Margaret Bourke-White
Margaret Bourke-White | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nome completo | Margaret White |
Alcume | Bourke White, Margaret e Caldwell, Margaret Bourke-White |
Nacemento | 14 de xuño de 1904 e 1904 |
Lugar | Bronx |
Falecemento | 27 de agosto de 1971 e 1971 |
Lugar | Stamford |
Causa | párkinson |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Cónxuxe | Erskine Caldwell |
Actividade | |
Campo | fotógrafa, fotógrafo de guerra, fotoxornalista, xornalista, escritora e artista |
Alma máter | Universidade de Míchigan, Universidade Cornell, Universidade de Purdue, Universidade de Columbia, Case Western Reserve University, St. Catharine Academy e Plainfield High School |
Premios | National Women's Hall of Fame, Connecticut Women's Hall of Fame e honorary doctor of Rutgers University |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Margaret Bourke-White nada en Nova York o 14 de xuño de 1904 e finada en 1971, foi unha fotógrafa estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Interesouse pola fotografía cando estudaba na Universidade Cornell. Foi alumna de Clarence Hudson White na Universidade de Columbia e despois abriu o seu estudo en Cleveland, onde se especializou na fotografía arquitectónica.
Era unha muller de esquerdas que fixo varias viaxes á antiga Unión Soviética. Así, en 1931 publicou "Eyes on Russia". Casou con Erskine Caldwell en 1939 e foron os únicos xornalistas estranxeiros na ocupada URSS tras a invasión do exército alemán en 1941. Tras a segunda guerra mundial interesouse pola campaña da non violencia impulsada por Gandhi.
Obra[editar | editar a fonte]
- Eyes on Russia (1931)
- You Have Seen Their Faces (1937)
- Say Is This the USA? (1942)
- Interview with India (1950)
- Portrait of Myself (1963)