Saltar ao contido

Lingua konkani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua konkani
LL-Q34239%20%28kok%29-Fredericknoronha-%E0%A4%95%E0%A5%8B%E0%A4%82%E0%A4%95%E0%A4%A3%E0%A5%80%20%E0%A4%AD%E0%A4%BE%E0%A4%B8.wav pronuncia
 Subclase de
 Parte de
 Caracterizado por
Propiedades
 Número de falantes
7400000 (2007)
2256502 Editar o valor en Wikidata
 Tipoloxía lingüística
Clasificación lingüística
Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/03d9_5 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2kok Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3kok Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5kok Editar o valor en Wikidata
IETFkok Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O konkani (devanágari: कोंकणी koṃkaṇī; kanará: ಕೊಂಕಣಿ; malayalam: കൊംകണീ) é unha lingua indo-ariana falada na India. Comezou por ser un vernáculo do sánscrito, con corrupción inevitábel dalgunhas palabras. Estivo relativamente fóra do alcance de influencias doutras linguas, con excepción dun pouco do portugués (nos últimos tres ou catro séculos) e algún canará (durante o período Kadamba dos séculos XII ao XIV). Por esta razón, está moito máis próxima do sánscrito do que a lingua marathi (a cal foi transformada partir do antigo prácrito con influencia significativa do persa).

A lingua konkani fálase en toda a rexión de Konkan: Goa, costa sur de Maharashtra, costa de Karnataka e Kerala. Cada rexión ten un dialecto único e un estilo propio de pronuncia. Teorízase que a lingua espallárona nestas áreas os habitantes de Goa que fuxiran da Inquisición portuguesa durante a administración portuguesa. Escríbese co tradicional devanágari e co alfabeto romano, como resultado da permanencia portuguesa na rexión. A escrita kanará úsase en Mangalore, e noutras rexións de Karnataka.

O konkani estivo en perigo de desaparecer, pois a progresiva modernización occidental do subcontinente indio (incluíndo a forte influencia portuguesa en Goa desde o século XVI) resultou na maior utilización do inglés entre os católicos, en canto que diferenzas locais levaron á adaptación do marathi polos hindús da costa do Maharashtra. Esta práctica mudou en 1985 por un movemento konkani en Goa apoiada por grupos de ambas as dúas relixións. O konkani fálase agora por toda a Goa, e é a lingua oficial do estado. Desde entón, recibiu o estatuto de lingua oficial na Constitución da India.

O primeiro libro coñecido en konkani escribiuno en 1651 Frei Thomas Steven, co título de Doctrina Christi ("As doutrinas de Cristo"). Presúmese que os portugueses destruíron todos os textos konkani anteriores ao século XVI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]