Saltar ao contido

Lingua telugu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua telugu
తెలుగు Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Propiedades
 Número de falantes
82000000 (2019)
74244300 (2001)
5000000 (2001)
50000000 (1987) Editar o valor en Wikidata
 Alfabeto
 Caso gramatical
 Xénero gramatical
 Estado de lingua da UNESCO
segura
Clasificación lingüística
Xeografía
 País
Identificadores
Freebase/m/09s02 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-1te Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2tel Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3tel Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5tel Editar o valor en Wikidata
IETFte Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778756302 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX4784947
Wikidata C:Commons

O telugu[1][2] (en telugu: tĕlugu / తెలుగు) é unha lingua do estado de Andhra Pradesh na India. Neste estado é a lingua oficial, e tamén se fala en Ianaon (unión territorial de Pondichery), na parte central do territorio tamil, ao leste de Carnataca, en Maharastra e en Orissa. Existe unha grande diáspora telugu en Birmania, en Malaisia, na Illa Mauricio, en Arabia Saudita, nos emiratos do Golfo, na República de Suráfrica, nas Illas Fiji, en América do Norte, no Reino Unido e en Francia. Uns 70 millóns de persoas fálana como primeira lingua.

O telugu escríbese por medio dun silabario parcial procedente do brâhmî. Forma parte, canda o támil, da familia das linguas dravídicas.

O telugu é unha lingua aglutinante e con declinacións. Pola súa sonoridade vocálica os colonizadores ingleses denominárona o "italiano de Asia". En telugu, a conxugación ten en conta na flexión non só o tempo senón tamén a negación e a interrogación.

Pódense distinguir tres grandes períodos na historia da lingua telugu: o arcaico, que comeza no século VII a. C. conforme os primeiros documentos escritos que se gardan, o medio, desde o século IX ata o século XVII e máis o telugu moderno.

  1. Definición de drávida no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. "telugu". TERGAL. Consultado o 18 de xuño de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.