Narón TV foi unha canle de televisióngalega, a primeira[1] de ámbito local en emitir con normalidade. A súa programación estaba orientada á vila de Narón e á comarca de Ferrolterra e era emitida pola canle 28[1] de UHF.
Foi creada en xaneiro de 1988 por Fernando Masafret, profesional audiovisual que traballaba para a empresa Retina[1], aínda que xa en setembro de 1988 se formalizaría a súa relación co Concello de Narón converténdoa nunha empresa mixta, que mesturaba capital privado e investimento público. Narón TV existiu como tal até o ano 1992, no que se convertería en Canal 4[1] de Ferrol, empresa que á súa vez pasaría a chamarse Ferrolvisión Canal 29 para anos máis tarde acabar integrada na rede de emisoras locais Localia como Localia-Ferrol[1].