un saudo —o anterior comentario sen asinar foi feito por Azote Galaico (conversacontribucións) ás 16:22 do 6 de outubro de 2009 (UTC)

Prebot[editar a fonte]

Boa tarde! Poderías mirar de mudar co bot *Coímbra por Coimbra? Graciñas, e un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:17, 6 outubro 2009 (UTC)

Prolingua[editar a fonte]

A túa aportación paréceme moi sensata e oportuna. As miñas disculpas. --Pexego(conversa) 13:56, 7 outubro 2009 (UTC)

Update[editar a fonte]

and

is a direct update from w:fr:Lettres supplémentaires de l'alphabet grec. 79.191.100.16 13:21, 10 outubro 2009 (UTC)

Bibliography[editar a fonte]

I added bibliography as follows: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Letras_suplementarias_do_alfabeto_grego&action=historysubmit&diff=1313675&oldid=1307882

It serves as reference which glyph is symbol variant and which glyph is letter proper. 79.191.100.16 13:52, 10 outubro 2009 (UTC)

I added to bibliography even more historic background reference for each letter introduced into Unicode: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Letras_suplementarias_do_alfabeto_grego&action=historysubmit&diff=1313966&oldid=1313959 79.191.100.16 18:20, 10 outubro 2009 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Limpadoira.JPG[editar a fonte]

Subín a Commons outra versión da imaxe, con todo eu sigo propondo a orixinal (a sucidade que provoca a palla sería un defecto en calquera foto, pero non é o meu parecer que o sexa nesta). Defendina porque me parece evidente que é unha das mellores imaxes que pode haber para a portada. Comunícocho porque xa votaras a favor da imaxe. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:35, 10 outubro 2009 (UTC)

Prebot[editar a fonte]

Ola! Poderías mirar de mudar "canadiense" por "canadense"? Por certo, grazas por andar ao quite co de Coímbra e mirar que tamén era corecta a versión galega do topónimo.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:00, 12 outubro 2009 (UTC)

Modelos lugar e entidade[editar a fonte]

A ver se co teu Prebot podes mudar as inclusións do modelo {{entidade}}. Terías que cambiar o nome do modelo (obviamente) polo de {{lugar}} e, nos parámetros, quitarlle un s a parroquias e eliminar os parámetros "altitude", "distancia á capital municipal" e "festas". Supoño que non dará maior problema. Graciñas. --Toliño Fala aquí comigo 12:59, 13 outubro 2009 (UTC)

Graciñas[editar a fonte]

Graciñas pola mensaxe, agora mesmo a vista só me permite botar olladas rápidas ao computador, o que desgraciadamente non inclúe facer artigos. Axiña estarei de volta para seguir colaborando. Graciñas de novo --Pexego(conversa) 13:52, 16 outubro 2009 (UTC)

Re:Símbolos de Galicia[editar a fonte]

Grazas. Acabo de ver os escudos. Un deles estaba marcado como {{SimboloIncorrecto}}. Os outros marqueinos como {{SímboloDubidoso}}. Se podo, véxoo complicado por estar preparando material para alumnos árabes, opino hoxe mesmo sobre deles na páxina de conversas das imaxes. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  08:16, 19 outubro 2009 (UTC)

Xa sabía que non o dicías para obrigarme a nada, pero agradézoche o aviso por ser unha motivación máis para continuar cunha tarefa que non me é agradable. Irei mirando escudos pouco e pouco pois non me sinto seguro nese labor. Se alguén me di algo sobtre un escudo, ademais, mirareino. Así irei avanzando. Ás veces hai que encontrar motivacións na relación coa xente, especialmente se o chollo non te motiva.-- Lmbuga / Conversa comigo  15:52, 19 outubro 2009 (UTC)

Usuario:Lmbuga/Temporal[editar a fonte]

Movín esa páxina a Usuario:Lmbuga/Imaxes de calidade e fixen ligazón na miña páxina de usuario. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:41, 21 outubro 2009 (UTC)

solicitude para Prebot[editar a fonte]

Bon día! Outra palabra incorrecta que cómpre mudar: *transcripción por transcrición. Cando poidas, claro. Non sei cantas hai, agardo que non leve moito. Francamente, non coñezo o modo de funcionar dun bot, e non sei en que medida estas peticións que fago son un incordio. Grazas por poñer Prebot ao servizo da comunidade para estas tarefas incómodas.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:45, 23 outubro 2009 (UTC)

Narón TV[editar a fonte]

Olá Prevert, acabo de incorporar a referencia da maior parte do artigo, podes comprobalo facendo a búsqueda "Narón" no documento. De todos xeitos o texto contén o erro de afirmar que comeza a emitir en 1984, aínda que máis adiante na táboa cronolóxica confirma que foi en 1988. Agardo que sirva así, en caso contrario, xa sabes. Moi agradecido polo aviso. Zumbi

Olá de novo, creo que a información de que queda integrada en Localia como Localia Ferrol aparece corroborada na páxina 244 do documento: "para pasar a chamarse Ferrolvisión-Canal 29, a actual Localia Ferrol". Sobrenténdese que Ferrolvisión entra a formar parte de Localia no mesmo réxime que as outras locais que a conforman. Non vexo tan valorativo considerar un referente a unha canle pioneira, pero ben, para iso facemos este traballo entre tod@s, para ter opinións diverxentes. Grazas de novo e un saúdo. Zumbi

Prebot[editar a fonte]

Boa noite! Poderías mudar co bot *"deducción" por "dedución"? Vou corrixir agora as ligazóns de *deducción, pero seguramente haberá perdidas por aí moitas palabras difíciles de atopar a man.

Moitas grazas. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:50, 1 novembro 2009 (UTC)

Carlos Velo[editar a fonte]

Boas, Prevert. Na Gran Enciclopedia Galega hai datos que contradin ou matizan os que se dan no artigo sobre Carlos Velo. Mira ver se podes confirma-la información:

  • Dis que ó fuxir da Guerra Civil "por azar remata en Marrocos". Na GEG semella ser algo intencionado: "Conseguiu pasar a Marrocos coa desculpa de filmar un documental e, finalizada a Guerra, exiliouse en México".
  • Na GEG escriben o nome da muller como "Marilyn" (non Marylín).
  • A película Raíces (formada por catro contos etnográficos) "Velo non puido filmar pola oposición do poderoso Sindicato de Traballadores da Produción Cinematográfica".
  • Morre, a consecuencia dun cancro, o 1 de marzo de 1988 (non o 10).
  • Outra cousa que di é "A súa primeira experiencia como cineasta tívoa ó finaliza-la carreira, cando realizou unha película sobre un traballo científico que estudaba a comunicación das abellas, xunto co seu amigo Guillermo Fernández Zúñiga, que despois retomaría aquel traballo co título Aventura de los ápidos Apis. [lembra que o home este era entomólogo].
  • Tamén conta que en Ourense fixera amizade con Xaquín Lorenzo e alí comezou a súa afección polo cine: "xa que formou parte dun singular equipo de filmadores, con Augusto Pacheco, Antonio Román e o propio Xocas, reunidos ás veces no estudio fotográfico de José Pacheco (pai do primeiro)". Buscarei algo que teño impreso sobre "O carro e o home", de X. Lorenzo, a ver se conta algo.

Hai, para rematar, algúns erros, cursivas, comiñas, etc, que son problema menor e que os podo cambiar eu sen problema, xa que non modifican o contido do artigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:16, 2 novembro 2009 (UTC)

  • Mándoche máis información polo correo para que teñas aínda máis que ler. Ánimo. Pedro --Lameiro (conversa) 20:41, 2 novembro 2009 (UTC)
    • Boas Prevert. Noraboa e ánimo, que está quedando moi completo. Sigo os cambios que estás introducindo e vexo que vou ter que imprimilo de novo porque está xa tan modificado que pouco ten que ver co que tiña onte. Ben. Canto ó documental das abellas, o nome lóxico é o de Aventura de los ápidos Apis, tendo en conta que era un traballo dun biólogo e esa sería unha denominación técnica que sí usaría un biólogo, e non ningunha das outras. Os ápidos son unha familia de insectos, e un dos xéneros é o Apis, que inclúe á abella común, Apis mellifera. Dubido moito que un biólogo utilizara Apíca nin Api. Canto o de Marilyn, simpklemente preguntando a san Google hai 40 millóns de Marilyn fronte a 2 millóns de Marylín. Vamos, que por goleada. Na referencia que dás "Imaxe Nº Extra": ¿"Imaxe" é o título dalgunha revista que publicou este número extra? De ser así, non podes utilizar "Nº", que só pode anteceder a un díxito, senón "Número", completo: nº 5, número cinco, número Extra. Seguiremos falando. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:23, 3 novembro 2009 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Grazas, Prevert, por estares ó loro. Vexo que xa me ides coñecendo ó supor que esas edicións na miña páxina non eran da miña man. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:20, 3 novembro 2009 (UTC)

Sobre Coruña[editar a fonte]

No me parece correcto sesgar la información sobre el topónimo de Coruña. Igual que se hace referencia a la cita sobre el "abandono" por parte del concello como se dice en la cita actual se debería haber dejado la cita de la polémica recurrente sobre el nombre para reflejar la realidad de la ciudad y, si bien es cierto que la única forma oficial es A Coruña, también es relevante la recomendación de la RAE para los hispanoshablantes. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 84.78.60.237 (conversacontribucións) ás 23:36 do 3 de novembro de 2009 (UTC)

Desfixen a edición por dúas razóns fundamentais: como autoridade sobre toponimia galega a RAE non ten ningún valor para certificar cal é o nome da Coruña, por outra banda o artigo tampouco é o sitio apropiado para ningún tipo de campaña sobre o topónimo da cidade, algo que xa está resolto no Nomenclátor da Xunta de Galicia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:28, 4 novembro 2009 (UTC)

Sempre Xonxa[editar a fonte]

Ola, acabo de engadir unha referencia da data de estrea de Sempre Xonxa no artigo do filme (espero que o fixese ben). Supoño que non cómpre meterlla tamén na páxina de efemérides, non? Saúdos, --vilachan 11:21, 4 novembro 2009 (UTC)

"Se no futuro atopo unha en galego paréceche ben que a cambie pola actual?"
  • Si, naturalmente. Se a hai en galego, mellor. Saúdos, --vilachan 17:34, 14 novembro 2009 (UTC)

Bot[editar a fonte]

Prevert, déixoche unha encarga para o bot. Non corre prés ningunha. A ver se podes facer que mude os a partires de por a partir de, porque hai máis de 400 entradas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:24, 5 novembro 2009 (UTC)

Podería o teu bot mudar todos os Moldova para Moldavia, única forma correcta segundo o VOLGa e o catálgo da RAG.--RNC 13:54, 11 novembro 2009 (UTC)
Se é o que pensas non me queda máis que aceptalo, iso si para que quedes tranquilo, ademais das referencias que che dei ao primeiro, neste caso todos os dicionarios, desde o Xerais ata o Ir Indo son unánimes, en dar como forma correcta Moldavia.--RNC 14:52, 11 novembro 2009 (UTC)
  • Prevert, podes cambiar os ademáis por ademais? Non sei se iso tamén o dá feito o bot. Polo ou polo non, eu déixocho dito. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:32, 12 novembro 2009 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Ruta Liñares de Bidul- Ponte Villabol.JPG[editar a fonte]

Grazas polo comentario sobre a torre Eiffel.

Amais diso, revisa por favor o teu voto pois propuxen unha nova versión da imaxe.

Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  20:21, 12 novembro 2009 (UTC)


Debín de ler o teu comentario o 18 de novembro (quizais antes, quizais o 17). Creo que é un comentario ó que non lle debo resposta na túa páxina de usuario; polo mesmo, no che dei resposta. Quero dicir que estou convencido de que ti e máis eu non temos problemas de trato por cuestións tan minúsculas como se un fío está rematado ou non está rematado; ademais, este fío está e estaba rematado. Sexa como sexa, agradezo e agradecín cando a lin a túa resposta; se non estivese rematado, teriámolo falado.
Agora, polo que eu me pregunto é por fíos coma estes que che presento, pero por fíos en suspenso que son creados por un administrador e que che deixan profundamente fodido por non ter continuidade cando os respondes (mais profundamente fodido porque ese sentirte colgado é o normal cando tratas con ese administrador polo correo).
Póñoche unha mostra (a última, unha máis, podo comentar outras, inda que quizais non na Galipedia)
Na páxina de conversa de User:Lameiro escribín, coa mellor intención posible, o seguinte:
==[[Gorgullo do eucalipto]]==
Excelente labor co artigo. Grazas

A esa apreciación, apreciación que non precisaba resposta, respondeu o usuario o seguinte:

Grazas, Lmbuga. Eses eloxios animan a pasa-la tarde diante do ordenador. E a ver se podes botarme unha man. Teño un mapa de Galicia coa expansión do bicho desde 1993 nos arredores de Pontevedra e Lourizán, ata o 2000, xa chegando a medio Ourense e Lugo. Moi expresivo, pero o meu editor de imaxes non me rechea esas áreas con cores: só pinta en negro. Se che mando o debuxo que fixen do mapa, escaneado e coas áreas debuxadas ¿ti podes rechearme os distintos anos con gradación de cores? Éche un favor, non unha encarga ;) Xa me dirás, e grazas de novo. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 11:35, 9 novembro 2009 (UTC)

A esa resposta, inmediatamente tras lela eu, respondín (e respondín o seguinte con toda a intención de ser servicial):

Envíamo. Se non podo cun programa podo con outro, quedará mellor ou peor, pero poder podo--'''<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:80%"> [[User:Lmbuga|Lmbuga]] / [[User talk:Lmbuga|Conversa comigo]] </span>''' 20:51, 9 novembro 2009 (UTC)

Alucinado por se ter rematado o fío, 8 días despois dei cabida a algunha saída que puidese ser respectuosa para comigo por parte do usuario ó escribir na súa páxina de conversa o seguinte:

Hai en Commons algunha imaxe sobre como se estende a praga? Eu non encontro nada. Se tes algunha ligazón a algún mapa, miro se son capaz de copialos datos --~~~~variando algún dos de Commons

Lameiro rematou o fío. Eu non sei nada. Tras dúas reflexións miñas non responde. ¿Faino por foder? Ti que pensas? ¿Será un abuso solicitar que dimita ese usuario como administrador por non estar á altura de ningunha posible circunstancia (esta era moi minúscula)? ¿Será unha inconvenencia solicitar tal cousa polo momento en que está a Galipedia? ¿Que a Galipedia estea nun momento crítico pode ser fundamento para non solicitar o que se dede solicitar? ¿Temos que soportar os usuarios actitudes como estas (que nos ninguneen) e que acaben por provocar que non colaboremos porque somos ninguneados. ¿Pensas que é un problema persoal meu (eu creo que non, por moito que se poida pensar na comundade, non son dado a probemas persoais)?

Por outra banda, non desexo ter contigo comunicación sobre a Galipedia sen ser na Galipedia mesmo. Polo que a min respecta este fío está acabado. Se respondes, ábrelo; polo que a min respecta este fío está acabado (abóndame con que Lameiro intúa o que podo pensar).

Estou en desacordo con mil cousas. En desacodo sobre todo por que moitas cousas a medio facer ou sen facer teríaas afrontado eu se tivese respaldo. Entendo que non tivese o adecuado respaldo baixo a convición de que eu non son nada do outro mundo; pero non pedía tanto, e era polo ben común, e calquera podía facelo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:18, 28 novembro 2009 (UTC)

Voulle preguntar de novo a Lameiro sobre se era unha broma pedirme axuda. Fareino respectuosamente, terei a mente en non poder ser bloqueado, o demais, vai por dentro-- Lmbuga / Conversa comigo  22:38, 28 novembro 2009 (UTC)
Escribín na páxina de Lameiro o seguinte:

:Supoño que che parece ben solicitarme colaboración, conseguir que eu cha ofreza e pasar de min. Xa me tes habituado a ese trato. Noraboa, se queres ser o mellor do mundo, acabarás probablemente por selo, pois os mellores son, seguramente, os que teñen máis capacidade para pisar ós demais. Un cordial saúdo--

-- Lmbuga / Conversa comigo  23:00, 28 novembro 2009 (UTC)

Manuel Comellas Coímbra[editar a fonte]

Estimado Prevert.

Aínda lembro anos atrás cando tanto me teras axudado co artigo de Manuel Comellas. Agora, en vista da controversia que hai arredor do artigo, he procurado engadir mais referencias que teño atopadas, así como aclarar as referencias xa postas que estaban a causar dubidas a outros wikipedistas. Lle agradecería que se pasase agora polo artigo e me dixese se mellorou algo. Estou traballando bastante en mellorar o artigo

Un cordial sáudo--El refugio de la Cultura 10:25, 5 decembro 2009 (UTC)

CopenhagueN[editar a fonte]

Prevert, cando esteas de volta a ver se podes pór a carrular o bot e que mude Copenhague por Copenhaguen, cun N. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:37, 8 decembro 2009 (UTC)

Imaxe en caixa de parroquia[editar a fonte]

Ola Prevert. A ver se me podes axudar. Non consigo que saia a imaxe na caixa de parroquia de A Barciela. Non sei se a poño ben, xa que é unha desas parroquias divididas entre dous concellos e non podo utilizar o modelo. Saúdos.--Xas (fálame) 20:39, 16 decembro 2009 (UTC)

Grazas. A ver se consigo así poñer imaxes nas outras caixas de parroquia das parroquias divididas entre dous concellos.--Xas (fálame) 21:34, 16 decembro 2009 (UTC)

Mail[editar a fonte]

Ola Prevert, desculpa polo inmenso retraso, acabo de poñer o meu mail, mantereino durante un tempo e despois retirareino por seguridade. Agardo as túas novas, un saúdo e desculpas pola demora.--Alexandre Vigo 15:11, 17 decembro 2009 (UTC)

Re: Galerías[editar a fonte]

Ola Prevert. Un pracer estar nesta páxina de novo.

Lin pola mañá a túa mensaxe. Tras lela, deixei de reparar nas novas imaxes subidas á Galipedia e púxenme a pescudar que son as categorías ocultas. Xa sei que me tes falado delas noutras ocasións, pero eu non tiña nin idea de que existían ou podían existir, nin para que podían servir.

Fai un anaco entrei na Galipedia para mirar as túas contribucións e intentar aclararme, pois gustaríame poder comprender o que son as categorías ocultas e as implicacións todas que poden ter para o traballo dos usuarios. Volvín entrar reparando na páxina de imaxes novas e non puiden evitar primeiramente marcar tres imaxes e dar dous avisos, un deses avisos foi respondido polo que eu tiven que responder inmediatamente.

Sobra dicirche que estou plenamente disposto a colaborar. Polo que intúo, tras o que vin pola mañá, poden ser útiles, pero polo de agora só son intuicións miñas, non o dou comprendido ben.

Observei que en Galería de imaxes de Burela escribiches

<!--Categorías ocultas--> 
[[Categoría:Galerías]]

Vexo que esa categoría (estou mirando as cousas mentres chas comento) non aparece na páxina Galería de imaxes de Burela, pero si existe a Categoría:Galerías cunha listaxe en que esa páxina está presente.

Tras ver a páxina Categoría:Galerías e o seu contido, entendo que sería conveniente que categorizase de xeito oculto tódalas galerías que eu cree ou coas que me encontre sen categorizar dese xeito. Agradeceríache que mo confirmases por motivos persoais: síntome máis cómodo cando estou seguro de que fago o que debo facer e sei que teño apoio (traballar en algo sen cobrar e sen sentirme cómodo amólame moito).

Vin máis tipos de categorías ocultas. Tras me responderes e estar seguro de que non me confundo nas miñas apreciacións sobre as galerías, repararei nelas.

Se ves que podo colaborar en desenvolver máis esas categorías (inda que sexan doutro tipo), faimo saber, pero explícame -agradeceríacho- un pouco máis os procedementos e a finalidade.

As únicas categorias que eu puiden ver que fosen ocultas ata o de agora son as dos usuarios de Commons (ó mellor non teñen nada que ver), por exemplo, en Commons existe a categoría Commons:Category:Lmbuga, hai imaxes categorizadas aí, pero nesas imaxes non aparece a categoría. Entendo que o procedemento técnico é outro, que a finalidade é outra, pero o feito, semellante. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  23:10, 18 decembro 2009 (UTC)

Revisei un pouco por encima algunhas das galerías que puiden crear e coloqueinas na galería oculta. Quédanme por revisar as da categoría Categoría:Imaxes de edificios e estruturas de Galicia (inda que moitas subcategorías están revisadas). Quedan tamén as categorías de concellos de Ourense, Lugo e Pontevedra. O que me pregunto agora é se será conveniente crear unha subcategoría coas galerías de concellos, por exemplo
<!--Categorías ocultas--> 
[[Categoría:Galerías de imaxes de concellos]]

Que pensas? A min paréceme que, na categoría principal, as galerías de concellos, por ser moi numerosas, estorban-- Lmbuga / Conversa comigo  16:37, 24 decembro 2009 (UTC)

Vale. Poñereime a darlle un vistazo as categorías de imaxes que quedan proximamente. Podes, se así o desexas, desentenderte delas, xa o fago eu. Case seguro que queda algunha galería sen categorizar ocultamente, pero xa se dará con ela. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  17:05, 24 decembro 2009 (UTC)

Pensei en facelo como dis. Pensei en empregar tamén, inda que non sei se sería posible "Cat scan". Ó final decidín facelo manualmente, vendo as categorías. O motivo é que penso que me convén darlle un repaso ás categorías creadas para memorizalas. Quizais tarde máis así, pero paréceme que pode ser proveitoso.

Ás veces sorprendeume saber que existían galerías que creei fai moito tempo. Outras vece, había galerías das que xa non tiña idea.

En xeral, polo que vin, as galerías de imaxes están en moi mal estado: precisan revisión. Vou intentar revisalas, pero xa son demasiadas como para que sexa exclusivamente labor meu; e inda hai que crear moitas máis. Só se me ocorre pensar nos versos de Machado ("caminante..."), pero eu non me desanimo. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  17:22, 24 decembro 2009 (UTC)

Galicia. Dominio público (Flickr)[editar a fonte]

Desexaba que estiveses ó tanto do que estou a facer, polo mesmo, coloco nesta túa páxina ligazón á comunicación que fixen na Taberna: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3AA_Taberna_%28imaxes%29&action=historysubmit&diff=1382189&oldid=1369502 . Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  00:14, 29 decembro 2009 (UTC)

Categoría:Imaxes de Flickr[editar a fonte]

Ola Prevert.

En xullo de 2007 creaches esta categoría. Non hai ningunha páxina que ligue con ela. Posiblemente eu inutilicei esa categoría ó crear Categoría:Imaxes de Flickr revisión pendente, Categoría:Imaxes de Flickr revisadas. ¿Paréceche ben que solicite o borrado de Categoría:Imaxes de Flickr? ¿Veslle algunha utilidade?. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:39, 29 decembro 2009 (UTC)

Xa lle encontrei utilidade á categoría. Era frecuente que non atopase as categorías que eu creei sobre Flickr (Categoría:Imaxes de Flickr revisión pendente, Categoría:Imaxes de Flickr revisadas), así que as categoricei nesa. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:45, 29 decembro 2009 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Mina das Pontes o 13-set-09.JPG[editar a fonte]

Ola Prevert. Moitas mensaxes che dexo estes días.

Esta é para que revises a nova imaxe que propuxen, pois xa votaras. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:15, 30 decembro 2009 (UTC)

Grupo de Flickr[editar a fonte]

Cando esteas activo, agradeceríache que me indicases cal é a mellor maneira de saber os artigos sobre parroquias sen foto (se é que sabes dalgunhas ou de como acadar información). Podería crear unha páxina no grupo de Flickr Galicia. Dominio público solicitando que se incorporasen fotos desas parroquias a ser posible. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  02:26, 7 xaneiro 2010 (UTC)

Marcador seniw en artigos de lugares de parroquias galegas[editar a fonte]

Ola.

Na Galipedia hai uns 10 artigos de lugares de parroquias galegas ós que lle puxeches o marcador {seniw}, e están, por ilo, dentro da Categoría:Wikipedia:Artigos con problemas.

Eu penso que se lle debería quitar o marcador. Son artigos que teñen interese nunha enciclopedia escrita en galego pero que seguramente non o teñen para unha enciclopedia escrita noutra lingua e seguramente xamais teñan interwiki.

De deixarlle o marcador habería que poñerllo tamén ós outros milleiros de artigos similares que temos na Galipedia.

Que pensas, quitámolos ou que? --HombreDHojalata conversa 23:45, 18 febreiro 2010 (UTC).

Procedín a retiralos, sempre estamos a tempo de volverllos a poñer. Un saúdo. --HombreDHojalata conversa 19:08, 24 febreiro 2010 (UTC).

Revogacións[editar a fonte]

Ola.

Por si fora do teu interese.

Segundo a política oficial en vigor da Galipedia Wikipedia:Elección de administradores#Procedementos, pechouse esta solicitude e pasouse á votación en Votacións á administración/Revogacións/Usuario:Andre Engels.

Saúdos --. HombreDHojalata.conversa 11:21, 25 de abril de 2010 (UTC)

Carlos V o emperador e os Habsburgo[editar a fonte]

Tal e como fan a wiki polaca, catalá, etc.., xa que realmente eran reis de Coroas diferentes, (Castela, Aragón, Paises Baixos, etc..) e o lector pode entendelos como reis dun Reino Español.O de "de España" si podemos mantelo para os Borbóns que desde o primeiro eliminaron as coroas, e si que con iso comeza a orixe da Coroa de España e finalmente do reino de España. Interesame a opinión de todos, mais a túa en principal importancia porque contribuiches no artigo. Un saúdo.--Alexandre Vigo 11:49, 25 de maio de 2010 (UTC)

En uso[editar a fonte]

Retirei o marcador {{enuso}} que ti colocaches no artigo Wikipedia:Conflito de intereses. Levaba posto ben máis dun mes. Dígocho por se non estás de acordo, para que podas reverter a miña edición. Un saúdo. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 17:22, 20 de xuño de 2010 (UTC)