Conversa usuario:Azote Galaico

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Azote Galaico!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 17:10, 23 setembro 2009 (UTC)

Ola, Azote Galaico. Tiven que borrar o artigo que creaches sobre a SD Pol porque os seus contidos foran copiados de fontes que teñen copyright, e na wikipedia só se pode incluír información que estea libre de dereitos. Se tes algunha dúbida sobre esta cuestión, ou sobre outras, pregúntame a min ou a outros colaboradores da wikipedia. Un saúdo.--Xabier Cid Conversa 19:05, 25 setembro 2009 (UTC)

  • Borro por segunda vez o artigo e pola mesma razón: violación do copyright. Usuario Azote: crear artigos na Galipedia con textos sometidos a dereitos de autor é inaceptable, e facelo por dúas veces é máis grave aínda. Pedro --Lameiro (conversa) 18:53, 1 outubro 2009 (UTC)
Ola, AzoteGalaico. Non te preocupes. Si que podes crear un artigo sobre a SD Pol ou sobre outro equipo de fútbol, pero ten que ser escribindo coas túas palabras a información relevante que haxa noutras fontes, non cortando e pegando contidos que están suxeitos a copyright. Se tes calquera dúbida, pregúntame sen medo. --Xabier Cid Conversa 16:59, 2 outubro 2009 (UTC)
Ola de novo, Azote Galaico. Agora xa está moito mellor. De todos os xeitos borrei pate do contido que publicaras, sobre a previsión de construír un estadio ou non, porque a wikipedia non pode ser un xornal de actividade. Era ben tamén que actualziases os datos das tempadas. Normalmente póñense a tempada vencida (é dicir, neste caso, 08/09, porque senón habería que actualizar todos os datos de todos os equipos todas as semanas. Podes buscar ti como quedou o Pol na tempada pasada e completarllo? Un saúdo --Xabier Cid Conversa 20:39, 4 outubro 2009 (UTC)

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Estas imaxes serán borradas por non se poder comprobar a licenza
Image:Escudopol.JPG
Ficheiro:Polxuvenil.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Escudopol.JPG', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes



Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo -- Lmbuga / Conversa comigo  20:40, 4 outubro 2009 (UTC)

Ola, Azote Galaico. Vou tentar explicacho, :) A información que dás é correcta, pero como non a escribiches da forma correcta, pode dar lugar a malentendidos. De feito, o que ti fixeches é o mesmo que fai xente que en realidade non posúe os dereitos sobre esas imaxes, así que o que che pide Lmbuga é un esforciño a maiores para clarificar a orixe.

Basicamente podes copiar isto:


{| id="toc" style="margin: 0% 0% 0% 0%; "

Orixe/Source: Galipedia, a wikipedia en galego
Autor/Author: Azote Galaico
Copyright: PD
Publicada por/Publish by: Azote Galaico
Data/Date: Aquí a data
Outros datos/Other data: Aquí a descrición da foto, que podes poñela en galego ou se prefires en galego e inglés.

|}


e cubrir eses datos na páxina da foto, baixo o apartado de Licenza. Con iso, e mantendo o marcador de Public Domain que xa tes, debería chegar. Bueno, iso, claro, supondo que ti efectivamente es o autor da foto e ademais quen a publica. Se ti non es o autor teriamos que facer outras cousas, ok?

Se tes calquera dúbida, avísame. Tamén podes preguntarlle a Lmbuga, que é quen máis sabe de imaxes. --Xabier Cid Conversa 11:50, 6 outubro 2009 (UTC)

Por certo, que coa foto do equipo hai outro problema, pero xa non ten unha solución inmediata. Estamos debatendo sobre se se debería incluír unha foto de menores... bótalle un ollo á conversa da imaxe, e entenderalo mellor. É a primeira vez que sucede algo así (que lembremos), e por iso non existe aínda un criterio de actuación na Galipedia. :) --Xabier Cid Conversa 12:52, 6 outubro 2009 (UTC)

Escudo SD Pol[editar a fonte]

Ola Azote Galaico. Na imaxe Ficheiro:Escudopol.JPG trasladei os datos que puxeches ao modelo que se usa na Galipedia para que se visualicen correctamente, se lle botas unha ollada poderás tomalo como exemplo para outros casos. Revisa os datos para comprobar que non hai ningún erro. O procedemento a seguir despois de facer as comprobación e deixarlle unha mensaxe ao colaborador que te avisou do problema (Lmbuga) para preguntarlle se xa está corrixido. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:07, 6 outubro 2009 (UTC)

Para que desapareza a mensaxe tes que esperar a que volva a pasar Lmbuga pola Galipedia e revise o cadro. Agora só queda esperar, se hai algún problema máis xa te avisaran. En canto á imaxe do equipo como dixo Xabier Cid iso vai ir máis lento pero os datos que achegaches na páxina de conversa poden axudar a aclarar a situación, se atopas o enlace na web de El Progreso onde aparece publicada a fotografía pode ser de axuda. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:16, 6 outubro 2009 (UTC)
Aquí estamos para o que se poida axudar. Pouco a pouco xa irás aprendendo o funcionamento do wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:32, 6 outubro 2009 (UTC)
Corrixín os datos dunha das imaxes e retirei a etiqueta de ausencia de orixe de ámbalas dúas. Sobre a do equpo de fútbol fixen un breve comentario nada determinante na páxina de discusión. Grazas pola túa paciencia e colaboración. Espero poder ver proximamente máis imaxes túas. Contacta comigo para o que desexes. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  08:31, 7 outubro 2009 (UTC)