Saltar ao contido

Susan Sontag

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSusan Sontag

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 2004 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteleucemia
síndrome mielodisplásica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse, 2 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París
Universidade de California, Berkeley
St Anne's College (en) Traducir
Universidade de Chicago - grao en Artes
Universidade Harvard - mestría en artes
Universidade de Oxford
Escola Preparatoria de North Hollywood Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura inglesa, historia e filosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, activista polos dereitos das mulleres, xornalista, crítica de cinema, Activista polos dereitos humanos, director teatral, historiadora, crítica literaria, novelista, directora de cinema, filósofa, guionista, ensaísta, profesora, xornalista de opinión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor en Wikidata - 2004 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSarah Lawrence College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio Editar o valor en Wikidata
Participou en
19711971 Cannes Film Festival (en) Traducir
19691969 Cannes Film Festival (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxePhilip Rieff (1950–1959) Editar o valor en Wikidata
ParellaAnnie Leibovitz (1989–2004)
Nicole Stéphane
Maria Irene Fornes
Joseph Brodsky Editar o valor en Wikidata
FillosDavid Rieff
 () Philip Rieff Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteUbuWeb
Medvik >>>:Sontag, Susan, 1933-2004,
American Women Writers Editar o valor en Wikidata
Sitio websusansontag.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0814506 Allocine: 1819 Rottentomatoes: celebrity/susan_sontag Allmovie: p66899 Metacritic: person/susan-sontag TV.com: people/susan-sontag
BNE: XX973502 Dialnet: 20589 Musicbrainz: 93161950-5f98-4a51-88d5-9d314b5844a9 Discogs: 691937 WikiTree: Rosenblatt-189 Find a Grave: 10183501 Editar o valor en Wikidata

Susan Sontag, nada en Nova York o 16 de xaneiro de 1933 e finada na mesma cidade o 28 de decembro de 2004, foi unha novelista e ensaísta norteamericana. Aínda que se dedicou principalmente á súa carreira literaria e ensaística, exerceu a docencia e dirixiu filmes e obras teatrais.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sontag, que recibiu ó nacer o nome de Susan Rosenblatt, naceu en Nova York. Era filla de dous xudeus americanos, Mildred Jacobsen e Jack Rosenblatt, o cal se dedicaba ó comercio de peles na China, onde faleceu a causa dunha tuberculose cando Susan contaba con cinco anos de idade. Sete anos despois, súa nai contraeu matrimonio con Nathan Sontag e desde ese momento Susan e a súa irmá Judith adoptaron o apelido do seu padrasto.

Sontag creceu en Tucson, Arizona e, posteriormente, nos Ánxeles, onde se graduou na North Hollywood High School, á idade de 15 anos. Proseguiu os estudos nas universidades de Berkeley, Chicago,París e Harvard.

Durante a súa estancia en Chicago, con 17 anos, Sontag contrae matrimonio con Philip Rieff, tras un noivado de tan só dez días. A parella tivo un fillo, David Rieff, quen se convertería posteriormente no editor de súa nai na editorial Farrar Straus and Giroux. O matrimonio entre Sontag e Riff tivo unha duración de oito anos, tras os cales se divorciaron en 1958.

Os últimos anos da súa vida mantivo unha relación de parella coa famosa fotógrafa Annie Leibowitz.

Sontag faleceu o 28 de decembro de 2004, no hospital Memorial Sloan Kettering de Nova York, á idade de 71 anos[1], debido a complicacións dunha Síndrome mielodisplásica que desembocou nunha leucemia mielóxena aguda. [Cómpre referencia]Susan sobrevivira anteriormente a un avanzado cancro de mama cando tiña 43 anos.[1]

Está enterrada no cemiterio parisiense de Montparnasse.

Deuse a coñecer cunha recompilación de ensaios e artigos, Against interpretation and other essays (Contra a interpretación,1964), á que seguiron os ensaios Styles of radical will (1969), On photography (Sobre a fotografía, 1975), Illness as metaphor (A enfermidade como metáfora, 1978), Under the sign of Saturn (Baixo o signo de Saturno, 1980) e AIDS and its metaphors (A SIDA e as súas metáforas, 1989).

É autora tamén de varias obras narrativas (The Benefactor -O benefactor-, 1963; I, Etcetera - Eu etcétera-, 1978; The way we live now, 1991; The Volcano lover : a romance (O amante do volcán, 1995); In America: a novel -En América-, 2000.

Foi tamén directora de cinema. En 1974 rodou o documental Promised Lands e en 1983 Unguided Tour.[2][3][4]

Foi directora das obra teatral Xacobe e o seu amo, (Milan Kundera, 1985). En 1993 desprazouse a Saraxevo para montar a obra teatral Á espera de Godot (Samuel Beckett, 1949)[1]. En 2003 tamén escribiu Regarding the pain of others.

  1. 1,0 1,1 1,2 "Fallece Susan Sontag, la escritora del compromiso". elmundolibro.com (en castelán). Consultado o 18 marzo 2018. 
  2. Torres, Maruja (2 setembro 1983). "Susan Sontag: "Para mí el cine es una historia de amor, y mi marido es la literatura"". elpais.es. Consultado o 17 marzo 2018. 
  3. "Letter from Venice AKA Unguided Tour". IMDB. Consultado o 16 marzo 2018. 
  4. "Promised Lands". IMDB. Consultado o 16 marzo 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.