Kim Kardashian
Kim Kardashian | |
---|---|
![]() Kardashian no 2019. | |
Nome completo | Kimberly Noel Kardashian |
Nacemento | 21 de outubro de 1980 (40 anos) |
Os Ánxeles, California | |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | armenoamericano, Neerlando-americano, Anglo-americano, irlandoamericano e escocés-americano |
Relixión | cristianismo |
Alma máter | Marsiling Secondary School e Marymount High School |
Ocupación | deseñador de moda, socialité, modelo, blogueira, emprendedora, actriz, produtora de televisión, cantante e actriz de dobraxe |
Pai | Robert Kardashian |
Nai | Kris Jenner |
Cónxuxe | Kanye West (2014-presente) |
Fillos | 3 |
Irmáns | Kourtney Kardashian, Khloé Kardashian, Rob Kardashian, Kylie Jenner e Kendall Jenner |
Premios | Framboesa de Ouro de pior atriz coadjuvante |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Kimberly Kardashian West, coñecida como Kim Kardashian nada nos Ánxeles o 21 de outubro de 1980, é unha empresaria e personaxe pública estadounidense. A súa fama aumentou a partir de xaneiro de 2011 coa estrea de Kourtney and Kim Take New York, un reality show que compartiu coa súa irmá Kourtney Kardashian, mentres deixaban Os Ánxeles para abrir a súa terceira tenda DASH en Nova York. En 2010, foi unha das famosas con máis ganancias, estimadas en seis millóns de dólares estadounidenses. Lanzou múltiples fragrancias e accesorios, foi estrela convidada en destacados programas de televisión (entre eles The Oprah Winfrey Show), competiu en Dancing with the Stars e tivo papeis en películas como Disaster Movie e Deep in the Valley. En 2010, xunto coas súas irmás Kourtney e Khloé Kardashian, lanzou unha autobiografía, Kardashian Konfidential.
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
Kim Kardashian é filla do avogado Robert Kardashian e de Kris Jenner. Kim é de orixe armenia por parte de pai, os seus bisavós paternos emigraron ós Ánxeles xusto antes do xenocidio, e a súa bisavoa é turca de orixe armenia. A súa nai Kris ten ascendencia inglesa, escocesa, irlandesa e neerlandesa. Ten dúas irmás e un irmán, Kourtney Kardashian, Khloé Kardashian e Rob Kardashian e dúas medio-irmás por parte de nai, Kendall Jenner e Kylie Jenner.
Asistiu a Marymount High School coas súas dúas irmás. No tempo dos seus estudos na escola secundaria, traballou na firma de música de seu pai, Movie Tunes.
Familia[editar | editar a fonte]
Kim estivera dúas veces casada antes de casar co cantante de rap Kanye West en 2014. Teñen 3 fillos xuntos:
- North West (2013)
- Saint West (2015)
- Chicago West (2018)