Saltar ao contido

Lingua sindhi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua sindhi
سِنڌِي‎ Editar o valor en Wikidata
LL-Q5885%20%28tam%29-Sriveenkat-%E0%AE%9A%E0%AE%BF%E0%AE%A8%E0%AF%8D%E0%AE%A4%E0%AE%BF%20%E0%AE%AE%E0%AF%8A%E0%AE%B4%E0%AE%BF.wav pronuncia
 Instancia de
Propiedades
 Número de falantes
24600000 (2019)
23845500 (2014)
25000000 (2010)
21000000 (2005) Editar o valor en Wikidata
 Institución de normalización
 Tipoloxía lingüística
Clasificación lingüística
Xeografía
 País
Identificadores
ISO 639-1sd Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2snd Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3snd Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5snd Editar o valor en Wikidata
IETFsd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A lingua sindhi[1] (سنڌي, सिन्धी, Sindhi) é unha lingua indoaria da histórica rexión de Sind, falada polo pobo sindhi. É a lingua oficial da provincia de Sind, Paquistán.[2][3][4] Na India, o sindhi é unha das linguas oficialmente recoñecidas polo goberno federal. Ten influencias da lingua baluchi e da lingua kutchi faladas nas provincias adxacentes de Baluchistán e Kachchh.

A maioría dos falantes de sindhi concéntranse en Paquistán, na provincia de Sind, e na India, na rexión Kachchh do estado de Gujarat e na rexión de Ulhasnagar do estado de Maharashtra. Os falantes da India compóñense por sindhis hindús que migraron dende Sind e se asentaron na India despois da independencia de Paquistán en 1947, e tamén pola diáspora sindhi en todo o mundo. A lingua sindhi tamén é falada por comunidades sindhi de Hong Kong, Omán, Indonesia, Singapur, os Emiratos Árabes Unidos, o Reino Unido e os Estados Unidos de América.[5]

  1. "Entrada sindhi en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2017. Consultado o 02 de xaneiro de 2017. 
  2. Gulshan Majeed. "Ethnicity and Ethnic Conflict in Pakistan" (PDF). Journal of Political Studies. Consultado o 27 de decembro de 2013. 
  3. "Sindhi". The Languages Gulper. Consultado o 27 de decembro de 2013. 
  4. Sindhi Language (ed.). "Encyclopædia Britannica". Consultado o 29 de decembro de 2013. 
  5. "English to Sindhi Dictionary & Sindhi to English Dictionary". KhandBhale.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2015. Consultado o 24 de agosto de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]