Usuario:Rosamf
Ola, son Rosa, e creo que xa vou coñecendo algo máis sobre como funciona a Galipedia.
2013
[editar | editar a fonte]Non cumprín os meus bos desexos para 2010 nin no 2010, nin no 11 nin no 12. A ver se o ano 13 é mellor. Polo momento, creado un artigo novo e revisada a miña lista de vixilancia :)
Bos desexos para 2010 =
[editar | editar a fonte]Para este ano 2010 gustaríame colaborar con artigos sobre:
- Animais
- Historia de Galiza
- Persoeiros de Galiza
- Banda deseñada
- Música e grupos galegos
- Lingua e literatura galegas
- Movementos sociais
Conseguirei colaborar en polo menos dez artigos desta temática en cada trimestre do ano?
Febreiro 2010
[editar | editar a fonte]Polo que estiven vendo, son incapaz de fixarme obxectivos. A Wikipedia é algo adictivo, e salto duns artigos a outros sen importar a temática.... a culpa é das ligazóns en cor vermella que aparecen ao acabar de editar. Artigo inexistente? E quen se resiste a crealo?
Marzo 2010
[editar | editar a fonte]Definitivamente son incapaz de cumprir os bos propósitos, ou polo menos de maneira ordenada. Salto casualmente dunha temática para outra e pim-pam-pum-dentro. Que caos. Pero é parte do encanto do formato wiki... como xa dixera, a culpa é das ligazóns en cor vermella. Outras veces éo dun pronome mal colocado, dunha vírgula a destempo, dun capricho do destino. Veremos.
Xuño 2010
[editar | editar a fonte]Posibelmente complete artigos con imaxes da miña autoría. Non estou moi segura das licenzas a usar para traballos propios, así que sigo as opcións "recomended" na Wikimedia.
Setembro 2010
[editar | editar a fonte]Traballar algo o meu Boimorto natal.