Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua gujarati
Nome orixinal
ગુજરાતી (gu)
ગુજરાતી ભાષા (gu)
Instancia de
Subclase de
Parte de
Alfabeto
Tipoloxía lingüística
Estado de lingua da UNESCO
segura
Número de falantes
56.400.000
(2019) 46.857.670
(2001)
Wikidata C:Commons
O guxarati [ 1] ou gujarati [ 2] é un idioma propio do estado de Gujarāt , no oeste da India . É unha lingua indoeuropea , da familia indoaria , falada por uns 46 millóns de persoas en todo o mundo, sendo así a vixésima terceira lingua máis falada do mundo. De todos eles, aproximadamente 45,5 millóns residen na India, 250.000 en Tanzania , 150.000 en Uganda , 100.000 en Paquistán e 50.000 en Kenya .
Escríbese gujarati (pronunciado guyarati ) en inglés .
É a lingua principal do estado de Gujarāt , así como dos territorios adxacentes de Damán e Diu e Dadra e Nagar Haveli . Hai unha gran cantidade de poboación gujarati diseminada polo mundo, desde África , Oriente Próximo , até o Reino Unido e os Estados Unidos . En Inglaterra, dúas áreas populares con poboación gujarati son Leicester (Terras Medias) e Wembley (norte de Londres). E nos Estados Unidos, atópanse especialmente en estados como Nova Jersey , Nova York , California e Texas .
É unha das 14 linguas oficiais que hai na India. Era a lingua materna de Mahatma Gandhi , «pai da India», e de Muhammad Ali Jinnah , «pai do Paquistán».
ક ખ ગ ઘ ઙ
ka /kə/ kha /kʰə/ ga /gə/ gha /gʱə/ ṅa /ŋə/
ચ છ જ ઝ ઞ
ca /ʧə/ cha /ʧʰə/ ja /ʤə/ jha /ʤʱə/ ña /ɲə/
ટ ઠ ડ ઢ ણ
ṭa /ʈə/ ṭha /ʈʰə/ ḍa /ɖə/ ḍha /ɖʱə/ ṇa /ɳə/
ત થ દ ધ ન
ta /tə/ tha /tʰə/ da /də/ dha /dʱə/ na /nə/
પ ફ બ ભ મ
pa /pə/ pha /pʰə/ ba /bə/ bha /bʱə/ ma /mə/
ય ર લ વ ળ
ya /jə/ ra /rə/ la /lə/ va /ʋə/ ḷa /ɭə/
શ ષ સ હ
śa /ʃə/ ṣa /ʃə/ sa /sə/ ha /ɦə/
્ sen vocal ક્ k
અ a /ə/ ક ka
આ ā /ɑ̈/ કા kā
ઍ â /æ/ કૅ kâ
ઇ i /i/ કિ ki
ઈ ī /i/ કી kī
ઉ u /u/ કુ ku
ઊ ū /u/ કૂ kū
ઋ ṛ /ɾu/ કૃ kṛ
એ e /ɛ/ કે ke
ઐ ai /aj/ કૈ kai
ઓ o /o/ કો ko
ઑ ô /ɔ/ કૉ kô
ઔ au /əw/ કૌ kau