Conversa usuario:Prevert/arquivo 10

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perigo Aviso: Non sempre podo responder deseguida, iso non significa que ignore as mensaxes ou que non teña intención de respondelas. Só quere dicir que non tiven tempo dabondo. Ás veces paso a correr polo wiki, neses anacos quitado dalgunha edición illada non dispoño de tempo para responder a todas as mensaxes pendentes. Grazas.

Galego: Por favor, engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non esqueza asinar co segundo botón pola dereita da caixa de edición , ou con catro ~~~~ (escríbense con ALT+126.)
English: Remember to sign and date your post (by typing ~~~~, or by clicking the signature icon ).
Català: Afig un nou comentari. Si us plau signeu sempre els vostres missatges al final de la vostra intervenció amb el codi --~~~~.
Español: Para dejar un mensaje haga clic aquí. Por favor no olvide firmar con , o con cuatro ~~~~.
Português: Olá. Para deixar uma mensagem clique aqui.


Arquivo de mensaxes antigas:
Do 02/10/2004 ao 02/08/2010

  1  

2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12  

13    



Logo dos 25.000 artigos na Galipedia

Ola Prevert. Gracias pola aclaración dos séculos, estos días non estaréi casi nada por aqui pero en canto poda poñereime a traballar neles. Estiven revisando os cambios recentes de hoxe e vin que hay unha nova categoría (Category:Artigo sen imaxes. Fixen un marcador ó estilo dos artigos en progreso para engadirlles a eses artigos, a ligazón é User:Banjo/Template:Sen Imaxe, faille falta revisarlle o texto que amosa e engadirlle os noinclude e includeonly. Se cres que é unha boa idea avisame e en canto poida pasoo ao principal e engádollo aos artigos que correspondan. Nada máis, grazas pola tua axuda. --BaNjO talk 17:11, 30 marzo 2007 (UTC)

  • Rematei a revisión de Links FA, cando queiras podes activar a estreliña.AlberteSi, digame? 17:53, 30 marzo 2007 (UTC)
  • Ola, Prevert, como che vai? Oiche, o trastorno bipolar tes que cambialo a unha edición anterior (exactamente unha soa) para quitar o de que un tipo era gay. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 09:44, 31 marzo 2007 (UTC)

Lugares do Grove[editar a fonte]

Acabo de copiar neste artigo (Lugares do Grove) a lista dos lugares das dúas parroquias do Grove. Polo que vin noutras páxinas doutros concellos sei que esta non é a forma de presentalos, pero non din atopado a forma de facelo (¡esa axuda...!). Advírtocho para que lle deas o formato debido e, coma sempre, para que me digas cómo facelo para cando me meta cos outros concellos do Salnés.

Apertas. Pedro --Pedro 18:50, 1 abril 2007 (UTC)

Foto de Rankin[editar a fonte]

Agradézocho moito, Prevert. De feito estábame facendo un lío coa template italiana e non daba saído... Correcto con todo: debín ir mirar o flickr para asegurarme de que o que dicían os italianos fose correcto. Así que, por favor, bórraa cando poidas, e tamén apáxina da template se o consideras axeitado. De todos os xeitos, a Galipedia non é unha obra derivada, non? Quero dicir, eu non estou operando mudanzas sobre esa foto, senón reproducíndoa tal cal, indicando correctamente licenciador e orixe... ligazón a CC Aclárame iso, por favor. --Xabier Cid 14:01, 2 abril 2007 (UTC)

Non sei se me aclarei moito... ou pouco. ¿O que queres dicir é que na Galipedia non podemos usar imaxes doutras wikipedias cando alí se especifica que non se permite o uso de obra derivada (porque pode ser que un terceiro non faga caso desa advertencia), ou estaste referindo a este caso concreto, porque non está claro que de verdade esa licenza sexa a que de verdade desexaba o autor? Ou sexa, podemos empregar imaxes doutras wikipedias con licenza CC-NoDerives nalgunhas ocasións, ou nunca? --Xabier Cid 14:37, 2 abril 2007 (UTC)

Ben, creo que non comparto esa interpretación da prohibición de uso de obras derivadas, pero quedoume claro, ;) Moitísimas grazas pola información. Xa vou advertido. --Xabier Cid 16:35, 2 abril 2007 (UTC)

Non, traducilo haberá que traducilo, claro, non o imos deixar en inglés... Referíame a que teño dúbidas sobre o autobombo nun artigo coma este. É un usuario que publica as mesmas fotos en 50 wikipedias distintas, directamente en inglés, e claramente para promocionar a cidade de Jeddah. Eu son máis inclusionista que deletista, ;) pero non podo deixar de ter a mosca detrás da orella con todo o que se refire a Jeddah. Por certo, confírmame que che chegou un correo relacionado coas mensaxes do sistema--Xabier Cid 20:47, 2 abril 2007 (UTC)

Xesús de Nazareth[editar a fonte]

Amigo Prevert, creo que se debe sacar a prudente advertencia que introduciches como encabezamento no artigo sobre Xesús. Poucas figuras hai da súa relevancia, e resulta vergoñento para a Wiki galega ter un artigo sobre el con semellante reserva. Creo que o contido é defendible, todas as afirmacións teñen soporte nos evanxelios sinópticos, no de Xoán e nos dous apócrifos que están máis recoñecidos pola crítica histórica e exexética. As afirmacións dende a hermenéutica e a ciencia histórica teñen un basamento riguroso, global e sólido, como se pode ver na completa bibliografía onde están os autores máis prestixiosos na materia. Creo que o artigo, aínda que mellorable, claro, pasa os filtros máis esixentes. Abonda con ver como se trata a figura de Xesús noutros idiomas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.60.73.155 (conversacontribucións)

Resposta sobre o artigo Xesús de Nazareth
A maioría das edicións dese artigo son de IP, e debe ser revisado por outros usuarios para consideralo definitivo. Mentres iso sucede mudei o marcador Atención por outro con menos reservas co texto pendente revisión. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:51, 7 abril 2007 (UTC)

Sr Prevert: Son IP 213606030 pareceme ben que andes xogando, acabo de ver desde o italiano as biografías dos Papas, e hai centos de Papas baleiriños, beleiriños (cunha cronoloxía a dereita e máis nada), así se fai unha enciclopedia. Velaí a lista dos que introducín (sei que algúns están sen rematar, mais estaban controlados)

Índice de artigos elaborados para Wikipedia (Galipedia). Por orde cronolóxica

1.Toponimia 2.Antroponimia 3.Crespo Pozo 4.Joan Coromines 5.Simón Rodríguez 6.Pedro Monteagudo 7.Florencio Delgado Gurriarán 8.Policleto 9.Pietro Mennea* 10. Nicolau Nasoni 11. Vitruvio 12.Luis Michelena. 13.Andrés de Prada y Gómez de Santalla. 14.Vo Nguyen Giap*** 15.Pedro Mariño (Ortega) 16.Qin Shihuang*** 17.Bolsa 18.Wilhem Wien* 19.Johannes Stark* 20.Johannes van der Waals* 21.Moisés*** 22.Karl Liebknecht 23.Escultura 24.Federico Mistral 25.Ramón Parada Justel 26.Juan Antonio García de Bouzas 27.Santiago Álvarez Gómez 28.Lluis Companys 29. Marcelino Sanz de Sautuola 30. André Leroi-Gourhan 31.Economía 32.Villard d’Honnecourt 33.Sinan*** 34.Viquingos*** 35.Julián Rodríguez León 36.Amancio (Amaro Martín) 37.Rosa Luxemburg 38.Álvaro de Mendaña 39.Hammurabi*** 40.Gran Cisma*** 41.Raiña de Sabá*** 42.Giuseppe Fanelli 43. Carlos IV (de España) 44.Pascual Madoz 45.José Adolfo Veiga Paradís 46.Ramón Menéndez Pidal 47.Nuno Álvares Pereira 48.Agustina Bessa-Luís 49.Rafael Bordalo Pinheiro 50.Francisco Manuel de Melo 51.Bernardo Lecocq Onesy 52.José Varela y Ulloa 53.Lucas Labrada 54.Mary Wolstonecraft*** 55.William Godwin 56.Manuel Milá i Fontanals 57.Pablo Morillo 58.Gustavo Doré 59.Filipe I o Fermoso 60.James Macpherson 61.Antonio de Trueba 62.Trubia 63.Josep Tarradellas 64.Manuel Girón Bazán 65.Gregorio Español 66.Andrés de Losada y Prada 67.José Ramón Quiroga y Uría 68.Braga 69.Bracara Augusta 70.Federico Escofet 71.Bartolomé de Rajoy (y Losada) 72.Amelia Earhart 73.Maruxa Mallo 74.Emmeline Pankhurst*** 75.Semíramis.*** 76.Ingmar Bergman 77.Joaquín Maurín 78.Ingrid Thulin 79.Greta Garbo 80.Tamerlán*** 81.Hieronymus Bosch 82.Xosué 83.Samarcanda*** 84.Kwame Nkrumah*** 85.Marcus Garvey 86.W.E.B. Du Bois 87.Buxo (Buxus sempervirens)* 88.Sebastian Coe. 89.Giorgio Vasari 90.Federico Zuccaro 91. Urbino 92.Claude Nicolas Ledoux 93.Segismundo Casado 94. Oswald Spengler 95.Gorxias de Leontini 96.Cúpula 97.Contraforte 98.Frontón 99.Hindi (Lingua Hindi)*** 100.Taj Mahal*** 101.Coliseo 102.Teatro Marcelo 103.Mandarín(chinés)*** 104.Luís I de España 105.Variola 106.Hokusai*** 107.Estilóbato (definición) 108.Amadeo I de España 109.Francisco Serrano Domínguez 110.Virxilio 111.Pequena Idade de Xelo 112.Giovanni Battista Sammartini 113.Narciso Tomé 114.Antonio Canova 115.Pieter Brueghel o Vello 116.Hendrick Avercamp 117.Pieter Brueguel o Novo 118.Horacio 119.Pierre Cuypers 120. Ivan Pavlov 121.Museo do Hermitage 122. Félix Guattari*** 123.Hiroshige 124.Antonio Negri*** 125.Enric Prat de la Riba 126.Sima Qian*** 127.Ricardo Samper e Ibáñez 128.Francisco Silvela 129.Murasaki Shikibu*** 130.Hirohito*** 131.Nicodemus Tessin o Vello 132.Nicodemus Tessin o Novo 133.Fernando Rey 134.Afonso de Albuquerque 135.Estado portugués da India 136.António de Oliveira Salazar 137.Greco-budismo 138.Johann Joachim Winckelmann 139. Gotthold Ephraim Lessing 140.Uma Thurman 141.Quentin Tarantino 142.Francisco Asorey 143. Antero de Quental 144.William Blake 145.Hugo Obermaier 146. Cervexa*** 147.Gambrinus 148.Oloudah Equiano 149.Angkor Wat*** 150.Monte Meru 151.Vishnu*** 152.Hernán Núñez 153.Zoroastro 154.Mexacán (Taraxacum officinalis)*-Foi completado por outro 155.Christopher Wren*** 156.James Petras*** 157.Nefertiti*** 158.Liliukalani*** 159.Reino das Hawaii 160.Eliphas Levi 161.Ocultismo 162.Esoterismo 163.Joséphin Péladan 164.Bernardo Buontalenti 165.Pietro Tacca 166.Joaquín Jovellar Soler 167.Palma de Mallorca 168.Sándor Petöfi. 169.Catulo 170.Tibulo 171.Friedrich Hölderlin 172.Safo*** 173.Oxyrhynchus 174.Raimundo Fernández Villaverde 175.Lohengrin 176.Merlín (logo outro interferíu con o seu traballo) 177.Galeno 178.Asclepio 179.Esculapio (dirixir a Asclepio) 180.Argonautas 181.Eusko Gudaospea 182.Hans Kelsen 183.Positivismo xurídico 184.Charles Francis Richter 185.Xavier Rubert de Ventós 186.Julián Sanz del Río 187.Mario Bunge 188.Folga xeral 189.Tritón 190.Rabindranath Tagore 191.Tarde de domingo na Grande Jatte 192.Lluis Domènech i Montaner 193.Aristófanes 194.Mihai Emisnescu 195.Victor Horta 196.Louis Sullivan 197.Bob Beamon* 198.Pradairo común (Celtis australis)* 199.Veit Stoss 200.Benedetto Antelami 201.Cidadanía 202.Santiago Rodríguez Bonome 203. Censura 204.Apatía 205. Homo faber. 206.Teosofía 207.Georgia O’Keeffe 208.Burrhus Frederic Skinner 209,Theo van Doesburg 210.Utrecht 211.Edmonton 212.Calgary* 213.Joseph Goebbels*** 214. Homeopatía 215.Palacio de Sanssouci 216.Potsdam 217.Adolph von Menzel 218.Museo de Orsay 219.Museo de Jeu de Paume 220.Museo Exipcio do Cairo 221.Museo Nacional de Arte de Cataluña 222.Doutrina Hallstein 223.Terceiro Mundo 224.Vasili Vereshchagin 225.Vía romana 226.Columna de Traxano 227.Sadi Carnot (físico) 228.William Thomson, Lor Kelvin 229.Lista de vías romanas 230.Penedo dos Tres Reinos 231.Táboas de barro de Astorga 232.Antonio García Bellido 233.Castro de Coaña 234.Asia (provincia romana) 235.Camilo Castelo Branco 236.Guimarâes 237.Vila Nova de Famalicâo 238.Batalla de San Mamede 239.Ratisbona-Regensburg 240.Mercurio 241.Basel-Basilea 242.Christiaan Huygens 243.Jan Steen 244.Francesco Morone 245.Francesco Bonsignori 246.Petrus Christus 247.Jan van Goyen 248.Aelbert Cuyp 249.Meindert Hobema 250.Jacob van Ruisdael 251.Willem Claeszoon Heda 252.Totem* 253.Pieter Saenredam 254.Pont du Gard 255.Maison Carrée 256.Nîmes 257.Escravitude*** 258.Historia da Escravitude 259.Espartaco 260.Zumbi 261.Guanche 262.Las Palmas de Gran Canaria 263.Rabat. 264.Língua bérber.

Os que levan *** son dos que toda Wikipedia debe ter; os con * solicitados. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.60.60.30 (conversacontribucións)

O bloqueio[editar a fonte]

Desculpa se o ton dalgunha mensaxe foi arisco, nada mais lonxe da miña intención. Con respecto ao uso das imaxes, a partir de hoxe estarei ben esperta. Non haberá mais problemas con imaxes, en caso de ter algunha dúbida contactarei primeiro contigo. Grazas

Xesús de Nazareth[editar a fonte]

Gracias por atender a suxerencia.

Saludo agradecido PrevertModelo:Sourire. Teño mui pouco tempo de rexistro e cando gardo a paxina estou marcada coa IP. Faime falta tempo. Eso non me ocurre co o usuario francès. Podese arregalr ?Modelo:Sourire Elvire 11:30, 9 abril 2007 (UTC)

Pois foi isto que me ocurio : Estaba rexistrada, pero cando acabei (claro esta que vou de bagar !) saiume isto :(dif) (hist) . . User:Elvire‎; 11:22 . . (+520) . . 81.48.40.176 (Talk) (+ babel) . Tamen foi esi pa isto :(dif) (hist) . . Jules Ferry‎; 18:49 . . (+56) . . 81.48.40.176 (Talk) (+ foto) . Agora vou tratar de empezar o artigo Rabelais, cha que o vin indicado na portada porque morreu hoxe ! Un saludo Elvire 13:28, 9 abril 2007 (UTC)

Dúbidas licencias de imaxes[editar a fonte]

Ola de novo, espero que mellor de saúde.

A pregunta é a licencia creative commons 2.0 non fala de uso comercial pero tampouco o prohibe, sería posible o seu uso na galipedia. Unha suxerencia para evitar este tipo de preguntas sería decir na páxina de política de imaxes cales das mais comúns son válidas para o seu uso na gali e cales non. Eu creo que seguindo o criterio xeralsi non dí nada é que non pero quería estar seguro. As imaxes en cuestión son [1]. Grazas polo teu tempo e un saúdo. --Lansbricae 08:31, 10 abril 2007 (UTC)

P.D. e xa que estou entendo que os selos son de licenza libre non?, e respecto as imaxes de Seoane teño que retiralas eu ou o fai un administrador porque habería non só que quitalas do artigo senon borralas tamén xa que a fundación da a calada por resposta. Grazas de novo.

Comprobando o caso das imaxes anteriores creo que non é posible. Mandeille un correo o autor para ver si está disposto a cambiar as licencias pero si mo podes confirmar quedaría mais tranquilo. no caso de que queira que licenza lle podería aconsellar?

Ola de novo, o tema dos sellos parece que xa se me aclarou en commons xa que falan que están suxeitos a copyright (aínda que algúns non os teñen marcados só uns poucos).

Xa incluín as imaxes das que te falaban no artigo Castelo de Sobroso. Se podes votarlle unha ollada para ver si fixen ven a caixa de datos agradeceríacho. Voulle mandar un correo ao autor para agradecerllo e suxerirlle modifique a licenza a unha mais mderna como me dixeches xa que entendo que eu non podo modificalas. Grazas de novo e un saúdo. --Lansbricae 11:28, 10 abril 2007 (UTC)

Colaboración de Alyssalover[editar a fonte]

Ola Prevert. Xa o supuxen despois de que pasara unha semana sen me responder. Por iso a borrei (en realidade era unha mensaxe privada) e lle encarguei os mapas a un amigo meu, que xa mos fixo. Eran para entregar onte porque xa estou corrixindo as probas de imprenta. Estou editando El Agricultor, unha revista que se publicou na miña terra natal a comezos do século XX. A ver se fago unha entrada sobre ela esta semana. Así xa lle vou facendo algo de publicidade. Xa te aviso. Grazas polo recado e pola atención. Unha aperta. --Benigno Fernández Salgado PS. Estou vendo a ver como funciona isto da conversa...

De nada. Manu bcn 17:01, 10 abril 2007 (UTC)

Artigos solicitados no Portal de comunidade[editar a fonte]

¡Ola Prevert ! Deseando que non che parezca mal, non me parece moi acertado de ver que algüns artigos estan clasificados na categoria Personalidades no Portal de comunidade. Claro esta que son personalidades, pero o meu parecer teñen unha entrada principal superior :

Historia pa Xoana de Arco

Fotografia ou Artes graficós ou algo dise estilo pa Félix Nadar e Henri-Cartier Bresson. Por falta de isas entradas abria que polos en Outros.

Eu digo isto pola idea de calidad que teño do que é un proxecto como a Wikipédia. Sin maís, un saludo atento de --Elvire 23:29, 10 abril 2007 (UTC)

Bueno pois sigue habendo error, cambiando a clasificacion, confundiuse HISTORIA e FOTOGRAFIA . Por outra parte olvide de decir que RODIN e un dos mais grandes ESCULTORES. Teño uns minutos, vou tratar de empezar algun dises artigos do Portal da cominidade. Si este vráu apredo un pouco galego, millorarei istos artigos que empezei, si outra persona no no fixo. En espera, utilizo moito as ferramentas da túa paxina, gracias por elo. Un saludo --Elvire 12:39, 11 abril 2007 (UTC)

Category:España[editar a fonte]

Hola Prevert, después de haber estado trabajando en la categoría de España tengo algunas ideas sobre cómo mejorarla que me gustaría comentarte a ver que te parecen. Primero habría que fusionar dos artículos Lista de Presidentes de España y Lista de presidentes de España. Segundo, sobre las categorías de las provincias he visto que algunas son subcategorías de las categorías de sus respectivas CCAA, otras están en la Category:Provincias de España, y otras están en ambas. Supongo que lo correcto es que estén en ambas, ¿no? Creo que sería bueno crear las categorías de todas las CCAA que faltan antes de seguir creando categorías de provincias que siempre serán más difíciles de llenar. Luego, cuando las categorías de las CCAA tuvieran suficientes artículos se crearían las categorías para las provincias que faltan. Y finalmente, sobre la Category:Madrid, creo que sería mejor denominarla Comunidade de Madrid, para evitar así confundirla con una eventual categoría sobre la ciudad. Ya me dirás que te parece mi propuesta. Ciao, Manu bcn 07:48, 11 abril 2007 (UTC)

Ola de novo, xa vin o que me respostabas e quitei a categoría do template para evitar a duplicidade de categorias nos artigos, se non fixen ben faimo saber. Tamén comecei a estructurar a categoria historia de Galicia xa que vin que xa estaba aprobada e podiase facer, incluso xa estaba creada a subcategoría Gallaecia. Creo que a periodización debe ser obxecto de debate xa que nonn está moi clara. tratei de seguir o template é difícil o seguilo.

Outra cosa que era polo que realmente che escribo: Vin unha pregunta dos rapaces dun Instituto que están a colaborar no artigo da película American Beauty, sobre o uso dunha imaxe da it wiki, que eu creo que non se pode usar pero non estou seguro, déixoche o enlace para ver se lles podes axudar User talk:Alternativa407.

Un saúdo. o fin de semana salgo. Xa nos veremos. --Lansbricae 09:39, 13 abril 2007 (UTC)

Petición[editar a fonte]

Ola Prevert. Prontamente espero estar activo. En http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User_talk:Lmbuga&diff=cur teño unha petición para fusionar dous artigos. Agradeceríache que a atendeses. Non lembro como se fai: Teño pequenos problemas de memoria e concentración. Grazas e unha aperta--Lmbuga Commons - Galipedia 17:59, 15 abril 2007 (UTC)

Acto de vandalismo no artigo colonialismo!?[editar a fonte]

Detectamos o que consideramos un acto de vandalismo nun artigo da Galipedia. No principio do artigo colonialismo, vese este texto, literalmente: OBS: ESSE TEXTO ESTA EM ESPANHOL, aparte de que ten un marcador de {{atención}}, que non nos parece xustificado, posto que o galego do artigo é en xeral correcto, sen entrar en detalles. Que se pode facer?? Primeiros de Lamas 11:08, 16 abril 2007 (UTC)

Como podería recuperar un arquivo non gardado?[editar a fonte]

Bo día. Estaba a escribir un artigo sobre o Conservatorio Nacional de Arte Galega mais, cando me dispoñía a gardalo, non puiden porque outra persoa estaba nese preciso instante escribindo algo nesa mesma páxina. Como consecuencia disto, todo o traballo que levaba feito ficou perdido, e me preguntaba se habería algunha maneira de recuperalo. Moitas grazas--Xohán Baldomir 18:47, 17 abril 2007 (UTC)

Hola, he dejado un mensaje en la discusión del wikiproxecto para ver si lo reactivamos un poco, que la categoría Política no para de crecer y habría que pensar en crear ciertas subcategorías para poner un poco de orden. Por eso te agradecería que echarás un vistazo a la discusión y expresarás tu parecer. Gracias, Manu bcn 08:34, 22 abril 2007 (UTC).

Ola de novo, teño un pequeno problema. Hai un usuario que está a por unha ligazón ao seu blog de modo indiscriminado en todos os artigos sobre Lentille. Eu deixeillo no artigo principal, facendo unha descrición do que era xa que se titula Lentille non existe ou algo así e borreillo do artigo Casa Grande de Lentille explicándolle que non tiña relación co tema exposto User talk:Kafre (ao mellor non de moi boa maneira todo hai que dicilo) e que xa tiña a ligazón no artigo sobre Lentille, pero volve a a poñelo. É correcoto o que fai e eu me estou a exceder ou é o contrario e se e así que se podería facer, porque andar a quitarllo continuamente é esgotador. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 21:21, 23 abril 2007 (UTC)

Manuel Comellas Coímbra[editar a fonte]

Hola Prevert, llamo tu atención sobre Manuel Comellas Coímbra. Parece que su autor, tanto aquí como en es: debe de ser un familiar del escritor y quiere resaltar que, sin su antepasado, el Rexurdimento no hubiese tenido lugar. No soy experto en literatura gallega, pero esta neutralización realizada en es: me parece impecable. Si crees que puede ayudaros a neutralizar el artículo (ya sabes que mi gallego es nulo) no dudes en usarlo. Un saludo --Ecemaml (talk to me) 07:19, 24 abril 2007 (UTC)

Sobre a benvenida[editar a fonte]

Non sei se serei moi activo aquí pero ben, algo farei. Moitas grazas pola benvida.

Nethac DIU, non pararía falar aquí
14:51, 24 abril 2007 (UTC)


Categorías bioloxía[editar a fonte]

Ola Prevert, se podes bótalle unha ollada á clasificación que elaborei das categorías da rama de bioloxía para ver se pode ser útil na elaboración dun patrón común nesta disciplina. Está na paxina User:Calrosfking/Clasificación biolóxia. Grazas. --Calrosfking (FÁLAME) 16:27, 24 abril 2007 (UTC)


Manuel Comellas Coímbra[editar a fonte]

Estimado Prevert:

Dicirlle que todo o que poño no artigo este literato, é verdade. Unha persoa acude á cidade de Ferrol e atopa todo esto e moito mais.

Iste artigo non é de vanidade nin similares, senón que intento reflectir ben a obra deste literato.

Efectivamente non foi o creador do rexurdimento, pero si un dos seus fundadores e colaborou moito na época.

Rógolle que non borre o artigo xa que só dice verdades.

Un cordial e afectuoso saudo.

--El refugio de la Cultura 17:16, 25 abril 2007 (UTC)

Reitero que non represento ningunha institucion xa que as dúas institucions fundadas por Comellas xa non están en actividade. A primeira, o colexio Comellas, finou en 1934, trala morte do fillo deste. A segunda, as escolas parroquiais gratuitas non foron unha institucion lucrativa nunca (O que fixo que León XIII o homenaxera), e desapareceron trala concertación das escolas polo estado nos anos 70.

--El refugio de la Cultura 17:24, 25 abril 2007 (UTC)

Grazas Prevert pola benvida e maila información. --El refugio de la Cultura 09:23, 27 abril 2007 (UTC)

Dende o IES Lamas de Castelo, gustaríanos facerche unha entrevista.[editar a fonte]

Ola, son Skulda, aínda que "camuflada" a través desta conta para os profesores do IES Lamas de Castelo que creamos fai non moito, e queríache facer unha proposta... espero que non demasiado "indecente"... Velaquí: ando a argallar un artigo para a revista do noso instituto sobre a intensa colaboración que estamos levando a cabo coa Galipedia este ano, dende varios equipos (e materias), e gustaríame saber por adiantado se non che importaría (como administrador que és, e por ternos contactado en algunha ocasión) que os alumnos dun dos grupos que máis colaboracións leva feito (o PDCCARNOTA) te fixeran algunhas preguntas relativas á creación e crecemento da Galipedia, e cómo ves ti persoalmente a súa evolución, así como as colaboración que se poidan facer dende centros de educación coma o noso. Paréceche?? Se temos unha resposta positiva, intentaríamos pasarche as preguntas entre mañá e pasado, por exemplo, e se te vén ben. Graciñas por todo: polos ánimos, polo apoio, e sobre todo, pola túa atención!! Acarnotados 18:05, 25 abril 2007 (UTC)

Velaquí -finalmente!!- as preguntas dos alumnos[editar a fonte]

Desculpa, pero non sei que nos pasou coa conexión a Galipedia durante estes últimos 10 días, que nos foi imposible mandarche as preguntas... Velas aquí:(Imos tutearte, espero que non che importe...)

  • Equipo PDCCARNOTA:
  1. "Canto tempo levas traballando na Galipedia?"; "A que te adicas, fora do traballo na Galipedia?" -Hugo.
  2. "Que te parece a nosa contribución como alumnos?" -Sergio.
  • Equipo Alternativa407:
  1. "Como foi que empezaches a traballar na Wikipedia?"; "Como coñeceches o proxecto wiki?"-Saúl.
  2. "Canto tempo lle adicas diariamente na Galipedia?" -Ana.
  3. "Como atopas o apoio recibido pola Galipedia por parte dos seus colaboradores?" -Ana.

Acarnotados 12:12, 18 maio 2007 (UTC)

Resposta clasificación categorías bioloxía[editar a fonte]

Ola Prevert, grazas polos comentarios sobre as categorias cos que concordo na súa meirande parte, pero teño algúns comentarios que facer: Primeiro, fixen unha clasificación ampla coa idea de que as persoas que escriban artigos de bioloxía teñan un referente (que por suposto pódese mellorar moito) co que podan categorizar dun xeito lóxico e coherente os distintos artigos que escriban e non que cada persoa os categorize segúndo lle pareza. Sei que moitas categorías aínda non ten sentido crealas, xa que non terían ningún artigo asociado, pero tamén penso que o ritmo ao que crece a galipedia non falta moito para a súa necesidade xurda, e o autor bote a sorte como categoriza o que escribiu. Segundo, sen dúbida prefiro a forma enzima, pero como algúns artigos da galipedia usaban a forma encima, pensei que era a axeitada. O da enxeñaría foi un erro meu, e o de listaxe e por que onde vivo a xente o emprega moito este termo, pero non teño ningún problema por trocalo. Outras cuestións máis complexas están no tema da bioquímica (xa que se atopa no medio entre a bioloxía e a química), eu penso que debería atoparse dentro da bioloxía, por que este relativamente pequeno número de moléculas (respecto a enorme cantidade das que existen) son únicamente as que forman os seres vivos. Non imaxino estudar a biomolécula ADN como unha parte da química, vendo as repercusións que ten no mundo da xenética. En cambio, teño máis dúbidas no feito de incluir a medicina ou veterinaria dentro da bioloxía (non por que non sexan ramas da mesma, senon máis ben por que son áreas moi ben delimitadas e o mellor non teñen que ir no mesmo saco que a botánica ou a ecoloxía.

Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 18:21, 27 abril 2007 (UTC)

  • Mensaxe recibida, tratarei de crear o armazón do que me falas. Grazas pola túa aportación.

Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 20:11, 27 abril 2007 (UTC)

fotos do artigo Santiago Rodríguez Bonome[editar a fonte]

Santiago Rodríguez Bonome ¡ Ola ! Puxen esta tarde as 13 fotos do artigo frances en Comons : [2]

Liste de suivi Un article de Wikimedia Commons. (pour l’utilisateur Elvire)

Aller à : Navigation, Rechercher Votre liste de suivi contient 20 pages.

Ceci est votre liste de suivi par ordre alphabétique. Sélectionnez les pages que vous souhaitez retirer de la liste et cliquez le bouton « retirer de la liste de suivi » en bas de l’écran. (retirer un article retire aussi la page de discussion associée, et vice-versa)

Image

‎Image:450px-Cruceiro de Cenlle.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:Bonome-autoportrait.jpg (Discuter | Historique) BOA 
‎Image:Bonome-chien.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:Bonome-danseuse.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:Bonome04.jpg (Discuter | Historique) BOA
‎Image:Bonome05.jpg (Discuter | Historique) BOA
‎Image:Bonomeambassadeur.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:Bonomebiche.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:Bonomecarole.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:Bonomedouleur.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:Bonomeours.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:Bonomeperezlugin.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:Bonomesantiagorodriguez01.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:Bonomesantiagorodriguez03.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:Bonomesimone.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:Bonomevalladares.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:Breogan2.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:Castromao.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:Fachada da igrexa de Sadurn Cenlle.jpg (Discuter | Historique) 
‎Image:MonumentoCurrosEnríquezCoruña.jpg (Discuter | Historique) 

Récupérée de « http://commons.wikimedia.org/wiki/Special:Watchlist »

Podes averiguarlo as tres que gl:User talk:CLEMENSAT non ten ( 6 e 7 + as duas da segunda galeria ) teñen licencia comons creative porque as puxen eu. As outras e imposible cambialas. Pareme que si as borras, logo podese traer as boas de Comons. ¿ Que che parece ? Un saludo Elvire 21:52, 2 maio 2007 (UTC)

Combinar artigos Galiza prehistórica e Prehistoria de Galiza[editar a fonte]

Póñocho para que non o esquezas, Unha aperta. Lansbricae (Ti dirás) 11:06, 3 maio 2007 (UTC) Grazas a ti, saúdos.Lansbricae (Ti dirás) 12:22, 3 maio 2007 (UTC)

Grazas pola benvida compañeiro, canto as fotos que subin, lamento non controlar ben o das licencias, mais digo eu que as colgadas por un partido politico na sua web (logo, foto) son de dominio publico non? Sylvanorash 15:24, 3 maio 2007 (UTC)

Dúas preguntas[editar a fonte]

  • Ola, Prevert, como vai todo? Espero que ben. Quéroche preguntar 2 cousas: 1ª.- como facer un arquivo para mensaxes vellas nas miñas contribucións e ter outro para as recentes, porque xa se me vai facendo moito texto e é incómodo 2ª.- como facer unha ligazón interna da galipedia con wikifontes, concreto o Cancioneiro de Uppsala ten un vilancico en galego-portugués (Falai, meus olhos), e puxen o texto en wikifontes, mais non sei ligalos, como se poden ligar. E mais nada, un saúdo. --Xoán Carlos Fraga 19:10, 4 maio 2007 (UTC)

Ola Prevert. A verdade e que teño o template abandonado de todo, dende que o fixen non lle volvín a facer caso. Creo que é mellor que decidades os administradores qué facer co template (no caso de usalo), eu a verdade é que non sei moi ben cal sería a millor forma de actuar. Polo resto agradese o recoñecemento, sigo facendo o (pouco) que podo. Un saúdo BaNjO(tell me) 16:23, 5 maio 2007 (UTC)

  • Por certo, "roubei" a túa introducción da páxina de discusión de usuario e modifiqueina un chisco, e tamén copiei un par de ligazóns a diccionarios que tes na túa páxina de usuario para botarrlles unha ollada, espero que non che importe ;). Saúdos BaNjO(tell me) 16:25, 5 maio 2007 (UTC)
  • Non ai problema, por suposto que tes permiso para editar canto queiras, faltaría mais :). Un Saúdo BaNjO(tell me) 10:51, 6 maio 2007 (UTC)

Manuel Comellas Coímbra[editar a fonte]

Estimado Prevert, sento moitisimo haber quitado o aviso, eu cría que xa estaba solucionado.

Non obstante, ha recibido grandes cambios ultimamente, a min paréceme que está ben; te agradecería que me dixeses que mais hai que cambiar, se é que cómpre.

Un cordial saúdo

Resposta ao teu Agradecemento[editar a fonte]

Ola Prevert, ainda que un pouco tarde, corespondo ao teu agradecimento pola tua parte onde me dis que neste proxecto me integras como un membro mais e ao que eu tamen me sumo con gran pracer para min. Moitas grazas a ti e recebe un cordial saúdo. Padin

Manuel Comellas Coímbra[editar a fonte]

Prevert, sínto o erro, desprazeime a Ferrol dende Madrid para comprobar o de 1853 e levas razón; sinto o erro. Efectivamente naceu nesa rúa, asi mesmo tamén he observado que unha das rúas desta cidade leva o seu nome.

Tamén deseaba darte as grazas polas instrucións e tamén comunicarte, que, ó contrario que pensan algúns, non sou descendente deste autor. O que sucede é que uns dos meus antepasados fun alumno de Manuel Comellas (xunto a Carballo Calero, que, aunque esté retirado da paxina do devandito, si que estudou nese colexio), e, aproveitandome deses coñecementos, ilustralo aquí. Volvendo ó tema, aproveitando miña estancia en Ferrol, fun visitar á herdeira do literato, súa neta senón me equivoco. Ela facilitoume os orixinais e fixen fotocopias e fotos dos mesmos(portada de Pilara feita por min, é unha desas fotos que fixera). De modo, que agora, ó obrar en min as copias das obras (son numerosas), podo darte datos mais exactos das devanditas. Abofé que non podo poñelo aquí, mais se me queres dar /dicir un sitio/direccion onde poda enviartelo todo (se cómpre, tamen as imaxes), non hai problema.

Un cordial saúdo.

Luiz Gonzaga[editar a fonte]

Sinto-o muito, mas não sei escrever em galego oficial. Até deram-me o endereço de um tradutor, mas não funciona. Saudações. Ibérico 09:44, 11 maio 2007 (UTC)

Gustaríame saber que aspectos concretos do artigo sobre ACE teñen que ser reformados para que non comprometan a neutralidade do artigo.

Por exemplo, se debe formar parte do artigo ou non o programa electoral.

Saúdos

Nomenclatura con plumas.[editar a fonte]

Gracias polos ánimos. Non é para tanto. Case tódolos artigos son traduccións da versión en alemán da Wikipedia, que ten uns artigos sobre aves moi informativos e moi ben estructurados, malia que por veces se centren algo moito nas referencias centroeuropeas, cousa comprensible por outro lado. Procuro, eso si, engadir datos que falten e me parezan interesantes,en xeral cotexando con outras versións da Wikipedia. Xa me gustaría ter algo máis de tempo para contribuír, pero a cousa é a que é.

De feito xa tiña pensado comentarche o tema dos epígrafes da Galipedia na categoría das Aves. Non me parece mal que se titule polo nome “común” en galego, por ben que os nomes comúns son, en galego coma noutras (todas) linguas arbitrarios dabondo. Pero viríame ben se me puideras facilitar información sobre onde atopar a relación entre nome científico e nome galego. Partindo dos epígrafes dos artigos solicitados a cousa é doada, pero as veces preciso facer referencia dentro dun artigo a especies relacionadas e o non coñezo o nome galego ou non estou certo de coñecelo. Xa vin máis dunha diverxencia entre os nomes en galego que eu lles dou (ou lles daría) a determinadas especies e os que se fan servir na Galipedia. Ter a guía dunha norma clara axudaríame moito,

Un saúdo dende a beira do Mare Nostrum.

Nomenclatura con plumas[editar a fonte]

Gracias polos ánimos. Non é para tanto. Case tódolos artigos son traduccións da versión en alemán da Wikipedia, que ten uns artigos sobre aves moi informativos e moi ben estructurados, malia que por veces se centren algo moito nas referencias centroeuropeas, cousa comprensible por outro lado. Procuro, eso si, engadir datos que falten e me parezan interesantes,en xeral cotexando con outras versións da Wikipedia. Xa me gustaría ter algo máis de tempo para contribuír, pero a cousa é a que é.

De feito xa tiña pensado comentarche o tema dos epígrafes da Galipedia na categoría das Aves. Non me parece mal que se titule polo nome “común” en galego, por ben que os nomes comúns son, en galego coma noutras (todas) linguas arbitrarios dabondo. Pero viríame ben se me puideras facilitar información sobre onde atopar a relación entre nome científico e nome galego. Partindo dos epígrafes dos artigos solicitados a cousa é doada, pero as veces preciso facer referencia dentro dun artigo a especies relacionadas e o non coñezo o nome galego ou non estou certo de coñecelo. Xa vin máis dunha diverxencia entre os nomes en galego que eu lles dou (ou lles daría) a determinadas especies e os que se fan servir na Galipedia. Ter a guía dunha norma clara axudaríame moito,

Un saúdo dende a beira do Mare Nostrum. --Elster 16:26, 11 maio 2007 (UTC)

A quen corresponda[editar a fonte]

Sobre a IP 85.91.80.129[editar a fonte]

Esta IP pertence à Xunta, e probablemente á Consellería de Educación, polo que é a que terán sen dúbida moitos centros de ensinanza, coma o noso. É lástima que xente coma esta que andivo a facer ou desfacer no artigo "Baños de Molgas" non se rexistre, pois así estanos a perxudicar a tódolos demáis usuarios de centros públicos de ensinanza que, ou ben nos conectamos por primeira vez (non sabiamos ou non nos deramos de alta aínda), ou ben por esquencemento, non nos rexistramos nese momento. Dende aquí só queremos pedir por favor!! un pouco máis de seriedade e rigor á hora de participar neste enorme proxecto que é a Galipedia. Acarnotados 11:21, 15 maio 2007 (UTC)

  • Ola, o IP 85.91.80.129 creo que corresponde o noso centro que é o IES Pazo da Mercé en As Neves. Hoxe día 24 de Maio acabo de decatarme deste problema de vandalismo na páxina de Baños de Molgas. Na páxina do noso centro colaboran moitos alumnos/as e podería ser que algún fixera estes comentarios improcedentes na páxina antes sinalada, pero eu estou tratando de indagar neste asunto (son o xefe de estudos) e resulta que non temos ningún alumno/a que saibamos que sexa de Baños de Molgas (nin profesor/a), e por outra banda algúns dos actos vandálicos aconteceron as 8:14 da mañá, hora na que o centro aínda non abríu as porta. Aquí hai algo que eu non encaixa moi ben, por un lado non teño a impresión de que estes comentarios proveñan dos alumnos, máis ben eu diría que os redacta un adulto, por outra banda ¿Pódese suplantar un enderezo IP?.Non teño nin idea, pero algúen díxome que as veces pode acontecer que dous sitios distintos teñan o mesmo enderezo IP. Se fora alguén de aquí, ¿como pode entrar co instituto pechado?. Esta mañá cando apareceu a mensaxe do acontecido, díxenlle os rapaces e rapazas que colaboran na wikipedia que se rexistraran con nomes individiais (so poideron facelo 6 deles que e máximo permitido) e non usando o rexistro común para todo o centro, pero de todos xeitos a persoa que o fixo o que fixo non se rexistrou co que de pouco vai servir. Admito suxestións sobre este asunto, e se en último termo, fora algúen deste centro, non creo que as tonterías dunha persoa, fagan esquecer o enorme traballo doutros moitos alumnos e alumnas que nalgúns casos están entusiasmados na construción desta enciclopedia como se pode comprobar por exemplo hoxe mesmo vendo a páxina sobre as drogas.

Un saúdo do IES Pazo da Mercé --IES Pazo da Mercé Aquí estamos 15:33, 24 maio 2007 (UTC)

  • Ola, polos datos que me das seguro que non foi este centro. Grazas polo teu interés neste asunto. O noso profesor de informática dixo o mesmo que contaches ti, que a IP está compartida por varios institutos e que era moi probable que esas edicións se fixeran dende outro sitio.

Un saúdo--IES Pazo da Mercé Aquí estamos 09:23, 25 maio 2007 (UTC)

Bot: Futbolistas e Estados Unidos[editar a fonte]

  • Movin o artigo choiva aceda sobre choiva ácida, mais non son capaz de recuperar o historial deste último, nen sequer ver as edicións eliminadas. Podes mirar que pasou? --Xosé (✉) 21:43, 17 maio 2007 (UTC)
    • Efectivamente, debia de ser a caché do navegador porque hoxe si que vexo o historial. A desambiguación é posterior, xa que estou solucionando as ligazóns a páxinas de homónimos - cantas hai!! --Xosé (✉) 13:30, 18 maio 2007 (UTC)

xenebreiros e burros[editar a fonte]

Vexo que estás en todo e en tempo real. ¡Noraboa e felicidades! Aproveito a ocasión para comentarche un problema: no artigo burro (xa ben completo, ¿non?) doulle categoría Équidos, como fixen en burreño e en mulo, sen problemas; pero cando fixen os artigos das razas de burros (asno andaluz, burro zamorano-leonés, burro catalán e burro de las Encartaciones), a pesar de darlle a mesma categoría aparece clasificado como Mamíferos e non como Équidos, que é o que puxen eu e o que lle corresponde. ¿Que fixen mal? Saúdos. --Lameiro 21:10, 18 maio 2007 (UTC)

Portal da Historia[editar a fonte]

  • Acabo de crear un Portal da Historia no meu espazo de usuario. Pasa-te por el e modifica o que queiras, a ver se vai adiante a creación de portais e este está pronto no seu sitio. Unha aperta. --Xosé (✉) 14:14, 19 maio 2007 (UTC)

Venceslau Brás[editar a fonte]

Olá, Prevert! Está correto, sim. Wenceslau Braz era a grafia usada até 1940 no Brasil (e até 1911 em Portugal, salvo engano meu). Apesar disso, no Brasil ainda é comum hoje se usarem nomes próprios grafados com W, Y e K (por aqui não se seguem exatamente as mesmas normas de grafia adotadas em Portugal... vamos ver se o acordo ortográfico entra em vigor e resolve definitivamente este problema).
Criei uma nova categoria para as páginas de economia dos países: economía por país. Tenho também atualizado os links para o The World Factbook nas tabelas - atualmente é como neste exemplo, com o Paraguai. Um grande abraço,Joao Xavier 12:51, 20 maio 2007 (UTC)

corrupción? na enciclopedia .. non somos coñecidos por nada máis?[editar a fonte]

Poñer na páxina do concello que vemos os que estamos fora do pobo e vemos isto na rede nunha enciclopedia pareceme de moi mal gusto por non dicir ofensivo. Por iso pido obxectividade na descripción do pobo e non se polítice con comentarios que ven poderían ser do tipo: O descoñecemento de termos xurídicos que atañen o alcalde e a secretaría do concello. Ademáis sentenza dicia do goberno personalista e despotico do anterior alcalde como único culpable. Hoxe o pobo recupera a normalidade e tranquilidade cun goberno popular para todos que goberna cunha ampla maioria. Co envellecemento da poboación do rural galego, O Vicedo aposta polo turismo como fonte de ingresos para o futuro, pese as malas comunicacións que ten cun corredor de circunvalación paralizado polo actual goberno da Xunta do cun estudo de impacto ambiental que data xa do 2002. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 88.9.71.153 (conversacontribucións)

Resposta a "corrupción? na enciclopedia .. non somos coñecidos por nada máis?"
Bo día. Vexo que un compañeiro xa editou onte o contido do que vostede fala. Confeso que as mensaxes coma a súa seguenme sorprendendo por moito tempo que leve en Internet. Que un descoñecido me faga reproches, certas preguntas ou suposicións sen nin sequera presentarse ou saudar é realmente extraordinario. Non sei como reaccionaría un dos veciños do seu pobo se eu fora por alí e petase na súa porta reprochandolles que usasen a Wikipedia para resolver as súas diferenzas. Supoño que en realidade a súa pregunta é unha pregunta retórica. Así é todo voulle contestar, os colaboradores deste proxecto fan un traballo abraiante na procura da mellora constante dos artigos, ocasionalmente certos usuarios anónimos (naturalmente só se trata dalgunhas persoas illadas que se agochan no anonimato) trasladan as súas obsesións a esta enciclopedia. Para que se faga unha idea, hai unha persoa que ten unha teima cunhas vacas as que non deixan beber nun rego, outros andan cismando coas bandeiras, hai que se queixa polos camiños,... No caso do Vicedo a lea é por causa do antigo e do actual alcalde. Semella que persoas orixinarias do Vicedo queren trasladar esa disputa a este wiki. De cando en cando aparecen nese artigo, eu mesmo teño retirado desa entrada unha chea de edicións sobre o tema pero semella que aínda así non é suficiente. Desde logo a nós gustaríanos que colaboradores do Vicedo contribuíran con datos valiosos para que o conxunto dos lectores deste wiki poida coñecer mellor a zona, pero por desgraza mesmo as súas edicións semellan ter máis interese polo tema municipal que por dar a coñecer o seu concello. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:26, 25 maio 2007 (UTC)

Caixa de navegación[editar a fonte]

Ola! Moitas grazas por responderme antes e dicirme como tiña que facer para incluír o artigo da literatura intersecular na caixa de navegación. Un saúdo--Xohán Baldomir 11:24, 25 maio 2007 (UTC)

Process bot bit request user:SieBot[editar a fonte]

Hi. Could you please take a look at Wikipedia:Bots/Peticións_de_aprobación#SieBot and process the request if possible? Thanks. Siebrand 21:27, 26 maio 2007 (UTC)

P.s. as many of the interwiki bot operators do not speak your language, you might want to give a short description of the bot bit settings procedure in English on Wikipedia:Bots/Peticións_de_aprobación

Thank you, also for the message on my nl.wp talk page. Siebrand 08:54, 28 maio 2007 (UTC)

Donde obter datos dos resultados electoráis[editar a fonte]

Ola Prevert, xa vin que comezaches co das eleccións e quería botarche unha man, pero teño un problemiña. A ligazón que teño eu dos resultados electorais (a páxina do ministerio) non se actualizou aínda (nin o fará ata vai ti a saber...) e non sei onde podo obter os datos dos resultados destas eleccións. Se me podes botar un cable e dicirme donde atopalos poñereime en canto poda có tema. Un saúdo e grazas. BaNjO(tell me) 21:34, 27 maio 2007 (UTC)

Feito. {{CategoríaOficial}} queda en dúas páxinas, unha de User:Sobreira e outra Wikipedia:Wikiproxecto Proxecto5000, aparte do modelo mesmo. --Xosé (✉) 18:09, 28 maio 2007 (UTC)

eleccións municipais Ribadeo[editar a fonte]

Ola, Prevert. Xa o arranxei. Vin que deixaches o de en progreso, e pregúntome se tería cabida o que puxen en 'ribadeando' sobre a análise dos números, porcentaxes e demáis. Saúdos.--Agremon(contacto) 20:08, 28 maio 2007 (UTC)

Referíame ós gráficos e o tratamento de datos da entrada anterior. Se te parece, métoo maa tras unha corrección que teño que facer.--Agremon(contacto) 20:20, 28 maio 2007 (UTC)

OK. Ata mañá.--Agremon(contacto) 20:24, 28 maio 2007 (UTC)

Non se merecen[editar a fonte]

Ola, pois o dito, un saúdo --Menkaura 20:45, 28 maio 2007 (UTC)


Prezado Senhor ou Senhora,

Antes de mais, peço desculpas, pois sendo a minha primeira incursão na Wikipédia não estou familiarizado com as suas regras. Certamente a entrada para "Universidade Autónoma do Atlánico" corresponde-se com um texto da web dessa organização (o qual não é o mais recomendável). Aguardo, pois, poder elaborar um texto novo e completo, de forma similar aos de outras instituições.

No entanto, não entendi o problema das inserções das ligações e dos acrescentos na entrada "Universidade". Creio que o movimento das Universidades Populares, de longa trajetória no nosso país (pense-se no caso da Universidade Popular de Vigo), é digno de não ser excluído, pois constituiu um claro esforço da sociedade civil por criar alternativas ao ensino convencional no plano local e comunitário.

Neste caso, agradeceria me indicasse quais os problemas de "redação" que deveriam ser corregidos para permitir que tal acepção do termo Universidade não seja obviado. Ainda, se tiver a bondade, deixo nas suas próprias mãos a redação deste parágrafo. Já no que diz respeito às ligações, não vejo motivos pelos quais devem estar os da USC, Uvigo e UdC e não o da Uniat.

Francamente, duvido que possa crer sinceramente que a minha intenção com a inserção na Wikipédia de ligações referentes à Uniat tem fins promocionais... para isso, a Universidade dispõe já da sua própria página web. Em todo caso, o mesmo poderíamos pensar das outras Universidades, empresas, instituições e coletivos da sociedade civil organizada, como é aqui o caso.

Se for preciso, comprometo-me a preparar um texto amplo sobre o percurso das Universidades populares galegas desde o início de século, mas apenas pretendia aclarar que o termo "universidade" (originariamente 'comunidade', 'universalidade', 'totalidade', ...) vai mais além do que as instituições elitistas do ensino superior hoje predominantes.

Sem mais, e desculpando-me novamente pela minha intromissão neste campo que tanto respeito e ao mesmo tempo desconheço na vertente prática, fico à sua inteira disposição para alcançarmos uma solução consensuada à problemática, pois não é para nada a minha intenção criar polémicas nem fazer perder o tempo às pessoas implicadas na Wikipédia em Galego.

Um atencioso saúdo,

Joám


Prezado Senhor ou Senhora,

Antes de mais, peço desculpas, pois sendo a minha primeira incursão na Wikipédia não estou familiarizado com as suas regras. Certamente a entrada para "Universidade Autónoma do Atlánico" corresponde-se com um texto da web dessa organização (o qual não é o mais recomendável). Aguardo, pois, poder elaborar um texto novo e completo, de forma similar aos de outras instituições.

No entanto, não entendi o problema das inserções das ligações e dos acrescentos na entrada "Universidade". Creio que o movimento das Universidades Populares, de longa trajetória no nosso país (pense-se no caso da Universidade Popular de Vigo), é digno de não ser excluído, pois constituiu um claro esforço da sociedade civil por criar alternativas ao ensino convencional no plano local e comunitário.

Neste caso, agradeceria me indicasse quais os problemas de "redação" que deveriam ser corregidos para permitir que tal acepção do termo Universidade não seja obviado. Ainda, se tiver a bondade, deixo nas suas próprias mãos a redação deste parágrafo. Já no que diz respeito às ligações, não vejo motivos pelos quais devem estar os da USC, Uvigo e UdC e não o da Uniat.

Francamente, duvido que possa crer sinceramente que a minha intenção com a inserção na Wikipédia de ligações referentes à Uniat tem fins promocionais... para isso, a Universidade dispõe já da sua própria página web. Em todo caso, o mesmo poderíamos pensar das outras Universidades, empresas, instituições e coletivos da sociedade civil organizada, como é aqui o caso.

Se for preciso, comprometo-me a preparar um texto amplo sobre o percurso das Universidades populares galegas desde o início de século, mas apenas pretendia aclarar que o termo "universidade" (originariamente 'comunidade', 'universalidade', 'totalidade', ...) vai mais além do que as instituições elitistas do ensino superior hoje predominantes.

Sem mais, e desculpando-me novamente pela minha intromissão neste campo que tanto respeito e ao mesmo tempo desconheço na vertente prática, fico à sua inteira disposição para alcançarmos uma solução consensuada à problemática.

Um atencioso saúdo,

Joám

Agradecido[editar a fonte]

Pois eso. Vémonos na wiki.-- Delphidius (Mensaxes) 14:05, 5 xuño 2007 (UTC)

BenoniBot[editar a fonte]

Ola. Perdoa que continuei a utilizar o meu bot. Pensaba que xa tenia o permiso. Vale, ata que teño o permiso, non farei mais que 20-30 cambios dia. Para o problema co "Anexo:" do wiki español, é un bug do bot. Xa fixen un informe sobre ese problema. Espero que cambiaran rapidamente o bot. Un saudo! Benoni 21:03, 6 xuño 2007 (UTC)

Non vexo o problema na votación. Por certo, mira User:Xosé/Template:Eleccións municipais en Probas. --Xosé (✉) 22:05, 6 xuño 2007 (UTC)

Mensaxes do sistema[editar a fonte]

Comezo por abaixo. Talvez poidamos pór agora en sitenotice un aviso pedindo que se nos avise se algunha tradución das existentes lle resulta chocante a alguén. --Xosé (✉) 12:54, 7 xuño 2007 (UTC)

Non me fixei. Terei-nas que revisar de novo tendo iso en conta. --Xosé (✉) 19:55, 7 xuño 2007 (UTC)
Pensando-o mellor, si que o vin, pero pensei que eran precisións de quen fixera a tradución. --Xosé (✉) 19:58, 7 xuño 2007 (UTC). Un exemplo: "Todas as mensaxes do sistema" ("System messages"). --Xosé (✉) 19:59, 7 xuño 2007 (UTC)
Cando me chegou a túa mensaxe estaba con MediaWiki:Emailauthenticated : falta-lle a preposición "en". --Xosé (✉) 20:24, 7 xuño 2007 (UTC)

Mediawiki:log funciona se usas sintaxe wiki: Rexistros (logs).--Xosé (✉) 12:54, 8 xuño 2007 (UTC)

Acabo de instalar a versión svn e advirto que faltan bastantes traducións das máis frecuentes e que aparecen na interface de calquer visitante anónimo: Help (en navegación), login/create an account, toolbox, E-mail password, Already have an account?, Real name:, Remember my login on this computer, Return to, Search, Track the most recent changes to the wiki on this page., Below are the last 50 changes in the last 7 days, as of 19:01, 10 xuño 2007, You've followed a link to a page that doesn't exist yet, This page was last modified 19:04, 10 xuño 2007. ... ... --Xosé (✉) 19:05, 10 xuño 2007 (UTC)

Non tiña pensado crear a categoría, pero vin que varios artigos facían referencia a ela así que imaxinei que sería necesaria. Non sabía a existencia dun esquema establecido, cousas de ser novato. Xa retiro a categoría e de paso elimino as referenzas a esa categoría nos artigos que a teñan. Ollo tamén a arte, porque existe unha categoría como tal que non aparece no esquema.

Saudos!

  • Xa de paso... ¿hai algunha forma de por --Alalvarezgl 11:59, 8 xuño 2007 (UTC) directamente? solucionado, xa o atopei --Alalvarez 12:17, 8 xuño 2007 (UTC)
  • Entendido, mellor elimino as categorías creadas a espera de que se redefina a árbore para arte e cultura. Mil graciñas polo da firma. Saúdos! --Alalvarez 12:21, 8 xuño 2007 (UTC)

Bel/ ble en Formación das liñaxes..[editar a fonte]

Na discusión de Formación das liñaxes na nobreza galega baixomedieval xa puxen o que fixen, non o vou negar, hai cousas que en galego me soan mellor e outras pior e barrin para casa, pero non quixen contravir a política de respeito á escolla orixinal. Grazas polo comentario. Emilio juanatey 19:25, 9 xuño 2007 (UTC)

Varones ilustres de Galicia[editar a fonte]

Ben, xa está rematada a tradución do texto este, en wikisource [3]. Só me falta repasalo con detemento porque sempre se escaparía algo, pero xa te adianto dúas dúbidas:

  • Deixei sen traducir o texto da portada porque quen empexou a tradución deixouno en castelán, non sei por qué razón. Supoño que o normal sería traducilo tamñen, pero quero que mo confirmes.
  • No texto que estaba, a medio traducir, faltaban biografías. Na páxina de discusión estaba o texto completo (¿completo?, remata no B) e de aí copiei, e traducín, as que faltaban.
  • Nun momento fala co "cura de Fruime" e fixen unha nota explicando quen eran o tal personaxe (que eran dous). Esta nota non vén no orixinal e, para ser respectuoso, non creo que se deban introducir. Ti dirás se a borro e renumero as notas.

Un saúdo. Pedro. --Lameiro 20:38, 9 xuño 2007 (UTC)

Muchas gracias...[editar a fonte]

... por tener vigilada mi página. La verdad es que me gustaría trabajar en una wikipedia como la vuestra, tranquila, centrada... más humana, pero es la desgracia de trabajar en una casa de locos como la wikipedia en castellano. No te creas que ha sido solo en galipedia, también en viquipèdia y la wikipedia en inglés me han obsequiado con mucho "cariño". Gracias además por la info sobre el profe italiano. Las reglas son básicamente las mismas (e incluso mucho más energuménicas ;-)). Un abrazo y gracias de nuevo --Ecemaml (talk to me) 10:05, 10 xuño 2007 (UTC)

Boas, estiven botándolle un ollo a estes dous "artigos sen importancia" da enciclopedia. Pasei un pequeno parágrafo de climatoloxía do artigo Galiza á Galicia, ó resto polo que vin é o mesmo contido nos dous artigos, polo que penso que sería mellor fusionalos. Eu crearía a redirección, pero non sei si hai que fusionar historiais tamén, polo tanto esperarei a túa actuación e en canto esté póñome a darlle unha man de pintura ao artigo, que falta lle fai :D. Un saúdo. --BaNjO(tell me) 16:07, 10 xuño 2007 (UTC)

  • Thank you very moitas pola aclaración. En canto teña tempo tentarei mellorar os dous artigos logo. Un saúdo. --BaNjO(tell me) 16:42, 14 xuño 2007 (UTC)

Galizionario[editar a fonte]

As palabran como castrapo que te envían ó galizionario non se borran?

Saúdos!! --Alalvarez 14:31, 11 xuño 2007 (UTC)

Entendido, coma sempre... graciñas!!

Sobre as licenzas[editar a fonte]

Ola, Prevert, teño un problema cunhas licenzas dunhas imaxes que sirven para amosar a categorías de especies ameazadas que creou un usuario da wikipedia australiano e que so pide que se lle recoñeza a autoria (reconocimiento 2.5), entendendo eu. O que sucede e cando a collo e a modifico cun editor para a nosa lingua, un usuario que controla o proceso User talk:ABF me manda a seguinte mesaxe en commonsUser talk:Calrosfking decindome que a vai borrar que teño que intruducir a licencia ¿Onde?. Eu o incluínna na paxina onde se edita o arquivo pero non debe ser alí. Seguro que estou facendo algo mal pero non sei o que. A información tiña pensado poñela na páxina http://commons.wikimedia.org/wiki/Template:Pengo_IUCN/gl que xa traducín do portugués e que so precisa cambiar algunhas palabras das imaxes (cosa que xa fixen e teño no meu ordendor), pero se non arranxo o problema vanme borrar as primeiras imaxes que son as que introucín ata este intre.

Un sáudo--Calrosfking (FÁLAME) 19:13, 13 xuño 2007 (UTC)

  • Moitas grazas pola axuda que, como sempre. é moi valiosa. A min paréceme interesantes estos gráficos que reflicten o grao de ameaza dunha especie concreta e que podemos introducir xunto coas caixas taxonómicas para facer unha avaliación do grao de perigo no que se atopa unha especie concreta. A verdade e que non pedín a opinión de ningúen para facelo, pero supoño que a quen lle parezan interesantes os empregará nas páxinas que crean oportunas. ¿Debería ter consultado os demais membros da wikipedia galega respecto desta iniciativa ou podo tirar para adiante sen máis e que a use estos gráficos quen quera? (nestas cuestións de funcionamento as veces vou un pouco rápido e non me paro a preguntar o que opinan os demais).
  • O marxe do anterior, os meus alumnos (do User:IES Pazo da Mercé) están rematando as páxinas da temática das drogas (unhas quedaron mellores que outras) e queren que che transmita o interesante que foi para eles esta experiencia (algúns continuarán de xeito individual con outras temáticas) e queren tamén que vos transmita a todos os adminstradores e colaboradores os seus (nosos) parabéns. Eu pola miña banda cambio de centro de traballo, así que seguramente o ano que ven espero que teñamos novos rapaces e rapazas (de Redondela) vinculados a este proxecto.

Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 12:30, 14 xuño 2007 (UTC).

Loveless bot[editar a fonte]

Thank you very much =^^=

DarkoNeko 11:08, 14 xuño 2007 (UTC)

Caso estraño[editar a fonte]

Perdoa pero non sei que facer con isto, a min non me parece correcto:

User:VEAN_TODOS_USTEDES_ESTA_WEB_:_www.ecemaml.com

Sinala unha web onde se difama a un compañeiro con argumentos propios da cruzada nacional.

Emilio juanatey 01:10, 15 xuño 2007 (UTC)

Hola, son User: Magus. Estou comezando na Galipedia. Coincidimos no artigo vellarrón.


Logo 25.000 artigos[editar a fonte]

Boas Prevert, acabo de subir o logotipo. Ao final o remendo non levou tanto traballo como pensaba. Un saúdo. --Beninho 11:55, 22 xuño 2007 (UTC)

Ola prevert, bótalle un ollo a Deportivo da Coruña, Deportivo da Coruña, (fíxate na coma) e Deportivo de la Coruña. Resulta que User:Basilio moveu Deportivo de la Coruña a Deportivo da Coruña,. Primeiro non sei se o cambio está fundamentado nalgunha política ou acordo, aínda que a mín pareceme lóxico, pero no caso de que sexa así non sería un cambio correcto. Segundo está o da coma no título, que o xa existir Deportivo da Coruña non deixa redirixir e habería que fusionar artigos, sempre e cando o cambio de título sexa correcto coma dixen antes. Se podes botarlle un ollo agradezocho, avísame cando esté para saber como queda, a ver si me vou metendo máis nas políticas da wiki que ando un pouco peixe no tema :D. Un saúdo --BaNjO(tell me) 13:14, 23 xuño 2007 (UTC)

Ola Prevert, pois qué lle vamos a facer? Postas as cousas asi, chamaremolo logo polo nome mais popular, para nos é e será sempre O Depor. Grazas polo aviso, recebe un cordial saúdo. Padin 21:49, 23 xuño 2007 (UTC)

Re: Literatura galega dos Séculos Escuros[editar a fonte]

Moitas grazas pola comunicación. A verdade é que non o esperaba. Un saúdo --Xohán Baldomir 18:56, 26 xuño 2007 (UTC)

  • Gracias por responderme. Tenía otra duda. ¿Existe la terminación -çom en gallego actual? Manifestaçom, povoaçom... Chabi
  • Ola Prevert. Grazas pola rápida resposta. Entón que me propós facer para ese par de afirmacións sobre os que non hai refencias (digo eu, iso quererá dicir que parece ser certo mais que precisa confirmación de alguén que saiba máis do tema). Podemos deixalo na edición sen que saia no artigo (non me lembro moito como se fai), ou podemos eliminalas e mirar máis adiante se se completaron na wiki en español, ou as dúas cousas. Que che parece mais axeitado? --Xoán Carlos Fraga 11:44, 27 xuño 2007 (UTC)


Estado de conservación Pita do monte[editar a fonte]

Ola Prevert, o problema de que o estado de conservación non coincida no mundo e en Galiza, non ten fácil solución. Por unha banda as caixas taxómicas que temos para as especies non son moi flexibles (ou polo menos non tanto como as de moitas outras wikis) e é dificil engadirlle novas cousas e esperar que todo funcione. Ao milor deberíamos pensar en cambialas agora que todavía non daría moito chollo. Por outra banda eu penso que os artígos que falan de cousas xerais ou mundiais (como pode ser unha especie que hai en moitos países) teñen que ter primeiro un tratamento xeral e logo un tratamento particular para o caso de Galiza, por exemplo. No caso da pita do monte, poderíase facer un apartado que dixera "situación da pita do monte en Galiza" no que se explicara este caso e por que hai diferencias respecto da situación mundial desta ave. Un saúdo.--Calrosfking (FÁLAME) 13:54, 27 xuño 2007 (UTC)

Manuel Comellas Coímbra[editar a fonte]

Ola Prevert:

Intentei organizar o meu tempo para poder conseguir unha entrevista coa neta de M.Comellas. Non so conseguin coa neta, senón tamén co neto. Con todo iso conseguín completar o artigo. Asimismo, adquirín un recorte de periodico, acerca dun artigo da periodista Cristina F. Calvo, onde reivindica as obras de comellas, a súa acción solidaria etc... Tamén lle fxen unha fotografía a un lienzo de Comellas. Espero que así esté listo

Un cordial saúdo--El refugio de la Cultura 11:20, 30 xuño 2007 (UTC)

¡ ola Prevert ! ¿ Por favor podes borrar a imaxe do sello [4] da RAG ? e provisoria e eu puxen en commons [5] a misma coa boa licenza desde a wiki inglesa. Si sacas a galega poño a de Commons. Un cordial saudo Elvire 20:45, 1 xullo 2007 (UTC)

User:Xelo2004 xa puxo as cousas como e debido. Un cordial saudo Elvire 23:30, 1 xullo 2007 (UTC)
! ola prevert ! sigindo ca RAG o User:Ibérico esta empezando unha gerra de edicion na wikipedia en francès. Agradezco a tua mensaxe . Non entende que unha encyclopedia non e un xornal de charla de opinion (User talk:Ibérico). Vamos ver como sigue isto. (A finales de xulio vou a Vigo e conto comer pulbo a feira como na tua paxina) Xa te contarei.Un cordial saudo Elvire 00:33, 3 xullo 2007 (UTC)

Eu não conheço usuário nenhum. E ninguém me conhece aqui. Isso é normal. Gostava de ver uma galipédia escrita em galegoportuguês e não em galegoespanhol. Mas já entendi. A censura e a pressão de alguns são mais fortes do que as "teimas" de um. A censura ganha. Parabéns. Saudações ibéricas. --Ibérico 14:16, 3 xullo 2007 (UTC)

¡ Ola Prevert  ! Respondin " xente de boa fe " eiqui User talk:Ibérico. E na wikipedia en frances, tamen sige cas suas, deixo polo o momento fr:Utilisateur:DocteurCosmos atender o user:Ibérico. Un cordial saudo Elvire 16:35, 3 xullo 2007 (UTC)

A wikipédia é livre. Ser ou não da AGAL ou do PP galego não dá nem tira razões, nem é motivo de expulsão ou de censura. Por favor, não me julgue. Interesso-me pela/pola wikipédia e wikipédias, onde colaboro (em vários idiomas). E continuarei a colaborar. Estes conceitos não os conheço: "autobombo, autopromoción, vangloria ou vaidade persoal". Obrigado/Graças. --Ibérico 16:23, 4 xullo 2007 (UTC) Não insultei ninguém, só dei opiniões. Se ofendi, peço desculpas. E sempre empreguei e emprego, nos artigos, a norma da RAG. Dou-lhe graças por ter-me indicado o corrector Ortogal, o que me permite escrever segundo essa norma. Espero continuar a colaborar aqui. Não se zangue. Obrigado/Graças. --Ibérico 17:03, 5 xullo 2007 (UTC) É isso mesmo: não sei nada de nada. Mas vou estudar. Prometo-lho. Graças. --Ibérico 18:18, 5 xullo 2007 (UTC)

Parada da Serra, A Gudiña[editar a fonte]

Este artigo o que lle puxeras marcador de atención foi modificado. Vótalle unha ollada cando poidas. Deixaron unha mensaxe na páxina de discusión. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 15:51, 2 xullo 2007 (UTC)

Por favor[editar a fonte]

Poderías subir a seguinte foto? É que xa non lembro como vai o das lizenzas. ´

Hurling

Grazas por adiantado. Un saúdo, --Norrin_strange (Talk) 09:20, 5 xullo 2007 (UTC)

Outubro?[editar a fonte]

Moitas grazas, en todo caso, ;) --Xabier Cid 11:43, 5 xullo 2007 (UTC)

Grazas de novo.--Xabier Cid 11:44, 5 xullo 2007 (UTC)

Ola! Grazas por escoller a O Detective Conan para ser artigo destacado de setembro. Foi a primeira entrada creada por min na Galipedia e aínda non estaba nin rexistrado. Grazas de novo! :) Saúdos! --ShinichiComenta 15:10, 5 xullo 2007

Historia da Escravitude[editar a fonte]

Boas tardes, señor Prevert!. Lin a súa mensaxe de hoxe, na que lle agradezo os consellos de corazón. A respeito desa eleizón sobre o artigo Historia da Escravitude, non teño máis remedio que confesarlle que é un refrito-tradución de varios artigos doutras Wikipedias -nomeadamente en inglés, francés e italiano, no que eu lembro -, tendo por tanto pouco de orixinal. Está por outra parte, sen acabar -tamén no que lembro-, polo que resulta ser inferior a algunhas das mellores wikis. Se de todos xeitos, vdes se empeñan en manter tal proxecto, e se é para novembro, verei de mellorar-completar aspectos, nos próximos días. - Montes, 5 de xullo 2007, 16:56

  • Debe ser un erro, o artigo do mosteiro de San Clodio non o fixen eu, supoño que te refires o dos viquingos en Galicia mais non sei se será un bo destacada por ser curto de máisAcerto 17:29, 5 xullo 2007 (UTC)
  • Nos vindeiros días mirarei se son capaz de amplialo un pouco.Acerto 17:34, 5 xullo 2007 (UTC)

Problemas ao desfacer[editar a fonte]

Desfixen nos artigos Pardo de Cela e Santiago de Compostela porque un anónimo está a dedicarse a mudar Galiza -> Galicia e outros. Ao mirar nos cambios recentes vexo que, aparentemente, eliminou-se moito texto pero non sei como comprobar cal é. --Xosé (✉) 10:44, 7 xullo 2007 (UTC)

Deserto do Atacama[editar a fonte]

Por algunha razón borraches no atrtigo Deserto do Atacama un enlace a unha web de sanpedrodeatacama que fixo un anónimo. Pois acaba de metela outra vez con outra IP. Como non sei por que o queres borrar non o fago eu, pero déixoche este aviso para que decidas. Pedro --Lameiro 22:00, 7 xullo 2007 (UTC)

Perdona. La plantila sobre lengua andaluza la hice para probar cómo se hacían las plantillas. Le puse cualquier cosa y ya está . Al acabarla simplemente se me olvidó pedir su borrado. Gracias por borrarlo y por avisarme. Chabi

Consello da Cultura Galega[editar a fonte]

Grazas pola túa información e axuda. Xa hai tempo que creara máis artigos de películas galegas copiando as sinopses da páxina web do Consello da Cultura Galega pensando que ó especificar a procedencia non habería problema e ninguén me advertiu de que non era correcto, así que agradézocho.

Estiven cambiando xa algúns dos artigos que creei con este problema. Intentarei reescribilos quedando coa esencia, o argumento, que á fin e o cabo é sempre a mesma, pero redactando de novo. Ó non ter visto estas películas resúltame imposible crear un texto totalmente novo sen basearme noutros resumos que atopo na rede.

En canto ás fichas técnicas, non collo datos só da devandita páxina, tamén de IMDb (que adoita ter información máis completa), da páxina da Axencia Audiovisual Galega e das webs oficiais nas películas que as teñen. Como ben dis, estes datos son sempre os mesmos, así que aí non creo que haxa problema.

O dito, grazas pola túa axuda. Un saúdo. --MVF 06:58, 10 xullo 2007 (UTC)

Imaxe da Semana[editar a fonte]

Parece-me ben. --Xosé (✉) 12:05, 10 xullo 2007 (UTC)

  • (Espero que che gustasen este modelo e {{ModelosVotacions}}). Comprendo o que dis, pero participar participa-se de moi diversas maneiras (escribindo, traducindo, categorizando, enviando imaxes, etc., etc.), asi que "Participación" non seria realmente un bon título. Supoño que nos atopamos cun problema do estilo de editor/usuario/colaborador, falar/conversa/comentarios/discusión, etc. --Xosé (✉) 12:51, 10 xullo 2007 (UTC)

Prevert, bota un vistazo á páxina de discusión do artigo cabalo e decide se borras ese texto ou non. E noraboa polo Xornal nº 4 e polo traballo que representa chegar ata aquí. Pedro --Lameiro 20:58, 10 xullo 2007 (UTC)