Conversa usuario:Prevert/arquivo 11

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

User:Prevert/usermessage}}

Galego: Por favor, engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non esqueza asinar co segundo botón pola dereita da caixa de edición Insert-signature2.svg, ou con catro ~~~~ (escríbense con ALT+126.)
English: Remember to sign and date your post (by typing ~~~~, or by clicking the signature icon Insert-signature2.svg).
Català: Afig un nou comentari. Si us plau signeu sempre els vostres missatges al final de la vostra intervenció amb el codi --~~~~.
Español: Para dejar un mensaje haga clic aquí. Por favor no olvide firmar con Insert-signature2.svg, o con cuatro ~~~~.
Português: Olá. Para deixar uma mensagem clique aqui.


Arquivo de mensaxes antigas:
Do 02/10/2004 ao 02/08/2010

  1  

2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12  

13    

System-file-manager.svg



RE:Aniversario[editar a fonte]

Boas, Prevert! Moitísimas grazas polos parabéns adiantados. É para min unha honra poder compati-los meus modestos conecementos con toda a comunidade, e formar parte do proxecto. Un saúdo e grazas de novo.--Fryant 23:29, 10 xullo 2007 (UTC)

marea vermella[editar a fonte]

Desgraciadamente non teño moito tempo ultimamente para a galipedia. Contestoche un puco ó apuro coa traducción das partes significativas dos dous primeiros parrafos do artigo alemán. Tentarei precisar máis a cousa, armado xa dun dicionario competente. espero que sirva de axuda.

Un saudo

Como Algenblüte ou Wasserblüte definese a masiva e repentina aparición de algas ou cianobacterias nunha masa acuática. Este fenómeno tingue a tona da auga de verde, nalguns casos especiais tamén de azul ou de vermello, a auga faise turba e nubosa. A causa é en xeral a presencia abundante de fosfatos na auga. En sentido estricto falase de algenblüte perante o aumento masivo dunha soa especie de alga ou ciano bacteria.[[..]].Unha alga do tipo Euglena-Art pode por a auga de cor vermella de lume, mentres que O.rubescens danlle unha cor vermello de sangue, Microcystis-Art azul ceo. --Elster 15:40, 11 xullo 2007 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Grazas polos parabéns, Prevert. A verdade é que aínda sigo colaborando máis do que pensaba. Tu tamén fas un gran labor, e estás sempre mellorando artigos e outros aspectos, e tamén axudándolles a outros colaboradores, motivos polos que habería que darche grazas cada día. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 18:19, 11 xullo 2007 (UTC)

Xornal[editar a fonte]

Moi bo traballo, parabéns polo incansable traballo e xa vin tamén que agora imos a pola política de artigos destacados. Haberá que darlle un bo pulo entre todos para fixala definitivamente. Gustoume moito o deseño final do xornal, o que si e que creo recordar que ao pouco de me inscribir na Galipedia recibín unha mensaxe do novo número do xornal. Iso da moito traballo? É factible?, porque se non fose moi traballoso proporía a súa distribución (dun enlace) por mensaxe. Un afectuoso saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 19:46, 11 xullo 2007 (UTC)

Lembranza[editar a fonte]

Grazas pola túa lembranza, Prevert. Sigo a ver que estás en todo. Espero que un pouco máis adiante poda ser de algo máis de axuda que agora.--Agremon(contacto) 20:43, 11 xullo 2007 (UTC)

Precisamos axuda...[editar a fonte]

Moi bo e moi necesario este texto. E aí deixei aviso sobre outra tradución literal no artigo lepra. Saúdos, Pedro --Lameiro 16:55, 12 xullo 2007 (UTC)

Vandalismo[editar a fonte]

A IP 200.208.134.127 vandalizou a páxina Movemento punk. Xa revertín a edición. Gostaríame saber que cómpre facer nestes casos, para evitar novas vandalizacións. Un saúdo, e grazas.--Norrin_strange (Talk) 18:21, 12 xullo 2007 (UTC)

  • +Os seis minutos volveu a vandalizala. Como bloquear a IP? --Norrin_strange (Talk) 18:30, 12 xullo 2007 (UTC)

Wikilibros?[editar a fonte]

Recibín a seguinte mensaxe:

As you an admin on the gl.wikibooks - can you protect wikibooks:gl:Wikibooks:Protected titles with the "cascading protection" switched on? That will prevent that spambot from readding its garbage again and again. Ahoerstemeier 09:35, 10 xullo 2007 (UTC)

Non dou entendido de que vai. No historial pon: This pages only collects the pages created by a spambot, to be able to prevent recreation by using the cascading editing protection.

Non sei que quere dicir o inglés "cascading protection".

Hoxe teño pouco tempo para conectarme. Mañá terei máis. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 19:15, 12 xullo 2007 (UTC)

Forzas e partidos[editar a fonte]

Ola, Prevert. Existen dúas categorías distintas, quizais non moi ben definidas, que son "Partidos Políticos de Galicia" e outra "Forzas políticas de Galicia". Agora partidos é unha subcategoría de Forzas. Cres que ten sentido manter as dúas? Que criterio se segue pra meter unha entrada en forzas ou en partidos? --Xabier Cid 14:20, 13 xullo 2007 (UTC)

Desculpas[editar a fonte]

Síntoo non poñer todos os datos das fotografías. Agora que vin como ten que ser fareino para as vindeiras veces. Desculpa. --Xabier Cid 22:45, 13 xullo 2007 (UTC)

Non deixes para mañá...[editar a fonte]

Outro refrán di que Quien mucho abarca poco aprieta, así que deixa chollo para mañá, que non se acaba o mundo. Descansa a cabesiña oh! Pedro --Lameiro 23:03, 13 xullo 2007 (UTC)

Duda sobre licenzas de imaxe[editar a fonte]

Non entendo como se fai para confirmar a licenza en http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:Ivan_Puentes_Rivera.jpg e poder prescindir da seguinte caixa {{PendenteImaxe|Pendente confirmar licenza}} Non son quen de atopalo pola axuda. ¿Poderías orientarme? Grazas e un saudo. --Xaimex 10:58, 14 xullo 2007 (UTC)

  • Moitas grazas polas indicacións. Tentarei falar con Iván Puentes para que cambie o texto da licenza.

En referencia ao usuario Xaime.equis, non son eu. Reitero de novo o meu agradecemento pola túa labor en xeral e pola túa axuda en particular. Un saudo. --Xaimex 23:53, 14 xullo 2007 (UTC)

Referencias Manuel Comellas Coímbra[editar a fonte]

Estimado Prevert:

Polo que teño investigado, non hai referencias de Manuel Comellas en internet, e, se as hai, son moi probes. Sen embargo, teño un artigo periodístico do ano 1996, cunha biografía resumida do literato, feita por unha periodista chamada Cristina f. Calvo. Asimesmo, tamén teño alguhas das obras de Comellas. Tamén posúo a fotografía do lienzo, que está na páxina de Manuel Comellas, e outra que adquirín onte, da sesión para firmar o acuerdo do ferrocarril da costa entre Ferrol e Betanzos, do que M.Comellas sería principal promotor e presidente.

Espero que deste xeito as referencias queden satisfeitas. Teña en conta que atopar referencas de autores pouco estudados é moi arduo.

Un cordial saúdo--El refugio de la Cultura 10:46, 16 xullo 2007 (UTC)

Contrasinal[editar a fonte]

Ola Prevert, son Lara. Teño un problema co meu contrasinal, non podo rexistrarme porque o sistema dime que o contrasinal é incorrecto cando é o mesmo de sempre; de feito, apaguei o ordenador e volvinme meter na Galipedia, pero ségueme a dar o contrasinal como incorrecto.

Todo arranxado[editar a fonte]

Son Lara outra vez. Agora mesmo (despois de varios intentos e desesperacións) conseguín rexistrarme, non me deron o contrasinal por incorrecto. Non sei que puido pasar.

Grazas xD[editar a fonte]

A verdade é que só paso polas wikipedias (española e galega) por tempadas. Hay semanas que non paro de editar artículos (sobre todo na española e Commons), e podo estar meses sen facer nada a causa dos exámenes e dunha web que teño. Pero éste é un proxecto que me gusta bastante, e sei que se todos facemos aínda que sexa una mínima parte, o resultado beneficiarános a todos.

Polo pronto, gracias polo teu recoñecemento, aínda que hei de dicir que na Galipedia non fixen nin a mínima parte das miñas colaboracións da española.--Jarlaxle 20:08, 17 xullo 2007 (UTC)

Referencias Manuel Comellas Coímbra[editar a fonte]

Prevert, grazas á familia de Comellas atopei referencias, e ademais procurei eu algunhas, e foi moi moi arduo obterlas.

Confío que con estas referencias baste, xa que practicamente todo o artigo está nelas, aunque algúns céntranse nunha faceta en particular. Por exemplo o de Cristina F Calvo céntrase na labor periodística, o de Llorca centrase na labor literaria... Mais xuntando todos, referénciase o artigo por completo.

Teña en conta que fun para min unha odisea obter as referencias, e prego que xa esté rematado ese problema.

Un cordial saúdo--El refugio de la Cultura 11:52, 18 xullo 2007 (UTC)

Vandalismo 2[editar a fonte]

Pídoche que bloquees á IP 83.59.104.144 por vandalismo continuado na páxina Terra Galega, xa leva varias ocasións. --Norrin_strange (Talk) 12:23, 19 xullo 2007 (UTC)

Referencias Manuel Comellas[editar a fonte]

Prevert, aínda atopei mais referencias, ista vez en internet; nunha páxina reintegracionista acerca de Carvalho Calero, que acredita os seus estudos no colexio comellas (antiguo sagrado corazón), e a súa tutela (cita a súa axuda nos estudos de latín).

Prego te pases polo artigo e veas se está completo. Eu penso que sí, se non, non sei de donde vou sacar mais referencias.

Un cordial saúdo--El refugio de la Cultura 14:21, 20 xullo 2007 (UTC)

Wikipedia:CommonsTicker[editar a fonte]

Ola. Están revisadas tódalas imaxes borradas do mes de xuño e xullo, pero non as marquei como revisadas porque perdía moito tempo. Arquivei o mes de xuño--Lmbuga Commons - Galipedia 08:08, 7 agosto 2007 (UTC)

sobre o GALE, galego como lingua estranxeira[editar a fonte]

Ola, gustariame saber por que se cualifica de reflexión persoal a microentrada sobre o novo sistema de docencia de galego? Pensei que na wiki sería interesante actualizar o tema, para arrequentar a proposta estruturalista e obsoleta do curso de galego da wiki. Gustariame encher o oco para informar sobre o Marco Común e os CELGa, pois inda non hai nada e na sociedade inda non calou este novo sistema de docencia nin de chanzos de adquisición. Poderías indicarme se o fallo é a presentación/enfoque?

CommonsTicker failed to post update: gl-wikipedia-org.ticker.wiki.20070807142128.pending[editar a fonte]

CommonsTicker was unable to post the latest update to the ticker page. This may happen if there is a temporary problem with the servers or the network, or if the page has grown verry big.

If you use "append" mode, please keep the page reasonably short, perhaps by moving old entries that still need attention to a separate page, which could be included in the main ticker page. Note that CommonsTicker will re-try to post the update on the next run.

If you use "replace" mode, please consider requesting a shorter interval (less days) to watch. CommonsTicker will not try to re-post the update, since it will replace the entire page on the next run anyway.

(this is an automated message) -- CommonsTicker 14:25, 7 agosto 2007 (UTC)

Ampliación monobook.css[editar a fonte]

Solicito a inclusión deste código en MediaWiki:Monobook.css, pra meter a plantilla Template:Infobox cientifico no artigo de Charles Darwin

/* Plantilla de infoboxes */

.infobox {
   border: 1px solid #aaa;
   background-color: #f9f9f9;
   color: black;
}

.infobox.bordered td,
.infobox.bordered th {
   border: 1px solid #aaa;
}

/* styles for bordered infobox with merged rows */
.infobox.bordered .mergedtoprow td,
.infobox.bordered .mergedtoprow th {
   border-top: 1px solid #aaa;
   border-right: 1px solid #aaa;
}

.gallerybox .thumb img {
  background: #F9F9F9;
}

.infobox.bordered .mergedrow td,
.infobox.bordered .mergedrow th {
   border-right: 1px solid #aaa;
}

/* Remove white border from thumbnails */
div.thumb {
   border: none;
}

div.tright {
   border: none;
   margin: 0.5em 0 0.8em 1.4em;
}

div.tleft {
   border: none;
   margin: 0.5em 1.4em 0.8em 0;
}

Xbello

Re:Aniversario[editar a fonte]

Grazas, non o sabía. Así a todo, como xa sabes, todo o que eu puiden facer débese e deberase á dedicación que outros, coma ti, tiveron comigo--Lmbuga Commons - Galipedia 00:55, 14 agosto 2007 (UTC)

Sobre Big Bang[editar a fonte]

Perdón por non contestar antes, estiven vagueando :). Ademais, o artículo tiña que ser xa borrado (non che preocupes polo progreso, copieino a unha subpáxina da miña páxina de usuario)

Non me dira conta, mirei na Wikipedia inglesa e é certo que son mil millóns de anos. Moitas grazas, agora o corrixo.

Nethac DIU, non pararía falar aquí
11:29, 14 agosto 2007 (UTC)

Para combinar historias[editar a fonte]

Estaban marcados para a fusión Carlos González Reigosa e Carlos G. Reigosa. Fusionei os contidos e mudei os de G. para unha redirección. Porén, habería que combinar os historiais da páxina... --Xabier Cid 11:36, 14 agosto 2007 (UTC)

RE:Aniversario[editar a fonte]

Ola, graciñas pola tua felicitación. Para min é un gusto seguir traballando neste gran proxecto que é a galipedia, espero seguir contribuindo por moito tempo máis. Grazas outra vez! --Resorte(Algo que obxectar?) 15:28, 15 agosto 2007 (UTC)

Chabi[editar a fonte]

OK. Pidoche disculpas, intentaréi facer os artigos antes de facer o Wikiproxecto. Grazas pelo teu aviso. Xa veréi o que fago, si queres podo facer alguns esbozos, e ir agrandando-los co tempo. --Chabi 11:56, 17 agosto 2007 (UTC)

Hi! No se gallego. :-( Y no soy nativo con Espanhol. I just wanted to mention that I don't believe Chabi es adherent a cualquiera rama del movimiento de los SUD. :-) Habiendo sido yo Wikipedista desde 2003 y administrador en :en: por years, I fully support you in your concerns, and I want to give the biggest vote of support for Chabi that I can. I probably won't be visiting here again, but you can write to me at es:Usuario:Hawstom if you have any questions. I truly appreciate the help Chabi has given at :es: with translation. I certainly couldn't do it myself. Y para Chabi digo que espere' ma's de un an~o para que llegaran personas que aydar con el wikiproyecto para que no estuviera yo solito. La paciencia vale! 71.209.208.144 22:11, 17 agosto 2007 (UTC)

Hola Hawstom. No entiendo el sentido de su mensaje. Ya le dicho al propio Chabi que apreciamos su ayuda, por lo demás las ediciones en artículos u otro tipo de páginas han de cumplir las reglas de funcionamiento del wiki. Un cordial saludo. --Prevertgl 23:04, 17 agosto 2007 (UTC)

Sobre o que é vandalismo[editar a fonte]

Estimado colega: podelle dar todas as voltas ás palabras que quixer; o feito é que o seu amigo me borrou unha parte do que escribin, sen ter razon; mais iso non é problema, todos nos equivocamos de vez en cando; o problema é non saber recoñecer os erros propios. É unha pena que vostede, na contestacion que me dá consiga darme ningunha razon tampouco, e non recoñeza o problema (seique "catro palabras borradas": non é a cantidade, é o feito) explicome contestando ás tuas palabras: Acusar reiteradamente de vandalismo a un usuario que ten demostrado en numerosas ocasións ser un colaborador valioso para este wiki pode considerarse un acto de mala fe.

  • que un usuario teña demostrado, segundo o teu criterio (subxectivo, non razonado), certas cousas, non lle xustifica actos de vandalismo. Supoño que vostedes dous coñeceranse na wikipedia desde hai tempo, pero se de verdade o quixera apoiar deberia apoialo con feitos, e non con sentimentos. Talvez o unico que pretende é dicir, entre liñas, que é un bon tio ainda que se equivocara? pois seguro que si, pero non se trata diso, somente se trata de que el corrixa o erro que fixo, deixando a un lado o orgullo mal entendido. Apoiandoo sen argumentos e so con sentimentos somente demostra a falta de argumentos e o amiguismo.

<...>Quero sinalar que a Wikipedia non é unha loita de egos para ver quen queda por riba doutro.

  • pois se non se trata de egos, mais que apoiar o ego del, corrixe o que el borrou e demostra con feitos que non se trata de egos

e na Galipedia moito menos porque entrar en discusións dese tipo supón unha dilapidación de esforzos que non nos podemos permitir.

  • ti estalo a facer, malgastando o tempo en apoio por sentimentos mais que por ter razon, sede valentes e admitide o erro

A impresión que transmite insistir nunha discusión polo mudanza de catro palabras e a eliminación de cinco é de resentimento no canto da procura dun entendemento,

  • a impresion que transmito? non xeneralice, esa será talvez a impresion que lle transmito a vostede en concreto, non en xeral.

máis cando o usuario implicado se desculpou aínda ser ter que facelo.

  • para min, disculparse debe ser con feitos (é dicir, repoñendo o que borrou sen motivo), non con sarcasmo.

Por favor, esqueza dita discusión e intente coñecer máis sobre o funcionamento do wiki.

  • por favor, esquezaa vostede e intente imaxinar, só por un segundo, que talvez eu coñeza tan ben como vostede o funcionamento do wiki.

Supoño que o seu obxectivo coincide co de todos nós: construír un proxecto que sexa valioso para Galicia, os galegos e todos aqueles que entran nestas páxinas,

  • vostede acerta en canto ao meu obxectivo. Descoñezo os seus obxectivos, ainda que da a impresion de que son mais de manter o seu grupúsculo de colegas mais que de crear un equipo importante de colaboradores sen falsos amiguismos.

ese tipo de discusións non axudan a conseguilo.

  • se se decatou diso, enton non sei porque actua de forma contraria ao que predica, apoiando aos seus colegas incluso cando non teñen razon--87.217.144.97 14:37, 18 agosto 2007 (UTC)


Orgullo e prexuizos[editar a fonte]

Estimado Prevert, na sua contestacion non me resposta a nada do que lle dixen. Repetir o mesmo argumento sen contestar ao que se lle di é de moi mala educacion; o feito é que non me contestou a nada dos argumentos que expuxen, será talvez que carece deles? tan dificil é reverter unha edicion que me borrou o seu colega por erro? de verdade que tanto orgullo teñen? Non vou insistir, se non queren por orgullo recuperar o que borraron por erro, ala vostedes, iso demostra o que lles importa o proxecto fronte ao que lles importa o orgullo propio. --87.217.144.97 15:39, 18 agosto 2007 (UTC)

RE: Ola 87.217.144.97. Como vostede non pode ignorar toda comunicación persegue un obxectivo e o desta discusión semella acadado. Vostede ten unha opinión firme sobre mín que parece que me clasifica como maleducado, orgulloso, que carezo de argumentos e que actúa por amiguismo, pola miña banda xa dispoño dos datos precisos sobre en que termos se vai producir a súa colaboración e que pode esperarse da súa relación coa comunidade. Confio en que non o considere como unha descortesía pero non teño ningún interese en utilizar este wiki para resolver problemas personais nin prolongar a mesma discusión coa mesma persoa por distintos IP sen posibilidade de entedemento. Acepto calquera calificativo que queira asignarme sempre e cando as súas edicións cumpran coas regras do wiki e contribúan a mellorar o proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:31, 19 agosto 2007 (UTC)
  • estimado Prevert, concordo que non hai mais que dicir. Somente unha cousa: segue sen me explicar ou rebatir unha soa das razons que dou(será talvez porque non ten argumentos en contra?), e recorre a un vitimismo facil atribuíndome unha opinion sobre vostede ("parece que me clasifica como maleducado, orgulloso, ..") que eu nunca dixen. Enfin, o truco do vitimismo para tapar a falta de argumentos para non darme a razon.É mais, ao poñer a sua resposta na sua propia paxina demostra o preocupado que está por deixar de cara ao publico constancia das suas contestacions ... o que dixen antes: orgullo e prexuizos --87.217.144.97 17:15, 19 agosto 2007 (UTC)
:-) --Prevertgl 17:19, 19 agosto 2007 (UTC)


Resposta a explicación sobre a administración dos wikis[editar a fonte]

Ola, prevert, grazas pola explicación pero todavía entendo menos como deixachedes que a cousa chegara a onde chegou e todavía menos que fora Xelo (cando entre eles había algo xa persoal debido a usurpación do nome de usuario) quen o bloqueara cando ti estabas. Eu pensaba que eran os do Talk 1 de xaneiro os que lle habían usurpado o nome porque tamén a tiveron moi gorda este mes con Xelo e ahí a el se lle protexeu a súa páxina de discusión, e outra cousa que non entendo do funcionamiento da wiki e que cando foi esa lea, sí se borraron cousas ofensivas e que atentaban contra a dignidade de Xelo da súa páxina de discusión, pero agora parece ser que das páxinas dos demáis non, eu queixeime das formas, non se pode bloquear como se fixo a un usuario rexistrado si se lle explican as cousas coas formas debidas e non son a única que pensa así, non discuto que o usuario evidentemente non usou as formas adecuadas, pero os administradores deben ser os primeiros en dar exemplo e neste caso, revisa a páxina de discusión, só se lle ameazou, e sabendo con quen estábades a falar, é como prender a mecha da bomba, iso non é xusto. Podo entender que vos xustifiquedes co seu historial precedente, aínda que o pasado, para min, pasado é, e hai que vivilo presente, pero se o bloqueo houbese sido feito por outro administrador xustificándoo como ti o estás a facer agora e non como pareceu onte (un ataque persoal), penso que a historia houbera sido outra e Maañón non tería argumentos que, por desgraza, no tema do bloqueo (aínda que xustificado no fondo), nas formas sí ten. Síntoo pero penso así, a pesar de todo o que me dixeches do funcionamiento. Un saúdo. Alma 17:04, 20 agosto 2007 (UTC)

  • Deixao, non te esforces por facer comprender a cousas a que moitas veces por idade, soen ser rebeldes "sin causa". O tempo xa dará a razón a quen corresponda; sin embargo tampouco non sabía que houbese un xelo2007?. Pero iso é caso aparte. Deixo eiquí un inciso de Gustave Le Bon que a xuventude negase a entender pero que na evidencia sempre soen provocar, di o seguinte: "As civilizacións teñen ideas; pero todavía defendense a pedradas soamente". --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 19:13, 20 agosto 2007 (UTC)
  • Eu tamén dou por pechada a discusión, como dicía Rochefoucauld: As pasións conteñen unha inxustiza e un interés propio que fai que sexa perigoso seguirlas, e que conveña desconfiar delas, incluso cando parecen moi razoables. De feito, se queres, podemos colaborar en Galicitas, grazas por chamarme xoven, iso a miña idade xa se pode considerar un piropo. Un saúdo :-)Alma 19:57, 20 agosto 2007 (UTC)
  • Xusto, aunque non o dixen Alma, eu daba tamén por fechada a discusión, e xa que o parecer saime un piropo, agregareille un par de cousas de boa amizade, "se o espiritu se sente xoven, pouco importa a atalaia que a leva". Respeito o pasado como dis, pasado esta, tamén che resposto (como non, amigabelmente) un dito pouco coñecido pero que se soe utilizar entre os vell@s das aldeas. "para previ-lo futuro e preciso coñece-lo pasado"; dese xeito non incurriremos sempre no mesmo erro. Saúdos, saúde e grazas. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:29, 20 agosto 2007 (UTC)

Administración e (2) Historias......[editar a fonte]

Ola, Prevert, vaia por adiantado que non teño intención ningunha de entrar en ningún bucle espazo-tempo contigo, pero sí de aclarar varios puntos nos que considero que estas a cometer unha inxustiza comigo principalmente por estar faltando a verdade e para situarte en que tipo de usuario son eu, explicoche por adiantado que son dos que non soportan dúas cousas: nin as mentiras nin as inxustizas e comigo vas servido das dúas.

1º- Na túa parábola na que evidentemente ti podes distorsiona-la realidade todo o que queiras, das a entender o que non é. Para que o entendas, mantén a túa fábula pero imaxínate que o maitre (que non es ti) expulsa a outro camareiro a patadas do restaurante e eu que estou servindo noutra mesa, coméntolle, oe, non me parece que o botes así. Comentario: Os seus motivos para botalo poden ser xustificadísimos (que non traballe, que roube...) pero se o bota a patadas sen finiquitalo, sen xustificar o despido, se está expoñendo a meterse en problemas, dáselle unha razón para reclamar.

2º- En canto a quenda de réplicas, esto hai que desbrozalo polo miúdo,:

  • *"...todavía entendo menos como deixachedes que a cousa chegara a onde chegou..."

Ti explicas: No wiki é igual. Aplicado aquí quere dicir que non temos porque mirar á pantalla ao mesmo tempo, nin prestar atención continuamente. Como sabes as acción de administración requiren tempo, hai que explicalas :-), así que puidemos ver algo pero dilatar a resposta, ou velo tarde, ou velo un e o outro non. Parece que non recordas os teus propios argumentos, ti mesmo na explicación do 20 de agosto terminabas dicindo: Por se fora pouco aseguroche que os que administramos este wiki comprobamos as cousas a conciencia, penso que está demostrado. O que había que facer neste caso ao principio era bloquear todos os IP usados por dito usuario desde o momento que cometeu a usurpación e suplantación (unha acción conforme ás normas). Evitaríamos unha chea de esforzo inútil tirado ao lixo, aínda que quedaramos como uns brutos sen corazón. Non creo que teña máis que dicir, ti es o administrador.

  • * ...e todavía menos que fora Xelo (cando entre eles había algo xa persoal debido a usurpación do nome de usuario) quen o bloqueara cando ti estabas...

Contestas que ti non estabas e que só estaba Xelo, sinto dicir que ao erro me levaches ti cando na mensaxe anterior dixeches Outro aspecto a sinalar é que os administradores activos, no momento de producirse ese incidente, que realizan bloqueos de usuarios son dous. O mesmo Xelo2004 (disc. • contrib.) máis eu.Se el non fixera o bloqueo tería que facelo eu. Eu non teño por costume contar mentiras.

En canto ao tema de que entre eles houbera algo persoal pola usurpación do nome de usuario, sinto haber pensado iso e pídolle desculpas a Xelo, pero resúltame moi estraño que un administrador non saiba quen lle usurpa o nome cando el estaba nos días en que se produciu ese feito. E dis que a frase do Talk 1 de Xaneiro digoa a lixeira, pois nese caso tivo que intervir o moderador e se dixeron burradas moi gordas, pero en fin, deixo o tema, porque hai xente que evidentemente é moi válida e non é ningún vándalo (para demostralo están as contribucións de cada un).

  • * ...eu queixeime das formas, non se pode bloquear como se fixo a un usuario rexistrado si se lle explican as cousas coas formas debidas e non son a única que pensa así, non discuto que o usuario evidentemente non usou as formas adecuadas...

Me respostas que non sabes de onde saco que non lle explicachedes nada, creo que non viches nin o Talk de Xelo, nin o meu, nin o de Maañón, só así pódome explicar semellante resposta.

1- No talk de Maañón, Xelo, lle fala de vacas sagradas e de merda, creo que eso non ten nada que ver con unha explicación adecuada sobre o tema dos borrados na páxina de discusión, como a que me fai a min para xustificarme o bloqueo, que é perfectamente correcta.

  • Bou facer un pequeno inciso de aclaramento.
Non confundamos o que pasou no Talk:1_de_xaneiro no que se chegaron a mezclar ate 5 usuarios. No trocante a usurpación do meu nome (xelo2007, segundo lembro) tampouco eu o sabía; de feito non podo adicar as 24 horas do día o proxecto xa que teño outras actividades. Polo que avogo que a usurpación puido vir a raíz da discusión valeira de Xaneiro. Voltando o caso do User talk:Maañón e no tema das vacas e da merda, foi un mero comentario o que pon na súa páxina de usuario (léchela ou non?). Haber se que por esas cousas vamos ter que acabar de falar do boi "Apis" porque este usuario non soubo ver a cousa doutro xeito, e agrego; traballando coa Ip's este mesmo usuario foi requerido por min a invitarse a que se rexistrara [1] achándome con varias respostas da mesma Ip's na que dí que non entende o meu galego (noutras palabras "pase de mín"). Se este usuario coñecese a normativa do wiki como dixo agochado baixo Ip's que a coñecía, a que viña isos borrados sen máis?. E como punto final a iste inciso direiche Alma que cando lle din o toque de "terceiro aviso" non se tratou dunha "amenaza" senón de eso un "aviso" (ou unha advertencia, como máis rabia che dee); pero que saibas que existe unha grande diferenza entre unha palabra e outra. Se tí entendiches as claras unhas explicacións miñas, abofé que estaría máis que seguro que este usuario non. No trocante o bloqueo, no foi nada doutro mundo, senón dun bloqueo simbólico para darlle tempo a reflexionar, así de sinxelo; e por que che diga esto non quero que penses que ando a disfrutar con este tipo de cousas, para nada, de feito é o que máis me amarga de todo. E, xa que a cousa vai de citas, velaquí vai una de Concepción Arenal: A bágoas son as veces o xeito de expresa-las cousas que non poden decirse con palabras.

Poño remate a iste tema, o "feito, peito" decía meu avó, e non por elo se me van a acabar os días así como asi. Saúdos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:37, 22 agosto 2007 (UTC)

2- Me dis tamén que non me agoche detrás de outros usuarios cando che dixen que non era a única que pensaba así. Non sei que o que estás intentando decir, pero agradeceríache que simplemente viras como na miña páxina de discusión e na páxina de discusión do usuario Maañón, o usuario Xabier Cid tamén manifestou que non lle parecía axeitada a decisión de bloquear ao Usuario Maañón por parte do administrador Xelo 2004 (e que eu saiba non vin que te alonxaras do teu habitual ton neutro para explicarllo tamén a él).

  • * ..Síntoo pero penso así, a pesar de todo o que me dixeches do funcionamiento...

RE: Tamén o sinto. Aproveitando que estamos lavando a roupa quero engadir que eu tamén teño serias obxeccións sobre a ética dalgunha das túas accións neste asunto. Como as opinións que eu poida ter sobre o tema son irrelevantes para o funcionamento da Galipedia non ten ningún sentido airealas en público.

Falas de serias obxeccións sobre a ética dalgunhas das miñas accións, non creo que estés en condicións de cuestionar a ética dunha persoa sen argumentalo, eso é de cobardes que se agochan... sabes o dito de tirar a pedra e esconder a man...

Non teño nada máis que dicirche, só que xa que che gustan ás historias, recorda unha de Confucio que pode que algún día se a chegaras a aplicar, poida que che sea útil:

Os erros do home superior son como as eclipses do sol e da lúa: Cando erra, tódolos homes ven o seu erro, cando rectifica, todos levantan a súa vista hacia él.

Alma 19:26, 22 agosto 2007 (UTC)

biometria[editar a fonte]

I would like to know which is the best and commercial method to biometrics but different to fingerprint thanks for your help. you can answer me at y.acosta@itautomatizacion.com --201.244.255.214 17:40, 27 agosto 2007 (UTC)

Removal request[editar a fonte]

I hereby confirm having requested removal of my bureaucrat and sysop privileges. Thanks. --Prevertgl 01:59, 28 agosto 2007 (UTC)

gl at Betawiki[editar a fonte]

Hi Prevert. You have done some translation work on the MediaWiki messages at Betawiki[2]. I was wondering if you were still going to work on them and if we should maybe commit the currently changed messages to Subversion so they will be used everywhere. Please let us know. Cheers! Siebrand 11:30, 28 agosto 2007 (UTC)

Resposta a Prevert[editar a fonte]

Non tiña pensado voltar a intervir pero o devir de todo o que está a acontecer obrígame a facelo, quero antes que nada darche sinceramente as grazas polas túas últimas palabras (dirixidas a min) na miña páxina de discusión, e decirte que non podo facer o que me pides porque para volver a restituir a miña páxina de usuaria preciso que se den catro condicións básicas:

  • 1º- Que Lansbricae volte ao proxecto.
  • 2º- Que ti volvas ao teu posto de administrador.
  • 3º- Que Xelo 2004 volva ao seu posto de administrador.
  • 4º- Que por parte de todos se poña fin a esto como eu xa o fixera fai días cando deixei de respostar aínda que non estaba dacordo coa túa resposta.

Sei que non son ninguén para pedir todo esto, pero esto é o que eu considero xusto. Grazas, e un cordial saúdo. Alma 23:11, 29 agosto 2007 (UTC)

Referencias a artigos[editar a fonte]

¿Como se pasou o verán?

Agardando que me cheguen as vacacións sigo coa teima das aves. Teño unha pregunta (a resposta xa á imaxino pero por probalo...) ¿Hai algún xeito de poder colocar ligazóns ós artigos da Galipedia no artigo corrspondente da Wikipedia noutra lingua que non sexa o anoxante de edita-los un por un (cunha conexión lenta) e pegar o consabido gl:....? (Recoñezo que acabo por non poñer ligazóns máis ca nunhas poucas, e non sempre).

Un saudo. --Elster 15:21, 30 agosto 2007 (UTC)

Boa sorte[editar a fonte]

Boa sorte. Espero que elimines o meu nome, eu descoñezo o teu, o meu correo electrónico que non é específico para a Galipedia como o teu(estes días si que o esqueceras), e a miña dirección de messenger. Eu pola miña parte creo que un especime humano coma ti non o esquecerei máis. Que desfrutes do proxecto e grazas polas mensaxes privadas. Só unha cousa deixa de votar merda enriba da de min porque senón vereime obrigado a vandalizar o "proxecto" (máis importante que as persoas, o mesmo din todas as ditaduras a ley está por riba da persoa, pois non a lei é para as persoas, feita por persoas e aplicada por persoas e estas compórtanse como tal. Xa non me inmolo máis. Podería poñerme a facer diatribas do divino e humano e seguir turra que turra como dixo un usuario común. É a última falta de respeto que te aturo. Boas noites. Lansbricae (Ti dirás) 20:34, 30 agosto 2007 (UTC)

Sorry (poema romanceado)[editar a fonte]

Sorry about:

  • non aparecer por aquí como debera
  • non estar ó tanto das leas
  • non mediar entre quen sexa e quen sexa
  • por non saber de que vai o tema

Pero above all

  • por enterarme de que nos deixas
iso si que vai ser un probELma

De calquera momento en que poidamos contactar avísame: quero saber que pasou de primeira man. Sei que falaches con HBoss e que igual falamos pronto. Send me an e-mail to confirm reception & we'll meet anytime anywhere. Best wishes. Sobreira (parlez) 13:06, 2 setembro 2007 (UTC)

Amigo[editar a fonte]

Non sei case nada sobre as leas que houbo nin tampouco me importa moito; en todo traballo grupal os conflitos son habituais. Agardo que se houbo conflito, gañe o ánimo de seguirmos todos na mellora da Galipedia, e deixar as diferenzas (por parte de quen sexa, e non falo de ninguén en concreto). Quero deixarche constancia de que es un dos grandes colaboradores do proxecto, sen menosprezar a ninguén, e moi valioso no proxecto. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 16:16, 4 setembro 2007 (UTC)

Non[editar a fonte]

Por lo que he leído, parece qe te vas y te pido que recapacites. En primer lugar porque este proyecto (según mi parecer) va encaminado a mejorar y aumentar la preciosa lengua de Rosalía de Castro y otros magníficos escritores en Internet y tú eres, por así decirlo, uno de los pilares de este proyecto. Yo no participo mucho, no hablo la lengua, no soy administrador ni nada de eso, pero aunque poco activo, soy usuario, y creo que puedo opinar. Y opino que no tiene que haber disputas IDEOLÓGICAS (no lo digo por nadie en especial) ni de ningún tipo pues eso sólo fastidia a la Galipedia. A unión fa a forza, non deixes este proxecto, loita por ele e que ninguén diga o que temos que facer cada uno, que todos podamos traballar xuntos neste gran proxecto. --Chabi 18:31, 4 setembro 2007 (UTC)

Manuel Comellas[editar a fonte]

Prevert, fiquei abraiado cando, tras 2 meses de espera para que revisases as referencias, vexo na tua paxina de discusion, que marchas do proxecto. ¿¿¿Que vai pasar agora co artigo de Manuel Comellas??? Sinceramente, non entendo isto. Tamén observo que xa non eres bibliotecario. Non entendo nada.--El refugio de la Cultura 16:40, 7 setembro 2007 (UTC)

Obrigado[editar a fonte]

Simplemente queria darche as grazas por tódalas veces que me botache unha man, resolviche unha dúbida, ou simplemente me saudabas na páxina de usuario cada vez que volvía a editar despois dun tempo de inactividade. Son detalles que se agradecen, e si non lembro mal algunha das veces aínda non che contestei. Así que aquí vai un sincero agradecemento que vale por todas.

(Non estiven ao tanto de toda esta polémica, nin tampouco penso perder tempo nela. Non é isto chantaxe emocional para que fiques ou marches, fai o que teñas que facer e máis che apeteza. Simplemente penso que a veces damos cousas por sentadas, por que sempre están ahí, e non nos lembramos de agradecelas.)

Apertas Miguel.lima 19:29, 8 setembro 2007 (UTC)

Fin[editar a fonte]

Desde a noite do pasado 31 de agosto de 2007 deixara de ler a Galipedia para non ter a tentación de volver pero varias mensaxes de correo electrónico fixeronme pensar que debía facer unha declaración formal de abandono. Non a fixen porque non me gustan determinados xestos, na miña opinión se un se vai non é preciso dicir nada sen non se quere facer.

Quero aproveitar esta mensaxe para declararme responsable da situación actual. Non quixera que esta especie de catarse salpicara a colaboradores que nada teñen que ver co problema. O único culpable son eu, son culpable de todos aqueles erros, defectos, desacertos, faltas ou incorrecciones que poidades atopar na xestión da Galipedia. Son responsable nuns casos por acción noutros por inacción, de xeito directo ou indirecto. Non creo que se deban pedir contas a outras persoas mais que a min mesmo. Polo tanto, pido desculpas a aqueloutros administradores ou usuarios que se vexan cuestionados pola miña culpa e pido que se cese en calquera actitude de acoso cara ditas persoas. A situación que se produciu aquí non é nova nos wikis aínda que si o é na Galipedia (está descrita nalgunhas páxinas da Wikipedia en inglés: 1, 2, 3).

Xa expliquei noutras mensaxes o sentido de cada unha das miñas accións, pode ser que quede algunha explicación pendente, espero que a estas alturas me escusedes de ter que engadir novas aclaracións. Sendo eu responsable do ocorrido, asumida dita responsabilidade, prolongar sen fin este problema convértese nun axuste de contas a outros usuarios que nada teñen que ver co que pasou.

Para finalizar, pídolle desculpas a todos aqueles colaboradores cos que quedaron pendentes edicións por resolver, confío en que en cada un dos casos se atope unha solución satisfactoria. Agradezolle a todas aquelas persoas coas que tiven a sorte de coincidir aquí a súa xenerosidade. Insisto unha vez máis a quen tedes que reponsabilizar de todos aqueles erros de xestión ou mala administración é a min, ningunha outra persoa ten culpa. Espero que este desagradable incidente sirva para dar un paso cara adiante e mellorar o proxecto. Moitas grazas. --Prevertgl 19:38, 8 setembro 2007 (UTC)

  • Quere dicir isto que xa non vas voltar nin como usuario??--Hugo22 19:41, 8 setembro 2007 (UTC)
Si. --Prevertgl 19:51, 8 setembro 2007 (UTC)

Responsabilidades[editar a fonte]

O exceso de responsabilidades, o tamaño da galipedia e o nivel de compromiso dos usuarios son, creo eu máis causas da situación actual. Creo que abandonando a Galipedia non a favoreces aínda que é o que debes pensar agora. Espero que co tempo (pouco a poder ser) cambies de idea. Lansbricae (Ti dirás) 19:57, 8 setembro 2007 (UTC)

  • Estou totalmente dacordo con Lansbricae--Hugo22 19:59, 8 setembro 2007 (UTC)
  • Creo que o mellor servizo que podías facer á Galipedia era explicar algunhas cousas escuras (estou pensando no Moderador, porque se creou e quen o utilizou, quizais tivese unha función que nese momento era necesaria) para que o saibamos todos e se foron erros non volver repetilos, non se trata de actitudes persoais, ninguén nega que fuches un grande administrador, aclarar todo o que non sabemos penso que diría moito de ti como persoa, e melloraría a relación entre todos.--André 20:01, 8 setembro 2007 (UTC)


Por favor, deixadeo estar. A decisión é firme, consecuencia dos meus erros. Todo aquilo que vexades mal feito é responsabilidade miña, de ninguén máis xa o dixen. Se alquén ve cousas escuras declárome novamente culpable. Continuar pola vía de máis e máis explicacións xa comprobei que non conduce a ningures. Agora trátase de re-construír o que estea mal feito pero xa non me corresponde a min dicir nada. O meu usuario finou. Non volverei responder ningunha outra mensaxe. Grazas. --Prevertgl 20:13, 8 setembro 2007 (UTC)


  • Aproveito pra recoñecer o labor que levas feito, con erros como calquera ser humano, pero importante en perspectiva. Respetando a tua opinion de te marchar, concordo totalmente con André en che pregar que botes unha ultima man clarificando certos asuntos aínda escuros como o do administrador títere User:Moderador, non no sentido de pedirche explicacions, senon para que nos digas como poder solucionalos de cara a que non entorpezan o futuro desta Galipedia. Grazas. --Maañón 20:18, 8 setembro 2007 (UTC)
  • Esto sen ti non vai ser o mesmo, sei que soa cursi, pero é a verdade. Se a wiki ía cara adiante era grazas á túa xestión. Ti levantaches isto, ti nos formaches un pouco, ti sempre tiñas palabras de amabilidade (xamais unha palabra malsoante) e axuda á xente que oreclamaba. Sei que é duro que veña xente sen perspectiva e que en 2 días na Gali te desacrediten dese xeito. Sei que é duro. Tamén sei que xa tes padecido cousas semellantes, dores de cabeza por este proxecto, por levalo adiante case dende a nada. Sen ti esto vai a ser tamén moito máis duro pra min. Hoxe mesmo me acusaron de saber cousas e non dicilas. Sen ti mándanos ó lombo máis responsibilidades polo que requiriríamos máis tempo editando (avisar de imaxes, un tema que non coñezo moito, responder preguntas, dar benvidas...). Non tes que ir ó ritmo que ías antes, pero somentes coa túa presenza esporádica aliviaríanos moitísimo. Agora vén un tempo crucial para a Gali e creo imprescindible a túa presencia, orientarnos coa túa experienza. Ten por seguro que isto sen ti non vai ir tan ben. A verdade é que quería escribir aquí un discurdo bonito, como os que poñen nalgunhas pelis americanas con esa música de fondo que case che fai botar unha bágoa. Mais non son tan bo orador. E como mensaxe final deste texto, un moi importante: apréciote moito. Un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 20:19, 8 setembro 2007 (UTC)
  • Non entendo todo o que pasa, pero comprendo que queres abandonarnos Prevert. E un gran disgusto pa mín xa que eres o meu referente principal eiqui. Sabes ben que se traballo en francés e en galego é coas túas ferramentas, non esquezo que me acolliches na Galipedia. Se podo de calquera xeito participar en cambio de decision estou lista. Deime conta hai pouco que es burocrata e iso supón moitas responsabilidades. Abofé dese xeito estas moi esposto a critica. O importante non é que digas todo o que pensas nin todo o que sabes. O importante é que todo o que dis crelo e é sincero. Eu véxoo asi e parécesme un home responsable, non tes porque ser perfecto, sobre todo se es sincero. Non collas unha decision tan importante. Fai un break e volve connosco e ás túas responsabilidades. Ao meu parecer a Galipedia non pode perder asi xente como a túa, por ben defetos que teñas aínda que non nos coñeza. Saúdoche moi cordialmente esperando que só fagas un break porque aprecio che moito Elvire 21:00, 8 setembro 2007 (UTC)
  • Hola Prevert, me he enterado de todo este desdichado agosto de pura casualidad. Entiendo tu punto de vista y tu hartazgo, pero aunque no seamos precisamente amigos, ni hayamos coincidido siempre en el pasado, creo que tu marcha es un acontecimiento desgraciado para galipedia y, por ende, para todo el proyecto multilingüe de wikipedia. Puede que hayas hecho algunas cosas mal, pero, incluso si así fuese, equivocarse es cosa de humanos y estoy seguro que todas tus acciones se han guiado por la buena fe y por tu interpretación de lo que era bueno para el proyecto. Por todo eso, creo que tu abandono, no ya como bibliotecario sino como wikipedista, es una gran pérdida y te rogaría que recapacitases. Un abrazo --Ecemaml (talk to me) 21:18, 8 setembro 2007 (UTC)
  • Creo que unha transición máis suave sería mellor pra todos. Tes todo o meu apoio pra isto e pra todo, e así como non che pedín que quedases como administrador, si que creo que sería útil que permaneceses como usuario. Aínda que collas unhas semanas de illamento. Ímoste achar mazo en menos. E discrepo plenamente na atribución de causas, pero iso xa o resolveremos diante dunha cervexa. Unha aperta e millóns de grazas, amigo. --Xabier Cid 01:12, 9 setembro 2007 (UTC)
  • Se serve de algo concordo plenamente con Xabier, Ecemaml, Elvire e Alberte. Eu non te coñezo tanto coma eles, pero aínda así sei recoñecer o teu valor aquí na galipedia. Por algo sería que cando tiña algunha dúbida ía directamente á tua páxina de usuario a preguntar :). Tes todo o meu apoio (se che sirve de algo) en calquera decisión que tomes, pero preferiría que ficases aqui connosco. Un saúdo --BaNjO(tell me) 21:36, 9 setembro 2007 (UTC)

Ola[editar a fonte]

Ola, podías voltar un intre con este alter ego e aclarar que papel xoguei eu na túa marcha?, porque semella que son como un anticristo ou algo semellante. Creo que estas a mirar todo isto e a conclusión que podes sacar é que o pobo non é quen de saberse gobernar (todo para o pobo pero sin o pobo dicía o outro). Un último esforzo e co que digas marcho, eu prometo non voltar con ningún alter ego nin similares. Houbo moito asunto no choio este pero creo que sabes que o choio xa levaba tempo prendido.

O meu errático carácter faime ver as cousas en cada intre dun xeito distinto. Sempre pensei que o que máis perdía co sistema establecido eras ti, agora semella que é a comunidade a que necesita alguén que limpe a merda por nós. Non queremos asumir responsabilidades que xa outro aceptara, non de moi boa gaña creo que só porque ninguén a quería, e semella tamén que isto só sirve para terxiversar o índice de profundidade da Galipedia, que a base de latricar uns contra os outros medra que non vexas (e ainda así teño as miñas dúbidas de que estas edicións sirvan para ese índice, cousas de novatos).

O de que a culpa foi toda túa creo que só serviu para escurecer máis o asunto ou para valorar máis o teu traballo (cousa que creo estaba lonxe da túa finalidade). O dos demais xa é fariña doutro costal. Pídoche teñas en conta estas verbas posicionándote no meu lugar e penses no que é mellor para a Galipedia, na que moitos deixaron o seu traballo (eu agora xa só latrico, tentei voltar a normalidade sen olvidar os erros cometidos, pero voltan e novos erros con eles). Un saúdo e esperando que creas beneficioso facer unha última aparición con este usuario, grazas (de verdade) por todo (o tema de Alma-Eu-Ti-Xelo fora do choio). Lansbricae (Ti dirás) 00:32, 16 setembro 2007 (UTC)

Pedido de desnomeação[editar a fonte]

Olá Prevert. Lamento que tenhas pedido que os stewards retirassem seu estatuto de administrador e burocrata. Como não estás mais presente por aqui, creio que não voltarei a editar a Galipedia — apesar de outros companheiros como o Lmbuga ainda estarem ativos... Cheguei à sua página de discussão por acaso e deixo aqui uma mensagem de apoio. Un cordial saludo, Slademsx 19:42, 4 outubro 2007 (UTC)

Disponha, digo o mesmo! Abraço, Slademsx 19:52, 5 novembro 2007 (UTC)

Benvida[editar a fonte]

Benvido. --Xosé (✉) 13:32, 5 novembro 2007 (UTC)

  • Non che dera aínda a benvida. Pois... benvido!!! AlberteSi, digame? 14:01, 6 novembro 2007 (UTC)
  • Ola Prevert, alédome da túa volta, espero que a etapa que agora comezas sexa aínda mellor cá anterior, por que canto máis vellos máis sabios. Ou non?. Un saúdo.--Calrosfking (FÁLAME) 14:37, 6 novembro 2007 (UTC)
  • Non sabía que marcharas. :) --PortoFaládeme aquí 17:04, 6 novembro 2007 (UTC)
  • Moita alegría ! Elvire 20:52, 6 novembro 2007 (UTC)

Benvida e Galifontes[editar a fonte]

Alédome de verte de novo polo proxecto, Prevert. Quería preguntarte.. Como podo ser Administrador en Galifontes? Agora mesmo non se pasa ninguén agás eu por alí, e dos Administradores que hai alí, só estades activos Lmbuga, Xosé e mais ti. Un saudiño, meu.--FryantTralarí Tralará 17:58, 6 novembro 2007 (UTC)

Vídeo[editar a fonte]

Deixo-che este vídeo coa Intervención de Agremon nas I Xornadas de Software Libre no Ensino. Coloquei-cho en User talk:Prevert/quen enlaza con nós. --Xosé (✉) 12:15, 11 novembro 2007 (UTC)

Image:ASAWSM1PXPDE0211171.jpg[editar a fonte]

A páxina da licenza di que se pode incluir acreditando a ESA como fonte, ou entendo mal? --Xosé (✉) 00:03, 13 novembro 2007 (UTC)

Agradecemento e saúdo.[editar a fonte]

Graciñas polo consello. Vou un pouco a cegas en moitas cousas, máis por falla de tempo que de interés. O feito de que non respostaras, cousa que ata daquela fixeras puntualmente, fixo que me decatar das discrepancias internas na galipedia. Non me quero implicar no tema, pero de calquera xeito alegrome de que esteas (non sei a que nivel) de volta. Outra vez gracias e ata loguiño.--Elster 11:01, 13 novembro 2007 (UTC)

Graciñas[editar a fonte]

Pois en tres anos estaremos aquí, facendo edicións. XD --PortoFaládeme aquí 18:56, 16 novembro 2007 (UTC)

Sempre amigo[editar a fonte]

Sempre serás considerado por min como un gran colaborador (en cantidade e calidade), e unha boa persoa, e amigo tamén pola axuda prestada en varias ocasións. E xa acabo, finalmente quero desexarche moita saúde para ti e os teus. Recibe unha aperta. --Xoán Carlos Fraga 16:32, 17 novembro 2007 (UTC)

Re:aniversário[editar a fonte]

  • Olá, Prevert! Obrigado pela mensagem! Pretendo ampliar os artigos sobre o Brasil, e sobre geografia e história como um todo. Um grande abraço, Joao Xavier 13:16, 18 novembro 2007 (UTC)

Sobre Portais[editar a fonte]

Tes razón. Como era unha cousa que levábamos esperando había tempo e só habia 3 creados dinno por feito, deixeime levar polas ganas. Paro entón e propoño unhas normas. --Xosé (✉) 19:15, 18 novembro 2007 (UTC)

Sidney[editar a fonte]

Olá de novo! Non sei se teño que escreber aquí a resposta á túa mais pensei que aquí seguro a ías ler.

Seguindo o teu consello acábome de pór en contacto con User:Lmbuga para que me guie de como facer.

Moitas grazas polas túas palabras, ficéronme sentir dentro do proxecto, mais hei de recoñecer que son un recén emigrado a Australia. Estou aquí desde fai un tempo, e aquí quedarei outra tempada, simplesmente por motivos de traballo e estudo.

Por certo, perdoa pola tardanza en respostar a túa mensaxen. Muito rañaceu pero a rede non funcionou mentres tiven tempo, e depois xa non puiden. Xa se sabe, é a lei de Murphy.

--Jurjinho 03:56, 19 novembro 2007 (UTC)

Traducións Betawiki[editar a fonte]

As mensaxes do sistema xa están traducidas nun noventa e moito por cento. Grazas por teres encetado ese traballo. --Xosé (✉) 20:44, 19 novembro 2007 (UTC)

Rio Grande do Sul[editar a fonte]

Olá, Prevert! Quando tiveres um tempo para vê-lo, diga-me o que achas do artigo Rio Grande do Sul, que escrevi. Assim, poderás também conhecer um estado brasileiro que tem uma cultura marcada pela imigração italiana e alemã, e também pelo gaúcho, o criador extensivo de gado resultado da mestiçagem entre espanhóis e portugueses com os índios guarani e com alguns negros escravos que viveram em todo o sul do Brasil e nos vizinhos Uruguai e Argentina. Incluí também muitas imagens que estão no Commons. Espero que eu consiga fazer outros bons artigos, como este. Um abraço, Joao Xavier 23:33, 20 novembro 2007 (UTC)

Zeus faber[editar a fonte]

Prevert, tes que corrixi-lo nome deste peixe nas dúas fotografías: o corrector é faber, non *faver. Pedro --Lameiro (conversa) 20:59, 22 novembro 2007 (UTC)

RE[editar a fonte]

En resposta as críticas verquidas por vostede en diversa páxinas sobre a calidade do traballo dos actuais editores da Galipedia só lle quero sinalar que é costume na Galipedia tentar criticar usando o traballo construtivo como fundamento, en definitiva, dando exemplo. Se non lle gustan as tradución tanto como os artigos propios obséquienos cun bo artigo seu e transmita os seus coñecementos froito do tempo e traballo co exemplo. Por outra banda os perigos da dedicación á política wikipedista entendo, persoalmente, que radican na exclusividade e se refiren a posibilidade que pode existir de que nun wiki un editor poida chegar a especializarse tanto que as súas aportacións chegaran a ser só de carácter "político", como o que só se dedica a criticar por defecto sen aportar alternativas ou o que só se dedicase a quitar espazos entre liñas... Estes últimos exemplos no meu entender son menos perigosos, pero si pode ser perigoso que un usuario se dedique só a traballar nas políticas e criterios da comunidade. Malia todo cada un elixe como colaborar. Lansbricae (Ti dirás) 11:17, 23 novembro 2007 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Moitas grazas pola mensaxe meu, eu tamén espero estar moitos máis, pero a condición de que ti tamén sigas por aquí! :D --Banjo tell me 18:52, 27 novembro 2007 (UTC)

O Porto do Barqueiro, Mogor, Mañón[editar a fonte]

Hai redireccións e non sei cal é o contido que hai que recuperar e de que páxina. --Xosé (✉) 19:38, 27 novembro 2007 (UTC)

Aeroporto do Porto[editar a fonte]

Olá Prevert, Criei um artigo sobre o Aeroporto de Sá Carneiro com base no artigo da WP PT. Por favor, faz uma revisão ao galego. Tentei substituir as formas lusitanas pelas galegas mas, certamente, haverá muitas falhas. Obrigado e um abraço, Manuel de Sousa 10:39, 28 novembro 2007 (UTC)

Obrigado pelos parabéns mas, na verdade, praticamente não tenho feito nada na WP TET. Apesar da grande quantidade de palavras de origem portuguesa -- li algures que a influência do português no tétum é idêntica à do espanhol no tagalo das Filipinas --, o tétum é uma língua com especificidades próprias e muito diferentemente da nossa que eu não domino. Por outro lado, a adesão de timorenses, que eu tanto busquei, nunca se chegou a verificar. Por isso, a WP TET está hoje praticamente em estado letárgico! É pena!
Ultimamente tenho investido muito mais tempo na WP PT, principalmente na escrita e melhoria de artigos relacionados com o Porto e concelhos limítrofes. Criei um projecto e um portal sobre o Grande Porto que actualizo constantemente.
Agradeço a tua revisão ao texto do artigo do Aeroporto de Sá Carneiro. No entanto, há um pormenor que creio que não está bem. Na frase "O aeroporto, outrora precario e con máis ligazóns, é hoxe considerado un dos mellores aeroportos europeos..." não queria dizer "mais ligações", mas sim "más ligações" (em espanhol seria "malas ligaciones"). Como se diz em galego "más"? Não é igual ao português? Obrigado e um abraço, Manuel de Sousa 17:00, 28 novembro 2007 (UTC)

Betawiki[editar a fonte]

Hai mensaxes novas en Betawiki. Algunhas corresponden a actualizacións de software que xa se trouxeron á Galipedia e que, polo tanto, están sen traducir. Se queres, podes pasar por Betawiki; pensei en ir traducindo e solicitar actualizacións máis ou menos cada mes. --Xosé (✉) 18:23, 4 decembro 2007 (UTC)

Dubida personal[editar a fonte]

Ola Prevert ! Dirixome a ti porque teño unha dubida importante, e pareceme que tu podes comprendela e darme explicacion, sin pensar que busco ofender ou faltar de respeto, visto que xa rifamos cando lleguei na Galipipedia e que hemos aclarado as miñas intencions. Ando preocupada polo voto e a conversa e commentarios sobre o tema da traducion. Sen falar dos consellos de traducion que se poden dar como axuda aos novos, eu o que vexo no titulo da proposta, no espirito da proposta e na maioria da conversa e dos comentarios e que se fala da oportunade e do interes de traducir (é boo ou non pa Galipedia/ cales artigos esta mais oportununo de traducir, e de cual lingua/ vale millor traducir enteiro ou parte/ etc). Na miña comprension do proxecto wiki esto levalle ataque a liberdade e a responsabilidade do editor. O editor que redacta unha frase, un parafo, un inicio de artigo leva a responsabilidade da sua edicion, que veña de redacion propria ou de traducion completa ou parcial. Un editor ten a liberdade de contribuer como a il lle parece util pa enciclopedia : dedicarse esclusivamente en corrector de ortografia, dedicarse esclusivamente a arranxos da lingua, dedicarse exclisivamente a axudar o mantemento, etc e porse a disposicion dos outros pa traducirlle artigos enteiros, parte de artigos, ou frases Do mismo xeito que si algun pon os datos da sua biblioteca na sua paxina, pois podese irlle pedir que mire si en tal libro da sua biblioteca hai tal cousa (penso no caso en que Alberte pedia control dos nomes en galego da Odisea ou da Iliada). En resumo a traducion é unha ferramenta e podese dar consellos pa sua utilzacion e favorecer o recurso doutros usuarios (organizar un taller). Pero logo eso de coller a traducion como recurso pos artigos é a liberdade basica do editor. Non vou plantar ista dubida na conversa da votacion, porque co meu xeito de falar, non estou segura que se me comprenda e logo a conversa non correspon a miña preocupacion. Penso que tu podesme porme esto claro. Vexo ven que andas pouco por eiqui, pero sabes ben que eu teño unha grande fe na tua comprension do proxecto wiki e conto con ti. No caso meu utilizo a traducion como tal poucas veces. En xeral acomodo o meu xeito o que edito indo dunha wiki a outra. Por exemplo dinme conta ca guerilla anti-franquista no estaba ben clara en gl e en es, e que non existia en fr. Pois na wiki francesa, pedinlle a un compañeiro que me traducira o artigo ingles guérilla-anti-franquista ao frances. Esta a cousa en curso. Xa cambie a cabeceira, e eu misma puxen que faltaban referencias na cabeceira que editei, porque ainda non comprei os libros que me permitan por as fontes que penso, ou o millor pasa por ei outra persona que millora o artigo. O compañeiro que fai a traducion enteira é por compromiso, e sabe que eu bou modificala, é il mismo traducindo, fai a diferencia do seu traballo de traductor do seu rol de wikipedista e propon arranxos de mismo nivel que si non fora il o traductor (fr:Guérilla anti-franquiste, fr:Discuter:Guérilla anti-franquiste). Iste exemplo pa ben ilustrar que eu entendo a traducion como un recurso libre e responsable do editor. Saúdos respectuosos ElviraConversa con mi 11:18, 15 decembro 2007 (UTC)

Leín con moita atencion a tua resposta e agradezcocha moito, sabendo que por demais tes pouco tempo. Estouche agradecida porque dasme fè na Galipedia Prevert. Saúdos respectuosos ElviraConversa con mi 20:13, 23 decembro 2007 (UTC)

como usar modelo cita web[editar a fonte]

Hola, Fun a empregar o modelo cita web, pero atopeime con que non sei moi ben com empregalo (parámetros, etc.) Vexo no historial do modelo que fuches ti o creador da maior parte do modelo. ¿Importaríache incluir no modelo a forma de empregalo? Podes empregar a ferramenta {{uso de marcador}} (como fixen no marcador Cómpre referencia, por exemplo) para ilustrar o seu uso. Obrigado! Miguel.lima 23:12, 15 decembro 2007 (UTC)

Feliz Nadal[editar a fonte]

Ola queríache desear un feliz Nadal pra ti e os teus e un bon ano 2008. --Chabi 10:17, 24 decembro 2007 (UTC)

Wikiproxecto Linguas do mundo[editar a fonte]

Ola Prevert! O 27 de decembro puxen en marcha o Wikiproxecto Linguas do mundo, para comezar un traballo de creación e mellora dos artigos relacionados coas linguas, un tema que (dende o meu punto de vista) debe ser obxecto de importantes melloras. Para isto convídote a participar neste pequeno proxecto para, pouco a pouco, ir mellorando este gran proxecto. Sen mais, un saúdo --Resorte(Falamos?) 21:38, 28 decembro 2007 (UTC)

Votacións[editar a fonte]

Coloquei o marcador para evitar que se producise unha guerra de edicións. Non teño claras cales son as porcentaxes vixentes. A semana que ven tentarei retomar a discusión e chegar a unha conclusión. --Xosé (✉) 16:37, 3 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxe: cea Santiago.JPG[editar a fonte]

Ti mesmo, eu só lla quería pasar a Alma, non sabía que o sistema permite mandarlle un correo. É mais, considero que debe ser borrada, un saudazo --Pelos 11:47, 14 xaneiro 2008 (UTC)

  • Non é unha tradución, ben é certo que o escribila tiven en conta as outras wikipedias por iso o estilo pode parecer semellante pero o que eu escribín está baseado na propia obra do autor, a que aparece ao final, por suposto sen engadir aquelas pasaxes, propias da época, claramente fantásticas e inventadas.Acerto 17:54, 14 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:52, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Non hai de que[editar a fonte]

Son eu o que ten moito que agradecer aos membros da comunidade da Galipedia, que, como debe ser, fan e deixan facer :). Debo dicir que no tempo que levo na Galipedia só recibín mostras de apoio, colaboración e boa fe. Dá gusto participar nunha comunidade que ten obxevtivos comúns e que sabe manter un bo clima de convivencia e traballo conxunto. A seguir así! :) Un cordial saúdo e grazas pola túa mensaxe. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Manudosde (conversacontribucións) as 11:39 do 10 febreiro 2008

Explícame cales son os requisitos para poder votar[editar a fonte]

Lin a mensaxe que me deixaches. Só quería pedirche que me dixeses que teño que facer para poder votar. un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xermánico (conversacontribucións) as 15:35 do 10 febreiro 2008

Ok, xa lin. De todas formas, o feito de ter corrixido algúns artigos dúas ou tres veces seguidas non é por tentar encher o meu "contador de contribucións", foi por auténtica torpeza(levo puco tempo nisto). Non sabía que tiña que ter 150 revisións/contribucións. fun ver o contador de edicións dime que editei 170 veces, pero tendo en conta que certamente non editaba todo o artigo ao mesmo tempo e que moitas veces tiña que reeditar por erros ortográficos ou técnicos, se cadra non chega tan lonxe (o número de artigos tocados é de 54 segundo o contador). Ainda aceptando o regulamento, claro neste sentido, comprenderás que fique con certo malestar. É igual.Para a próxima vez votarei cando leve mais tempo (e mais contribucións). Un saúdo.Xermánico! 17:40, 10 febreiro 2008 (UTC) (a firma que esquecía, outra torpeza)