Lingua támil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Támil
தமிழ்
Pronuncia: /t̪ɐmɨɻ/
Falado en: India e Sri Lanka, con minorías significativas en Singapur, Malaisia, Dubai, Mauricio, Fidxi, Reunión, Trinidad e Tobago, Sudáfrica, así como emigrantes en varios países.
Total de falantes: 68 millóns como lingua materna,[1][2] 77 millóns en total[1]
Posición: 20, 16,[3] 15[4](falantes nativos)
Familia: Dravídica
 Meridionais
  Támil
Estatuto oficial
Lingua oficial de: India, Sri Lanka e Singapur
Regulado por: Varias academias e o Goberno de Tamil Nadu
Códigos de lingua
ISO 639-1: ta
ISO 639-2: tam
ISO 639-3: tam
Biblia en támil de 1723.

O támil[5] é unha lingua dravídica que se fala principalmente no estado indio de Tamil Nadu e no nordés de Sri Lanka. É a lingua dravídica co segundo maior número de falantes despois do telegu, e é a de maior desenvolvemento literario. Actualmente, calcúlase arredor dos 50 millóns de falantes.

Existen tamén destacados núcleos de falantes en Malaisia, Vietnam, Singapur (onde é unha das catro linguas oficiais), Zanzíbar e, recentemente, en diversas cidades europeas, entre as que salienta Londres.

Conta cunha rica e antiga tradición literaria, remontándose os primeiros escritos desta lingua, consistentes en poesía lírica e unha gramática, ata o século I.

O sistema de escritura do támil provén do alfabeto brahmí. Combina consoantes con vogais para crear carácteres silábicos únicos pero, ao contrario que as outras escrituras derivadas do brahmí, non ten caracteres que representen sons con máis dunha consoante. Como na actualidade o támil está recibindo unha grande influencia doutras linguas, o seu sistema de escritura está tendo problemas á hora de representar os novos vocábulos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

O támil pertence ao grupo meridional das linguas dravídicas, unha familia de 26 linguas nativas do subcontinente indio. Máis especificamente forma parte dunha familia de linguas támiles, que tamén inclúe as linguas de 35 grupos etnolingüísticos[6], como o irula e o yerukula. O malaialam é unha lingua próxima, que ata o século XIX estaba considerada un dialecto do támil, aínda que xa desde o século XIII ou XIV estaba o suficientemente arredada para ser considerada unha lingua diferente.

Historia[editar | editar a fonte]

O támil ten a súa orixe no Proto-dravídico, unha protolingua que se falaría arredor do terceiro milenio a.C. posiblemente arredor da bacía do baixo Godavari [7], a evidencia material suxire que os falantes estaban asociados cos complexos neolíticos do sur da península india[8]. Arredor do 1500 a.C.[9] as falas do sur diverxen o suficiente como para falar dun Proto-dravídico meridional do que emerxeu o proto-támil arredor do século III a.C. e pouco despois aparecen os primeiros testemuños epigráficos da lingua[10]. Entre as linguas da India, o támil presenta a máis antiga literatura non relacionada co sánscrito[11]. Adoito categorízase a historia do támil en tres períodos: támil antigo (300 a.C. – 700 d.C.), támil medio (700–1600) e támil moderno (desde 1600).[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Top 30 Languages by Number of Native Speakers: sourced from Ethnologue: Languages of the World, 15th ed. (2005)". Vistawide - World Languages & Cultures. http://www.vistawide.com/languages/top_30_languages.htm. Consultado o 2007-04-03. 
  2. "Languages Spoken by More Than 10 Million People". MSN Encarta. http://encarta.msn.com/media_701500404/Languages_Spoken_by_More_Than_10_Million_People.html. Consultado o 2007-04-02. 
  3. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), 2005. Ethnologue: Languages of the World, Fifteenth edition. Dallas, Tex.: SIL International.
  4. George Weber (Decembro 1997). "TOP LANGUAGES" (pdf). Language Today (Geoffrey Kingscott) 2: p. 87-99. http://www.frenchteachers.org/bulletin/articles/promote/top%20languages.pdf. 
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega (aquí) e no Portal das Palabras (aquí) para támil.
  6. Perumal, A. K. Manorama Yearbook 2005, pp.302–318.
  7. Southworth, Franklin (2005) Linguistic Archaeology of South Asia Routledge, p. 256
  8. Southworth, 2005, pp. 249–250
  9. Steever, Sanford E. (1998) The Dravidian Languages Routledge, p. 11
  10. Southworth, 2005, pp. 250–251
  11. Sivathamby, K (1974) Early South Indian Society and Economy: The Tinai Concept, Social Scientist, Vol.3 No.5 Dec 1974
  12. Lehmann, 1998, p. 75

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lingua támil
Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua támil.