Nelahozeves
Aparencia
Nelahozeves é unha vila á beira do río Vltava, a 25 km ó norte de Praga, na República Checa. A súa poboación era de 1.375 segundo o censo de 2001.
O máis antigo documento que se conserva sobre a existencia de Nelahozeves data de 1352. A vila ten un castelo renacentista de estilo italiano. Foi construído no século XVI por Florián Griespech de Griespach. Dende 1623, pertence á familia Lobkowicz.
O compositor Antonín Dvořák naceu en Nelahozeves.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información básica da vila Arquivado 15 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Castelo de Nelahozeves
- Páxina da familia Lobkowicz (en inglés)
