Dan Aykroyd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dan Aykroyd
Nome completoDaniel Edward Aykroyd
Nacemento1 de xullo de 1952
LugarOtava
NacionalidadeCanadá
RelixiónSpiritualismi
Educado enUniversidade Carleton, Lisgar Collegiate Institute, St. Patrick's High School e St. Pius X High School
PaiPeter H. Aykroyd
Cónxuxe(s)Donna Dixon
FillosDanielle Aykroyd
Profesiónactor, guionista, ufólogo, humorista, cantante, produtor de cinema, produtor de televisión, actor de televisión, actor de cinema, actor de dobraxe e director de cinema
Na rede
http://www.thebluesmobile.com/
IMDB: nm0000101 Allocine: 1079 Rottentomatoes: celebrity/dan_aykroyd Allmovie: p80282 TCM: 7418 Metacritic: person/dan-aykroyd TV.com: people/dan-aykroyd
Facebook: DanAykroyd Twitter: dan_aykroyd Youtube: UC1amNoV0gEZw3onof8K-IWQ Musicbrainz: 295ef8d6-ab0d-48a7-90a5-d264dde5f92c Songkick: 2238410 Discogs: 290615 Allmusic: mn0000952044 WikiTree: Aykroyd-2 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Daniel Edward "Dan" Aykroyd, nado en Otava o 1 de xullo de 1952, é un humorista, músico, actor e director canadense-estadounidense[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aykroyd estudou criminoloxía e socioloxía na Universidade Carleton da capital canadense pero deixou os estudos antes de rematar a carreira, e traballou despois como humorista en clubs nocturnos en Toronto durante varios anos. Fíxose famoso nos Estados Unidos como cómico e guionista do programa estadounidense de televisión Saturday Night Live durante as súas primeiras catro tempadas (1975-1979), un dos integrantes, xunto con John Belushi, da banda de soul e blues The Blues Brothers organizada en 1978 como parte do Saturday Night Live pero que continuou posteriormente e que protagonizou un filme homónimo en 1980; e tamén un dos guionistas e tamén dos protagonistas de Ghostbusters (1984). Foi candidato ao Óscar ao mellor actor secundario por Paseando a Miss Daisy (1989). Como director principiou en 1991 coa comedia de terror Nothing but Trouble na que tamén actuou. En 1992 foi un dos fundadores de House of Blues, unha rede de clubs de blues e a música afroamericana en xeral que en 2006 pasaron a Live Nation.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Love at first sight (1977)
  • Things we did last summer (1977; TV)
  • All You Need Is Cash (1978; TV)
  • 1941 (1979)
  • Mr. Mike's Mondo Video (1979)
  • Os Blues Brothers (1980)
  • Neighbors (1981)
  • It came from Hollywood (1982)
  • Trading Places (1983)
  • Twilight Zone: The Movie (1983)
  • The Coneheads (1983; TV; voz)
  • Doctor Detroit (1983)
  • Ghostbusters (1984)
  • Indiana Jones and the temple of doom (1984)
  • Nothing lasts forever (1984)
  • Into the night (1985)
  • Spies like us (1985)
  • Dragnet (1987)
  • Caddyshack II (1988)
  • The couch trip (1988)
  • The Great Outdoors (1988)
  • My Stepmother Is an Alien (1988)
  • She's Having a Baby (1988)
  • Ghostbusters II (1989)
  • Paseando a Miss Daisy (1989)
  • Loose cannons (1990)
  • Masters of menace (1990)
  • My Girl (1991)
  • Nothing but trouble (1991)
  • Sneakers (1992)
  • Chaplin (1992)
  • This is my life (1992)
  • Coneheads (1993)
  • Exit to Eden (1994)
  • My Girl 2 (1994)
  • North (1994)
  • Casper (1995)
  • Canadian Bacon (1995)
  • Tommy Boy (1995)
  • Rainbow (1995)
  • The Random factor (1995)
  • My fellow Americans (1996)
  • Feeling Minnesota (1996)
  • Celtic pride (1996)
  • Getting away with murder (1996)
  • Sgt. Bilko (1996)
  • Grosse Pointe Blank (1997)
  • The Arrow (1997; TV)
  • Susan's plan (1998)
  • Antz (1998; voz)
  • Blues Brothers 2000 (1998)
  • Diamonds (1999)
  • The House of the mirth (2000)
  • Stardom (2000)
  • Loser (2000)
  • The Devil and Daniel Webster (2001)
Estrela de Dan Aykroyd no Paseo da fama do Canadá

.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Contemporary theatre, film, and television. Gale, 2003, p. 8