Economía da India

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de India
Moeda rupia hindú
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, SAFTA, G-20 e outros
Datos estatísticos[1]
PIB 4 060 mil millóns (2010)
Posición do PIB 5ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 10,4% (2010)
PIB per cápita $ 3 500 (2010)
PIB por sector agricultura 16,1%, industria 28,6%, comercio e servizos 55,3% (2010)
Inflación 11,7% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza 25% (2007)
Total da forza de traballo 478,3 millóns (2010)
Forza de traballo por sector agricultura 52%, industria 14%, comercio e servizos 34% (2009)
Desemprego 10,8% (2010)
Industrias téxtiles, produtos químicos, procesamento de alimentos, aceiro, equipamentos de transporte, cemento, minería, petróleo, máquinas, software, fármacos
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 201 mil millóns (2010)
Produtos de exportación derivados de petróleo, xemas preciosas, máquinas, ferro e aceiro, produtos químicos, vehículos, roupas
Principais mercados Emiratos Árabes Unidos 12,87%, Estados Unidos 12,59%, República Popular de China 5,59% (2009)
Importacións 327 mil millóns (2010)
Principais produtos importados petróleo crudo, pedras preciosas, máquinas, fertilizantes, ferro e aceiro, produtos químicos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 237,1 mil millóns(2010)
Receitas 170,7 mil millóns (2010)
Despesas 268 mil millóns (2010)

India desenvólvese como unha economía de libre mercado, a pesar de manter trazos de antigas políticas autárquicas. A liberalización económica, incluíndose o sector industrial, a privatización de empresas públicas e a redución dos controis dos investimentos externos e do comercio comezaron nos anos 1990 e serviron para acelerar o crecemento do país, que superou os 7% ao ano desde o 1997.[1]

A economía do país é diversificada; hai desde actividades agrícolas tradicionais en pequenos pobos e artesanía, até unha gran diversidade de industrias e servizos modernos. Pouco máis de metade da man de obra traballa na agricultura, pero o sector de servizos é o máis importante da economía do país, e é responsable por metade do PIB nacional, ocupando 1/3 da forza de traballo.[1] O país benefíciase da súa vasta poboación anglófona para tornarse un importante exportador de servizos de tecnoloxía e software. O país recuperouse ben da crise do 2010, principalmente debido ao seu forte mercado interno, e o crecemento real ha excedido os 8%.[1]

Os principais produtos cultivados son: , algodón, trigo, xuta, arroz, tabaco, millo e cana de azucre.

Existen grandes áreas con monoculturas voltadas para a exportación. Son as plantations, cultivadas desde a época en que os ingleses colonizaron esa rexión. Té, tabaco e algodón, son os produtos típicos para o mercado externo.

No últimos anos, a India tornouse un importante centro de servizos relacionados con tecnoloxias de información. É o principal beneficiario do outsourcing de servizos.

Notas[editar | editar a fonte]