Victoria de Durango
![]() | Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Coordenadas: 24°01′22″N 104°39′16″O / 24.02278, -104.65444
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Durango.
Durango, oficialmente chamada Victoria de Durango e tamén coñecida como Cidade de Durango, é unha cidade de México, capital do estado de Durango. Atópase no norte da República Mexicana, no Val do Guadiana, situado no centro do estado. No 2010 tiña 518.709 habitantes.[1]
Durango é a cidade máis poboada do estado homónimo. Foi fundada o 8 de xullo de 1563 por Francisco de Ibarra co nome de Villa de Durango, pola localidade vasca de Durango.
Forma parte do conxunto de cidades e poboacións do "Camiño Real de Tierra Adentro", declarado Patrimonio Cultural da humanidade pola UNESCO no 2010 [2].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Citypopulation (2014). "Mexico: States and Major Cities".
- ↑ Patrimonio Cultural no. 1351 , Camino Real de Tierra Adentro.