Conversa usuario:Porto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido, Porto. Ánimo e a colaborar. --Agremon 19:13, 28 Oct 2004 (UTC)

Porto, tes unha foto de ferrol mellor en [1].--Agremon 12:34, 6 Nov 2004 (UTC)

Alemaña, Países Baixos e Noruega.[editar a fonte]

Porto aproveito para darche a benvida con certo retraso e para comentarche algunhas cuestións que decidimos an canto as páxinas de países na Galipedia. Acordamos que a información dos países estea na páxina principal de cada país (ao contrario dalgunhas Wikipedias) e só no caso de que sexa moi abundante crear subpáxinas, pero sempre deixando algunha información na principal. Outro acordo que temos é que xusto debaixo do nome do país apareza o nome tamén noutros idiomas, intenta por favor non eliminar esa información cando xa exista nun país. É unha boa axuda a que estás a facer coas páxinas de países, gracias. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert (talk)]] 18:45, 14 Dec 2004 (UTC)

Grazas por avisarme, tamén o fixo outro compañeiro noso. Eu non sabía nada sobre estar normas, a partires de agora fareino deste xeito. Un saúdo, Porto.

  • Acabo de ver o artigo que creaches de Manuel Rivas e obras como O lapis do carpinteiro ou En salvaxe compaña aparecen en castelán na lista de obras, cando estas obras foron escritas en galego, de feito Rivas nunca escribiu nada de ficción en castelán. Supoño que será a fonte que utilizas, que está en castelán, pero paréceme grave que na wikipedia en Galego se dea a sensación que Rivas escribe en castelán, cando iso non é certo, debemos ser rigorosos e a Galipedia debe servir para dignificar a lingua, e sinto dicir que polo de agora non o estamos conseguindo.--Rocastelo 22:25, 27 Feb 2005 (UTC)

A miña fonte misturaba os títulos en galego e en castelán, por iso o erro. Grazas por correxilo.--Porto 17:29, 28 Feb 2005 (UTC)


  • Eu non son administrador e polo tanto non podo editar a portada, o que fixen foi deixar unha mensaxe na páxina de discusión da portada, para que algún administrador actualice os datos da portada, saúdos.--Rocastelo 21:09, 27 Abr 2005 (UTC)

Felicitacións[editar a fonte]

Estupendo o traballo que estás facendo. Resulta moi beneficioso para a Galipedia e merece recoñecemento. Felicítote. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 00:42, 15 maio 2005 (UTC)

Herzorg & de Meuron[editar a fonte]

Ola, Porto. Deixaches esta páxina vacía e non atopo onde metiches o material que nela estaba. Pódese borrar?--Agremon(contacto) 06:02, 13 outubro 2005 (UTC)

Template[editar a fonte]

  • Está en Template:CCAA España, podes editala como calquera outra páxina. Lembra que tamén que para España usamos o nome dobre no caso de que sexa necesario. Aínda que o template non está actualizado temos algúns dos artigos das comunidades cos nomes correctos. En canto a País Vasco é con v, e temos País Vasco - Euskadi. Para calquera outra cousa que necesites quedo á túa disposición. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:54, 4 abril 2006 (UTC)
  • Podes crear unha ligazon dende País Basco o novo artigo; No trocante o borrado de artigos esa son tareas que competen a un administrador. Saudos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 13:33, 5 abril 2006 (UTC)
  • Só os administradores poden borrar as páxinas. Para incluir unha páxina na listaxe de páxinas para borrar podes utilizar os marcadores {{lixo}} ou {{lixoporque|escribindo aquí a razón da proposta de borrado}}. Nunha páxina creada por ti mesmo basta con usar {{lixo}}. Noutra tes que usar o outro marcador (suponse que a páxina cumpre algún dos motivos que aparecen en Wikipedia:Eliminación rápida. Hai outros casos nos que hai que realizar votacións, úsase {{Vpb}}. Outra cuestión as páxinas de Toponimia segundo Wikipedia:Política e normas:Toponimia teñen un título dobre no caso de que título orixinal e galego non coincidan. Nese sentido País Vasco - Euskadi non pode ser unha redirección. Sobre o que comentas de utilizar Comunidade Autónoma de ... neste momento non estou seguro de se iso é coherente co que viñemos facendo ata agora, penso que estaría ben coñecer o que opinan outros compañeiros, que che parece se pos unha mensaxe como o que me deixaches a min en Wikipedia:A Taberna (propostas)? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:18, 8 abril 2006 (UTC)

Image:Fene1.jpg[editar a fonte]

Ola Porto. No 2004 subiches unha foto preciosa (image:Fene1.jpg), que me trae moitas lembrabzas. A miña familia é de Fene e eu pasaba alí o verán. A mágoa é que lle faltan datos. Ó non ter os datos de orixe e copyright, a imaxe debera ser borrada. Aínda que de pequeno tamaño, é neste momento unha foto única na Galipedia.

Un cordial saúdo --Lmbuga 23:38, 25 abril 2006 (UTC)

  • Ola novamente.

Ando a procurar fotos dos concellos galegos que poidan ser subidas a Commons. Tódalas fotos presentes na Wikipedia e Commons precisan ter especificado claramente o copyright e a súa orixe (source). Por carecer destes datos, marquei coa template {{Sen licenza}} as seguintes fotos por ti subidas: Image:Ferrol4.jpg, Image:Ferrol3.jpg. Dado que son moi interesantes ditas fotos, agradeceríache que cumprimentases, se podes, os datos requiridos a todas cantas imaxes aquí se expoñen e que grazas a ti podemos disfrutar. Un cordial saúdo. --Lmbuga 00:25, 16 maio 2006 (UTC)

  • Agradeceríache ademais, se sobes algunha foto, que a subises tamén a Commons cumprimetando na táboa de información os datos mínimos requiridos. Se tes algunha dúbida ou pensas que podes precisar de min, non dubides en contactar comigo preferiblemente en Lmbuga en Commons Outro cordial saúdo --Lmbuga 00:40, 16 maio 2006 (UTC)


ta-basco :)[editar a fonte]

Inda que eu tamén opino que debería ser con b (pois en euskera non hai v) na versión do Volga 2004 admítese só vasco e éuscaro. O único basco que existe é tabasco e verbasco. :( Saúdos por primeira vez --Sobreira 17:20, 31 maio 2006 (UTC)

Aviso de eliminación de Image:Sagradafamilia.jpg[editar a fonte]

Warning sign Aviso de eliminación de imaxe.
A imaxe Image:Sagradafamilia.jpg está na lista de Imaxes para borrar. Se vostede pensa que non debe eliminarse, expoña as súas razóns nesta entrada onde se está decidindo que facer coa imaxe. {{{2}}}

Imaxes sen licenza. Aviso automático[editar a fonte]

Imaxe, falta información de Image:Bandeiraunion.png[editar a fonte]

Warning sign Pode que haxa que borrar o(s) ficheiro(s).
Grazas por contribuir a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No(s) caso(s): Image:Bandeiraunion.png , Image:Estadiomunich.jpg, Image:Apotecabasilea.jpg, Image:Operasydney.jpg, Image:Valdearan.png, Image:Escudogales.png, Image:Bandeiraescocia.png, Image:Maparusa.png, Image:Bandeirarusa.png, Image:Casavicens.jpg, Image:Mapafrancia.png, Image:Escudofrancia.gif, Image:Escudofrancia.gif, Image:Escudoalbania.png, Image:Bandeiraalbania.png, Image:Mapapolonia.png cómpre incluir, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. Para marcar as imaxes é preciso incluir a licenza e a táboa de información cos datos que identifiquen a súa orixe.

Pode usar esta ferramenta para atopar todas as súas imaxes. Se ten dúbidas sobre como incluir a información que falta podemos axudarlle. Grazas. sinatura do usuario que deixa o aviso

,

Ola Porto. MArquei un montçon de imaxes túas por carecerren de licenza. Na anterior mensaxe automática tes as ligazóns ás mesmas, dese xeito poderás, se o desexas e con aquelas que o desexes, máis doadamente completalas. Se algunha dificultade, non dubides en contactar comigo.--Lmbuga Commons - Galipedia 07:15, 2 xuño 2006 (UTC)

Ola de novo. Paréceme que algunha das imaxes anteriores foron subidas de Commons. Se é así, non se perde nada se se borran, pois funcionarían no seu lugar as de Commons.

Se queres que un administrador borre unha imaxe, debes

editala,
marcala con {{Borrar imaxe|day=02|month=xuño|year=2006|Motivo do borrado}}
Ir á páxina Wikipedia:Imaxes para borrar
Editar únicamente a última entrada e engadir un novo apartado para que se discuta se se debe borrar ou non.

Se desexases mantelas, poderías editalas e marcalas, sempre que proveñan de Commons, con {{NowCommons|Image:nome da imaxe.extensión}}

Non dubides en contactar comigo se precisas calquera cousa, mesmo se queres que sexa eu o que faga algo con esas imaxes. O motivo de que che envíe estas notas é que, ó subires ti as imaxes, ti es o primeiro que debe ser consultado. Como xa sabes, son moito máis importantes as túas aportacións cós pequenos problemas que por descoñecemento ou despiste poida haber. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 07:43, 2 xuño 2006 (UTC).

  • Ola Porto. Entendo que me preguntas se as imaxes procedentes doutras wikis subidas á Galipedia son válidas.

Para que sexan válidas, tes que incorporar os datos que as imaxes orixinais teñen na páxina de descrición (a páxina de descrición vese ó editar as imaxes) e convén que coloques unha ligazón á imaxe orixinal fundamentando a súa orixe. Ademais da orixe é fundamental reproducir o copyright da imaxe orixinal ({{GFDL}}, {{PD}},...) e ademais expresar quen as creara, o autor primeiro.

Se as imaxes orixinais son GFDL hai obrigadamente que copiar a páxina de descrición das mesmas, aínda que ti fixeses e subises unha variación sobre esas imaxes.

Imaxe de Commons. As imaxes que hai en Commons, máis de 600.000, non hai que subilas á Galipedia. Como podes ver nesta se editas esta mensaxe, funcionan na Galipedia coma se fosen unha imaxe subida á mesma Galipedia

Para poñerche un exemplo busquei a imaxe Image:Bandeiraunion.png pero non a encontrei con ese nome e ese tamaño nin en Commons nin en es-wiki. Si encontrei en Commons Image:European flag.svg, pero ó non ser igual pode que esa non sexa a orixe. Se esa fose a súa orixe, para que a foto que subiches sexa válida, terías que poñer os seguintes datos:

-Orixe: http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:Bandeiraunion.png, ligazón á imaxe en Commons.
-Permiso: {{PD}} e {{Insignia}}, datos de copyright. Non farían falta outros datos, pois a imaxe non é {{GFDL}}.

Si localicei a orixe da imaxe Image:Mapapolonia.png. É idéntica a Commons:Image:LocationPoland.png ou a versión que hai na wikipedia inglesa. Os datos da imaxe inda están na de Commons. Para manter sen problemas a imaxe na Galipedia deberías poñerlle (a esta xa llo poño eu)

-Permiso: {{PD}}
-Orixe: http://commons.wikimedia.org/wiki/Image:LocationPoland.png

Se algo non che queda claro, coméntamo. Non te preocupes moito por ter cometido algún erro, xa se corrixirá. Todos cometemos erros e todos andamos a axudar a que os demais cometan os menos posibles. Para os colaboradores da Galipedia, para os usuarios da mesma e para min, o máis importante é o traballo que estás desenvolvendo, o demais é solucionable, as imaxes son nun ultimo caso substituíbles, pero o teu traballo, o moito que editaches xa, é fundamental. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 16:53, 2 xuño 2006 (UTC)

Sobre as imaxes[editar a fonte]

En canto á pregunta que lle fas a Lmbuga, o que hai que facer e determinar a licenza e a orixe de cada unha das imaxes. Algunhas terán que borrarse e outras non (dunha parte das que haxa que borrar hai alternativas en Commons). O problema que temos neste caso está nos nomes das imaxes, como a maioría non son os orixinais é difícil comprobar as imaxes. Nalgúns casos coñecidos xa as marcamos, por exemplo as que corresponden ao CIA Factbook, co marcador {{PD-USGov-CIA-WF}}. Mira este enlace cunha relación de todas as imaxes que cargaches que aínda están sen marcar, se nos podes axudar a saber de que wikipedias proceden seríanos de gran axuda. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:55, 3 xuño 2006 (UTC)

Templates[editar a fonte]

Cando se edita unha páxina abaixo de todo aparecen os enlaces aos templates que se usan nesa páxina, seguindo o enlace xa poden editarse. No caso dos departamentos franceses lembra que so poden traducirse aqueles que teñan tradición de usarse en galego, no caso contrario non se poden cambiar (nós non podemos ser fonte primaria, iso significa que ten que haber fontes externas fiables e de calidade que refrenden o nome galego). Semella que a maoiría deles non teñen versión galega, como fonte de comprobación usamos Galego en liña pero sobre este tema en concreto non hai case nada. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:54, 4 xuño 2006 (UTC)

  • Adiante coas que teñan forma galega. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:04, 4 xuño 2006 (UTC)

Imaxes que quedan por localizar[editar a fonte]

Despois de revisar todas as imaxes quedan por localizar estas, calquera información que poidas aportar aforraríanos moitísimo traballo. Algunhas tamén se poderían substituír por outras que haxa en Commons: Image:Gaudi2.jpg, Image:Tratadoderoma.jpg, Image:Estra1.jpg, Image:Estra2.jpg, Image:Estra3.jpg, Image:Estra4.jpg, Image:Alemaña2.png, Image:Alemaña3.jpg, Image:Horreo.jpg, Image:Condadosromania.png, Image:Poboacionromania.png, Image:Finlandia2.gif, Image:180px-Taj mahal.jpg, Image:Escudobarcelona.jpg Image:Mapabarcelona.png, Image:Casabatllo.jpg, Image:Piramide.jpg, Image:Europagales.png. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:25, 12 xuño 2006 (UTC)

Nacións[editar a fonte]

  • Ti dis que a lingua asturiana non está estendida por todo o territorio: certo, pero debido á presión do castelán e a falta de vontade do Parlamento asturiano de declarala dioma cooficial. Por outra parte, o sentimento popular non é determinante para a existenza da nación; que é un ente natural independente da vontade dos homes. Asturias e Bretaña son nacións ainda que non o estean recoñecidas como tal polos estados ós que pertencen. Se Bretaña e Asturias formasen parte do Reino Unido, serían consideradas como nacións, non me cabe ningunha dúbida. Respecto ó que dis do idioma, o gaélico escocés tampouco está estendido por todo o territorio. Ademais, as constitucións dos estados francés e español non son ningén para definir conceptos. Norrin_strange
  • Xa sei que o castelán exerce presión, aquí tamén o fai. De feito só nalgunhas aldeas se fala asturiano, no resto é só castelán con influencia asturiana. O Parlamento é a representación do pobo e a sociedade, polo tanto... O da lingua só é un elemento máis, aínda que moi importante, entre moitos outros, como historia común e diferencidada, etc... É certo que hai nacións sen lingua propia ou asociada ao nacemento desa nación, pero neses casos teñen unha historia de luita e sentimento independentista moi forte, como é o caso de Escocia, Irlanda, etc. non no caso de Asturias. No caso da Bretaña francesa non vou falar moito xa que non o coñezo en profundiade, pero sí que ten unha antiga tradición de nomearse nación (forma parte das sete nacións celtas, xunto con Galiza). Nada máis. Perdoa por non dar resposta na túa páxina de usuario, pero como non tiñas o acceso directo, pois decidín facelo aquí. Deus! --PortoFaládeme aquí 18:47, 15 xuño 2006 (UTC)

Ola Porto, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:27, 15 setembro 2006 (UTC)

Caixas de usuario[editar a fonte]

O tema das caixas de usuario ten creado moitos problemas noutras Wikipedias e queremos evitalos aquí, por ese motivo mentres non se aprobe unha política definitiva non se admiten caixas de usuario no espazo template e recomendase que tampouco se insiran no espazo personal. Neste enlace podes ver unha explicación máis extensa do tema. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:14, 14 outubro 2006 (UTC)

No espazo persoal podes poñer as caixas se o desexas pero recomendamos que non se faga, porque facer declaracións de crenzas, opinións, ideoloxía, afeccións,... acheganos máis a un blog que a unha enciclopedia. Está comprobado, pola experiencia de outras Wikipedias de maior tamaño, que inserir ese tipo de caixas pode producir problemas. Nun wiki pequeno coma este procuramos evitar todo aquilo que divida ós usuarios en categorías, precisamente porque iso pode prexudicar o funcionamento do proxecto. Somos conscientes da necesidade de traballar todos na mesma dirección e sentido por riba de calquera tipo de diferenza entre nós. O que acabo de dicir só ten o valor de recomendación, a decisión final sobre o espazo personal —a non ser que se tome unha decisión que o contradiga— corresponde a cada usuario. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:03, 14 outubro 2006 (UTC)
  • Ola Porto. Non entendas que se pretende coartar a túa libre expresión. Non é así, inda que cho poida parecer. Pensa que é frecuente que haxa artigos conflitivos nas wikipedias. Se ti tes a necesidade inexorable de identificarte ideoloxicamente na túa páxina de usuario, podes deixar de ser un interlocutor válido ós ollos dos demais. Coincido, polo tanto, co que di Prevert e coa perspectiva que ten. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:32, 14 outubro 2006 (UTC)
  • A boas, comentarche que a túa firma na paxina de votaciones para borrar un artigo non está correcta, xa que reflicte a unha paxina de homónimo, cando poidas reparala, grazas --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:59, 23 outubro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Porto. Como xa sabes, a Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos. Este feito posibilítanos ollar con perspectiva a evolución do wiki e decatarnos de que estamos nunha etapa crucial no desenvolvemento do proxecto galego e da comunidade de usuarios da Galipedia. É o momento de celebrarmos que o esforzo realizado por múltiplos e heteroxéneos usuarios está a dar un froito que cando se iniciou o proxecto semellaba utópico e que nos permite albiscar un futuro inda mellor.

Como celebración do éxito que supón acadar esa cifra, inconcibible sen a colaboración daqueles compañeiros que, coma ti, están fortemente implicados no proxecto, están á túa disposición os seguintes novos espazos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando o teu parecer en Wikipedia talk:20.000 artigos. Grazas pola túa colaboración e a túa compañía --Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:19, 6 decembro 2006 (UTC)

no Portugal / en Portugal[editar a fonte]

No Portugal non é incorrecto se levase un complemento (con preposición, adxectivo ou subordinada adxectiva), por exemplo

  • no Portugal do século XV encontramos...
  • Todo o Portugal profundo ...
  • (...) para vocês todos de todo o Portugal que jamais se esqueçera disto.

Mais penso que me preguntas se é igual de correcto dicir Estou no Portugal / Estou en Portugal. En realidade, a máis frecuente é a segunda, mais curioseando todo o Portugal (sen complemento ningún) tamén ten uso na internet, e non me parece que o haxa que considerar incorrecto. Mais vouche ser sincero, non sei se a RAG considera incorrecto pórlle o artigo ao topónimo de Portugal. --Xoán Carlos Fraga 19:45, 21 marzo 2007 (UTC)

  • Sigo, Porto, explicando o pouco que sei. No que se refire ao artigo cos países, a Gramática Galega (1989), de Rosario Álvarez et alii, di que "Algúns nomes de países levan artigo: O Brasil, O Perú, A Alemaña, A China, A Arxentina... Mais, ás veces vémolos con artigo e outras sen el neses exemplos, mais tradicionalmente deberan levalo; e no caso do Brasil, é obrigatorio poñerllo. A mesma gramática tamén di que A América e A Antártida o levan, cando no primeiro caso podemos velo das dúas maneiras. Douche a miña opinión: o feito de que os galegos teñamos tendencia a ir usando menos o artigo con países que tradicionalmente o levaban é por castelanismo, pois o español ten tendencia a usar moi pouco ou non usar artigo cos países.
  • A Gramática práctica (Morfosintaxe) (2004), de Carme Hermida Gulías, comenta (cito textualmente):

Entre os topónimos que deben empregarse con artigo (non facelo é unha incorrección) podemos citar nomes de países (A Arxentina, O Camerún, O Canadá, O Chad, O Ecuador, O Gabón, A Guinea Ecuatorial, O Iemen, O Senegal, O Tíbet, A China, O Timor Leste, O Uruguai, O Vaticano, O Vietnam, O Zaire, A India, O Irán, O Iraq, O Líbano, O Nepal, O Panamá, O Paraguai, O Brasil, O Cabo Verde, A Serra Leoa, A Costa de Marfil, Os Emiratos Árabes Unidos, A Gran Bretaña, Os Países Baixos, A República Centroafricana, A República Sudafricana, A República Dominica, Os Estados Unidos de América) e nomes de cidades (O Cabo, O Cairo, A Habana, A Haia, O Riyad, A Valeta, A Meca, A Paz, O Pireo, O Porto, O Río de Janeiro).

Por tanto estes nomes teñen que levar obrigatariamente artigo.--Xoán Carlos Fraga 10:06, 23 marzo 2007 (UTC)

  • Aclaración. Como nome de artigo non é necesario pór o artigo, así como título dun artigo está ben deixar Brasil ou Xapón, outra cousa sería na redacción do artigo, por exemplo, Vivir no Brasil, a vida no Xapón, etc. Tamén lle pasa igual á lingua portuguesa, que aínda usa máis artigos que o galego, mais non o empregan en títulos de artigos. --Xoán Carlos Fraga 13:26, 23 marzo 2007 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:11, 3 outubro 2007 (UTC)

o gascon pirenaico[editar a fonte]

ola, poderiaslle botar unha ollada a Talk:Lingua aranesa ? . Grazas.---- Maañón (boura, boura) 19:57, 15 outubro 2007 (UTC)

Re: Benvida[editar a fonte]

Ola Porto. Levamos moito tempo, xa vai para varios anos, coincidindo por épocas neste wiki e faime moita ilusión recibir a túa mensaxe. Marchei e aquí estou de novo :-) Grazas por te lembrares de min. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:33, 7 novembro 2007 (UTC)

3 anos na Gali[editar a fonte]

Felicidades!!!! Tres anos xa na Galipedia, agardo que sexan moitos máis. Moitas felicidades polo teu aniversario galipédico. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:35, 16 novembro 2007 (UTC)

Únome á celebración. Parece que foi onte! Benvido ao club dos tres anos. Parabéns. A ver onde estamos cando pasen outros tres. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:47, 16 novembro 2007 (UTC)

euskal herria[editar a fonte]

Ola Porto, como foche o que fixeche a redireccion euskal herria -> pais vasco, so para te informar de que desfixen a redireccion, en base aos comentarios da paxina de conversa:pais vasco. Se non o consideras axeitado, suxiroche que o razones na conversa de euskal herria e o cambies de novo.---- Maañón00 (o que ho?) 19:01, 30 decembro 2007 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:02, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Borrei esta imaxe por carecer de licenza. En caso de que desexes que a restaure para pórlle os datos precisos, ponte en contacto comigo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:18, 16 setembro 2008 (UTC)

O mesmo para Imaxe:Bohm.jpg (hai outra en Commons co mesmo nome)--Lmbuga Commons - Galipedia 11:31, 16 setembro 2008 (UTC)

Ola Porto. Vin que andabas anovando a páxina persoal, aproveito para saudarte e dicir que é boa cousa que fagas un seguimento do premio Pritzker. É do tipo de edicións que contribúen a facer que este proxecto sexa valioso para os lectores. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:57, 27 xuño 2009 (UTC)

Ten que ser un administrador, podes pedirllo a Albert galiza. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:07, 27 xuño 2009 (UTC)

Eliminei a imaxe por carecer de licenza e orixe. Busquei en Commons por se había unha semellante pero non atopei nada (mágoa!). Grazas por avisáresme, e parabéns polo teu traballo. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:33, 27 xuño 2009 (UTC)

Grazas por subir estas imaxes. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, as fotos que subiches poderían ser borradas.

Indicaches unha licenza. A licenza expresa que ti fixeches as fotos, pero é necesario que, se é así, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos das imaxes. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.

En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.

Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

 Lmbuga / Conversa comigo  19:28, 2 decembro 2009 (UTC)

Graciñas por solucionalo e responder. Non te preocupes, pásanos a todos. Mesmo a min me teñen borrado ultimamente algunha imaxe en Commons por -supoño- un motivo semellante a ese (digo "supoño" porque non me chegou aviso previo nin motivo de borrado). No meu caso, non ten importancia, porque subo sempre moitas imaxes semellantes ou sobre o mesmo obxecto, que se borre unha non importa. No teu caso é máis importante, as imaxes son insustituíbles. Por sorte na Galipedia temos máis tranquilidade á hora de atender as incorreccións que poida haber nas imaxes da que hai noutros proxectos-- Lmbuga / Conversa comigo  21:09, 3 decembro 2009 (UTC)

Boas Porto ! Si tes tempo e ganas podes ollar o artigo Cidade difusa e opinar na páxina de conversa ? Pidoche esto por ver que comentas na túa páxina de usuario interes pola arquitectura, pero podes estar seguro que esta pedida non ten compromiso ningún. Saúdos e bo aninovo 2010 Elvira (conversa comigo) 17:28, 7 xaneiro 2010 (UTC)

Sección arquitectura en Casa do concello[editar a fonte]

Ola Porto. Como vexo que de cando en vez andas por aquí aproveito para saudarte e pedirche que se tes un momento mires o artigo Casa do concello, en concreto a sección arquitectura xa que corresponde ao teu campo de coñecementos. Agora nese apartado no temos ningún texto só temos unha imaxe de partida Ficheiro:ViolletleDucTorre1.png. Se puideras engadir un parágrafo ou dous sería perfecto, se non tes tempo ou non podes non pasa nada. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:43, 3 de marzo de 2012 (UTC)

Estados de Alemaña[editar a fonte]

Boas, o artigo Estados de Alemaña, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 4 de decembro de 2019 ás 21:24 (UTC)[responder]

Arquitectura moderna[editar a fonte]

Boas, o artigo Arquitectura moderna, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 4 de xullo de 2021 ás 09:19 (UTC)[responder]

Norman Foster[editar a fonte]

Boas, o artigo Norman Foster, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 13 de abril de 2024 ás 08:50 (UTC)[responder]