Keith Haring
Aparencia
Keith Haring, nado o 4 de maio de 1958 en Reading, Pensilvania e finado o 16 de febreiro de 1990 en Nova York, foi un importante artista e activista social. O seu traballo reflicte o espírito da xeración pop e a cultura da rúa do Nova York dos anos 80 do século XX. Colaborou co fotógrafo estadounidense de orixe hongkonesa Tseng Kwong Chi.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Visual AIDS - Tseng Kwong Chi". Visual AIDS (en inglés). Consultado o 2024-02-17.