Caitlyn Jenner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCaitlyn Jenner

(2015) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Caitlyn Marie Jenner Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) William Bruce Jenner Editar o valor em Wikidata
28 de outubro de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Mount Kisco, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMalibú Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoNeerlando-americano (pt) Traducir, Anglo-americano (pt) Traducir, irlandoamericano, escocés-americano e Welsh Americans (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónGraceland University (en) Traducir (–1973)
Newtown High School (en) Traducir (–1968) Editar o valor em Wikidata
Altura189 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutora , modelo , empresaria , actriz de televisión , piloto de automobilismo , comentarista deportiva , atleta , actriz , oradora motivacional Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado100.000.000 $ (2014) Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo
automobilismo
Fútbol americano Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivadécatlon Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Graceland Yellowjackets football (en) Traducir
1968-1973 Graceland Yellowjackets (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1976Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976 (pt) Traducir
Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1972 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaFamília Kardashian (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeKris Jenner (1991–2015), divorcio
Linda Thompson (1981–1986), divorcio
Chrystie Scott (en) Traducir (1972–1981), divorcio Editar o valor em Wikidata
FillosBurt Jenner (en) Traducir
 () Chrystie Scott (en) Traducir
Cassandra Jenner (en) Traducir
 () Chrystie Scott (en) Traducir
Brandon Jenner (en) Traducir
 () Linda Thompson
Brody Jenner (pt) Traducir
 () Linda Thompson
Kendall Jenner
 () Kris Jenner
Kylie Jenner
 () Kris Jenner Editar o valor em Wikidata
PaiWilliam Hugh Jenner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesKourtney Kardashian (fillastra)
Kim Kardashian (fillastra)
Khloé Kardashian (fillastra)
Rob Kardashian (fillastro) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
male-to-female gender-affirming surgery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webcaitlynjenner.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0421063 Allocine: 149772 Rottentomatoes: celebrity/caitlyn_jenner Allmovie: p800472 TCM: 94861 Metacritic: person/caitlyn-jenner TV.com: people/caitlyn-jenner
Facebook: CaitlynJenner Twitter: caitlyn_jenner Instagram: caitlynjenner Musicbrainz: f1f4de73-0006-428d-b670-8b6447056703 Discogs: 1577236 Allmusic: mn0000634879 IAAF: 14346300 Olympic.org: bruce-jenner WikiTree: Jenner-456 Editar o valor em Wikidata

Caitlyn Marie Jenner, nada como William Bruce Jenner en Mount Kisco (Nova York) o 28 de outubro de 1949 é unha personalidade televisiva e decatleta retirada estadounidense.

Jenner foi xogador de fútbol americano universitario cos Graceland Yellowjackets antes de sufrir unha ferida no xeonllo que requiriu cirurxía. Convencido polo adestrador do decatleta Jack Parker, L. D. Weldon, que probase o décatlon, Jenner gañou a proba nos Xogos Olímpicos de Montreal de 1976,[1][2] establecen tres sucesivos récords mundiais e gañando fama como "heroe de todos os estadounidenses".[3] Tras recibir o título non oficial de "mellor atleta do mundo",[4] Jenner estableceu unha carreira na televisión, no cinema, na escritura, nas carreiras automobilísticas, nos negocios e como modelo de portada de Playgirl.[5]

Jenner ten seis fillos coas súas tres sucesivas esposas (Chrystie Crownover, Linda Thompson e Kris Jenner) e dende 2007 apareceu no reality show Keeping Up with the Kardashians. Asignado como varón ao nacer, Caitlyn Jenner mostrouse publicamente como muller transexual en abril de 2015. O seu novo nome foi anunciado en xullo do mesmo ano, cambiado legalmente, igual que o seu xénero, en setembro.[6] Entre 2015 e 2016, Jenner protagonizou a serie de telerrealidade I Am Cait, que se centrou na súa transición de xénero. En xaneiro de 2017, someteuse a unha operación de reasignación sexual.[7] Jenner foi considerada a muller transexual máis célebre do mundo.[8][9]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Caitlyn Marie Jenner naceu como William Bruce Jenner en 1949,[10] filla de Esther Ruth (de solteira McGuire) e William Hugh Jenner. O seu pai era arboricultor.[11][12] Ten ascendencia inglesa, escocesa, irlandesa, neerlandesa e galesa.[13] O seu irmán máis novo, Burt, faleceu nun accidente de coche en Canton, Connecticut, o 30 de novembro de 1976, pouco despois do triunfo de Jenner nos Xogos Olímpicos.[14][15] De nena, Jenner foi diagnosticada con dislexia.[16]

Jenner asistiu ao Sleepy Hollow High School de Sleepy Hollow, Nova York[17][18] e ao Newtown High School de Newtown, Connecticut, graduándose en 1968.[19] Jenner obtivo unha bolsa de fútbol americano e estudou no Graceland College en Lamoni, Iowa, mais foi obrigada a deixar o deporte a causa dunha lesión no xeonllo.[20] Recoñecendo o potencial de Jenner, o adestrador L. D. Weldon suxeriu a Jenner que se cambiase ao décatlon.[21] En 1970, Jenner acabou quinto no seu debut no décatlon nos Drake Relays de Des Moines, Iowa.[22] Jenner graduouse de Graceland en 1973 cun grao en educación física.[23]

Carreira deportiva[editar | editar a fonte]

Jenner nos Xogos Panamericanos de 1975

Jenner foi o campión estadounidense masculino de décatlon en 1974 e aparecu na portada da revita Track & Field News en agosto de 1974.[24][25] Mentres estaba de xira en 1975, gañou o campionato francés[26] e a medalla de ouro nos Xogos Panamericanos de 1975, logrando o récord do torneo con 8045 puntos.[23] Isto foi seguido por novos récords de 8524 puntos no triangular U.S.A./U.R.S.S./Polonia de Eugene, Oregón, o 9-10 de agosto de 1975, rompendo o récord de Avilov,[27] e 8538 puntos no torneo estadounidense, tamén en Eugene.[28][29]

Nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, Jenner logrou cinco marcas persoais no primeiro día da proba de décatlon, aínda que quedou segundo por detrás de Guido Kratschmer, da República Federal Alemá. Na proba final dos 1500 metros, Jenner tamén estableceu unha nova marca persoal e gañou a medalla de ouro cun novo récord mundial de 8618 puntos.[3][28][30][31][32]

Despois dos Xogos[editar | editar a fonte]

Tralo éxito olímpico, Jenner considerou que podía capitalizalo cun status de celebridade semellante ao de Johnny Weissmuller e Sonja Henie, que se converteran en estrelas de cinema tralas súas medallas de ouro. O axente de Jenner, George Wallach, indicou que foi considerado para o papel de Superman, que finalmente foi para Christopher Reeve.[33]

Jenner apareceu na portada do 9 de agosto de 1976 da revista Sports Illustrated,[34] o número de febreiro de 1979 de Gentleman's Quarterly,[35] e na portada de Playgirl.[5] Tamén foi seleccionado polos Kansas City Kings co número 139 do draft de 1977 a pesar de que non xogara ao baloncesto dende o instituto.[36] A campaña publicitaria foi organizada polo presidente do equipo Joe Axelson para burlarse das afirmacións dos Kansas City Chiefs de que planeaban seleccionar "o mellor atleta dispoñible" no National Football League Draft. Jenner foi presentado cun xersei co número 8618, o resultado da proba olímpica, mais nunca apareceu como xogador dos Kings.[37]

Carreira como actor[editar | editar a fonte]

A comedia Can't Stop the Music (1980) foi a única estrea cinematográfica de Jenner ata 2011. Jenner tivo tamén algún éxito na súa carreira televisiva, protagonizando os telefilmes The Golden Moment: An Olympic Love Story[38] (1980) e Grambling's White Tiger (1981).[39] Durante a tempada 1981-1982, Jenner foi un membro semirregular do elenco da serie policíaca CHiPs como o oficial Steve McLeish, substituíndo a Erik Estrada, que estaba nunha loita contractual con NBC e MGM.[1]

En 2011, Jenner apareceu na comedia de Adam Sandler Jack and Jill nunha escena con Al Pacino.[40] Igual que Can't Stop the Music, o filme gañou o premio Razzie ao peor filme.[41]

En setembro de 2016, Jenner apareceu como ela mesma nunha secuencia onírica da serie Transparent.[42]

Carreira no motor[editar | editar a fonte]

Jenner tivo éxito no automobilismo no IMSA Camel GT series (International Motor Sports Association) na década de 1980.[43] A súa primeira vitoria foi nas 12 horas de Sebring de 1986 con Scott Pruett como compañeiro.[44]

Transexualidade[editar | editar a fonte]

Nunha entrevista con Diane Sawyer en 20/20 en abril de 2015, Jenner mostrouse como muller transexual, dicindo que loitara coa disforia de xénero dende a súa mocidade e que "son unha muller". Jenner vestiuse de muller durante moitos anos e tomou terapia hormonal substitutiva, mais parou despois de que a súa relación con Kris Kardashian se volvese máis seria, e acabando en matrimonio en 1991.[45][46][47] Jenner conta que tiña permiso para explorar a súa identidade de xénero nas súas viaxes, mais non cando estaba a parella xunta, e que non saber cal era o mellor xeito de falar do asunto contribuíu á deterioración do matrimonio de vinte e tres anos, que acabou formalmente en 2015.[47]

Jenner someteuse a cirurxía estética e completou a cirurxía de reasignación sexual en xaneiro de 2017.[7] Jenner dixo que nunca se sentiu atraída polos varóns, e que tendo en mente a dificultade da xente para entender as diferenzas entre orientación sexual e identidade de xénero, identificarase polo momento como asexual.[48][49]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Antes da súa transición de xénero, Jenner estivo casada en tres ocasións. En primeiro lugar con Chrystie Scott (de solteira Crownover) entre 1972 e 1981. Teñen un fillo, Burton "Burt" Jenner, e unha filla, Cassandra "Casey" Marino (de solteira Jenner).[50][51] O proceso de divorcio entre Jenner e Scott finalizou a primeira semana de xaneiro de 1981.[52]

O 5 de xaneiro de 1981, Jenner casou coa actriz Linda Thompson en Hawaii.[53] Teñen dous fillos, Brandon e Brody Jenner.[54] En febreiro de 1986 separáronse e posteriormente divorciáronse.[55] Os seus fillos protagonizaron máis tarde o reality show The Princes of Malibu,[56] e Brody apareceu tamén en The Hills.[57]

O 21 de abril de 1991, Jenner casou con Kris Kardashian (de solteira Houghton) despois dunha relación de cinco meses.[58] Xuntos tiveron dúas fillas, Kendall e Kylie Jenner. A parella anunciou a súa separación en outubro de 2013,[59][60] aínda que realmente se separaran en xuño.[61] Kris solicitou o divorcio en setembro de 2014 alegando diferenzas irreconciliables.[62] O proceso de divorcio acabou en decembro de 2014 e foi efectivo o 23 de marzo de 2015.[63]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Katie Kindelan; Lauren Effron (27 de abril de 2015). "Bruce Jenner's First Wife Chrystie Scott on When Former Olympian Said He Wanted to 'Be a Woman'". ABC News. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  2. Tony Giardina (7 de agosto de 2012). "Olympic Track & Field: Decathlete Ashton Eaton Is Next American Star". Bleacher Report. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2015. Consultado o 6 de xuño de 2016. Olympic decathlons first rose to prominence in America when Bruce Jenner competed in the 1976 games in Montreal. He became an American hero by setting the decathlon world record and taking gold back from the Soviets. 
  3. 3,0 3,1 Maury White. "Bruce Jenner". The Des Moines Register. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2015. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  4. Mike Sielski. "Bruce Jenner: The world's greatest athlete". ESPN. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2015. Consultado o 10 de xuño de 2016. 
  5. 5,0 5,1 Somaiya, Ravi (1 de xuño de 2015). "Caitlyn Jenner, Formerly Bruce, Introduces Herself in Vanity Fair". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2016. (require subscrición (?)). 
  6. 7,0 7,1 News, A. B. C. (21 de abril de 2017). "Caitlyn Jenner reflects on how life has changed since transitioning". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2017. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  7. Pilkington, Ed (2 de xuño de 2015). "Caitlyn Jenner: transgender community has mixed reactions to Vanity Fair reveal". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2016. Consultado o 7 de xuño de 2016. Caitlyn Jenner's transition on the cover of Vanity Fair into the most famous trans woman in the world has earned her a massive global platform in under 24 hours. 
  8. "Transgender reality, post-Jenner". MSNBC. 2 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 7 de xuño de 2016. As Caitlyn Jenner becomes the most famous transgender woman in history. 
  9. Ensor, Josie (25 de abril de 2015). "Bruce Jenner: I was born with the body of a man and the soul of a woman". The Daily Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2015. Consultado o 3 de xuño de 2015. 
  10. "William Bruce Jenner". Geni. 18 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  11. Crownover, Ernest Elder (1986). Matt and Daisy Dell Kuykendall Crownover: Their Ancestry and Posterity. E.E. Crownover. p. 39. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2017. Consultado o 5 de xuño de 2016. 
  12. "The Kardashian Women Can Thank Their Unique Ancestry for Their Killer Good Looks". in Touch. 18 de decembro 2017. 
  13. Scinto, Rich (19 de febreiro de 2015). "Bruce Jenner's Brother's Deadly Canton Crash Remembered". Patch. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 7 de xuño de 2015. 
  14. Faber, Nancy (11 de abril de 1977). "Fame Woes". People 7 (14): 24–27. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 13 de xullo de 2014. 
  15. Cooper, Chet. "Gold Medalist Bruce Jenner interviewed by Chet Cooper". Ability magazine. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2015. Consultado o 13 de xullo de 2014. (require subscrición (?)). 
  16. Lisa Lucas; Ginger Adams Otis; Larry McShane (18 de abril de 2015). "Bruce Jenner's coaches, school pals recall athlete's early challenges, successes ahead of Diane Sawyer interview". New York Daily News. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2016. Consultado o 5 de xuño de 2016. 
  17. Karen Croke (24 de abril de 2015). "Will Bruce Jenner return to Tarrytown?". The Journal News. Consultado o 5 de xuño de 2016. 
  18. Davis, Stacy (22 de marzo de 2011). "Jenner's name taken off football field". The News-Times. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 5 de xuño de 2016. 
  19. Holst, Don; Popp, Marcia S. (8 de decembro de 2004). American Men of Olympic Track and Field: Interviews with Athletes and Coaches. McFarland & Company. pp. 53–62. ISBN 978-0-7864-1930-2. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2017. Consultado o 5 de xuño de 2016. 
  20. Jenner, Bruce (1 de abril de 1999). Finding the Champion Within: A Step-by-Step Plan for Reaching Your Full Potential. Simon & Schuster. p. 45. ISBN 978-0-684-87037-3. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2017. Consultado o 13 de xullo de 2014. 
  21. Murry R. Nelson, ed. (23 de maio de 2013). American Sports: A History of Icons, Idols, and Ideals. ABC-CLIO. p. 611. ISBN 978-0-313-39753-0. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o 13 de xullo de 2014. 
  22. 23,0 23,1 Sielski, Mike (19 de novembro de 2003). "Jenner true to word, wins Olympic gold". ESPN Classic. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 1 de marzo de 2015. 
  23. "1974 Covers (18-issue year)". Track & Field News. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  24. "USA Outdoor Track & Field Hall of Fame". USA Track & Field. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 2 de abril de 2014. 
  25. "French Championships". gbrathletics.com. 2007. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2010. Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  26. Conrad, John (11 de agosto de 1975). "Jenner gets his record – handily". Eugene Register-Guard (Oregón). p. 1C. 
  27. 28,0 28,1 Richard Hymans (2008). "The History of the United States Olympic trials – Track and Field" (PDF). USA Track and Field. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de marzo de 2016. Consultado o 10 de xuño de 2016. 
  28. Conrad, John (27 de xuño de 1976). "Brigham's Olympian hopes at end". Eugene Register-Guard ((Oregon)). p. 1C. 
  29. Markazi, Arash (30 de xullo de 2015). "Bruce Jenner became an Olympic icon exactly 39 years ago". ESPN. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  30. "Athletics at the 1976 Montréal Summer Games: Men's Decathlon". Sports Reference. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  31. "Jenner's long haul pays off with gold and world mark". Eugene Register-Guard (Oregón). wire services. 31 de xullo de 1976. p. 1B. 
  32. Joe O'Day (6 de febreiro de 2015). "Olympic Golden Boy Jenner Hits Jackpot". New York Daily News. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  33. "Sports Illustrated August 9, 1976 Bruce Jenner: Sports Illustrated: Amazon.com: Books". Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  34. "PHOTO: Bruce Jenner's Sexy 1979 GQ Cover". kenneth in the (212). 29 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  35. 1977 NBA Draft – Pro Sports Transactions. Consultado o 15 de xaneiro de 2018
  36. David Axelson (25 de agosto de 2015) "The True Story of Bruce Jenner's Brief NBA Career". Eagle & Journal.
  37. "The Golden Moment – An Olympic Love Story". Hollywood.com. Hollywood.com, LLC. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2017. Consultado o 23 de marzo de 2017. 
  38. "Grambling's White Tiger (1981)". Fandango and Flixster. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  39. Chaney, Jen (11 de novembro de 2011). "'Jack and Jill': Eight things you will actually see (for real) in Adam Sandler's latest". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  40. "Adam Sandler Sets Another New RAZZIE® Record as His/Her JACK & JILL Is the First Film Ever to Sweep ALL TEN CATEGORIES!". The Golden Raspberry Award Foundation and John Wilson. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2016. Consultado o 4 de maio de 2016. 
  41. VanArendonk, Kathryn (23 de setembro de 2016). "Transparent Recap: We Need to Talk About Nacho". Vulture (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2017. 
  42. Nelson, Murry R. (23 de maio de 2013). American Sports: A History of Icons, Idols, and Ideas [4 Volumes]: A History of Icons, Idols, and Ideas. ABC-CLIO. pp. 612–. ISBN 978-0-313-39753-0. Consultado o 5 de xuño de 2016. 
  43. Lee, Esther (18 de febreiro de 2015). "Bruce Jenner's Gender Transition Shocks Longtime Racing Friend Scott Pruett: 'He Was a Stud'". Us Weekly. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  44. Sean Dooley; Margaret Dawson; Lana Zak; Christina Ng; Lauren Effron; Meghan Keneally (24 de abril de 2015). "Bruce Jenner: 'I'm a Woman'". 20/20/ABC News. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2016. Consultado o 5 de xuño de 2016. 
  45. Nick Allen (24 de abril de 2015). "Bruce Jenner 'started transgender journey in 1980s'". The Daily Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2016. Consultado o 5 de xuño de 2016. 
  46. 47,0 47,1 Lee, Esther (1 de xuño de 2015). "Caitlyn Jenner Insists Kris Jenner Knew About Women's Clothing, Breast Growth, Hormone Use". Us Weekly. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2016. Consultado o 5 de xuño de 2016. 
  47. Yahr, Emily (24 de abril de 2015). "Bruce Jenner's in-depth interview: 'For all intents and purposes, I am a woman'". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2015. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  48. "Bruce Jenner Comes Out as Transgender Woman: How Family, Celebrities Reacted". ABC News. 24 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2015. Consultado o 25 de abril de 2015. 
  49. Ottum, Bob (3 de novembro de 1980). "Hey, Mister Fantasy Man". Sports Illustrated (SI Vault). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 16 de maio de 2015. 
  50. "Burton William Jenner, Born June 9, 1978 in California". California Birth Index. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  51. Jenner, Chrystie (12 de xaneiro de 1981). "An Olympic Hero's Ex-Wife Finds Out Who She Is in the Wreckage of Her Marriage" 15 (1). Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2013. Consultado o 29 de xaneiro de 2015. 
  52. "Notes on People; Bruce Jenner Married 'Hee Haw' Entertainer; Hawaiian Wedding". The New York Times. 7 de xaneiro de 1981. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  53. Saad, Nardine (5 de marzo de 2013). "Brody Jenner joins 'Keeping Up With the Kardashians'". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2013. Consultado o 29 de xaneiro de 2015. 
  54. "After Five Years, Bruce Jenner and Second Wife Linda Find Happiness Is Not Working Out". People 25 (6). 10 de febreiro de 1986. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2016. Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  55. "The Princes of Malibu Follow FOX (ended 2005)". CBS Interactive. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2016. Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  56. Lauren Cox (17 de xullo de 2015). "Brody Jenner Slams 'The Hills' Romance: I Never Hooked Up With Lauren Conrad". PMC. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2016. Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  57. "Jenner-Kardashian". The Day (New London, Connecticut). 23 de abril de 1991. p. 16. Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  58. Baker, Ken; Finn, Natalie (8 de outubro de 2013). "Kris Jenner and Bruce Jenner Are Separated, "Much Happier" Living Apart". E!. Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  59. Takeda, Allison (8 de outubro de 2013). "Kris Jenner, Bruce Jenner Separate After 22 Years of Marriage: 'I Will Always Love Him'". Us Weekly. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2016. Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  60. "Jenner divorce filings". Los Angeles Times. 23 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2015. Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  61. Finn, Natalie (22 de setembro de 2014). "Kris Jenner Files for Divorce From Bruce Jenner 11 Months After Revealing Separation". E!. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2016. Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  62. Bacardi, Francesca (18 de decembro de 2014). "Kris Jenner and Bruce Jenner's Divorce Finalized". E! News. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 7 de xuño de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]