Kibbutz
Un kibbutz[1] (do hebreo קיבוץ, que significa "asemblea" ou "xuntos"), é unha comunidade ou vila colectivista de Israel baseada tradicionalmente na agricultura. O primeiro kibbutz foi Degania Alef, establecido no ano 1909.[2] Hoxe en día, o traballo agrícola foi parcialmente substituído por outros sectores económicos como fábricas industriais e empresas de tecnoloxía.[3] Os kibbutzs comezaron sendo comunidades utópicas como combinación do socialismo e o sionismo. En décadas recentes, algúns kibbutzs foron privatizados e o modo de vida comunal mudou. Un membro dun kibbutz denomínase kibbutznik en hebreo.
No ano 2010 había 270 kibbutzs en Israel, que representaban o 9 % da rede industrial do país, así como o 40 % da súa produción agrícola. No conxunto da economía, supuñan o 6 % do PIB de Israel no 2010.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Real Academia Galega (ed.). "Dicionario". Consultado o 10 de novembro de 2014.
- ↑ "Adult children of the dream", The Jerusalem Post
- ↑ Peres, Judy. In 50 years, kibbutz movement has undergone many changes. Arquivado 17 de outubro de 2007 en Wayback Machine. Chicago Tribune, 9 de maio de 1998.
- ↑ Kibbutz reinvents itself after 100 years of history
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kibbutz ![]() |