Conversa usuario:Prevert/arquivo 4

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Por favor: engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non se esqueza de asinar (co segundo botón pola dereita da caixa de edición http://gl.wikipedia.org/style/images/button_sig.png, ou con catro ~~~~, ou na parte inferior co primeiro signo pola dereita dos caracteres especiais).

Mensaxes antigas:



de sobreira[editar a fonte]

  • ¿que significa o de "mensaxes predifinidas" na portada (en Wikipedia ou Axuda, abaixo á dereita en amarelo)? ¿é o dos templates?

user talk:sobreira, Mércores, 02 de marzo de 2005

  • Xa sei, que xa mo explicaras. Simplemente o digo porque está na portada coma ligazón vermella e estráñame que sexa iso e non estea creada: fíxena eu coas túas explicacións, espero que non te importe. Se falta algo podes completalo (wikt,source). Grazas.

--Sobreira 19:22, 2 Mar 2005 (UTC)

  • Vin que estabas creando categs de concellos e dispúxenme a rematar o que dixeras unha vez, (de que os lugares ou parroquias estivesen categorizados en cadanseu concello pero non na categ. LUGARES E PARROQUIAS), así que xa o rematei. Supoño que o nome de Bexán non está normalizado, así que lle puxen "-, Cospeito". Supoño que o de mover, se non entendo mal, en realidade é fusionar, ¿non? Entendo que é para borrar o vello, que só o pode facer un administrador (¿ou ti tamén?). Agora xa podo marchar tranquilo. Terra e liberdade!

--Sobreira 17:40, 6 Mar 2005 (UTC)

  • O de mover faise cunha mensaxe predefinida (ou copias e no orixinal ponse BORRAR)?
  • Caracoles! Puxen unha proposta sobre categorías en Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Xeral e ninguén escribiu. Non está en bo sitio??

--Sobreira 00:08, 12 Mar 2005 (UTC)

  • Sobre o de category:Personalidades asumo que, como ninguen dixo nada, esta aceptado. Asi que irei categorizando xa en consecuencia. Estas ultimas semanas estiven ausente da rede porque tiña que facer, pero vou volver á carga (teño algunhas cousiñas feitas de casa). Saudiños.

--Sobreira 17:27, 23 Mar 2005 (UTC)

  • Opino o mesmo ca ti: son consciente dese problema (do nome de PERSONALIDADES DA DIRECCIÓN ou DA ACTUACIÓN) e por iso aínda non me metín nesa parte das categorías. Xa xurdirá algunha idea, somos moitos a pensar... :)
  • Por certo, estiven pensando en dividir P. DA ASTRONOMÍA de ASTRONÁUTICA e P. DA ASTRONÁUTICA (Buzz Aldrin);
  • Tamén estiven pensando (penso demasiado) en que XEOGRAFÍA non é moi coherente no referente a que dentro de PAÍSES se mete EUROPA e logo os países e logo as cidades: todo se arranxaría renomeando PAÍSES DE EUROPA, pero xa o explicarei máis polo miúdo;
  • Estou preparando o texto de Transliteración onde quero reflectir os problemas que produce o noso método de títulos de artigos;
  • Tamén teño cousas sobre algúns lugares xeográficos e sobre a miña materia de antropoloxía física, pero creo que non vou subilos ata que os teña completos;

--Sobreira 20:55, 28 Mar 2005 (UTC)

  1. Sobre o de xeografía: o problema resulta cando hai que incluír deserto de Libia: ¿en África, en Libia, en Xeografía física? ¿e o Sáhara? ¿e os Pireneos? ¿e Alsacia, francesa inda que no seu tempo alemana?
  2. Sobre o dos títulos refírome ó sistema de transcrición: xa estou ó tanto do problema New York-Nova York-Nova Iorque; ou Bos Aires-Buenos Aires. Sen animo de amolar, sinalarei que hai máis problemas ca eses se se quere ser consecuente:
    • ¿München traducido por Múnich (e como se pronuncia, ¿á normativa española ("múnik") ou como se le en galego ("múnitx")?), seguramente por influencia do inglés, pero Frankfurt non?
    • ¿entón porque non se adapta Madrid por Madride, ou Valadolide (non fagamos coma Franco, que non sabía adaptar topónimos e dicía cousas coma Carballino ou Chandreja de Queija)? ¿É necesario traducilo?
    • ¿porque adaptar La Rioja, Guadalajara ou Badajoz se tódolos galegos sabemos castelán? ¿ou é que se nos trata de ignorantes? ¿ou é diferencialismo? ¿ou a outra postura é un cosmopolitismo endémico das linguas minorizadas e aínda non normalizadas?
    • Mainz-Maintz-Maints-Maguncia ¿si ou non?
    • ¿Aachen-Aquisgrán fronte a Aux-la-chapelle?
    • ¿Que vai pasar coa capital de Irlanda?: ¿Galego-Inglés-Gaélico?
    • ¿e coa de Sudáfrica con 12 linguas oficiais?
    • Khartoum-Khartum-Khartúm-Khartún-Ghartúm-Jartum-Jartoum-Djartum-Djartoum-Xartum-Xartún,
    • Djiboutí-Jiboutí-Djibutí-Jibutí-Xibutí, ou
    • Mogadiscio-Mogadishu-Mogadixu-Mugadixu (todos dependendo de como se pronuncie e escriba na lingua orixinal e a técnica de adaptación utilizada, e iso sen meterse co chinés).

Pero todo isto cando teña tempo e redacte a visión teórica sobre este tema en transliteración e transcrición. De momento só estou organizando as miñas ideas.

--Sobreira 21:39, 28 Mar 2005 (UTC)

Quixen subir imaxes de comunidades autónomas que fixen na casa pero non me fai caso: chámanse ComAutAND.jpg e ComAutCAT.jpg e están postas para Andalucía e Cataluña. Teño máis, pero como non se ven non se ven: ¿porqué?

--Sobreira 17:55, 30 Mar 2005 (UTC)

  • O certo é que non é a primeira vez que o redirecciono en bucle. Fágoo para que non conte a redirixida coma artigo, pero para que apareza no artigo final coma enlace (porque de feito esa ligazón tamén vai poder aparecer en calquera páxina) [Non ten importancia: interésame que estea ligada porque así aparece resaltada];
  • Das imaxes ben: pode comprobarse en Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria,Euskadi, Catalunya, Illas Baleares e Illas Canarias. De paso xa lles fun poñendo o primeiro texto que se me ía ocorrendo, a imaxe, a categoría e marcador de CCAA_España. Agora que me decato, fáltame o marcador de BORRADOR. [O do fallo nas imaxes sí era polo que ti dicias de RBG - CMYG]
  • Fun poñendo ademais Cádiz distinto de Provincia de Cádiz (e ligazóns), en analoxía con Lugo e Provincia de Lugo (só atopei o caso de Cádiz);
  • Mira a solución para cidades galegas: CIDADES DE ESPAÑA inclúe CIDADES GALEGAS; Meto PROVINCIA DE LUGO en PROVINCIAS DE ESPAÑA tamen e xa estaba en GALICIA.

--Sobreira 14:58, 6 Abr 2005 (UTC)

  • Como era a frecha? &arr ou algo asin...
  • Xa esta, xa o atopei: → = "& rarr"; ata mañá

--Sobreira 18:58, 8 Abr 2005 (UTC)

  • Perdón por non responder antes, pero non mirara a túa mensaxe. Non o acabo de ver moito: ¿falas de separar ACTORES de ACTRICES e DIRECTORES de DIRECTORAS? Neses casos en concreto non sei... O que sí se pode facer é xuntar PERSONALIDADES DA XEOGRAFÍA con PERSONALIDADES DA EXPLORACIÓN (cando haxa 50 artigos xa se separarían se cómpre)

--Sobreira 18:56, 11 Abr 2005 (UTC)

  • Que vai pasar cos mapas das comunidades que xa teñen mapa (CATALUÑA, GALIZA, VALENCIA e MADRID)?

--Sobreira 13:50, 13 Abr 2005 (UTC)

  • Punto 1: sobre PERSONALIDADES DE XEOGRAFIA e PERSONALIDADES DA EXPLORACION creo que seria mellor usar o primeiro co' segundo: os exploradores (Livingstone, Stanley, Almasy, Thesiger, Lawrence de Arabia [que estou preparando]) son das duas categorias, pero os cartografos, xeografos teoricos, profesionais da xeodesia e xeometria, topografos, etc. so poden entrar na primeira.
  • Punto 2: independentemente dos mapas das autonomias, teño xa os mapas de igual formato para as provincias. ¿Existe algun metodo para metelas todas xuntas? Preguntocho a ti por que poida que teñas ti (ou algun administrador ou burocrata) un acceso que che permita un sistema masivo (son 52, incluindo Ceuta e Melilla) e se ti vas tardar 5 minutos e eu 50 seria mellor que chas enviase por correo e, se fas o favor, metelas ti. A miña idea é a de facer un indice temporal para que os contribuintes saiban como se chaman as imaxes, algo asi como en:Gallery of flags.
  • Punto 3: estiven lendo o da discusion de Guerra civil española. Estou de acordo pero de momento non vou opinar. A miña pregunta é: ¿que lle pasa ao artigo de Israel? ¿Onde esta a polemica? (cal é a cuestion que crea polemica & en que lugar esta descrita) Digoo porque na sua paxina de discusion non hai nada.
  • Punto 4: hai tempo baixei de metawiki os arquivos mediawiki-1.3.11.tar e pmwiki-2.0.beta22 para intentar corrixir as cousas que fago na casa. O meu irman deixoume o seu PC e sei que ten instalado Apache e MySQL: eu non o sei case usar, pero sei entrar. ¿Servenme para emular o editor en casa (sen conexion)? ¿tamen edita as formulas? (agora que dou clases de mates e fisica estou facendo cousas como trigonometría, combinatoria, serie, numero, díxito, cifra (proxima aparicion: se non estan xa e porque un dia traballei con "Amosar vista previa" e perdino todo), derivada e alcance.

Saudiños e sinto non estar agora tanto coma hai un mes, pero as obrigas vanme chamando.... --Sobreira 18:48, 22 Abr 2005 (UTC)

  • Ola outra vez. Sobre o de EXPLORADORES discrepo: teño na casa o texto de varias exploradoras do deserto que farei algún día. Por certo, cando mirei a categoría desertos boteime unhas risas pola súa existencia (é boa idea). Cambiei algunha cousa para alí. Xa sei que a categoría de xeografía xa se discutiu, pero non sei se reabrir o debate: que tal
  • Gracias por meter os mapas nas provincias galegas, eu non me daba conta e se me pasaría
  • Do de políticos, sinto ser aburrido: ¿PERSONALIDADES DA POLÍTICA? O de MONARCAS está ben. A miña idea inicial é PERSONALIDADES que agrupa a tódalas biografías (inda que se chame así), encabezadas con PERSONALIDADES DE.... Para que non estean os políticos dentro dos históricos, clasifícanse os dous directamente en PERSONALIDADES. Así:
  1. PERSONALIDADES
    1. PERS DA POLÍTICA (non tódolos políticos/as son históricos/as)
    2. PERS DA HISTORIA (non tódolos históricos/as son políticos/as) eu aquí deixaría os que non están en ningunha outra categoría de PERSONALIDADES (se están nunha enciclopedia é porque son históricos, fixesen o que fixesen)
    3. PERS...etc.
  • Cría que os nomes dos artigos non podían ter parénteses. Agora seráme máis doado crear
  • Impresionante o do "bot" de Vesta: ¿é automático para tódolos artigos que teñen unha palabra determinada no título?
  • Do de mediawiki creo entón que non o entendín. Eu quería poder traballar co Notepad.exe na casa e ir comprobando os resultados. De momento teño unha macro de word que me fai as negriñas e cursivas e ligazóns como o botón da wikibarra de ferramentas. ¿Non se pode ter un entorno completo entón?

--Sobreira 20:59, 24 Abr 2005 (UTC)

  • Se prefires vou poñendo novos epígrafes ó final cada vez que poño unha nova mensaxe;
  • Non pasa nada por non responder no momento nun día: eu teño ese mal costume e seica non che gusta, así que tampouco podo protestar se che pasa a ti;
  • De BIOGRAFÍAS, xa tiña a idea de que a iríamos borrar...
  • No relativo a Wikipedia:Categorías tamén debería poñerme a actualizar a árbore de wikipedia:wikiproxecto Categorías/Índice temático de categorías
  • Se vas a páxinas sen categoria sáenche xusto 1000 (e todos son datas ou ben artigos con inicial menor a Electrólise) a ti tamén ou é problema da caché do meu navegador??

--Sobreira 17:28, 25 Abr 2005 (UTC)

Imaxe errónea que xa está ben[editar a fonte]

Deixarache unha mensaxe dunha imaxe que cargara mal para que a borraras, como corrixin o erro, borrei a mensaxe para que non borres a imaxe, ás veces co Firefox teño problemas coas imaxes, mentres que co Internet Explorer teño problemas co texto (ás veces cando gardo a páxina o navegador péchase),saúdos --Rocastelo 22:56, 6 Mar 2005 (UTC)

Novos colaboradores[editar a fonte]

Grazas pola información. A verdade é que levaba vários meses tentando inteirarme de como funcionaba todo isto antes de meter-me máis a traballar, pero vexo que ainda se me escapan bastantes cousas. :-(

Isto leva-me a comentar (e supoño que o teria que facer na taberna, non?) que para quen chega á Galipedia é ainda un pouco confuso saber por onde comezar. Vai á páxina de portada e tenta mirá-la cos ollos de alguén que acaba de aterrar nela: onde fai clic primeiro? Creo que nalgun momento haberá que refacer un pouco todo e reducir o número de sitios aos que se pode ir. Polo de agora quen nos estamos metendo nisto somos xente moi motivada, supoño, e con certas habilidades informáticas. Pero a Galipedia ainda non é unha referéncia á que se acuda con frecuéncia; sen embargo, para cando pasemos os 10.000 artigos (por certo, pon-se o punto dos millares?), que supoño que será durante o próximo verao, haberá que redeseñá-la. Non é unha proposta para agora, ainda que se agradeceria algo máis de simplicidade. Un saúdo. Xosé 19:24, 8 Mar 2005 (UTC)

Penso que a redirección de Bombai está errada, segundo as normas da Galipedia ten que ser redirixida á lingua oficial, en Bombai é o marathi, non o hindi, como podes ver nesta páxina oficial de turismo do goberno de Maharashtra, polo que a redirección correcta debería ser Bombai - मुम़बई, saúdos, e agardemos que o impasse da Galipedia sexa para coller pulos --Rocastelo 12:17, 12 Mar 2005 (UTC)

  • A que non tiveches a ocasión de ver un pouco ao que estan a facer polas wiki foráneas. Onte para responderlle unhas dúbidas dun compañeiro encontreime cunha sopresa (un tanto desagradable; pois considero que vai contra un dos principios desta galipedia). o cal agregei o seguinte aspacto "Aproveito aqui para reseñar algo que nun momento se dicia que non, e que este proxecto é sen ánimo de lucro; [1] non o deben de opinar asi os alemáns xa que o contido da sua wiki pasarono a un Cd's con vistas a distribuición (do cal sempre haberá quen lle saque partido das vendas)". un saudo--Xelo2004(talk) 15:46, 15 Mar 2005 (UTC)

Software[editar a fonte]

  • Teño unha dúbida. Na Taberna/propostas mencionas o seguinte: "penso que é mellor deixalo como está ata que os encargados do software MediaWiki decidan cambialo en novas versións do software". Tiña entendido que facía faia un programa para poder traballar mellor nesta galipedia, polo que andiven hai un tempo na procural del e tan só logrei baixar dos archivos comprimidos que daban a entender que estaban en galego (un de uns 2 Mb e o outro duns 19 Mb) achandome coa sorpresa de que só contiñan texto, e nengún executable, polo que men sentin máis perdido que o virgo da xoana. ¿existe o mencionado software e onde se pode baixar para instalalo no meu ordenador?. Pois polo de agora teño que vir a paxína web e rexistrarme e colga-los artigos que teño (e de paso bou pouco a pouco) facendo cun procesador de textos. un saudo--Xelo2004(talk) 16:22, 15 Mar 2005 (UTC)

Gracias pola benvida[editar a fonte]

Espero poder contribuir a que a Galipedia sexa cada vez máis interesante e útil. Non sei canto poderei adicarlle, pero procurarei que sexa o máis posible. Un saudo, --Magadevigo 12:14, 16 Mar 2005 (UTC)


Ola, Prevert. Coido que debera cambiarse a referencia de Xenebra - Genf para Xenebra - Genève. --Agremon 09:03, 18 Mar 2005 (UTC)

  • Totalmente de acordo, en Suíza o francés, alemán, italiano e romanche son as oficiais do Estado, pero cada cantón ten as linguas oficiais que estime pertinente (é un estado confederal con todas as consecuencias), e en Xenebra o alemán non ten status de oficialidade, e o topónimo Genf non é oficial. Débense utilizar topónimos oficiais, e Genf non é un toponimo oficialmente recoñecido na cidade.--Rocastelo 17:20, 18 Mar 2005 (UTC)
  • Penso que unicamente hai que seguir as normas do Wikiproxecto de toponimia, literalmente di: Tanto en nome de cidades como de países (en caso de existir) utilízase o mesmo criterio que nas cidades con nomes cooficiais (Nos títulos das páxinas úsase o nome galego xunto co nome oficial segundo a lexislación oficial). Exemplos: Portugal o título da páxina inclúe un so termo porque Portugal sería o nome do país en Portugal e en Galicia, en cambio Suecia - Sverige, Suecia inclúe os nomes en galego e en sueco. Créase unha páxina chamada Suecia que se redirixe a Suecia - Sverige. Na parte superior da páxina indícase o nome do país en alomenos catro idiomas que son: galego, idioma orixinal, e calquera outros dous (escollendo mellor os nomes do país máis coñecidos). Exemplo: En galego: Suecia, En sueco: Sverige, En portugués: Suécia, En inglés: Sweden.

Como podes ver fala de nomes oficiais, e repito en Xenebra o toponimo Genf non é oficial, que o alemán sexa a lingua máis falada en Suíza non implica que os seus topónimos sexan oficiais en todos os cantóns e cidades.--Rocastelo 17:44, 18 Mar 2005 (UTC)

Fotogramas[editar a fonte]

Na wikipedia inglesa teñen o modelo de captura de programas ou películas, poderiamos adaptala ou crear unha específica de fotogramas.--Rocastelo 23:27, 18 Mar 2005 (UTC)

  • Hola, queria preguntarche se sabes algo se a final se lle concedera permiso o te amigo para poder publica-las fotos "via satelite" das poboación de españa (como a que hai de mostra no artigo de Baleira/Martin. (coido que co atragantados que son os do estado o mellor lle dixeron que non, tampouco non seu, xa que tipico do estado agarrar pero non dar). Anticipoche que ultimamente ando moi lento nesto das colaboranción xa que ando con probas e chequeos medicos, para as vindeiras semanas poder incorporarme o traballo, coma non quere, tamen, xa do dixen nun momento dado ando a coidar dos miores e iso repercute nas miñas aportacións neste proxecto polo que so conecto internet en contadas ocasións. un saudo--Xelo2004(talk) 16:07, 25 Mar 2005 (UTC)

Estás en todo!--Agremon(contacto) 22:49, 26 Mar 2005 (UTC)

Espera uns días máis...--Agremon(contacto) 23:21, 26 Mar 2005 (UTC)

Saíra outro máis en papel e non me decatara. A copia electónica está en [2], na páxina 7.--Agremon(contacto) 14:34, 30 Mar 2005 (UTC)

A súa Resposta, Grazas[editar a fonte]

xa che respondin, saudos e case que me bou a descansar que maña toca diana cedo e o 4 deste mes escomenzo de novo no traballo "o pé do canón" haber canto aguanto, polo que pasarei ca colaborar pola noite e os fins de semana (que non teña sesion foto grafica, (case que xa teño toda a muralla de lugo fotografada).--Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:41, 28 Mar 2005 (UTC)

  • Vaia, diaños, nin que realmente foras de Canada. Anticipoche que chegado o momento, a pesardes do artigo, todavia ten moito que ver e que saber dela. Asi que segues invitado--Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 18:45, 29 Mar 2005 (UTC)

Personalidade oculta[editar a fonte]

Si, a mensaxe é miña. Estaba nun ordenador público e non me rexistrara. Pero si é certo que cabe a posibilidade de que alguén se faga pasar por outra persoa, non me decatara. Uhmm. Mesmo agora, pode que non sexa realmente eu... :-O Xosé(Falarlle) 13:38, 30 Mar 2005 (UTC)


Recordo O profesor chiflado, por suposto. Puxeran un ciclo de Jerry Lewis na tele... hai tantos anos!! O do xeito de editar é que é precisamente unha das cousas que me gustaría que se acordase nalgun sitio (pode que xa estexa por aí ou que recorde retazos doutras wikipedias, non sei). Ás veces é difícil seguir os fios das conversas. Ah, e teño moito sentido do humor (ás veces demasiado, e no momento inapropriado).

Sobre as edicións que desfixeche, vexo unha sobre A Mezquita desde a mesma IP. Non fun eu; esta mañá só fixen ese comentario sobre os galifantes. Xosé(Falarlle) 14:25, 30 Mar 2005 (UTC)



Listaxe alfabética fronte a Listaxe ordenada[editar a fonte]

Antes de facer-la Listaxe alfabética de elementos químicos vin que algúns artigos dos propios elementos ligaban con ese título. O artigo de Listaxe ordenada de elementos químicos non ligaba procedente de ningún elemento, por eso a fixen baixo ese nome. De tódolos xeitos son dous artigos distintos (sendo puristas, claro). Un saúdo. --Adalbertofrenesi(talk) 16:07, 30 Mar 2005 (UTC)

Usuarios[editar a fonte]

Temos dous novos usuarios: un deles polo que me pareceu enterder e administrador de seccion Commons ou anda a tomarno-lo pelo. Por outra una usuaria (que quizais estea desinformada) ver portada expón o tema que nin que fuse a mesma virxe, o caso e revisado e mesmo historia consta dendo 6 de novembro do 2003 (modificado varias datas por alguns usuarios), non apercibo que haia engadido nengunha aprotacion a este proxecto. polo que seria mello borrar a paxina de usuario e a de discusion --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:16, 30 Mar 2005 (UTC)

Buzon e asociados[editar a fonte]

mandeiche un correo en privado, polo demais ando haber se fusiono os datos que xa ten Agremón no artigo de Ribadeo con outros dos que dispoño eu a maiores, tratando de segui-la liña proposta polo artigo do concello de Abadín. O que non vin é unha template polo tema das parroquias de Ribadeo. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 22:53, 1 Abr 2005 (UTC)

  • Dacorco xa onte che remitin dous correos e na páxina de Agremón lle comento que ti xa tes as chaves pero ademáis comentolle outras cousas con referente o mesmo, votalle unha ollada, e se eso mirase de abrir novo debate.

Tamen xa publiquei algo na seccion de novas con referente a google. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:17, 2 Abr 2005 (UTC)

Copia base de dados[editar a fonte]

Ola Prevert. Teño dificultades co Httwebtrack para facer a copia da web da wikipedia (seguramente pola configuración, pero non dou co tema). Probaches ti a facelo?--Agremon(contacto) 20:48, 2 Abr 2005 (UTC)

Co que tes está OK. Revisarei a páxina que dis. Agora voume durmir, se podo. Ata outra.--Agremon(contacto) 22:45, 2 Abr 2005 (UTC)

Orde alfabética nas categorías[editar a fonte]

Na categoría Guerras e na súa subcategoría Batallas,non aparecen as entradas en orde alfabética, ¿de que xeito a inserción automática dunha entrada categorizada pode ser engadida mantendo a orde? ¿Ou hai que facelo a mán? E se é así, ¿como se fai? --Adalbertofrenesi(talk) 15:28, 7 Abr 2005 (UTC)

Cronoloxía URSS[editar a fonte]

Quedou moi bonita ;) só unha cousa, ¿o nome de Mikhail Gorbachev en galego non sería máis correcto Mijaíl Gorbachov ou Mihaíl Gorbachov?

Por certo, estoume documentando sobre os presidentes galegos (aínda non teño claro se debería incluír entre eles ós presidentes das xuntas que se crearon na década de 1840), a ver se aprendo cómo se fan e fago unha cronoloxía similar a esta ;) --Alyssalover(fálame) 11:12, 8 Abr 2005 (UTC)

Comentario[editar a fonte]

Sen dúbida o último que quero é provocar interminabeis discusións que nunca levan a ningún lado. E é irónico, porque aquel artigo... o escribira eu, sempre moderación e calma, iso é bó. --Adalbertofrenesi(talk) 17:34, 8 Abr 2005 (UTC)

Crononoloxía presidentes galegos[editar a fonte]

Pódes botarlle un vistazo eiquí saúdos --Alyssalover(fálame) 09:46, 9 Abr 2005 (UTC)


  • Os outros presidentes foron Xosé María Suances, presidente da Xunta Central de Galicia creada en 1943 que reclamaba a dimisión de Espartero e Pío Rodríguez Terrazo, presidente da Xunta Superior do Gogerno de Galicia creada en 1846, que foi asasinado xunto cos Mártires de Carral o 26 de abril de 1846. Ademáis durante a guerra de independenza (1808) esistiu a Xunta Suprema de Galicia (non atopei o nome do seu presidente por ningunha parte) que formou un goberno completamente independente (recaudando impostos, creando un exército proprio e controlando as fronteiras e camiños) para loitar contra os franceses. Un saúdo --Alyssalover(fálame) 10:19, 9 Abr 2005 (UTC)

Fixeime en que nos artigos sobre as letras do alfabeto hai un apartado cunha lista de entradas da enciclopedia que comezan por cada letra. ¿O obxetivo diso sería facer unha lista con TÓDALAS palabras que comezan por cada letra ou só unha mostra das mesmas? pregúntoo porque ó crear novas entradas nunca as engadín a esas listas

Un saúdo --Alyssalover(fálame) 19:02, 9 Abr 2005 (UTC)

  • Nese caso penso que estaría ben avisar na taberna porque hay xente que todavía engade ligazóns a esas páxinas e se o software o fai automáticamente é unha perda de tempo que o fagan ;) Saúdos --Alyssalover(fálame) 07:56, 10 Abr 2005 (UTC)
  • Noutra orde de cousas, fai tempo dixerasme quizais se poda facer maís adiante un mapa, para poñer en Galicia-Galiza, resaltando as sete cidades de Galicia e as 12 vilas máis poboadas noutra cor. Penso que podería facelo (e seguramente rematalo hoxe mesmo) ¿qué nome pensas que lle debería por? ¿tes algunha suxerencia en especial para ese mapa? Está claro cales son as 7 cidades máis importantes pero ¿cales son as 12 vilas máis poboadas? Un saúdo --Alyssalover(fálame) 08:15, 10 Abr 2005 (UTC)
  • A ver que che parece. Por certo, ¿en qué parte do artigo Galicia/Galiza debería ir? ¿Administración do Territorio? ¿Vilas? ¿Xeografía? Tamén pensei en facer un mapa de cores segundo a poboazón total ou a densidade de poboazón dos concellos --Alyssalover(fálame) 12:07, 10 Abr 2005 (UTC)
  • listo. Xa sabes que se cres que fai falta algún outro mapa podes pedirmo sen nengún problema ;) --Alyssalover(fálame) 13:52, 10 Abr 2005 (UTC)

Maori e New Zealand[editar a fonte]

Greetings, mi:User talk:Prevert, from the country most distant from Galiza!

I hope you can write many articles here about New Zealand, and about the Maori people in particular. mi:Wikipedia:Wikipedia English Language articles about Maori subjects may be helpful.

Robin Patterson 05:28, 10 Abr 2005 (UTC)

Vin un pequeño erro no cadro concello.inf (no apartado de votos en branco) non aparece os datos estimativos. polo demais coido que do que queda eiqui a martes (vaise le unha sorpresa Agremon), inxerir-lo outros datos que falta (ou tan sequera as parroquias), xa que ando a quitarme horas de sono e marchas forzadas. un saudo --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 11:42, 10 Abr 2005 (UTC)


Pura casualidade[editar a fonte]

Historia é a Historia de erros e imprevistos... jeje: Penicilina, Corn Flakes, etc... Un saúdo. --Adalbertofrenesi(talk) 18:35, 11 Abr 2005 (UTC)

Gráficos estilo Erik Zachte[editar a fonte]

Non hai problema ;) Un saúdo --Alyssalover(fálame) 18:50, 11 Abr 2005 (UTC)

Graziñas pola benvida[editar a fonte]

A verdade é que me rexistrei mais por apoiar a causa que por participar, xa que me conecto desde o choio, e ademais non acabo de pillar moi ben o de escribir con simboliños ( son un negado...). Se participei en algo so foi porque a definición de Charles Chaplin me deixou a boca aberta de duas cuartas, pola tarde cando quixen poñer algo mais xa vin que estaba redireccionada a unha páxina boísisisisima. Polos meus estudos e aficións tratarei (ollo : tratarei) de facer algo en politica, cine e paises. ( vaia, que alguén poña os enlaces destas palabras que eu podo facer un estropicio). Ño!! o xefe, deixovos, un saudo!--Osk 09:43, 15 Abr 2005 (UTC)

PD tampouco me sae o chisme ese de "editar"--Osk 09:48, 15 Abr 2005 (UTC)


Rasmussen[editar a fonte]

Pensei que ao mover Anders Fogh Rasmussen a Anders Rasmusen ía quedar clasificado no R pero segue no F. Realmente o apelido é Rasmusen (aínda que en moitos países xermánicos o segundo nome actúa como un apelido ao permitir distinguir as persoas, sobre todo cando se teñen apelidos moi comúns)--Rocastelo 09:35, 16 Abr 2005 (UTC)

A petición do usuario Gangleri fixen o modelo de imaxes xa en Commons [3], mira a ver se cres necesario modificar algunha cousa, saúdos.--Rocastelo 16:01, 17 Abr 2005 (UTC)

  • De feito fíxeno a petición dun administrador de Commons ( que tamén o solicitou noutras wikis), temos moitas imaxes collidas da Wikipedia inglesa, castelán... que de se incorporar a Commons dende esas wikis tamén nos afecta a nós e podemos elimar as nosas sen perda da imaxe.--Rocastelo 16:11, 19 Abr 2005 (UTC)

Interwikis[editar a fonte]

Houbo algunha discusión na Galipedia sobre como colocar os interwikis?, penso que non, pero non o sei certo. Eu ás veces colócoos polos nomes dos códigos e outras polo nome das linguas en galego, pero non teño un criterio claro.--Rocastelo 16:28, 20 Abr 2005 (UTC)

Thank you Prevert for the "Welcome" message and for your support! Best regards Gangleri 19:39, 20 Abr 2005 (UTC)

Administradores[editar a fonte]

  • Boas, estiven vendo as estadisticas da galipedia e atopo coas estadisticas basicas da galipedia, pero unha cousa non coincide, no apartado do das estadisticas de usuario dise que hai 11 administradores, pero a páxina que fai referencia non se corresponde coa que ten que ser xa que trata sobre os administradores que buscan o estatus de burócrata. saudos --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 22:03, 20 Abr 2005 (UTC)

Conflitos de edición[editar a fonte]

Xa, pero que pasa cando a edición era unha corrección lingüística, por exemplo? Se alguén introduciu palabras polo meio, mudou texto, etc. é imposíbel reusar o que xa fixeche. Sei-no porque me ten pasado. Non é aumentar un parágrafo ao final, é mudar un acento aqui, colocar un vínculo, introducir unha vírgular, por en cursiva, etc. Xosé(Falarlle) 20:53, 22 Abr 2005 (UTC)

O meu maorí é case nulo, pero creo que Perehitini o Karihia quere dicir Presidentes de Galicia, de estar mal Robin Patterson pode movelo á forma correcta.--Rocastelo 14:13, 23 Abr 2005 (UTC)

De Xavier (Asunto Jose Andres Cornide Saavedra)[editar a fonte]

Moi boas¡ Teño un problema, fixen un artigo sobre José Andrés Cornide Saavedra, e agora vou e atopo outro sobre Cornide Saavedra xa escomezado. A ver se se pode solucionar. XAVIER(talk)) 22:13, 23 Abr 2005 (UTC)

Administradores[editar a fonte]

A petición do usuario Gangleri fixen a páxina de administradores Wikipedia:Administradores, puxen unha información moi básica (en principio copiada da catalá, por ser a máis clara e breve), mira se hai que corrixir ou modificala. Tamén me comenta que as páxinas redirixidas a páxinas Special non funcionan automaticamente, tamén o observei eu nas ligazóns de cambios recentes para algunhas linguas, como o catalán, supoño que será cousa do software.--Rocastelo 10:22, 24 Abr 2005 (UTC)

  • Non sei se será cousa do meu navegador, pero despois de editar a túa páxina véxoa modificada no tamaño, o resto das páxinas están ben.--Rocastelo 10:25, 24 Abr 2005 (UTC)

Mapa cos concellos menos poboados[editar a fonte]

Desexo concedido ;) Só puxen os que teñen menos de 1500 habitantes porque senón tería que colorear todo ourense :lol: Un saúdo --Alyssalover(fálame) 16:20, 25 Abr 2005 (UTC)

Castro de Rei[editar a fonte]

  • Creo que fixen algo mal cando volvín a mover a páxina a Castro de Rei, supoño que é mellor esperar a que o faga un administrador, poida que me precipitase un pouco.--Rocastelo 19:39, 25 Abr 2005 (UTC)
  • Coido que habera que reactiba-la conversa sobre as pautas a seguir co tema do buzon de correos, eu no meu momento xa expresei algunhas delas, pero queda ver o que din os demáis, polo de agora, parare que ninguen lle deu máis interes o tema. Por outra parte xa estamos acercandonos os 5000 artigos, e combiña telo listo. Supoño, tamén que xa verías como foi quedando o tema de Ribadeo, sego a facer remates nel, pouco a pouco, e penso que Agremón vai a levar unha sorpresa cando estea de volta. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 22:53, 25 Abr 2005 (UTC)

Ola de novo, Prevert. Ides como motos. Todo o contrario que eu. Por eso mesmo creo que sería bó facer outro comentario na prensa sobre os 5000 e o pouco tempo que tardaron en facerse, pois a medio-curto prazo parece que son bos, pero creo que debera facelo outra persoa. Que opinas?--Agremon(contacto) 09:08, 30 Abr 2005 (UTC)

De acordo, Prevert. A este paso logo se chega ós 10.000 :)

En canto ós elementos, por min vale. As poucas entradas que faiga irei mirando de cambialo. En canto a poñelo na taberna, creo que és máis visible ti nestes momentos para facelo.--Agremon(contacto) 19:27, 30 Abr 2005 (UTC)

  • Verdadeiramente se tardou menos en chegar aos 5.000 que aos 4.000. Eu tomei unha cervexa para celebrá-lo; convidaba-os pero... ;-)

Xosé(Falarlle)

Moldavia[editar a fonte]

Penso que Moldova-Moldavia sería mellor movelo a Moldavia-Moldova. Xa sei que en galego aparece Moldova ou Moldavia segundo as fontes (na páxina da U. de Vigo aparece Moldova e no dicionario Cumio, Moldavia), pero tal como está podería levar a alguén a pensar que Moldavia é forma romanesa, cando esta é Moldova. Así igualariase ao resto dos países no que a segunda forma é a da lingua do país.--Rocastelo 10:16, 1 maio 2005 (UTC)

Eu fai tempo que desexaba comezar a empregar un bot pero nunca atopara tempo suficiente. Sobre o de saturalo wiki, tiña entendido que de vez en cando o bot detense automáticamente para evitar precisamente iso. Agora só nos faltaría pedir a algún Steward que transformase as contas dos nosos bots en contas de bots (perdón pola redundancia) para evitar ocupar todo o sitio na páxina Cambios recentes ;) un saúdo --Alybot 12:23, 1 maio 2005 (UTC)

  • Como podedes comprobar neste momento estou empregando o bot Interwiki.py para por automáticamente enlaces interwiki. Se vos interesa explícovos por correo como funciona, aínda que non ten demasiada ciencia :) Por certo, vou a escribir a un dos Stewards para solicitarlle o cambio na conta do meu bot, se non vos importa, solicitarei tamén os vosos e así aforramos tempo ;) Saúdos --Alybot 14:52, 1 maio 2005 (UTC)
    1. De acordo. Elimino a sección de explicación do bot (ainda que non entendo ben por que, pero confio en vós) e agradezo-che que me inclúas na petición. Polo que teño visto nalgunha destas solicitudes, remiten a unha páxina da enciclopedia particular na que a comunidade acepta explicitamente a petición. Talvez podamos levar o tema á Taberna. Xosé(Falarlle) 15:08, 1 maio 2005 (UTC)
  • Xa fixen a petición, agora só queda agardar. Por certo ¿cómo se fai para traducilas mensaxes do bot? --Alybot 16:29, 1 maio 2005 (UTC)
  • Provei a traducir as mensaxes do interwiki.py e como podes comprobar eiquí sí funciona ;) Saúdos --Alyssalover(fálame) 11:21, 2 maio 2005 (UTC)
  • ¿Con qué editor o intentaches modificar? Eu fíxeno co IDLE, que viña co python, dende windows. Non probei dende linux pero supoño que tamén funcionará --Alyssalover(fálame) 11:58, 2 maio 2005 (UTC)
  • O editor non ten maior importancia. O que si: ten moito coidado coa codificación de caracteres que uses. Se te fixas, moitos dos bots comezan precisamente coa codificación usada (habitualmente # -*- coding: utf-8 -*- ou # -*- coding: iso8859-1 -*-). Se no teu editor (non che sei recomendar nada en Windows, eu usei kwrite en Linux) non ves claramente en que codificación se garda, garda o ficheiro, volve-o a abrir e observa se os caracteres non ASCII ainda se representan correctamente. Se o gardas nunha codificación equivocada vai "petar" cando o executes. Xosé(Contacto) 19:47, 2 maio 2005 (UTC)

Normativa do galego[editar a fonte]

Non entendo o que me dis. Non era iso precisamente o que me acabas de suxerir na Taberna? Crear unha páxina índice en Wikipedia:Galego e sub-páxinas como Wikipedia:Galego/O alfabeto? Xosé(Contacto) 16:55, 1 maio 2005 (UTC)

  • Xa vin que tentaras amañar o dos índices. Non recordo en que capítulo estaba. Sen embargo ainda non era definitivo porque os apartados en si non tiñan a numeración (si no índice, pero non no corpo do texto), polo que eu continuei co meu á espera de que chegases a algo definitivo e, unha vez feito, xa só seria cuestión de pasá-lo ás novas páxinas que se creasen. Penso que o mellor que podo facer é continuar tal e como encetei onte mentres se atopa unha solución técnica porque, unha vez feito xa só será cuestión de mover as páxinas aonde conveña. Por certo, que poderia haber unha referencia a estas páxinas normativas no artigo sobre o galego. Que che parece se plantexas as posibilidades na Taberna e a ver que ideas saen? Un saúdo. Xosé(Contacto) 18:35, 2 maio 2005 (UTC)
  • Si, xa coñezo ese curso de galego. Está abandonado desde decembro, creo. Concordo contigo en que o que estou a facer ten certa prioridade porque, a fin de contas, é a norma oficial. Desas páxinas que mencionas, en efecto, haberia que estraer todo o posíbel para crear un artigo mellor sobre o galego. Ainda asi o curso de galego ten sentido porque é algo máis práctico. De todas maneiras, ainda temos tempo antes de pasar pola taberna porque ainda me faltan uns dias para rematar - especialmente agora que me atopo con táboas complexas que teño que facer en HTML. Por certo, que o que estou a facer agora inscrebe-se dentro da tradución da sección de Axuda que encetei hai algun tempo. Penso que deberiamos rematar todo o de axuda canto antes porque dá má impresión aos que chegan ver que ainda hai tanto en vermello. Un saúdo. Xosé(Contacto) 21:27, 3 maio 2005 (UTC)

Acábanme de comunicar que as nosas contas User:Alybot User:Prebot e User:XoseBot xa teñen status de bots ;) --Alyssalover(fálame) 12:48, 5 maio 2005 (UTC)

Usuarios anónimos[editar a fonte]

¡Ola, Prevert! No pé de páxina das charlas de usuarios anónimos aparece ó final o seguinte:

Se vostede é un usuario anónimo e sinte que foron dirixidos na súa contra comentarios inadecuados, por favor cre unha conta para evitar futuras confusións con outros usuarios anónimos.

Creo que habería que cambiar sinte por sente e cre por cree. ¿Sabes ti onde podo facer iso? Moitas grazas --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 17:36, 6 maio 2005 (UTC)

  • ¡Ola! Xa vin que cambiaches cre por cree pero sinte segue a estar coma antes. Eu penso que o verbo sentir é un verbo no que hai unha alternancia vogálica e por iso é eu sinto, ti sentes, el sente... (uff, que pesado son ;)) Se lle podes botar unha ollada ao que digo, agradeceríacho. --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 18:13, 7 maio 2005 (UTC)
  • Ten razón Luisinho ese cre non procede do verbo crer, pero si de crear polo que se conxuga igual que nomear, nomee, cree.--Rocastelo 12:27, 7 maio 2005 (UTC)

Nova Wiki[editar a fonte]

  • Estiven a botar unha ollada, e detectei unha nova wiki que, supoño, traballará en galego. Gustame que alguén teña unha iniciativa, pero, o xulgar polo que se lle pregunta a Rocastelo e que ti respondiches, habendo unha galipedia cos proxectos adxuntos ¿non seria facer 2 veces o mesmo traballo?. A non ser que se fagan ligazons cruzadas entre esta wiki e a nova e viceversa (desde xeito evitase ter que implementa-los artigos outra vez).
  • Polo que escribiron na taberna, no creo que teñan a intención de facer unha nova Galipedia... --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 18:13, 7 maio 2005 (UTC)


Non pensamos en facer unha nova enciclopedia nin nada parecido, o obxectivo principal é xerar un espello dixital de Galicia tal e como existe, lonxe do coñecemento científico que establece esquemas de pensamento que non admiten outras estructuras para pensar. Tampouco se quere pensar o que se quere é reflexar a vida máis alá do pensamento, no propio feito. Gustanos esta forma, porque así non o faremos nos, farémolo entre todos, así será máis real. Bueno gustaríame que o entenderádes. Non nos interesa unha enciclopedia nova. Parécenos que este sistema wiki admite e suporta outros usos.


Se podedes axudarnos estaríamos agradecidas. Bicos

Conxugación[editar a fonte]

OK. Debo de estar un pouco espeso, que non dou atopado o .pdf... --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 18:42, 7 maio 2005 (UTC) Engadido: o café serviume de algo, xa o atopei. Grazas --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 18:44, 7 maio 2005 (UTC)

gracias pola benvida e as indicacions[editar a fonte]

graciñas. como teño 16 anos de experiencia en SW (con varias linguaxes de programacion), será un dos temas nos que, cando teña tempo (week-ends) farei algo de cando en vez. Xa tinha contribuido outras veces, pero hoxe puxenme coas linguaxes de progr --Xosel 15:40, 8 maio 2005 (UTC)

sobre categorias[editar a fonte]

(estaba a escreber a resposta e cortouse a cousa, espero que non esteña gravado o resto da mensaxe nalgures)

As categorias que engadin fixen-no a xeito de proposta, non teño ningun problema en que se borren se non se consideran necesarias, eu coido que si, e de feito botei unha ollada e si existen noutras wikis tais como a inglesa.Pero xa digo, sen problemas se alguen prefere borralas. Non me queda claro cal e o procedimento a seguir. Propo-lo a discusion nalgures? O problema e que non teño moito tempo para contribuir, prefiero po-las directamente e que mas borredes se non vos valen, eu prometo que, aparte do meu criterio, consulto sempre outras wikis para cerciorar-me da existencia de similares categorias.

En canto a peer-to-peer e P2P, a verdade e que non me decatei da existencia de P2P, de todos os xeitos, P2P usase mais ben para "point to point" e non para peer-to-peer.

Un saudo, e gracias polos comentarios, que agradezo. Xose Luis --Xosel 15:38, 8 maio 2005 (UTC)

Axúdame por favor.[editar a fonte]

Ista era unha consulta que fixen na taberna:


Gracias por prestarme atención. O caso concreto é que queriamos facer un novo wiki en galego (que non pretende ser unha enciclopedia no seu sentido estricto), e rexistrámolo coma Galicia en eapuntes pero agora as etiquetas aparecen en castelán. O que queremos saber é se dalgunha maneira se pode facer que as etiquetas aparezan en galego ou se ven deberiámos eliminar ese wiki e rexistralo de novo en galipedia, redireccionalo ou algo así. Lamentamos a nosa ignorancia e agradeceríamos que nos desproviras dunha pequena parte dela se che fose posible. Visitei o teu enlace pero non sabía moi ben onde deixarche esta mensaxe. Sentimos un gran amor por iste novo xeito de comunicación pero tamén moito respeto, exploramolo con precaución. Gústanos esta promesa. Un bico


Tedes que editar o arquivo http://galicia.eapuntes.com/index.php/Especial:Allmessages , para facelo hai que ter permiso de administrador. Unha vez localizado o texto que aparece nas lapelas actualmente sustituílo polo novo. Exemplo: en http://galicia.eapuntes.com/index.php/MediaWiki:Protect cambiar Protect por Protexer. E así con todas as lapelas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:13, 5 maio 2005 (UTC)


Estamos moi contentas porque descubrimos que a ignorancia é reversible, inda que o tratamento é duro. Moitas gracias a Rocastelo e a Prevert. Esperamos non ter molestado demasiado e ter licencia para máis consultas que poidan xurdir. Prevert lamento terme equivocado e adxudicarlle a tua resposta a Rocastelo, gracias Rocastelo por sacarme do equívoco. Sodes uns soles. Gracias por existir

Bicos, bicos, bicos

interesante: ultra-desinglesacións[editar a fonte]

Ola, hai unhas correccións coas que non estou dacordo, ademais parecenme interesantes por ser un fenomeno novo asociado á nova colonizacion cultural (o paso da castelanizacion á "inglesacion" provoca que xurdan tamén ultracorreccions fronte á lingua inglesa):

  • troco de "compoñente software" por "compoñente de software": é discutíble e parez ultra-corrección : eu coido que software tamén se pode utilizar como adxectivo. Non entendo porque cambias isto e sen embargo mantés na mesma paxina "modulo software", "libreria software", "codigo fonte", "codigo obxecto". Se me permetes a broma: en vez de "muller obxecto" haberia que pasar quizais a "muller de obxecto"?
  • a sustitucion de "Modelo CORBA de compoñentes" por "Modelo de compoñentes CORBA". É un tema discutible e, por iso, interesante: parezme unha ultra-corrección: "Modelo de compoñentes CORBA" dá a impresion de que o CORBA fose un "modelo de compoñentes", mentres que a realidade é que o CORBA inclúe un modelo específico de compoñentes, pero non é só iso.

enfin, ainda que discutible, .. propoño reverter o cambio

un saúdo,--Xosel 18:15, 13 maio 2005 (UTC)


Ola again. Comprobo que o troque que fixeches foi feito con fundamento. Ainda así, os argumentos da cantidade de paxinas web ou o que fan en portugués (porqué a de portugués tén que estar mellor que a nosa?) non coido que contrarrestan as explicacións que dou mais enriba, con razóns son "técnicas & semánticas",mentres que as tuas (completamente validas tamén) son "cuantitativas & comparativas", sen entrares nas razóns ultimas to tema. Enfin, coido que o hai que repensar. (en canto ao da "muller obxecto", somente era unha broma). Finalmente, gracias pola tua opinion da miña contribucion, mais non te preocupes, acepto as críticas perfectamente, máxime cando son fundamentadas e serven para aprender.--Xosel 20:00, 13 maio 2005 (UTC)

Botei unha percura no Google: 6.350 para "modulo software" fronte a 640 de "modulo de software" mais 47 de "modulo di software".--Xosel 20:28, 13 maio 2005 (UTC)

Polo tanto, Google tamén me dá a razón. Só faltas ti ;-) --Xosel 20:55, 13 maio 2005 (UTC)

Ao examinar a túa percura no castelan, atopei a razon diso, que confirma "modulo software", aportando unha razón de fondo: "modulo de software" utilizase nun senso xeral de "peza de software", en xeral, mentras que "modulo software" significa "modulo na acepción software". Exactamente o mesmo ocorre en ingles cando observas a diferente utilizacion de "module of software" fronte a "software module". Desde logo que a diferencia é sutil, pero non inexistente.Un saudo--Xosel 21:18, 13 maio 2005 (UTC)

É verdade, con tanta discusion fomonos do comezo: "compoñente software" versus "compoñente de software": análogo razonamento: "compoñente de software" utilizase nun senso xeral de "peza de software", mentras que "compoñente software" significa algo mais especifico, "compoñente na acepción software". Exactamente o mesmo ocorre en ingles cando observas a diferente utilizacion de "component of software" fronte a "software component". Noutras palabras: un "compoñente de software" non sempre é un "compoñente software". E por iso aparecen en castelan mais paxinas con "componente de software": de feito, confirma que é unha acepcion mais ampla, e por tanto distinta. Saudos--Xosel 21:59, 13 maio 2005 (UTC)

Ola. A solucion que propos é aceptable, e mais aforranos a ambolos dous seguir con este tema. Dito iso, e ditas toas as razons anteriores, insistoche en que na practica ninguén se refere como "componente de software" e por iso me resulta dificil, maxime tendo un senso xeral; de feito, botandolle unha ollada as paxinas que pós, Desarrollo de Software Basado en Componentes, di por exemplo: "Un componente de software reutilizable puede ser: un módulo, una clase, un procedimiento o función, un subsistema, una aplicación". Por tanto, non se esta a referir a un "compoñente software", senon a "compoñente de software". Enfin, coido que no fundo é unha custion de confianza, que algun dia acadaremos. Remato recoñecendo o teu encomiable labor de control de calidade, fundamental para acadar unha respeitable Galipedia. Un saudo moi cordial.--Xosel 07:05, 15 maio 2005 (UTC)


Dacordo 100% coa túa ultima (e derradeira) proposta. A semana que vén se poido pomonos con iso.--Xosel 14:41, 15 maio 2005 (UTC)

Proxectos irmáns[editar a fonte]

  • Grazas pola túa confianza, penso que é necesario reactivar os proxectos irmáns, eu comecei a colaborar, aínda moi pouco, no Wikibooks e no Wikiquote, pouco a pouco na Galipedia imos sendo máis e seguramente a medio prazo aumenten as colaboracións tanto no Galizionario (agora paralizado despois do gran labor de Rabalde e Auricum) como no resto dos proxectos irmáns.--Rocastelo 09:33, 15 maio 2005 (UTC)

Colaborações[editar a fonte]

Obrigado pola bem-vinda à galipédia. Ainda que as minhas colaborações vam cingir-se à normativa oficial, já que assim é a política que seguides, os meus comentários nas páginas de discussom seguirám a ser na normativa que adoito empregar. Por favor, nom consideredes isto como vandalismo. Outro usuário tivo a amabilidade de lembrar-me que as normas nom as fijo ele e que, de momento, som as que há. Os meus comentários nom irám na normativa oficial precisamente para manifestar a minha discrepância com as normas vigentes, embora vou acatá-las nas páginas visíveis. Umha aperta e obrigado, benções, beições... mas nom grazas pola tua atençom.

--Além 12:16, 15 maio 2005 (UTC)

Grazas a ti tamén[editar a fonte]

Moitas grazas pola túa felicitación, é agradabel ter compañeiros coma vos. Eu tamén te felicito polo teu traballo, que sei ben que é moito máis extenso co meu. Un saúdo, --Porto 13:55, 15 maio 2005 (UTC)